Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Introdución ao estudo do sistema político e dos seus compoñentes institucionais . Estado e medios de comunicación: regulación e conflito. Estudo das principais ideoloxías contemporáneas (socialismo, anarquismo, liberalismo e conservadorismo). Coñecemento dos actores políticos: partidos, grupos de presión, medios de comunicación Medios de comunicación e difusión dos movementos sociais contemporáneos (ecoloxismo, nacionalismo, feminismo, antiglobalización). Estudo dos límites económicos e sociais da actuación política. As principais institucións do tres sectores na sociedade democrática. A súa actuación e a súa influencia no xornalismo
Introdución ao estudo do sistema político e dos seus compoñentes institucionais . Introdución ao sistema político galego e español. Estudo das principais ideoloxías contemporáneas (socialismo, anarquismo, liberalismo e conservadorismo). Coñecemento dos actores políticos: partidos, grupos de presión e burócratas. Introdución aos debates e movementos sociais contemporáneos (ecoloxismo, nacionalismo, feminismo, antiglobalización). Estudo dos límites económicos e sociais da actuación política
-Del Águila, Rafael (ed.), Manual de Ciencia Política, Trotta, Madrid, 1997
-Della porta, Donnatella, Los movimenetos sociales, CIS, Madrid, 2011.
-Esplugas Boter, Albert, La comunicación en una sociedad libre, Instituto Juan de Mariana, Madrid, 2008.
-Jasay, Anthony de, El Estado, Alianza, Madrid, 1996
-Menéndez, María Cristina, Pollítica y medios en la era de la información, Crujía, Buenos Aires, 2009.
-Mouchon, Jean, Política y medios, Gedisa, Barcelona, 1999.
-Pasquino, G. et al., Manual de Ciencia Política, Alianza Editorial, Madrid, 1993.
-Tarrow, Sidney, El poder en movimiento: Los movieminetos sociales, la acción colectiva y la política. Alianza, Madrid, 2012.
-Tilly, Charles, Los movimeientos sociales, 1768-2008: desde sus orígenes a facebook, Crítica, Barcelona, 2009.
-Vilas Nogueira, X. et al., O sistema político galego. As institucións, Xerais, Vigo, 1994
Interese polo estudo dos fenómenos políticos.
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación.
Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
Transversais
Capacidade de organización e planificación.
Capacidade de xestión da información.
Traballo en equipo.
Aprendizaxe autónoma.
Creatividade.
Iniciativa e espírito emprendedor.
Coñecementos básicos da profesión.
Específicas
Comprender o contexto económico e político no que se desenvolve a comunicación na actualidade.
Capacitar para a comprensión de informes e datos estatísticos para a súa interpretación nos medios de comunicación.
- Clases teóricas participativas.
- Titorías personalizadas para afondar na especialización nos temas que poidan ser de interese para o alumno.
- Clase prácticas de debate de cuestións políticas de actualidade.
- Os alumnos deberán estudar as lecturas propostas polo profesor ao principio do curso como base mínima para superar a disciplina.
Exame presencial escrito que determinará se o alumno supera ou non a disciplina. A nota definitiva virá da suma da cualificación do exame coas lecturas voluntarias realizadas e a participación do alumno nas clases. A proporción será de 50% exame, 40 % traballos titorizados e 10% participación nas clases, teóricas e práticas.
No caso de recuperación avaliarase con examen no caso de ter supendida a parte teórica ou con traballos dirixidos no caso de ser este o elemento a recuperar.
No caso de alumnos dispensados de asistir a clase deberán realizar un exame sobre as lecturas e materiais de clase, sendo necesario que previamente estes se poñan en contacto co profesor para buscar a forma máis acaida de enfrontar a asignatura.
50 horas con presencia do profesor e 100 horas de traballo individual
- Clases teóricas participativas.
- Titorías personalizadas para afondar na especialización nos temas que poidan ser de interese para o alumno.
- Clase prácticas de debate de cuestións políticas de actualidade.
- Os alumnos deberán estudar as lecturas propostas polo profesor ao principio do curso como base mínima para superar a disciplina
En resposta á solicitude do Departamento de Ciencia Política e da Administración de revisión da programación da materia_Institucións Políticas e movementos sociais contemporáneos do Grao en Xornalismo, de face aos posibles escenarios na nova normalidade do próximo curso académico 2020-2021, quero constar no apartado de Observacións as seguintes cuestións:
- Contidos: inicialmente non se prevé a modificación dos contidos, que se manterán tanto na previsión do Escenario 2 como do Escenario 3 e que serán axustados segundo a forma de docencia que se concrete en cada unha das devanditas situacións.
- Bibliografía: de producirse un novo confinamento, a bibliografía complementaria será facilitada polos docentes a través da aula Virtual.
- Metodoloxía de ensino: esta será reaxustada no seu momento, segundo a previsión de dispoñibilidade de aulas que estableza a Facultade para cada escenario. Aínda que e de maneira xenérica complementaranse no Escenario 2 as clases presenciais coa subida de material que permita tanto o seguimento dos contidos teóricos como prácticos da materia. No Escenario 3 complementarase a realización de clases telemáticas síncronas ou asíncronas, segundo o volume de alumnos matriculados, coa incorporación na aula Virtual de material que permita o seguimento dos contidos teórico-prácticos da materia.
- Sistema de avaliación: de maneira xenérica, tanto no Escenario 2 como no Escenario 3, fomentarase o sistema de avaliación continua, e en consecuencia, a entrega periódica de traballos que permitan o seu seguimento. Así mesmo e se as condicións de realización permíteno, valorarase no Escenario 2 a realización dunha proba final exame síncrono/asíncrono.
Miguel Anxo Bastos Boubeta
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815167
- Correo electrónico
- miguelanxo.bastos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Elba Maneiro Crespo
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- elba.maneiro.crespo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Expositivo 1 | Galego | Auditorio |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Auditorio |
Venres | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Auditorio |
13.01.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
13.01.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
22.06.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |