Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 21 Clase Interactiva: 30 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Cuantitativa
Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao completar a materia o alumnado será capaz de:
· Coñecer as estruturas alxebraicas.
· Familiarizarse co uso das matrices.
· Determinar se unha matriz é diagonalizable.
· Clasificar as formas cuadráticas.
. Espazos vectoriais.
· Aplicacións lineais.
· Matrices e determinantes.
· Sistemas de ecuacións lineais.
· Diagonalización de matrices cadradas.
· Formas cuadráticas.
1.- ALEGRE, P. Y OTROS
Ejercicios resueltos de Matemáticas Empresariales 1 y 2.
Editorial AC. Madrid, 1991.
2.- JARNE, G. Y OTROS
Matemáticas para la economía. Álgebra Lineal y Cálculo Diferencial
Editorial McGrawHill. Madrid, 1997.
3.- PALLAS, J. - MIRANDA, F. - MIGUEL, J.C. de – RAMOS, A.
Manual de álgebra lineal
Ed. Tórculo. Santiago, 2003.
4.- QUIÑOA, X.L.
Matemática(Económicas-Empresariais) Tomo I. Álxebra linear.
O Autor. Noia,1988.
5.- -Aspectos básicos de Matemáticas para la Economía: Un texto virtual y abierto.
http://eco-mat.ccee.uma.es/libro/libro.htm
BÁSICAS E XENERAIS
CG2 - Identificar, reunir, analizar e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial e tecnolóxico
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT5 - Capacidade de resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á práctica
CT9 - Capacidade para a aprendizaxe autónoma e autoavaliación
ESPECÍFICAS
CE13 - Identificar fontes de información fiable, elaborar e interpretar dita información utilizando as técnicas de análises e as ferramentas matemáticas, estatísticas e tecnolóxicas apropiadas para dar apoio á toma de decisións
METODOLOXÍAS DOCENTES
Docencia expositiva: está orientada á presentación dos contidos teóricos da materia. Empregarase fundamentalmente a lección maxistral.
Docencia interactiva de seminario: estará orientada a fomentar unha participación activa do alumnado e a achegalo aos aspectos prácticos da materia, mediante a utilización de estudos do caso, discusións e debates, resolución de problemas, realización de traballos en grupos ou individuais con ou sen exposición en público, aprendizaxe baseada en problemas ( ABP), entre outras actividades.
Docencia interactiva na aula de informática: se instrumentará a través do uso de ferramentas informáticas relevantes para a compresión e a aprendizaxe da materia.
Titorías en aula en grupos reducidos: utilizaranse para resolver dúbidas, fornecer información, preparar as exposicións e revisar prácticas ou exercicios. Servirán tamén para establecer un contacto máis directo entre os propios alumnos/ as e entre estes/ as e o profesor/a.
Exercicios prácticos / talleres / exposicións orais / participación en clases: 30 %
Traballos (individuais ou en grupo) 10 %
Exame 60 %
As competencias CG2,CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG5, CT5, CT9, CE13 valoraranse a través do traballo na clase e das probas escritas.
Os alumnos que teñan dispensa de asistencia a clase avaliaranse mediante o exame final sobre 10 puntos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
ACTIVIDADE FORMATIVA HORAS PRESENCIALIDADE
Docencia expositiva 18 100
Docencia interactiva 30 100
Titorías en grupos reducidos 3 100
Exame e revisión 3 100
Estudo en grupo ou individual 24 0
Resolución de casos prácticos / exercicios, lecturas ou outros traballos 47 0
Preparación de traballos 3 0
Preparación de exames 22 0
Recoméndase ao alumnado que leve a materia o día e que faga os exercicios.
As clases impartiranse en castelán.
O material do curso estará a disposición do alumnado no campus virtual.
Modesta Campo Andión
Coordinador/a- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 982824411
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Martes | |||
---|---|---|---|
11:30-12:50 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 6 |
12.01.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
14.06.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |