Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O estudo da lingua inglesa e os seus estándares, ortografía, léxico e fraseoloxía específica, con especial énfase no seu uso na produción xornalística e audiovisual tanto na súa forma falada como escrita, tanto na súa terminoloxía para a expresión das ideas e contidos, como para o estudo da lingua nas prácticas, contextos e técnicas xornalísticas e do audiovisual.
-Consolidar e actualizar o coñecemento da lingua estranxeira a través do estudo da gramática, a adquisición de vocabulario, e a práctica das catrodestrezas.
-Aumentar o vocabulario propio da especialidade por medio de estratexias académicas, con vistas a alcanzar un bo nivel de competenciacomunicativa.
-Familiarizarse cas nocións e ferramentas relacionadas co campo da Comunicación.
-Reforzar a lectura crítica.
-Gramática (os tempos verbais, a voz pasiva, preposicións, substantivos contables e non contables, verbos modais, estilo indirecto, verboscompostos).
-Expresión escrita (habilidades xerais con énfase na forma e no estilo, e tamén a puntuación, particularmente nos diversos medios escritos e napublicidade. Os alumnos aprenderán habilidades para poder comunicarse efectivamente en inglés).
-Lectura (os alumnos lerán artigos e textos a miúdo e aprenderán como analizalos e resumilos eficazmente).
-Comprensión oral (para desenrolar as habilidades de oído e comprensión, utilizando a radio, podcasts, a televisión, etc.).
-Expresión oral (os alumnos participarán con frecuencia en discusións e debates na clase. Falaráse só inglés, para que os alumnos poidanfamiliarizarse ca lingua e sentirse cómodos falando inglés durante un tempo prolongado).
-Análise dos diversos medios de comunicación: os alumnos familiarizaránse co novo vocabulario para describir e comentar xornais (tanto os de grantamaño como os de tabloide), revistas, radio, televisión, cine, novas e temas de actualidade, etc. por medio da expresión oral así como por medio daescrita.
Tarefas e traballos
-Lectura e discusión dos textos (individualmente e tamén en grupos).
-Lectura de artigos en diferentes medios escritos, por exemplo en xornais (The Sun, The Daily Mirror, The Daily Telegraph ou The Guardian) ou ensitios web para ilustrar de que xeito distintos xornais abordan o mesmo tema.
-Exercicios de gramática
-Tarefas escritas e de audición (producir resumos, escribir artigos, deseñar publicidade ou anuncios, escribir unha reseña crítica dunha película).As unidades a través das cales se traballarán as habilidades mencionadas son:
1.Xornais.
-Xornalismo dixital.
-A función das redes sociais (tales como Twitter) no xornalismo dixital.
-A sátira política.
2.Radio.
-Podcasts (ver unidade 6 do libro de texto).
3.Revistas.
-Formatos dixitais.
-Fotografía.
4.Televisión.
-Anuncios de televisón.
-Xéneros televisivos.
-(Live) Streaming, programas á carta.
5.Cinema.
-Películas documentais.
-Efectos de son.
6.Novos medios.
-Blogs (ver unidade 6 do libro de texto).
-Redes sociais.
-Video blogs (vlogs).
-Páxinas de contido xenerado polos usuarios (como Wikipedia).
-Videoxogos.
-Cultura do remix.
7.Publicidade
-Propaganda política (por exemplo, da II Guerra Mundial).
-Formas de publicidade online.
8.Marketing
-Nota: algúns temas serán transversais, tales como os roles de xénero na publicidade, a influencia dos medios masivos sobre a imaxe do corpo,etc. Algúns dos sub-apartados arriba indicados aparecerán en máis dunha unidade, por exemplo, a fotografía trataráse na unidade sobre os xornaisasí como na das revistas, na da publicidade etc.
BÁSICA
CERAMELLA, N. and LEE, E. (2008) Cambridge English for the Media. Cambridge. MURPHY, R. (2012) English Grammar in Use. Cambridge.
DICIONARIOS ON-LINE:
Merriam Webster, dicionario monolingüe: http://www.m-w.com/dictionary Dicionario multilingüe e tradutor: http://dictionary.reference.com/ http://www.wordreference.com
http://www.onelook.com
RECURSOS ON-LINE (MEDIOS):
The New York Times www.nytimes.com The Times www.timesonline.co.uk Time magazine www.time.com
The Guardian www.guardian.co.uk
The Sunday Times www.sunday-times.co.uk The BBC www.bbc.co.uk
Media UK www.mediauk.com
Film English www.film-english.com RECURSOS ON-LINE (LINGUA INGLESA)
www.teachingenglish.org.uk www.esl.about.com www.better-english.com www.nonstopenglish.com www.speakspeak.com www.eslgo.com
http://www.esl-lab.com (exercicios de comprensión oral) http://www.bbc.co.uk/worldservice/learningenglish/grammar/pron/
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CG2 - Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información. CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
CG3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e de abstracción, tanto na definición e formulación de problemas como na busca das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
CB2 – Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun modo profesional e posúan as competencias que adoitan amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 – Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha
reflexión sobre os temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 – Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. CB5 - Que os estudantes desenrolen as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade de organización e planificación. CT02 - Capacidade de xestión da información.
CT03 - Traballo en equipo. CT04 - Aprendizaxe autónoma. CT05 - Creatividade.
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor. CT07 - Coñecementos básicos da profesión.
ESPECÍFICAS
CE16 - Correcto uso da lingua inglesa nos contextos da comunicación audiovisual.
As clases combinarán unha presentación teórica cunha análise práctica dos textos.
A.PRIMEIRA OPORTUNIDADE
O alumnado poderá optar por dúas modalidades de avaliación: única ou continua.
1)Avaliación única
Aquel alumnado que opte pola avaliación única terá que presentarse a un único exame, que contará o 100% da nota global, na data oficial.
2)Avaliación continua
Aquel alumnado que opte pola avaliación continua terá que asistir polo menos ao 80% das clases e terá que presentarse a unha serie de probas ao longodo curso:
-dous ‘writing exercises’ (20% cada un)
-unha proba con exercicios de ‘listening’, ‘reading’ e ‘vocabulary’ (30%)
-un ‘speaking’ (30%).
A nota final será a suma da nota poderada obtida en cada un deses exercicios.
O alumnado que opte pola avaliación continua non terá que presentarse ao exame final na data oficial.
Este sistema de avaliación será aplicable tamén a alumnos repetidores.
IMPORTANTE
-A lingua vehicular será o inglés. O uso correcto da lingua inglesa será tido en conta na avaliación.
-As condutas académicas inadecuadas (plaxio, copia en exames, etc.) serán penalizadas. Notar o seguinte acerca do plaxio: En caso de realizaciónfraudulentade exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito no art. 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e derevisión de cualificacións”:
“A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoriacorrespondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra ou alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, arealización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e dás fontes”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de ‘Non Presentado’.
B.SEGUNDA OPORTUNIDADE E ALUMNOS CON DISPENSA OFICIAL
Sistema único de avaliación: 100% exame
Clases teóricas ............ 24
Seminarios .................. 24
Titorías ......................... 3
Traballo persoal ......... 99 (dependendo do nivel do alumno)
Total horas estudio .... 150
Asistencia regular e participación na clase (tanto nas expositivas como nos seminarios)
O alumnado que non poida asistir ao 80% das clases por motivos médicos ou de conciliación xustificados terán que contactar coa coordinadora da materia para acordar un plan de estudo alternativo a través do cal poidan seguir a avaliación continua ou ben presentarse ao exame final.
Jorge Fernández Avilés
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811974
- Correo electrónico
- jorgefernandez.aviles [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Caio Nogueira Fontes De Castro
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- caio.nogueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Expositivo 1 | Inglés | Aula: Seminario 1 (1º andar) |
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Inglés | Aula: Seminario 1 (1º andar) |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Expositivo 1 | Inglés | Aula 8 |
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Inglés | Aula 8 |
10.01.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
10.01.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
12.06.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |