Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos fundamentais:
Coñecer e valorar a importancia que ten para a comunicación audiovisual o establecemento dun espacio e dun marco regulamentario de políticas de comunicación específicas.
Obxectivos particulares:
Acometer as políticas do audiovisual comunitarias, tanto dende unha perspectiva diacrónica, como no seu estadio actual.
Tema 1. A noción de políticas de comunicación e o campo semántico que a define. A política audiovisual e ámbito de competencia.
Tema 2. O concepto de Industrias Culturais e Creativas no contexto comunitario.
Tema 3. Xénese do concepto de políticas de comunicación: A posta en marcha das políticas de comunicación.
Tema 4. O reparto oligopólico da información. O papel da comunicación na estrutura económica internacional.
Tema 5. Os axentes das políticas de comunicación: A crise do político e a crise do público. A reorganización político-administrativa do espazo.
Tema 6. O contexto económico actual das políticas audiovisuais: globalización, estado e políticas de comunicación. A política de liberalización comunitaria dende os anos 80 en adiante.
Tema 7. A política audiovisual como estratexia de política industrial: A iniciativa tecnolóxica europea. Os fenómenos da concentración e a converxencia.
Tema 8. Outras tendencias das políticas audiovisuais: A crise dos servizos públicos radiotelevisivos en Europa.
Tema 9. Redefinición das tarefas de regulación. A descentralización dos sistemas de comunicación.
Tema 10. A acción política recente cara o audiovisual: A Axenda Dixital Europea, Europa Creativa e o Programa MEDIA.
NOTA: Os contidos son idénticos nas dúas modalidades de docencia, presencial e virtual, esta última de ser o caso.
Bibliografía básica
- DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN, POLÍTICA LINGÜÍSTICA Y CULTURA- OBSERVATORIO VASCO DE LA CULTURA (2014): Las industrias culturales y creativas. Debate teórico desde la perspectiva europea. Vitoria: Servicio Central de Publicaciones del Gobierno Vasco.
- FERNÁNDEZ, Isabel (2017): Austeridad y clientelismo. Política audiovisual en España en el contexto mediterráneo y de la crisis financiera. Barcelona: Gedisa.
- LARDOUX, Xavier (2014): Pour une politique européenne d’éducation au cinéma. Paris: CNC.
- LÓPEZ, Antía (2007): Políticas de comunicación e identidad cultural: estrategias gubernamentales sobre la comunicación social. Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
Bibliografía complementaria
- BRIONES, Juan; FOLGUERA, Jaime; FONT, Andrés & NAVARRO, Edurne (1999): El control de concentraciones en la UE: la práctica de la Comisión Europea y las novedades introdicudas en el reglamento (CEE) 4064/89 por el reglamento (CE) 1310/97. Madrid: Marcial Pons.
- CONSEJO DE LA UNIÓN EUROPEA: Conclusiones del Consejo sobre la política audiovisual europea en la era digital, Diario Oficial de la Unión Europea, 3/12/2014.
- Convergence (Sage), Vol. 14 No. 3, August 2008, Special Issue: Public Service Broadcasting
- LEDO, Margarita & CASTELLÓ, Enrique (2013): Cultural Diversity across the Networks: The Case of de National Cinema. Rev. Comunicar, nº 40, vol. XX.
- LEDO, Margarita; LÓPEZ, Antía & PÉREZ, Marta (2016): European cinema in the languages of stateless and small nations, Rev. Latina de Comunicación Social, nº 71.
- TRAPPEL, Josef; Steemers, Jeanette & Thomass, Barbara (eds.) (2015): European Media in Crisis: Values, Risks and Policies. London, New York: Routledge.
- TRAPPEL, Josef; Meier, Werner A.; d’Haenens, Leen; Steemers, Jeanette & Thomass, Barbara (eds.) (2011): Media in Europe Today. Bristol, Intellect.
Básicas e xeráis:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.
CB3 - Que teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan uhna reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CG2 - Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información.
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
Transversáis:
CT01 - Capacidade de organización e planificación.
CT02 - Capacidade de xestión da información.
CT03 - Traballo en equipo.
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor.
CT07 - Coñecementos básicos da profesión.
Específicas:
CE20 - Coñecer o marco lexislativo no que se desenvolve a industria audiovisual.
CE21 - Adquirir a formación necesaria para entender a filosofía e as consecuencias das políticas audiovisuais en Europa.
Competencias particulares da materia:
1) Aprender a delimitar as tarefas específicas que competen a unha política de comunicación audiovisual.
2) Contextualizar as políticas audiovisuais comunitarias nun marco económico determinante.
3) Recoñecer as accións políticas relativas ao audiovisual en tanto se enmarcan nun proxecto de Sociedade Dixital.
NOTA: As competencias a acadar son as mesmas nas dúas modalidades de docencia, presencial e virtual, esta última de ser o caso.
Ademais das sesión teóricas, semanalmente abordarase, nas sesións de laboratorio, unha lectura que permita aplicar algunhas das cuestións nucleares desenvolvidas previamente.
NOTA: Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual. Neste caso, a docencia impartirase de xeito síncrono. Para o seguimento das mesmas levarase a cabo unha programación de entregas.
A avaliación será continua formativa (30%) combinada, de xeito complementario, con proba final obrigatoria (70%), no caso das dúas oportunidades.
De non ser posible o exame presencial, levarase a cabo en remoto.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
I. Traballo presencial do alumno: 48 horas.
a. Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 24 h.
b. Traballos con documentos: análise, síntese e discusión: 24 h.
II.Traballo persoal do alumno: 99 horas.
c. Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 h.
d. Busca, rexistros e preparación de material de apoio (imaxes, audio, etc.): 20h.
e. Lecturas recomendadas: 19 h.
Plan de continxencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, realizarase en remoto. Polo demais, complementariamente, a avaliación será continua, mediante distintas tarefas programadas durante o cuadrimestre.
Antia Maria Lopez Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816527
- Correo electrónico
- antiamaria.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 8 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 8 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 8 |
13.01.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
13.01.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
01.07.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |