Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A xestión pública ocupase da utilización dos medios acaidos para acadar un fin colectivo. Trata dos mecanismos de decisión para a asignación e distribución dos recursos públicos, e da coordinación e estímulo dos axentes públicos para lograr os seus obxectivos colectivos.
Pola súa parte, a gobernanza utilizábase como sinónimo de dirección política; sen embargo, o seu novo atractivo e a correspondente extensión semántica, debese a súa capacidade de abarcar a totalidade das institucións e relacións implicadas no proceso de goberno, vencellando o sistema político co seu entorno.
1. XESTIÓN E GOBERNANZA PÚBLICA: CONCEPTO E INSTITUCIÓNS.
2. DA ADMINISTRACIÓN Á XESTIÓN
3. XESTIÓN PÚBLICA E EFICIENCIA
4. TÉCNICAS DE XESTIÓN
5. INNOVACIÓN E XESTIÓN
6. A XESTIÓN A TRAVÉS DE CASOS
Bibliografía básica
- Albi, E. (et al.) (1997): Gestión Pública, Fundamentos, técnicas, casos. Barcelona, Ariel.
- Albi, E. y Onrubia, J. (2015): Economía de la Gestión Pública. Cuestiones fundamentales. Madrid. Ed. Universitaria Ramón Areces.
Bibliografía complementaria
- Aguilar, L. (2007): Gobernanza y gestión pública, Fondo de Cultura Económica de España.
- Barzelay, M. ( 2005): La nueva gestión pública: un acercamiento a la investigación y al debate de las políticas, Fondo de Cultura Económica de España.
- Comisión para la Reforma de las Administraciones Públicas (CORA) (2013), “Informe de la Comisión para la Reforma de las Administraciones Públicas”, Gobierno de España, Madrid, recuperado de www.seap.minhap.gob.es/dms/es/areas/reforma_aapp/INFORME-LIBRO/INFORME%….
- Iglesias, A (2006): Gobernanza e innovación en la gestión pública, Instituto Nacional de Administración, Madrid.
- Parrado, S. (2015): El análisis de la gestión pública, Ed. Tirant Lo Blanch. Barcelona.
- Ruiz-Huerta, J. y Villoria, M.(2010): Gobernanza democrática y fiscalidad. Tecnos. Madrid.
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
- Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestión económicas, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética
- Saber identificar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestión de índole económica, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relación e presentación de datos que se empregan en economía
posuír os coñecementos xerais de economía e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados en economía e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía
- Coñecemento da realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público, institucións económicas e a súa evolución
- Economía pública: natureza, xustificación e obxectivos da intervención do sector público na economía: facenda pública, fiscalidade, servizos sociais, saúde, educación, etc. A elaboración das políticas económicas
- Contribuir á boa xestión da asignación de recursos, tanto no ámbito privado como no público
- Adquisición de competencias relativas á xestión por obxectivos e xestión de proxectos
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
- Coñecemento dos mecanismos da xestión pública e os problemas aos que se enfronta
- Afondar no coñecemento das técnicas orzamentarias que buscan a eficiencia
- Coñecer e analizar a complexidade da toma de decisión no ámbito da administración pública
- Coñecer os novos conceptos e enfoques relativos á xestión e gobernanzas públicas
Para o desenvolvemento do programa da materia conxúgase o método didáctico da clase expositiva, que ten como obxetivo a exposición completa, sistemática e ordeada do contido dos temas e epígrafes descritos con anterioridade; xunto coas clases interactivas, nas que se require da participación e traballo do alumnado. Tra-las exposición teóricas plantéxanse diferentes exercicios, algúns dos cais se realizarán con soporte informático no que se pretende conxugar o uso do software co teórico, sen perderse en automatismos.
O alumnado ha de manexar a aplicación da aula virtual e o Teams, a través do que se compartirá material, probas, etc. Para elo é requerido o uso de RAI e ter acceso aos equipos informáticos (www.rai.usc.es/).
Para o curso 2021-2022 están previstos 3 escearios segundo se detalla a continuación:
Esceario 1:Docencia presencial
O contido da materia impártese no primeiro semestre do curso, cunha carga lectiva de 6 créditos ECTS. Deste xeito e, dacordo co horario establecido polo Centro, a distribución semanal da carga lectiva farase combinando as aulas expositivas coas interactivas. Esta mestura permitirá, en primeiro lugar, unha aproximación teórica aos aspectos máis relevantes da meteria, seguida de estudos de caso
Esceario 2: Docencia presencial e virtual
O contido da materia impártese cunha combinación de docencia presencial e virtual, tendo en conta as directrices que establezan tanto o Decanato como a Reitoría e as medidas sanitarias oportunas en cada momento. Para o docencia virtual utilizarase a plataforma Teams e o Campus Virtual, de igual modo que para as titorías, que serán vía telemática a través da mesma plataforma, previa cita acordada co profesorado encargado da materia.
Esceario 3: Docencia virtual.
O contido da materia impártese exclusivamente a través de medios virtuais, de acordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría. As plataformas a utilizar son o Campus Virtual e o Teams, ademáis dos traballos individuais, colectivos, clases expositivas e interactivas telemáticas, con distinto peso relativo segundo a altura do curso na que se produza a entrada en vigor deste esceario 3. En todo caso, as titorías será exclusivamente por vía telemática, a través do Teams, previa cita acordada co profesorado encargado da materia.
En tódolos dos escearios é obxectivo potenciar a aprendizaxe autónoma do alumnado, o que inclúe elementos de retroalimentación e autoavaliación, con probas a través do campus virtual, entrega de traballos, listas de participación activa, etc. O tempo adicado ás tarefas en remoto será, en todo caso, proporcional á materia. Os materiais empregados deben cumprir a normativa de propiedade intelectual e de protección de datos.
• Tendo en conta a metodoloxía da ensinanza descrita no apartado anterior a avaliación combina a actividade interactiva e expositiva do alumnado. Unha parte desta depende dos resultados que acade ao realizar os test de avaliación continua, os traballos, as discusións e intervencións que se produzan, así coma tamén o exame final.
• A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e seguemento indicarase na guía docente da materia, que estará publicada na aula virtual ao comenzo do curso. A proba final será presencial no esceario 1, presencial ou telemática dacordo coas directrices que establezan o Decanato e a Reitoría no esceario 2 e telemáticas no esceario 3. Nos supostos de probas telemáticas, si se detectan realizacións fraudelentas de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O peso relativo das probas de avaliación contínua será dun 70% mentres a proba final ponderará un 30% sobre a nota final. En calquera caso, para obter o aprobado o alumnado debera realizar tanto unha porcentaxe relevante da avaliación continua como o exame final.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase oficial ou repetidor, que así o solicite no plazo que se estableza na guía docente, presentarase a un exame final sobre os contidos da materia. Este exame será o 100% da nota final. En calquera caso, 5 días antes da realización da proba oficial deberá dirixir un email ao profesorado encargado da materia indicando os seus datos e a situación de dispensa ou repetición.
TRABALLO PRESENCIAL NO AULA_______________________________________Horas
Clases expositivas _________________________________________________30
Clases interactivas ________________________________________________ 15
Titorias, outras sesións co profesor e avaliacións __________________________7
Avaliación grupo grande _____________________________________________8
Total horas traballo presencial no aula_________________________________ 60
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO______________________________________Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo_________________________________55
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos______________________25
Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador ______________ 5
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar__________________ 5
Total horas traballo persoal do alumno _ ______________________________90
Recomendase o seguimento continuado das clases, así como a lectura da bibliografía sinalada, que se comentará na aula, a medida que se desenvolva o programa.
A elaboración de traballos e a resolución ou plantexamento de casos prácticos será un dos elementos aos que os alumnos deban prestar maior atención, de feito a maneira máis precisa do estudio da asingatura pasa por trasladar os coñecementos adquiridos nas clases expositivas ás devanditas elaboracións de traballos e resolución ou plantexamento de casos prácticos.
Plan de Continxencia no suposto de que se active o Esceario 2 (docencia presencial e virtual) ou o Esceario 3 (docencia virtual)
- Metodoloxía de ensinanza.
Esceario 2: Docencia presencial e virtual
O contido da materia impártese cunha combinación de docencia presencial e virtual, de acordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría, e as medidas sanitarias establecidas nese momento. Para a docencia virtual utilizarase a plataforma Teams e o Campus Virtual, de igual modo que para as titorías, que serán vía telemática a través da misma plataforma, previa cita acordada co profesorado da materia.
Esceario 3: Docencia virtual.
O contido da materia impártese exclusivamente a través de medios virtuais, dacordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría. As plataformas a utilizar son o Campus Virtual e o Teams, combinando traballos individuais e colectivos, clases expositivas e interactivas con distinto peso relativo segundo a algura do curso no que se produza este esceario 3. As titorías será exclusivamente por vía telemática, a través de Teams, previa cita acordado co profesrado da materia.
En calquera dos escearios previstos para o curso 2021-2022 potenciarase a aprendizaxe autónoma do alumnado, con elementos de retroalimentación e autoavaliación, con probas periódicas que se reaizarán a través do campus virtual, entrega de traballos, listas de participación, etc. O tempo adicado ás tarefas en remoto será, en todo caso, proporcionado á materia e os materiais empregados deben cumprir coa normativa de propiedade intelectual e de protección de datos.
- Sistema de avaliación.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e seguimento indicarase na guía docente da materia que se publicará na aula virtual ao comenzo do curso. A proba final ou telemática dacordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría no esceario 2 e telemática no esceario 3. No suposto de probas telemáticas, si se detectan realizacións fraudulentas de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O peso relativo das probas de avaliación contínua será dun 70%, mentres que a proba final ponderará un 30% sobre a nota final.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase oficial ou repetidor, que así o solicite no plazo que se estableza na guía docente, presentarase a un exame final sobre os contidos da materia. Este exame será o 100% da nota final. En calquera caso, 5 días antes da realización da proba oficial deberá dirixir un email ao profesorado encargado da materia indicando os seus datos e a situación de dispensa ou repetición.
Alejandro Ballesteros Ron
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811577
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Cadaval Sampedro
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811664
- Correo electrónico
- maria.cadaval [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
17:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 29 |
Martes | |||
17:15-18:45 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 29 |
06.06.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
06.06.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 11 |
06.06.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 11 |
06.06.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 11 |
06.06.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
06.06.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
06.06.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
06.06.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
08.07.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
08.07.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
08.07.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
08.07.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |