Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 25 Total: 56
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Bioloxía Celular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer a orixe, estrutura e función dos tecidos e órganos animais e vexetais.
Coñecer e diferenciar os distintos tipos de tecidos e órganos animais e vexetais.
Coñecer as técnicas básicas empregadas en Histoloxía.
Identificar e diferenciar os distintos tipos celulares e tecidos en imaxes de órganos animais e vexetais obtidas en diferentes tipos de microscopios ópticos e electrónicos.
Adestrarse no manexo do microscopio óptico de campo claro mediante a observación de preparacións microscópicas de seccións de diversos órganos animais e vexetais e relacionar contidos teóricos e prácticos identificando distintos tipos celulares e tecidos .
Adestrarse no manexo de fontes de información e bibliografía xeral e especializada relacionada coa materia.
CLASES EXPOSITIVAS
A impartición das clases terá lugar de xeito presencial na aula da Facultade de Bioloxía indicada no horario establecido polo centro.
A duración aproximada de cada tema será de 1,5 a 2 horas e a duración de cada clase expositiva será de 55 minutos.
TEMA 1.- Plan corporal das plantas cormofitas. Os tecidos vexetais. Bioloxía dos meristemos.
TEMA 2.- Bioloxía do parénquima, colénquima e esclerénquima.
TEMA 3.- Bioloxía dos tecidos vasculares I. Xilema.
TEMA 4.- Bioloxía dos tecidos vasculares II. Floema.
TEMA 5.- Bioloxía dos tecidos protectores.
TEMA 6.- Bioloxía dos tecidos secretores.
TEMA 7.- Tecido esporóxeno e gametofitos.
TEMA 8.- Orixe dos tecidos animais. Bioloxía dos epitelios: Epitelios de revestimento e glandulares.
TEMA 9.- Bioloxía do tecido conxuntivo. Tecido adiposo. Tecido pigmentario.
TEMA 10.- Bioloxía da cartilaxe. Notocorda.
TEMA 11.- Bioloxía do tecido óseo. Tecidos dentarios.
TEMA 12.- Bioloxía do sangue. Hematopoiese.
TEMA 13.- Bioloxía do tecido muscular. Órganos eléctricos.
TEMA 14.- Bioloxía do tecido nervioso. Sistema nervioso central e periférico.
CLASES INTERACTIVAS DE LABORATORIO
A impartición das prácticas de laboratorio terá lugar de xeito presencial no laboratorio xeral 3 da Facultade de Bioloxía. A duración de cada práctica será de 2,5 horas.
PRÁCTICA 1.- Raíz primaria. Raíz secundaria. Folla.
PRÁCTICA 2.- Talo monocotiledónea. Talo primario de dicotiledónea. Talo secundario de dicotiledónea. Flor.
PRÁCTICA 3.- Tegumento e glándulas exocrinas. Aparato dixestivo I.
PRÁCTICA 4.- Aparato dixestivo II.
PRÁCTICA 5.- Aparato dixestivo III. Aparato respiratorio.
PRÁCTICA 6.- Órganos linfoides.
PRÁCTICA 7.- Aparato excretor.
PRÁCTICA 8.- Sistema nervioso. Órganos dos sentidos.
CLASES INTERACTIVAS DE SEMINARIO
A impartición dos seminarios terá lugar de xeito presencial na aula da Facultade de Bioloxía indicada no horario establecido polo centro. Se impartirán dous seminarios cunha duración de 110 minutos cada un.
SEMINARIO 1.- Procesado histolóxico e protocolos habituais no tratamento de tecidos para a súa observación en microscopios ópticos ou electrónicos.
SEMINARIO 2.- Posta en práctica de exercicios de recoñecemento de tecidos animais e vexetais en imaxes obtidas en diferentes tipos de microscopios ópticos e electrónicos, e de diferentes tipos de preguntas, similares ás que o alumnado terá que responder nos exames referentes á avaliación dos contidos impartidos nas clases expositivas.
Bibliografía Básica:
Paniagua, Ricardo, Nistal, Manuel, Sesma, Pilar, Álvarez-Uría, Manuel, Fraile, Benito, Anadón, Ramón y Sáez, Francisco Javier, 2007. Citología e Histología Vegetal y Animal. Vol.2. 4ª ed. Madrid : McGraw-Hill-Interamericana.
Alonso Peña, José Ramón, 2011. Manual de Histología vegetal. Madríd: Ediciones Mundi-Prensa.
Evert, Ray F., 2008. Esau Anatomía vegetal: meristemas, células y tejidos de las plantas : su estructura, función y desarrollo. 3ª ed. Barcelona : Omega.
Gartner, Leslie P. y Hiatt, James L., 2008. Texto Atlas de Histología. 3ª ed. México : McGraw-Hill Interamericana.
Megías Pacheco, Manuel, Molist García Pilar y Pombal Diego, Manuel Ángel, 2019. Atlas de histología vegetal y animal. Accesible en: http://mmegias.webs.uvigo.es/inicio.html. [Consultado 29/05/2022].
Bibliografía Complementaria:
Crang, Richard, Lyons-Sobaski, Sheila and Wise, Robert, 2018. Plant Anatomy: a concept-based approach to the structure of seed plants. Cham : Springer Nature Switzerland.
Mauseth, James D., 2009. Botany : an introduction to plant biology. 4th ed. Massachusetts : Jones and Bartlett.
Fawcett, Don W. and Jensch, Ronald P., 1999. Compendio de Histología. Madrid: McGraw Hill- Interamericana.
Pawlina, Wojciech, 2020. Ross Histología. Texto y Atlas. Correlación con Biología Molecular y Celular. 8ª ed. Barcelona : Wolters Kluwer.
Young, Bárbara, O’Dowd, Geraldine and Woodford, Phillip, 2014. Wheater Histología Funcional. Texto y Atlas en Color. 6ª ed. Barcelona: Elsevier.
As competencias básicas e xerais serán as que se indican na memoria do Grao en Bioloxía.
En canto ás competencias específicas e transversais, nesta materia se traballan as seguintes:
CE3 - Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais e deseñar protocolos de traballo no laboratorio e no campo, aplicando a normativa e as técnicas adecuadas relacionadas coa seguridade, hixiene, xestión de residuos e calidade.
CE9 - Coñecer e comprender a estrutura e función dos virus, células procariotas e eucariotas.
CE10 - Coñecer e comprender o desenvolvemento, morfoloxía e anatomía dos seres vivos.
CT1 - Capacidade para buscar, procesar, analizar e sintetizar información de varias fontes.
CT2 - Capacidade de razoar, argumentar e pensar criticamente.
CT3 - Capacidade de traballar en grupo e cubrir colectivamente situacións problemáticas.
CT4 - Capacidade para preparar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT8 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos, promovendo a iniciativa e a creatividade.
CT9 - Capacidade para organizar e planificar o traballo.
CT10 - Capacidade para interpretar resultados experimentais.
Clases expositivas. O profesorado da materia impartirá as clases expositivas referentes aos contidos teóricos da materia no aula con apoio de medios audiovisuais e potenciará a participación e intervención do alumnado durante o transcurso da clase.
O profesorado da materia empregará o campus virtual da USC para proporcionar ao alumnado material docente co obxectivo de facilitar a comprensión dos contidos impartidos nas clases expositivas.
Clases interactivas de seminario. Os seminarios consistirán na realización por parte do profesorado de actividades docentes de diferente índole coa participación activa do alumnado, co obxectivo de afondar nos contidos impartidos nas clases expositivas.
Clases interactivas de laboratorio. Ao comezo de cada clase práctica, o profesorado fará unha breve introdución sobre o tema a tratar. Ao longo destas clases, o alumnado se adestrará no manexo do microscopio óptico de campo claro mediante a observación de diversas preparacións microscópicas de seccións de órganos vexetais e animais, nas que deberán comprender a estrutura xeral do(s) órgano(s) obxecto de estudo e identificar e diferenciar os diferentes tipos celulares e tecidos que os compoñen.
Cada alumno/a disporá dun microscopio óptico de campo claro, das preparacións microscópicas correspondentes a cada práctica, e dun guion coa descrición dos órganos que se estudiarán en cada práctica. O guion de cada práctica estará dispoñible a través do aula virtual da materia previamente á realización da práctica no laboratorio.
Segundo os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Ensinanza Superior (Consello de Goberno, 25 marzo 2010) “É deber dos estudantes a asistencia ás clases teóricas e prácticas propias de cada materia e a realización dos traballos complementarios axeitados”.
Aínda que a asistencia ás diferentes actividades (clases expositivas, clases interactivas de seminario, clases interactivas de laboratorio) non será obrigatoria para a superación da materia, si é recomendable debido aos numerosos beneficios que ten para o alumnado (tanto o de nova matrícula coma os/as alumnos/as repetidores/as) coma por exemplo, unha mellor comprensión da materia, unha aprendizaxe continua, a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente mais participativa, ou interacción con outros/as alumnos/as.
