Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia proporciona unha análise das distintas dimensións do sistema político galego actual: a súas institucións (sistema electoral, parlamento e goberno), os actores principais (partidos) e as distintas dimensións do comportamento político da cidadanía (comportamento electoral e cultura política).
Ademais tratarase de maneira especial a evolución e as características do modelo da estrutura territorial do Estado, o sistema autonómico, e o deseño institucional da autonomía galega no mesmo.
Pretendese así mesmo proporcionar un coñecemento dos conceptos básicos da ciencia política aplicables ao estudo dos sistemas políticos
1. A dictadura franquista e a transición á democracia en Galicia
2. O sistema político gallego no estado das autonomías
3. O sistema electoral
4. A estructura institucional de la Autonomía gallega
5. Comportamiento electoral e sistema de partidos en Galicia
6. Cultura política e participación política en Galicia
La participación de las regiones en el sistema político de la Unión Europea, Valencia, Tirant lo Blanch, 2010.
Obras de carácter xeral
Aja, E., El Estado autonómico. Federalismo y hechos diferenciales, Madrid, Alianza, 2003.
Crespo González, J. y Pastor Albaladejo, G, Administraciones públicas españolas, Madrid, McGraw-Hill, 2002
Máiz, R. e X.A. Portero, As institucións políticas no Estatuto de Autonomía para Galicia, Parlamento de Galicia, Santiago, 1988.
Rivera Otero, X. M.; X.L. Barreiro Rivas; F. Jiménez Sánchez; e N. Lagares Díez, Os partidos políticos en Galicia, Xerais, Vigo, 2003.
Sarmiento Méndez, Xosé Antón (coord.), Repensando o autogoberno: Estudos sobre a reforma do estatuto de Galicia, Vigo, Universdidade de Vigo, 2005.
Vilas Nogueira, J., “Gobierno y Administración en la Comunidad Autónoma de Galicia”, en: J. L. Paniagua Soto (ed.) Gobierno y Administración en las Comunidades Autónomas (Andalucía, Canarias, Cataluña, Galicia y País Vasco), Tecnos, Madrid, pp. 129-168.
Vilas Nogueira, X.; R. Máiz Suárez; F. Caamaño Domínguez; e X.M. Rivera Otero, O Sistema político galego. As Institucións, Edicións Xerais, Vigo, 1994.
Outras obras de consulta
Ares Castro-Conde, C., La participación de las regiones en el sistema político de la Unión Europea, Valencia, Tirant lo Blanch, 2010.
Barreiro Rivas, X.L., A terra quere pobo, Galaxia, Vigo, 2004.
Barreiro Rivas, X.L., "Comarcalización y desarrollo: claves para una reorganización de la Administración local de Galicia" en Clave Económica, núm. 3, junio, pp. 51-65, 1997.
Beramendi, J., De provincia a nación: historia do galeguismo político, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2007.
Beramendi, J. y X.M. Núñez Seixas, O nacionalismo galego, A Nosa Terra, Vigo, 1995.
Caramés Vieitez, L. (dir.), Gasto público autonómico, EGAP, Santiago de Compostela, 2000.
Caramés Vieitez, L., y J.A. Vázquez Navarrete, Los problemas de la financiación autonómica, Fundación Caixa Galicia, Santiago de Compostela, 1997.
De Cora, X., Barreiro contra Barreiro, Xerais, Vigo, 1990.
Fernández Baz, M.A., A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984), Edicións Laiovento, Santiago de Compostela, 2003.
Fraga Iribarne, M., Administración única: una propuesta de racionalización del Estado de las Autonomías (Debate sobre la situación del Estado de las Autonomías, celebrado en el Senado el día 26-IX-1994), Tomo I, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela (sin fecha).
Máiz, R., “Nación de Breogán: oportunidades políticas y estrategias enmarcadoras en el movimiento nacionalista gallego (1886-1996)”, Revista de Estudios Políticos, núm. 92, pp. 33-75.
Máiz, R.; Beramendi, P. y Grau, M., Veinte años de autonomías en España. Leyes, políticas públicas, instituciones y opinión pública, Centro de Investigaciones Sociológicas, Madrid, 2002.
Márquez Cruz, G., “Continuidad y renovación en las elites parlamentarias de Galicia: Cortes Generales y Parlamento territorial (1977-1997)”, Revista de las Cortes Generales, núm. 45, 1998, pp. 83-144.
Márquez Cruz, G., “Los gobiernos de coalición en Galicia”, en: J. Matas (ed.) Coaliciones políticas y gobernabilidad, Institut de Ciències Politiques i Socials, Barcelona, 2000.
Meilán Gil, J. L., La construcción del Estado de las autonomías. Un testimonio Personal, Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2003.
De producirse un novo confinamento, a bibliografía complementaria será facilitada polos docentes a través da Aula Virtual.
As establecidas na Memoria do Grado de Ciencia Política e da Administración:
- Saber aplicar coñecementos de forma profesional
- Coñecer o ámbito académico
- Emitir xuízos, elaboración de análises e xuízos
- Identificar e transmitir ideas, problemas e solucións
- Que os e as estudantes teñan desenvolvido habilidades de autoaprendizaxe
- Que as e os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos duha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita acadar un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
- Que as e os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
- Que os e as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
- Que as e os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
- Que as e os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
Nas clases expositivas desenvólvese o contido do programa, secuenciado en bloques temáticos. Para seguir as explicacións e integrar os diversos recursos e materiais (bibliografía, documentación, etc.), ofrecerase ao alumnado un esquema básico ao inicio da materia. Nas clases interactivas realizaranse varias actividades orientadas á adquisición de habilidades e coñecementos sobre o sistema político galego. No que se refire aos traballos tutelados, titorías e outras tarefas autónomas, recomendarase a lectura de artigos, libros ou monografías que complementen ás clases expositivas e ás interactivas. Igualmente, empregarase a aula virtual. O profesorado porá a disposición do alumnado todo o material utilizado nas clases así como aqueloutro que considera relevante para a materia.
O profesorado, ao inicio da materia, desenvolverá outros aspectos referentes á metodoloxía da ensinanza.
O sistema de avaliación constará de dúas partes. En primeiro lugar, a avaliación continua que se corresponde co traballo relativo ás clases interactivas. En segundo lugar, un exame final da materia que consistirá en responder correctamente ás preguntas seleccionadas do temario. O profesorado ampliará a información sobre as especificidades e o peso de cada compoñente da avaliación ao inicio do curso.
Na segunda oportunidade a avaliación será idéntica.
Ademáis da asistencia a clase aproximadamente 5 horas de traballo semanal.
Ler moito.
Estar permanentemente atendendo á Guía docente e a aula virtual, sobre todo ante posibles cambios de escenarios de docencia.
O profesorado publicará na aula virtual unha Guía docente para o seguimiento da materia. É imprescindible que todo o alumnado dispoña dela.
O profesorado publicará na aula virtual unha Guía docente para o seguimiento da materia. É imprescindible que todo o alumnado dispoña dela.
Plan de continxencia
O presente programa recolle medidas xerais e específicas nos Escenarios 2 e 3 recollidos no “Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22”.
Medidas xerais
1-Estará operativo o Campus Virtual da materia para o alumnado.
2-Estarán abertas as canles de comunicación co alumnado, dándolle preferencia ao correo electrónico e ás sesións co Microsoft Teams.
3- Asegurarase a accesibilidade aos materiais que constitúen a bibliografía básica.
4- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Medidas específicas
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
- Contidos: non se prevé a modificación dos contidos.
- Metodoloxía de ensinanza: esta será reaxustada no seu momento, segundo a previsión de dispoñibilidade de aulas que estableza a Facultade para este escenario. Se ben, e de forma xenérica , a docencia expositiva e interactiva poderá realizarse total ou parcialmente de xeito virtual (Teams) primando a presencialidade que garanta as medidas sanitarias correspondentes. O seguimento das actividades realizarase a través da programación de entregas. As titorías realizaranse a través do Microsoft Teams.
- Sistema de avaliación: fomentarase o sistema de avaliación continua, e en consecuencia, a entrega periódica de traballos. Estas actividades en remoto distribuirase ao longo do tempo, combinando tarefas individuais con traballo colaborativo. O exame final, complementario á avaliación continua e de carácter obrigatorio, será presencial e consistirá en responder correctamente ás preguntas seleccionadas do temario. O profesorado ampliará a información sobre as especificidades e o peso de cada compoñente da avaliación ao inicio do curso.
Na segunda oportunidade a avaliación será idéntica.
Escenario 3. Peche das instalacións
- Contidos: a modificación dos contidos non afectará ás competencias nin aos obxectivos da materia. Serán axustados ao inicio do curso.
- Metodoloxía de ensinanza: A docencia, tanto expositiva como interactiva, desenvolverase completamente de xeito virtual, con preferencia polos mecanismos síncronos (Teams). O seguimento das actividades realizarase a través da programación de entregas. Incorporarase ao Campus Virtual material que permita o seguimento dos contidos teórico-prácticos da materia. As titorías realizaranse a través do Microsoft Teams.
- Sistema de avaliación: fomentarase o sistema de avaliación continua, e en consecuencia, a entrega periódica de traballos. Estas actividades en remoto distribuiranse ao longo do tempo, combinando tarefas individuais con traballo colaborativo. Realizarase un exame ou traballo final a través de medios telemáticos , complementario á avaliación continua e de carácter obrigatorio. O profesorado ampliará a información sobre as especificidades e o peso de cada compoñente da avaliación ao inicio do curso.
Na segunda oportunidade a avaliación será idéntica.
Recórdase que, de acordo coa Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións, aprobada por Acordo do Consello de Goberno da USC de 15 de Xuño de 2011 e modificada por Acordo do Consello de Goberno da USC de 5 de Abril de 2017, [l]a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de trabados plagiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Isabel Diz Otero
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815185
- Correo electrónico
- isabel.diz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Natalia Paleo Mosquera
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- natalia.paleo.mosquera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Paulo Carlos Lopez Lopez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- paulocarlos.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Serafín González Quinzán
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- serafin.gonzalez [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Galego | 0.2 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | 0.2 |
15:00-16:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | 0.2 |
16:00-17:00 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Galego | 0.2 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Galego | 0.2 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego, Castelán | 0.2 |
16:00-17:00 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Galego | 0.2 |
01.06.2022 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | 2.1 |
01.06.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | 2.1 |
01.06.2022 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | 2.1 |
01.06.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | 2.1 |
01.06.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | 2.1 |
11.07.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | 2.1 |
11.07.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | 2.1 |
11.07.2022 17:00-19:00 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | 2.1 |
11.07.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | 2.1 |
11.07.2022 17:00-19:00 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | 2.1 |