Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 33 Clase Interactiva: 20 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Bioloxía Celular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- Dar a coñecer a organización estrutural da célula, a súa composición macromolecular, o funcionamento dos distintos compoñentes e as relacións intercelulares e co medio extracelular.
- Coñecer o manexo do microscopio e aprender a identificar células e os seus orgánulos en preparacións de microscopia óptica e en micrografías de microscopia electrónica.
- Coñecer outras metodoloxías básicas utilizadas en Bioloxía Celular.
- Adestrarse no manexo de bibliografía xeral e especializada, así como no uso de Internet para preparar a materia.
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS (33 h)
Introdución (1,5 h)
TEMA 1.- Introdución. A Teoría Celular. A Bioloxía Celular e a súa relación con outras disciplinas.
TEMA 2.- Organización estrutural dos seres vivos. Células e tecidos.
Membrana plasmática (4 h)
TEMA 3.- Composición e estrutura da membrana plasmática.
TEMA 4.- Intercambios da célula co medio externo I. Transporte de pequenas moléculas e ións a través da membrana plasmática.
TEMA 5.- Intercambios da célula co medio externo II. Transporte de macromoléculas e partículas.
O núcleo, ribosomas e mecanismos xenéticos (4,5 h)
TEMA 6.- Organización estrutural do núcleo celular interfásico.
TEMA 7.- Cromatina e cromosomas.
TEMA 8.- Replicación. Transcrición.
TEMA 9.- Ribosomas e síntese de proteínas.
Sistemas de endomembranas (3,5 h)
TEMA 10.- Retículo endoplasmático.
TEMA 11.- Aparato de Golgi.
TEMA 12.- Sistema lisosomal e vacúolos.
Conversión da enerxía (4,5 h)
TEMA 13.- Mitocondrias.
TEMA 14.- Plastos.
TEMA 15.- Microcorpos.
Citosol (0,5 h)
TEMA 16.- O citosol. Inclusións citoplamáticas.
Motilidade celular e citoesqueleto (4 h)
TEMA 17.- Citoesqueleto. Microfilamentos.
TEMA 18.- Microtúbulos.
TEMA 19.- Filamentos intermedios.
O ciclo celular e a división celular (4,5 h)
TEMA 20.- O ciclo celular eucariota.
TEMA 21.- División celular.
TEMA 22.- Meiose.
Determinación, diferenciación e morte celular (2 h)
TEMA 23.- Determinación, diferenciación e avellentamento celular.
TEMA 24.- Morte celular.
Relación das células entre si e co medio (4 h)
TEMA 25.- Sinalización celular.
TEMA 26.- Matriz extracelular e unións intercelulares.
TEMA 27.- A parede celular vexetal.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS (10 h)
PRÁCTICA 1.- Práctica de computador. Busca de páxinas na rede relacionadas coa Bioloxía Celular. Técnicas aplicadas a Bioloxía Celular.
PRÁCTICA 2.- Manexo do microscopio óptico. Diversidade celular
RÁCTICA 3.- Observación de orgánulos celulares animais e vexetais
PRÁCTICA 4: Observación de funcións celulares
PRÁCTICA 5.- División celular: mitose e meiose.
SEMINARIOS (10 seminarios)
Os alumnos deberán de preparar os seminarios propostos polo profesor da materia. Nos seminarios, os alumnos terán que resolver problemas sobre cada tema. A data na que se tratará cada seminario será proposta a principio de curso. Relación de seminarios: Organización estructural da célula e tráfico de proteínas na mesma. Membrana plasmática, núcleo e mecanismos xenéticos, sistema de endomembranas, mitocondrias e cloroplastos, citoesqueleto, ciclo e división celular, determinación, diferenciación e morte celular, células nai, relación das células entre si e co medio.
TITORÍAS ( Unha titoría)
Na titoría explicarase a programación do curso, daranse as recomendacións para organizar e estudar a materia e resolveranse as dúbidas dos alumnos en relación ca mesma.
RECOMENDADA COMO TEXTO.
Cooper, G. M.; Hausman, R.E. (2017). La célula. 7ª ed. Madrid: Editorial Marbán
OUTROS LIBROS RECOMENDADOS
Alberts, B., et al. (2011). Introducción a la biología celular. 3ª ed.
Madrid: Editorial Médica Panamericana
Alberts, B., et al. (2016). Biología molecular de la célula. 6ª ed. Barcelona: Omega
Karp, G. (2019). Biología celular y molecular: conceptos y experimentos.
8ª ed. México: MacGraw-Hill Interamericana
Lodish,H., et al. (2016). Biología celular y molecular. 7ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
PRÁCTICAS E TÉCNICAS
Montuenga, L., Esteban, F.J., Calvo, A. (2009). Técnicas en histología y
biología celular. Barcelona: Elsevier Masson
Ruíz, M. S., Rodicio, M.C., Corujo, A. (1985). Cuaderno de prácticas de
citología e histología vegetal y animal. Santiago de Compostela: Servizo
de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de
Compostela
Sepúlveda, J. (2011). Histología: biología celular y tisular:
instructivo de laboratorio. México: McGRAW-HILL
INFORMACIÓN EN INTERNET
1.- Biblioteca da USC.
http://busc.usc.es
2.- Libros de clase.
http://www.pubmed.com (books)
3.- Bioloxía Celular.
http://www.pubmed.com
http://www.cell-biology.com
http:// www.roberthooke.org.ok
http://cellbio.utmb.edu/cellbio/membrane.htm
http://www.microanatomy.net/index.asp
Básicas e Xerais
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo, partindo como base dos coñecementos obtidos na educación secundaria, que inclúan coñecementos baseados en libros de texto avanzados pero tamén coñecementos de vangarda no seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha maneira profesional e que posúan as competencias que lle permitan elaborar e defender argumentos e a resolución de problemas na súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) que permitan emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado e non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
CX1. Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Bioloxía,
incluíndo a perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CX2. Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir
informes razoados en problemas relacionados coa Bioloxía.
CX3. Aplicar tanto os coñecementos teórico‐prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de
abstracción na definición e plantexamento de problemas e na busca das súas solucións tanto
en contextos académicos como profesionais.
CX4. Comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e
ideas en Bioloxía, tanto a un público especializado como non especializado.
CX5. Estudar e aprender de forma autónoma, con organización do tempo e recursos, novos
coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
Transversais
CT1. Capacidade de análise e síntese
CT2. Capacidade para o razonamento e a argumentación
CT3. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT4. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT5. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente
CT6. Utilización de información bibliográfica e de Internet
CT7. Utilización de información en lingua extranxeira
CT8. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Específicas
CE1.c - Ámbito competencial: Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades Técnicas básicas en bioloxía
CE2.d - Ámbito competencial: Orixe e bases moleculares da vida: Metabolismo, sinalización celular e bioenerxética
CE2.f - Ámbito competencial: Orixe e bases moleculares da vida: Análises molecular, celular e tisular
CE3.a - Ámbito competencial: Células, tecidos e órganos: Estrutura e funcións da célula eucariota
CE3.f - Ámbito competencial: Células, tecidos e órganos: Análise microscópico
Utilizaranse:
- Clases expositivas.
- Seminarios. Os alumnos participarán coa preparación e discusión dos temas propostos
- Prácticas de laboratorio e de computador. Faranse grupos de prácticas que terán lugar durante o primeiro cuadrimestre (ata completar 4 h de prácticas de laboratorio e 1 h de prácticas de computador por grupo).
- Titorías (Unha titoría).
Tipo de docencia en función da evolución do COVID-19
Escenario 1: Normalidade adaptada Clases expositivas e seminarios: docencia presencial. Titoría: en liña. Prácticas: semipresenciais.
Escenario 2: distanciamento, restricións parciais á presencialidade física. Clases expositivas, seminarios e prácticas: semipresenciais, no caso de que a súa organización sexa compatible cas medidas establecidas nos protocolos de saúde da USC. Titoría: en liña.
Escenario 3: Peche das instalacións. Clases expositivas, seminarios, prácticas e titoría: docencia en liña.
A docencia en liña será síncrona, utilizando para a mesma a plataforma Teams de Microsoft.
- Os alumnos deben superar un exame que representará o 75 % da nota final. Este exame incluirá seccións dedicadas a avaliar a teoría e os seminarios. A materia dividirase en dúas partes. A primeira parte comprende os temas 1 a 15, ambos incluídos. A segunda parte comprende os temas 16 a 27. Os alumnos terán a posibilidade de superar a materia realizando un exame parcial da primeira parte (elimina materia) e un único exame final. Os exames serán comúns para os dous grupos de clases expositivas. Para aprobar a materia, o alumno debe aprobar as dúas partes.
- Os alumnos deben realizar os seminarios e as prácticas que supoñerán un 20% e un 5%, respectivamente, da nota final. - Os alumnos tamén deben obrigatoriamente elaborar os seminarios e responder as preguntas relacionadas cos mesmos formuladas polo profesor. A asistencia aos seminarios é obrigatoria, sendo necesario asistir polo menos a un 80% dos mesmos.