Para as dúas oportunidades de avaliación, a cualificación obtida por cada alumno/a será un promedio ponderado do seu rendemento nas partes da materia onde o seu traballo é avaliado. O alumnado deberá realizar dúas probas de avaliación:
1) Exame de contidos teóricos, que suporá un 65% da cualificación global da materia. Consistirá en dúas partes: unha referente aos contidos sobre tecidos vexetais impartidos nas clases expositivas, e outra aos contidos sobre tecidos animais impartidos nas clases expositivas e aos contidos impartidos no seminario referente ao procesado histolóxico de tecidos. Cada parte consistirá nunha proba escrita con preguntas tipo test de resposta múltiple (onde dúas respostas incorrectas restan unha resposta correcta), preguntas de resposta curta e/ou longa, e preguntas relacionadas con imaxes e esquemas de tecidos e/ou órganos incluídos no temario impartido nas clases expositivas. A resposta empregando termos ou conceptos correspondentes a tecidos animais nas preguntas referentes aos tecidos vexetais, ou viceversa, se penalizará coa resta dun punto na cualificación global do exame.
Para superar o exame de contidos teóricos é necesario alcanzar unha cualificación igual ou superior a 5,0 puntos (sobre 10,0) en cada unha das partes. De non ser así, non se realizará o sumatorio e o exame considerarase suspenso.
2) Exame de clases interactivas de laboratorio, que suporá un 35% da cualificación global da materia. Constará de dúas partes que se realizarán de xeito consecutivo na mesma data e na mesma aula:
1ª parte- Recoñecemento de imaxes de tecidos/órganos animais e vexetais. O alumnado terá que identificar, en imaxes en cor proxectadas na aula e obtidas das preparacións microscópicas estudadas durante as clases prácticas, órganos animais e vexetais e as estruturas que se sinalen en cada imaxe. Cada alumno/a terá que escribir a súas respostas nunha plantilla que lle entregará o profesorado no momento do exame. Se o órgano non se identifica (resposta en branco) ou non se identifica correctamente, non se puntuarán as respostas referentes ás estruturas sinaladas.
2ª parte: Consistirá nunha proba escrita con preguntas tipo test verdadeiro/falso (onde unha resposta incorrecta resta unha resposta correcta). As preguntas farán referencia aos contidos teóricos dos guiones de prácticas.
Para superar o exame de prácticas é necesario alcanzar unha cualificación igual ou superior a 5,0 puntos (sobre 10,0) en cada unha das partes. De non ser así, non se realizará o sumatorio e as prácticas consideraranse suspensas.
A cualificación global de cada alumno/a na materia resultará do sumatorio da cualificación obtida no exame de contidos impartidos nas clases expositivas (65%) e a cualificación obtida no exame de contidos impartidos nas clases interactivas de laboratorio (35%). Este sumatorio só levarase a cabo cando o alumno acade unha cualificación igual ou superior a 5,0 puntos (sobre 10,0) en cada un dos exames. En caso de non poder realizarse o sumatorio, a cualificación que constará no acta será a do exame que obteña unha maior cualificación.
Para os/as alumnos/as repetidores/as o sistema de avaliación da aprendizaxe será o mesmo que para o alumnado de nova matrícula.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións" da USC.
Clases expositivas: 30 horas.
Clases interactivas de seminario: 4 horas.
Clases interactivas de laboratorio: 20 horas.
Titorías: 1 hora.
Traballo Persoal do alumnado: 93 horas (estudo dos contidos teóricos e prácticos da materia.
Exames: 5 horas.
Asistencia e participación activa nas clases expositivas e nas actividades realizadas nos seminarios.
Estudo e revisión semanal dos contidos impartidos, empregando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida na clase.
Aclaración co profesorado de posibles dúbidas.
A materia require ter cursado a materia Bioloxía da célula no primeiro cudrimestre do primeiro curso do Grao en Bioloxía.
A materia terá un aula virtual operativa dende o inicio do cuadrimestre na plataforma Moodle do campus virtual da USC, na que o profesorado porá a disposición do alumnado toda a información (horarios, grupos de clases expositivas, seminarios e prácticas de laboratorio, guía docente, bibliografía, presentacións de contidos teóricos, guions de prácticas, foro de novas e avisos, etc...), e materiais didácticos referentes aos contidos impartidos nas clases expositivas coma nas prácticas de laboratorio.
Maria Fatima Adrio Fondevila
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816943
- Correo electrónico
- fatima.adrio.fondevila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Angel Rodriguez Diaz
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816942
- Correo electrónico
- miguelangel.rodriguez.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Daniel Romaus Sanjurjo
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- daniel.romaus.sanjurjo [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Sara Borrell
Nicolas Vidal Vazquez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- nicolas.vidal.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Laura Gonzalez Llera
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- l.gonzalez.llera [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Alejandro Sanchez Rueda
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- alejandrosanchez.rueda [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Paula Ayuso Garcia
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- paula.ayuso [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Cecilia Huarte Sebastian
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- cecilia.huarte.sebastian [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Izaskun Buendia Abaitua
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- izaskun.buendia [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Martes | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
24.05.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
24.05.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
24.05.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
24.05.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
24.05.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
24.05.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |