Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Despois do estudo desta materia o alumnado debería ser capaz de:
• Analizar a contorna e a realidade empresarial.
• Comprender a relación entre a estratexia e o deseño organizativo.
• Coñecer a natureza dinámica dos procesos organizativos.
• Coñecer como xestionar unha empresa ou organización.
• Asumir responsabilidades directivas.
• Tomar decisións.
• Comprender as funcións que debe desempeñar o persoal directivo eficaz.
• Razoar criticamente e ter iniciativa.
• Argumentar e comunicar.
1.- Dirección de empresas: conceptos básicos e evolución
2.- O contexto organizativo
3.- Fundamentos da planificación
4.- Fundamentos do deseño organizativo
5.- Fundamentos da dirección
6.- Fundamentos do control
7.- Emprendemento
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
CURTO RODRÍGUEZ, Eduardo; GARCÍA CHAS, Romina; CASTRO CASAL, Carmen (Coord.) (2016). Introdución á dirección de empresas. Pearson.
CURTO RODRÍGUEZ, Eduardo; GARCÍA CHAS, Romina; CASTRO CASAL, Carmen (Coord.) (2012).
Fundamentos de Dirección de Empresas. Pearson.
ROBBINS, S. P.; DECENZO, D. A. (2017). Fundamentos de Administración. Pearson.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
DÍEZ DE CASTRO, J; REDONDO LÓPEZ, C.; BARREIRO FERNÁNDEZ, B.; LÓPEZ CABARCOS, M. A. (2002). Administración de empresas. Dirixir na sociedade do coñecemento. Pirámide.
FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. (2010). Administración de Empresas. Un enfoque interdisciplinar. Paraninfo.
GOMEZ-MEJIA, L.R.; BALKIN, D. B. (2003). Administración. McGraw-Hill.
ROBBINS, Stephen; COULTER, Mary. (2018). Administración (13º edición). Pearson
O profesorado poderá recomendar bibliografía específica para cada tema.
BÁSICAS E XERAIS
CB1 – Que o alumnado demostrara posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se soe atopar nun nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o alumnado desenvolvese aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Posuír e comprender os coñecementos que definen á Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
TRANSVERSAIS
CT3: Comunicación oral e escrita.
CT6: Resolución de problemas.
CT8: Razoamento crítico.
CT10: Traballo en equipo.
ESPECÍFICAS
A4 - Os fundamentos teóricos da toma de decisións.
A5 - Teoría básica da empresa. Organización e áreas funcionais.
D11 - Comunicarse con fluidez na súa contorna e traballar en equipo.
As sesións dedicadas ás clases expositivas utilizaranse para introducir os contidos básicos dos temas que conforman o programa, salientando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. En función do escenario determinado pola evolución das condicións sanitarias, as sesións realizaranse como segue:
- Escenario 1: Presencial na aula.
- Escenario 2: Presencial/virtual (síncrona/asíncrona) en función das directrices establecidas polo decanato de cada centro ou o reitorado para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas nese momento.
- Escenario 3: Virtual (combinando síncrona e asíncrona) a través das plataformas institucionais (MS Teams e campus virtual).
As sesións desenvolveranse no horario publicado polo centro.
Nas sesións interactivas en grupo reducido trátase de que o alumnado aplique os conceptos teóricos. Inclúen análise de casos, comentario de lecturas, debate de cuestións expostas polo profesorado e realización e exposición de traballos (de forma individual ou colaborativa).
En función do escenario determinado pola evolución das condicións sanitarias, as sesións realizaranse como segue:
- Escenario 1: Presencial na aula.
- Escenario 2: Presencial/virtual (síncrona/asíncrona) en función das directrices establecidas polo decanato de cada centro ou o reitorado para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas nese momento.
- Escenario 3: Virtual (combinando síncrona e asíncrona) a través das plataformas institucionais (MS Teams e campus virtual).
As sesións desenvolveranse no horario publicado polo centro.
Para as actividades asíncronas e para a entrega de tarefas habilitarase unha caixa de correos na aula virtual coa data e hora límite de entrega.
O profesorado de cada grupo fará un seguimento da asistencia do alumnado e a súa participación nas sesións, sexan presenciais ou virtuais.
As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a lectura do material proporcionado polo profesorado, a procura de información e a elaboración de traballos individuais ou colaborativos.
Nas titorías, o profesorado orientará ao alumnado e axudará a resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o alumnado no proceso de aprendizaxe. Utilizaranse como canle de retroalimentación sobre os resultados do mesmo . En función do escenario determinado pola evolución das condicións sanitarias, as titorías realizaranse como segue:
- Escenario 1: Presencial e/ou virtual
- Escenario 2 e escenario 3: Virtuais, combinando síncrona (individuais ou grupais a través de MS Teams) e asíncrona (campus virtual ou correo electrónico).