- A asistencia a prácticas é obrigatoria. É necesario ter aprobadas as prácticas para poder aprobar a materia.
- Os alumnos repetidores que superasen as prácticas non terán que volver realizalas. Dado que estes alumnos non teñen valoración das prácticas do curso anterior, a nota final será a obtida nos exames (80%) e nos seminarios (20%).
Sistema de avaliación segundo os distintos escenarios:
Escenario 1: Normalidade adaptada
Os exames de teoría e seminarios, así como a avaliación da actividade realizada nos seminarios serán presenciais. O exame de prácticas será en liña.
Escenario 2: distanciamento, restricións parciais á presencialidade física.
Todos os exames realizaranse en liña.
Escenario 3: Peche das instalacións.
Todos os exames realizaranse en liña.
Os instrumentos utilizados para avaliación incluirán a avaliación das seguintes competencias:
-Exame teórico: CB1, CB3, CX1, CX5, CT6, CT7, CE2.d, CE2,f, CE3.a
-Seminarios: CB1, CB2, CB3, CB5, CX2, CX4, CX5, CT1, CT2, CT4, CT6, CT7, CT8
-Titorías e prácticas: CX3, CE1.c, CE3.f
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
- Teoría: 33 horas presenciais e 66 horas de traballo persoal (horas totais: 99).
- Preparación de seminarios: 16 horas de traballo persoal (horas totais:16).
- Asistencia a seminarios: 10 horas presenciais (horas totais: 10).
- Prácticas de laboratorio: 4 horas presenciais, 4 h virtuais e 4 horas de traballo persoal (horas totais: 12).
- Prácticas de computador: 2 horas presenciais e 2 horas de traballo persoal (horas totais: 4).
- Titorías personalizadas: 1 hora presencial (horas totais: 1).
- Realización de exames: 5 horas presenciais (horas totais: 5).
- Asistencia e participación activa na clase.
- Por cada hora de clase unha hora de estudo, utilizando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida na clase (é fundamental que a hora de estudo sexa o máis próxima posible á hora de clase).
- Estudo e revisión semanal da materia dada.
- Preparación dos contidos dos seminarios previamente a exposición na clase
- Aclaración co profesor de posibles dúbidas.
- Repaso para o exame final.
Recoméndase o estudo diario da materia polo libro seguindo as indicacións dos profesores. Unha vez estudada, o alumno deberá responder as preguntas propostas nos seminarios, comprobar se estas respostas son correctas e repetir o estudo e a autoavaliación as veces que sexan necesarias. Finalmente, o alumno deberá resolver os problemas propostos nos seminarios.
Plan de continxencia:
Co fin de conseguir un escenario seguro para a docencia teórica e práctica desta materia en caso de novos brotes por SARS- CoV –2 durante o curso 2020-21, prevíronse varias alternativas para impartila e para avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos, en función dos tres escenarios previstos.
Escenario 1: Normalidade adaptada A docencia expositiva e os seminarios realizaranse de forma presencial e as titorías realizaranse en liña. As clases prácticas serán semipresenciais. Os exames de teoría e seminarios, así como a avaliación da actividade realizada nos seminarios serán presenciais. O exame de prácticas será en liña.
Escenario 2: distanciamento, restricións parciais á presencialidade física. Clases expositivas, seminarios e prácticas serán semipresenciais, no caso de que a súa organización sexa compatible cas medidas establecidas nos protocolos de saúde da USC. A titoría será en liña. Todos os exames realizaranse en liña.
Escenario 3: Peche das instalacións. Toda a docencia realizarase en liña. Todos os exames serán en liña.
A docencia en liña será síncrona, utilizando para a mesma a plataforma Teams de Microsoft.
De tódalas maneiras, segundo a evolución do COVID-19, esta programación docente podería variar e adaptarse ás circunstancias existentes nese momento. No caso de que haxa modificacións da programación, os alumnos serán informados dos cambios que se fagan na mesma.
Maria Fatima Adrio Fondevila
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816943
- Correo electrónico
- fatima.adrio.fondevila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Celina Rodicio Rodicio
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816946
- Correo electrónico
- mcelina.rodicio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jesus Lamas Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816951
- Correo electrónico
- jesus.lamas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Anton Barreiro Iglesias
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ismael Hernandez Nuñez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- ismael.hernandez [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula virtual |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula virtual |
Martes | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Aula virtual |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula virtual |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula virtual |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula virtual |
11.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
11.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
11.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
11.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
11.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
11.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
11.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
11.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
11.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
11.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
23.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
23.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
23.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
23.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |