Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Despois do estudo desta materia o alumnado debería ser capaz de:
• Analizar a contorna e a realidade empresarial da pequena empresa.
• Comprender a relación entre a estratexia e o deseño organizativo.
• Coñecer a natureza dinámica dos procesos organizativos.
• Coñecer como xestionar unha pequena empresa.
• Asumir responsabilidades directivas.
• Comprender as funcións que debe desempeñar o persoal directivo eficaz.
• Argumentar e comunicar.
1.- Administración e o persoal administrador na PEME.
2.- Entorno organizativo na PEME.
3.- Cultura, ética e responsabilidade social.
4.- Proxectos empresariais emprendedores.
5.- Funcións directivas: planificación.
6.- Funcións directivas: organización.
7.- Funcións directivas: dirección.
8.- Funcións directivas: control.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Amaru, A.C. (2008). Administración para emprendedores. Fundamentos para la creación de nuevos negocios. Madrid: Pearson.
Castro Abancéns, I. (2010). Creación de empresas para emprendedores. Madrid: Pirámide.
Díez de Castro, J., Redondo López, C., Barreiro Fernández, B., & López Cabarcos, M. A. (2002). Administración de empresas. Dirigir en la sociedad del conocimiento. Madrid: Pirámide.
Filion, L., Cisneros Martínez, L., & Mejía-Morelos, J. (2011). Administración de PYMES. Emprender, dirigir y desarrollar empresas. Madrid: Pearson.
Hernández Ortiz, M.J. (Coord.) (2014). Administración de empresas. 2ª edición. Madrid: Pirámide.
Moyano Fuentes, J., Bruque Cámara, S., Maqueira Marín, J.M., Fidalgo Bautista, F.A., & Martínez Jurado, P.J. (2011). Administración de empresas: Un enfoque teórico-práctico. Madrid: Pearson.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Ahmed, P.K., Shepherd, C.D., Ramos Garza, L., & Ramos Garza, C. (2011). Administración de la innovación. Madrid: Pearson.
Curto Rodríguez, E., García Chas, R., & Castro Casal, C. (Coord.) (2012). Fundamentos de Dirección de Empresas. Madrid: Pearson.
Robbins, S., & Coulter, M. (2014). Administración. 12º edición. Madrid: Pearson – Prentice Hall.
Sánchez Vizcaino, G. (2011). Administración de empresas. Madrid: Pirámide.
Sánchez, R., & González, J. (2012). Administración de empresas: objetivos y decisiones. México: Mc-GrawHill.
BÁSICAS E XERAIS
CB1 – Posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se soe atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 – Aplicar os coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posuír as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 – Reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 – Desenvolver aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 – Exercitar con eficiencia e eficacia a actividade profesional no ámbito da xestión de negocios e a actividade comercial das PEMEs.
CG2 - Interpretar a contorna, os elementos e as relacións que conforman a realidade económica, empresarial e comercial nos mercados cada vez máis globalizados.
CG3 - Comprender procesos e operacións vinculados aos negocios das PEMEs e á súa actividade comercial nos seus diversos ámbitos, aplicando ferramentas idóneas de xestión.
CG4 - Recoller, analizar e valorar información relevante de carácter económico, legal, financeiro, empresarial e comercial para os distintos ámbitos de actividade das PEMEs.
CG5 - Comunicar información, e expresarse con fluidez e corrección, facendo uso do razoamento e a capacidade crítica, argumentos, problemas e propostas de solución a cuestións de índole empresarial e comercial, tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e novas tecnoloxías de presentación de datos, información e coñecemento.
CG6 – Desenvolver as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación cun alto grao de autonomía ao longo da súa vida profesional, así como para emprender estudos especializados nas distintas áreas relacionadas co exercicio profesional e o desenvolvemento persoal.
CG9 - Abordar a súa actividade profesional desde o respecto e promoción dos dereitos fundamentais das persoas, cunha visión ética, global e multicultural, inculcando valores democráticos, de igualdade de oportunidades e respecto á pluralidade de ideas, persoas e situacións.
TRANSVERSAIS
CT4: Expresión oral e escrita.
CT7: Resolución de problemas.
CT9: Razoamento crítico.
CT17: Iniciativa, espírito emprendedor, creatividade e capacidade innovadora.
ESPECÍFICAS
C1: Aplicar os coñecementos de teoría da organización ás diferentes áreas da empresa.
C2: Analizar o entorno e adaptarse a escenarios económicos diversos, nacionais e internacionais.
C5: Comprender a importancia do papel do persoal directivo e ser capaz de asumir responsabilidades de dirección.
C7: Desenvolver a capacidade de análise crítico.
Esta materia non ten asignada docencia por tratarse dun plan de estudos a extinguir.
O alumnado deberá preparar a materia de forma autónoma, sendo guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías, que servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe.
As titorías levarán a cabo preferentemente de forma presencial, aínda que en determinados casos tamén se poderán realizar de forma virtual e síncrona (a través da plataforma institucional MS Teams). En calquera caso, desenvolveranse no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada fose superior. Os contidos a avaliar correspóndense co último curso no que a materia se ofertou.
Para os casos de realización fraudulenta de probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades consistirá nunha proba final de contidos na que se valorarán os resultados da aprendizaxe. Esta proba poderá incluír preguntas de resposta curta, preguntas tipo test, preguntas de razoamento breve, ou casos (reais ou inventados) aos que o alumnado debe dar unha solución, baseándose nos contidos teóricos da materia e/ou nas habilidades/competencias desenvolvidas ao longo do cuadrimestre. Esta proba será presencial.
A materia é de 6 créditos e cada crédito equivale a 25 horas, o que supón unha carga de traballo total autónomo de 150 h. Parte destas horas poden ser empregadas para a realización de titorías e para a realización da proba final escrita.
Non se requiren coñecementos previos para cursar esta materia.
Segundo o Plan de continxencia para a organización da docencia no curso 2021-2022 (aprobado polo Consello de Goberno na sesión de 30 de abril de 2021), a programación previamente exposta elaborouse tendo en conta o escenario 1 (Normalidade adaptada -sen restricións á presenzalidade física). No apartado seguinte -Plan de continxencia- recóllense as adaptacións aos escenarios 2 e 3.
Plan de continxencia
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presenzalidade física)
As titorías serán prioritariamente telemáticas (síncrona) a través das plataformas institucionais (MS Teams) nos horarios establecidos polo profesorado.
Sistema de avaliación: O sistema de avaliación aplicable a cada oportunidade mantense igual que o previamente exposto. Neste escenario, a proba final será preferiblemente presencial. Só será virtual se así o aconsellan as directrices establecidas nese momento polos órganos correspondentes.
Escenario 3. Peche das instalacións
As titorías serán exclusivamente por vía telemática (síncrona) a través das plataformas institucionais (MS Teams) nos horarios establecidos polo profesorado.
Sistema de avaliación: O sistema de avaliación aplicable a cada oportunidade mantense igual que o previamente exposto. Neste escenario, a proba final será exclusivamente telemática (a través da plataforma MS Teams da USC).
Paula Vazquez Rodriguez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824475
- Correo electrónico
- paula.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
20.01.2022 16:00-19:00 | Grupo de exame | Seminario 2 |
29.06.2022 16:00-19:00 | Grupo de exame | Seminario 2 |