As titorías, sexan presenciais ou virtuais, desenvolveranse no horario habitual publicado polo profesorado.
O desenvolvemento da materia realizarase con apoio da aula virtual docente creada para ese efecto na plataforma Moodle e que estará operativa en calquera dos escenarios previstos.
O sistema de avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado: realización e participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, presentación e exposición de traballos, realización de cuestionarios sobre contidos teóricos e prácticos, etc.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificaciones.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada fose superior.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades recóllese a continuación:
Primeira oportunidade ordinaria. Contémplase a avaliación continua, combinada cunha proba final.
A) Avaliación continua: resolución e participación activa na análise de casos, debate de lecturas, realización e presentación de traballos, cuestionarios e outras actividades vinculadas ás clases interactivas e expositivas. Peso na cualificación final: 50%. A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e seguimento indicarase na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: CB1, CB2, CB3, CB4, CG3, CT3, CT6, CT8, CT10, D11.
B) Exame final de contidos. Ten carácter obrigatorio. Peso na cualificación final: 50%.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: CB1, CB5, CG1, A4, A5.
En función do escenario determinado pola evolución das condicións sanitarias, a proba final será.
- Escenario 1: Proba final presencial.
- Escenario 2: Proba final presencial ou telemática (campus virtual ou MS Teams) en función das directrices establecidas polo decanato de cada centro ou o reitorado para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas nese momento.
- Escenario 3: Proba final telemática (campus virtual ou MS Teams).
Para poder sumar B e A é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 2 sobre 5 no exame de contidos. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación:
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade, é dicir, realizarase un novo exame final de contidos, coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará coa puntuación alcanzada na avaliación continua.
O sistema de avaliación exposto anteriormente é de aplicación tamén para o alumnado repetidor.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase cun exame final específico que suporá o 100% da nota. En función do escenario determinado pola evolución das condicións sanitarias, a proba final será presencial ou telemática.
A materia é de 6 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
Horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación na modalidade que se determine: 60 horas.
Traballo persoal do alumno: 90.
Non se requiren coñecementos previos para cursar esta materia.
Para maximizar a aprendizaxe é conveniente que o alumnado realice todas as actividades expostas polo profesorado, asista regularmente ás clases teóricas e prácticas (ben de forma presencial, ben de forma virtual, segundo o escenario determinado pola evolución das condicións sanitarias), e utilice o titorías.
Recoméndase o acceso ao campus virtual para informarse de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso.
Plan de continxencia
Como se recolle na programación, a metodoloxía de ensino modificarase en función dos escenarios determinados pola evolución das condicións sanitarias.
No escenario 1 (normalidade adaptada), a docencia será presencial.
No escenario 2 (distanciamento), as sesións expositivas/interactivas levaranse a cabo segundo as directrices establecidas polo decanato de cada centro ou o reitorado para o devandito escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas nese momento.
No escenario 3 (peche das instalacións), todas as sesións serán virtuais (combinando actividades síncronas e asíncronas).
Con respecto ao sistema de avaliación, no escenario 1 a proba final será presencial, no escenario 2 será presencial ou telemática en función das directrices establecidas polo decanato de cada centro ou o reitorado para este escenario e as medidas sanitarias que estean vixentes nese momento, e no escenario 3 a proba final será telemática.
Maria Del Carmen Castro Casal
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811633
- Correo electrónico
- carmela.castro.casal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Bastida Dominguez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811676
- Correo electrónico
- maria.bastida [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ada Maria Perez Pico
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- adamaria.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ada Maria Perez Pico
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- adamaria.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Maria Teresa Gomez Deus
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- mariateresa.gomez.deus [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Manuel Cesar Vila
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Paula Alvarez Gonzalez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811618
- Correo electrónico
- p.alvarez.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:45-12:45 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula C |
Martes | |||
09:15-10:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula B |
17:15-18:15 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula C |
Mércores | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula C |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula B |
18:45-19:45 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula C |
21.06.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_08 | Aula 07 |
21.06.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula 07 |
21.06.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_09 | Aula 07 |
21.06.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula 07 |
21.06.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 07 |
21.06.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula 07 |
21.06.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 07 |
21.06.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07 |
21.06.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula 07 |
21.06.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_07 | Aula 07 |
21.06.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 07 |
21.06.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 07 |