Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 36 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia Socioloxía do Traballo ten os seguintes obxectivos xerais:
-Analizar o traballo como relación social enmarcando o comportamento laboral nunha perspectiva social e grupal.
-Analizar a importancia do traballo como mecanismo de integración social, de estratificación e asignación de roles e satus aos membros da sociedade.
-Presentar as principais, ou máis influentes, correntes, paradigmas ou estilos de pensamento da Sociología do Traballo.
-Presentar o método e as técnicas de estudo, a abordaxe científica, da Sociología do Traballo, reflexionando sobre os aspectos máis destacados do traballo e a relación laboral.
-Esta materia ten relación directa coa materia Técnicas de investigación social, materia tamén anual e do segundo curso do grao.
1- Ciencias Sociais, Socioloxía e Socioloxía do Traballo
2- Conceptos e construcións sociais básicos en Socioloxía:agregado social, grupo, personalidade social, rol, status, cultura, clase social...
3- Análise sociolóxica de procesos sociais claves: socialización, control social, desigualdade, mobilidade social, globalización (división social do traballo).
4- A investigación en Sociología do traballo.
5- Perspectivas sociolóxicas en torno ao traballo e á relación laboral.
6- Cambio social: sociedade Tradicional, sociedade Tecnolóxica e Sociedade Posindustrial (economía do coñecemento).
7- A Organización Formal. A Empresa industrial como organización (Estrutura Formal e Informal) e como Institución. roles na Empresa. As transformacións da Empresa.
8- División social do traballo e división sexual do traballo (traballo produtivo e reprodutivo). O traballo da muller.
9- O futuro do traballo. Novos desafíos do traballo e da Socioloxía do Traballo
CASTILLO, J.J. El futuro del trabajo. Editorial Complutense, 1999
FERNÁNDEZ RODRIGUEZ, Carlos J. y otros. Sociología de la empresa, el trabajo y las organizaciones. Un enfoque crítico. Ed. Grupo 5, Madrid 2012
FINKEL, L. La organización social del trabajo.Ed. Pirámide. Madrid, 1994
GIDDENS, A. Sociología. Ed. Alianza Universidad. Madrid, 2002
HOLM-DETLEV y MARTÍN ARTILES. Manual de la Sociología del Trabajo y de las relaciones laborales.Ed Delta. Madrid, 2007
LUCAS MARIN, A. y GARCÏA RUIZ, P. Sociología de las Organizaciones. Ed. McGraw-Hill. Madrid, 2002
MIGUELEZ, F. y PRIETO, C. Las Relaciones Laborales en España. Ed. Siglo XXI. Madrid, 1991
PERROW, Charles. Sociología de las Organizaciones. Ed. McGraw-Hill. Madrid, 1990
ROCHER, G. introducción a la Sociología General. Ed. Herder. Barcelona
SANTOS ORTEGA, Jose Antonio. Sociología del trabajo. Ed. Tirant lo Blanch. Valencia, 1995
WATSON, T. Trabajo y Sociedad. Ed. Hacer. Barcelona, 1994
WEBER, Max. Economía y sociedad. FCE: México, 1964
O alumnado deberá coñecer e identificar o papel da Sociología en canto ciencia da sociedade. Deberá coñecer a linguaxe sociolóxica, o alcance de cada un dos termos que a Socioloxía utiliza e os procesos sociais básicos, todo iso aplicado a unha relación social específica: a relación laboral.
Así mesmo debe coñecer as achegas das diferentes correntes ou perspectivas sociolóxicas en torno ao traballo, á organización formal e á empresa, as súas explicacións do funcionamiemto da sociedade e as súas consideracións sobre as futuras tendencias sociais con especial referencia aos novos desafíos do traballo e da Socioloxía do Traballo no século XXI.
Preténdese que o alumnado adquira as habilidades necesarias para poder levar a cabo unha análise da realidade social, entendendo o porqué do funcionamento da sociedade, as relacións sociais, especialmente as laborais e os cambios sociais.
A materia ten carácter anual con nove créditos ECTS polo que terá 45 horas de docencia expositiva e 27 horas de docencia interactiva. O método docente utilizado para o desenvolvemento da materia fundaméntase, basicamente, na explicación teórica do profesor/a na clase expositiva e no desenvolvemento práctico do programa nas clases interactivas a través de exercicios, comentarios dos textos, debates, etc. sobre os temas do programa.
A avaliación do alumnado levarase a cabo a través dun exame parcial e outro final.
Unha vez superados ambos exames a nota media obtida valerá ata un 70% da nota final.
Aprobar o exame final será requisito para superar a materia.
Asi mesmo terase en conta nesta nota final a asistencia e participación activa na clase, a realización de traballos individuais o en grupo, a participación en exposicións o debates que se programen durante o curso puntuando ata o 30% da nota final.
Aos efectos previstos na normativa de permanencia da USC todas as actividades sinaladas terán a consideración de actividades académicas avaliables, de maneira que a participación nalgunha delas por parte do alumno/a producirá as consecuencias legalmente establecidas.
Para o alumnado con exención de docencia el 100% de la calificación será la determinada por el examen final. Dicho alumnado podrá asistir a lo largo de todo el curso académico a las tutorías que precise.
Respecto ao uso indebido das tecnoloxías e o plaxio na realización de tarefas e probas recórdase ao alumnado que para os casos de realización fraudulenta de exercicios e probas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A distribución dos tempos de estudio recomendable é o seguinte:
Estudio individual o en grupo: 90 horas.
Elaboración de traballos: 25 horas.
Lectura dos textos da materia recomendados: 15 horas.
Preparación clases interactivas: 5 horas.
O tempo necesario para superar a materia estimase en, aproximadamente, 3 horas semanais.
Coa finalidade de superar a materia considerase conveniente e aconsellase o alumnado o seguinte:
- Asistencia regular as clases.
- Análise, reflexión e estudio das lecturas complementarias a docencia.
- Elaboración dos traballos suxeridos perante o curso
PLAN DE CONTINXENCIA COVID-19:
Metodoloxía do ensino:
Nos escenarios 2 e 3, Distanciamiento e peche de instalacións, as 45 horas de docencia expositiva e 27 horas de docencia interactiva mantéñense. O método docente utilizado para o desenvolvemento das sesións expositivas será o indicado polo Decanato do Centro.
O desenvolvemento práctico do programa nas clases interactivas a través de exercicios, comentarios dos textos, debates, etc. sobre os temas do programa igualmente adaptarase ás indicacións do Decanato, realizándose de xeito telemática en caso de imposibilidad presencial, utilizando para iso a aula Virtual.
No escenario 3, Peche de instalacións, os traballos e exercicios das actividades interactivas dos\/as alumnos/as levaranse, necesariamente, a cabo de forma telemática a través do recurso tarefas do aula virtual.
Sistema de avaliación:
Nos escenarios 2 e 3 o sistema de avaliación será o indicado no apartado "Sistema de avaliación" desta guía docente no que respecta ao peso 70% e 30% do exame final e realización de actividades que se programen durante o curso .
Mantense, polo tanto, o sistema mixto de avaliación continua (realización de traballos, exercicios e actividades) e proba parcial ou final, que será telemática, si non é posible presencial no escenario 2, a través do recurso "tarefas" do aula virtual..
No Escenario 3, Peche instalacións, mantéñense os criterios de avaliación dos escenarios 1 e 2 fóra diso as probas parcial e final que serán telemáticas ao estar o centro pechado e realizaranse a través do recurso "tarefas" do aula virtual.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas por plaxio ou uso indebido das tecnoloxías será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendimento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Pilar Torrens Calle
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 881815145
- Correo electrónico
- pilar.torrens [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Laboral asimilado a TEU
Mércores | |||
---|---|---|---|
13:00-14:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Castelán | Aula 3 |
18:00-21:00 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Castelán | Aula 3 |
26.05.2021 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 3 |
26.05.2021 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 5 |
26.05.2021 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 6 |
06.07.2021 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 3 |
06.07.2021 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 5 |
06.07.2021 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 6 |