Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Que os alumnos coñezan os conceptos básicos e os fundamentos teóricos da xeografía; o lugar que ocupa no conxunto das ciencias; que poidan avaliar as principais achegas de cada unha das grandes etapas da evolución do pensamento xeográfico, relacionándoas coas tendencias globais do pensamento filosófico e científico; que sexan conscientes da tradición científica e cultural na que se inscribe a xeografía contemporánea.
1. A xeografía no conxunto das disciplinas científicas
2. Os conceptos fundamentais da xeografía
3. A concepción tradicional da xeografía: (I) a Antigüidade clásica
4. A concepción tradicional da xeografía: (II) o Renacemento e a Idade Moderna
5. As orixes da xeografía contemporánea. A institucionalización universitaria da xeografía
6. A época clásica da xeografía contemporánea: as escolas xeográficas nacionais.
7. Alternativas á xeografía clásica: (I) xeografías teórico-cuantitativa e da percepción
8. Alterntivas á xeografía clásica: (II) xeografías radicais e xeografía humanista.
9. Tendencias actuais do pensamento xeográfico
10. Factores de evolución da ciencia xeográfica. A xeografía como cultura e como actividade profesional.
CAPEL, H.; URTEAGA, L. (1988): Las nuevas geografías. Barcelona, Salvat
CLAVAL, P. (2011): Histoire de la géographie. Paris, P.U.F.
ESTÉBANEZ, J. (1982). Tendencias y problemática actual de la geografía. Madrid, Cincel.
HOLT-JENSEN, A. (1992): Geografía. Historia y conceptos. Barcelona, Vicens Vives.
UNWIN, T. (1995): El lugar de la geografía. Madrid, Cátedra
CAPEL, H. (2012): Filosofía y ciencia en la Geografía contemporánea. Barcelona, Ed. del Serbal
CLAVAL, P. (2007): Épistemologie de la geographie. Paris, A. Colin.
GÓMEZ MENDOZA, J.; MUÑOZ JIMÉNEZ, J.; ORTEGA CANTERO, N. (1988): El pensamiento geográfico. Madrid, Alianza (2ª ed).
ORTEGA VALCÁRCEL, J.. (2000): Los horizontes de la geografía. Barcelona, Ariel.
PEET, R. (1998): Modern geographical thougt. Oxford, Blackwell
-Coñecer os modelos explicativos da evolución do coñecemento científico, en especial da xeografía
-Ter claros os conceptos básicos da mesma e os seus problemas clave; saber aplicalos a distintas escalas.
-Identificar as principais etapas na evolución histórica da xeografía, con particular atención á época contemporánea.
-Saber interpretar e comentar textos de xeógrafos de distintas épocas i escolas.
-Aprender a realizar recensións de traballos científicos, neste caso de obras sobre historia do pensamento xeográfico.
Clases teóricas (docencia expositiva) e prácticas (docencia interactiva) na aula, e traballo persoal do alumno fora dela (lectura e recensión de artigos e dun libro sobre problemas teóricos, conceptos básicos ou evolución histórica da xeografía). Se a disponibilidade orzamentaria o permite, realizarase unha saída ó campo.
Exame (proba escrita) final (70%). Traballos de curso (15%). Actividades realizadas durante a docencia interactiva e práctica de campo (15% restante). Deberán superarse os tres apartados anteriores.
Os alumnos con dispensa oficial de asistencia a clase sustituirán as actividades realizadas durante a docencia interactiva por un traballo adicional.
Os criterios de avaliación serán os mesmos na proba ordinaria (xaneiro) e na extraordinaria (xuño/xullo)
Os que corresponden ó módulo ECTS, tal como figura na memoria do Grado de Xeografía e Ordenación do Territorio.
-Asistencia regular ás clases, participación nas mesmas e traballo continuado ó longo do cuatrimestre académico.
-Lectura da bibliografía recomendada