Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 15 Total: 53
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Manexar a terminoloxía científica propia da Bioxeoquímica e doutras disciplinas relacionadas.
- Manexar bibliografía especializada.
- Aprender a observar e interpretar os principais procesos bioxeoquímicos superficiais.
- Desenvolver a capacidade crítica para a interpretación da información sobre procesos de degradación ambiental relacionados coas actividades humanas.
- Diagnosticar problemas ambientais.
Orixe dos elementos, o Sistema Solar, a Terra e a Vida. Principais procesos en Bioxeoquímica e os seus métodos de estudo. Distribución dos elementos químicos nos sistemas superficiais: atmosfera, litosfera, hidrosfera e biosfera. Estrutura e dinámica dos sistemas superficiais. Procesos de degradación actual dos mesmos. Ciclos bioxeoquímicos dos elementos.
Programa de expositivas (35 h, presencial, non obrigatorio).
CONCEPTOS FUNDAMENTAIS. Concepto e fontes da Bioxeoquímica. Formación e distribución dos elementos químicos no universo e na Terra. Diferenciación bioxeoquímica: primaria, secundaria, e terciaria. Orixe dos subsistemas terrestres: litosfera, atmosfera, hidrosfera e biosfera. Introdución aos ciclos bioxeoquímicos dos elementos (C, N, P) 2.5 horas
PRINCIPAIS PARÁMETROS DOS SISTEMAS BIOXEOQUÍMICOS. A auga como vehículo da reactividade bioxeoquímica. Concentración e actividade. Forza iónica. Potencial iónico e mobilidade dos elementos. O pH: medidas, variabilidade nos sistemas naturais. Potencial redox (Eh). Diagramas Eh-pH e principais ambientes xeoquímicos da Terra. Coloides: tipos, natureza e propiedades. 4 horas
A LITOSFERA. Composición, estrutura e dinámica da litosfera. O ciclo xeolóxico. Meteorización da litosfera: tipos, procesos principais, estimación da intensidade de meteorización química. Os solos: formación, organización, tipos e funcións ambientais. Principais procesos de degradación dos solos. 9.5 horas
A ATMOSFERA. Composición: gases e aerosois. Estrutura: capas de atmosfera. Dinámica da atmosfera (circulación atmosférica). Reaccións bioxeoquímicas atmosféricas e acoplamentos. Principais procesos de degradación da atmosfera: destrución de ozono estratosférico, formación de ozono troposférico, chuvia ácida, cambio climático inducido. 9.5 horas.
A HIDROSFERA. Composición da hidrosfera e ciclo da auga. Composición, estrutura e dinámica (circulación oceánica) da hidrosfera oceánica. Composición, estrutura e dinámica da hidrosfera continental. Principais procesos de degradación da hidrosfera. 9.5 horas
Prácticas (9 h, presencial, non obrigatorio)
1. Traballo de campo. Zona de estudio Aldariz (Pontevedra). Tipo de hábitat: humedal de turbera. Análise e descrición das características do medio e a súa relación coa bioxeoquímica. Toma de decisións sobre a mostraxe, tendo en conta as características da zona de estudo. Toma de mostras de lixiviados de solos e estudo en campo dos principais parámetros do sistema bioxeoquímico obxecto de estudo. (5h).
2. Traballo de laboratorio. Estudo da composición química das diferentes mostras de lixiviados de solos recollidas en campo. Análise dos resultados obtidos nas mostras. Discusión dos resultados. (4h).
Seminarios (6 h, presencial, non obrigatorio)
Tres seminarios cunha duración de 2 horas cada un. Desenvolveranse de maneira práctica os ciclos do P, N e C.
Titorías (3h, presencial, non obrigatorio):
Tres titorías dunha hora de duración cada unha. Levarase a cabo o seguimento da aprendizaxe e resolveranse dúbidas.
Exame (2 horas, presencial, obrigatorio) Proba sobre os contidos anteriores
Bibliografía Básica
- Butcher S.S., et al. 1992. Global biogeochemical cycles. London: Academic Press.
Biblioteca de Bioloxía: EMA 473
Biblioteca de Bioloxía: EMA 473 A
- Ernst W.G. (ed). 2000. Earth Systems. Cambridge: Cambridge University Press.
Biblioteca de Farmacia: TG 157
Biblioteca de Bioloxía: A TG 295
- Schlesinger, W.H. 2000. Biogeoquímica: un análisis del cambio global. Barcelona: Ariel.
Biblioteca de Bioloxía: A TG 115 A
Biblioteca Xeral: SL 570 94
- Sierra Rodríguez, M. Á., 2010. Principios de química medioambiental [en liña]. 1ª ed. Madrid: Sintesis. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-519
Bibliografía Complementaria
- Andrews, J. E., Brimblecombe, P., Jickells, T. D., Liss, P. S., & Reid, B. 2009. An introduction to environmental chemistry. John Wiley & Sons.
- Contreras López, A., 2012. Ciencia y tecnología del medioambiente [en liña]. Madrid: UNED. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-1419
- Díaz de Mera Morales, Y., & Martínez Ataz, E., 2004. Contaminación atmosférica [en liña]. 1ª ed. electrónica. Cuenca: Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-1730
- Jacobson M.Z. 2002. Atmospheric pollution. History, Science, and Regulation. Cambridge: Cambridge University Press.
- Muñoz Andrés, V., 2019. Gestión y conservación de aguas y suelos [en liña]. Madrid: UNED. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-5220
- Stevenson F.J, Coels M.A. 1999. Cycles of soil: carbon, nitrogen, phosphorus, sulfur, micronutrients. 2nd ed . New York: John Wiley & Sons
Básicas/Xerais
As especificadas nas memoria do grao para o conxunto das materias
Transversais
CT1 – Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT2 - Capacidade para o razoamento, a argumentación e o pensamento crítico
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situación problemáticas de forma colectiva
CT4 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT5 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente
CT8 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Específicas
CE3 - Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais, e deseñar protocolos de traballo no laboratorio e no campo, aplicando
a normativa e as técnicas apropiadas relacionadas ca seguridade, hixiene, xestión de residuos e calidade.
CE13. Saber describir, analizar e interpretar o medio físico e a súa relación cos seres vivos
CE14. Coñecer o fluxo de enerxía nos ecosistemas e os ciclos bioxeoquímicos
Usarase o Campus Virtual da USC a través da aplicación Moodle, como ferramenta de comunicación co alumnado, ofrecéndolle información da programación docente ao longo do curso na aula e materiais complementarios para o estudo da materia (guía docente, presentacións de clase, artigos científicos de referencia, ligazóns a páxinas web con contido de interese, boletíns de cuestións, etc), fomentando o estudo autónomo do estudante e o manexo de fontes bibliográficas en inglés. Así mesmo, a entrega do material necesario para realizar os seminarios e as prácticas, así como a entrega de tarefas realizadas polo alumnado, realizarase empregando a plataforma Moodle. Crearanse foros para a resolución de dúbidas e ampliación de información.
A asistencia ás clases expositivas e interactivas non éobligatoria, pero a realización das actividades propostas forman parte da avaliación continua.
Clases expositivas:
Alternancia de clases maxistrais, que ofrecen a posibilidade de incidir no máis importante de cada tema, con debates e cuestións, promovendo a participación. Estas clases centraranse na comprensión dos conceptos propios da materia e ofrecerán unha visión global do tema tratado. Actividades apoiadas en medios audiovisuais e informáticos, empregando diferentes formatos. Este proceso de aprendizaxe reforzarase intercalando probas de aula avaliables que permitirán superar a materia. Dedicaranse a esta actividade 35 horas no curso.
Clases interactivas
Prácticas de campo: Se realizará unha práctica de campo en grupos na que se mostrará a aplicabilidade dos coñecementos teóricos adquiridos. Se realizará in situ unha contextualización biolóxica, xeolóxica e socioeconómica da área de estudo, unha descrición dos factores do medio físico e dos factores bióticos, valorarase o método de mostraxe mais adecuado, determinaranse parámetros ambientais empregando o equipamento necesario e tomaranse mostras para seren analizadas no laboratorio.
Prácticas de laboratorio: traballo persoal e en grupo no laboratorio empregando ferramentas e equipamento apropiados para analizar as mostras recollidas nas prácticas de campo.
Seminarios: traballo do alumnado, en grupos reducidos, baixo a tutela e dirección do profesorado, nos que propoñen, para a súa resolución, actividades (exercicios, estudos de caso, simulacións, etc) de aplicación dos coñecementos teóricos. Estas actividades esixirán dunha participación activa do alumnado.
Titorías: resolución de dudas plantexadas polo alumnado, de forma individual ou en grupos. Serán solicitadas polo alumnado según as súas necesidades.
Control de asistencia: nas clases expositivas a través das probas de aula, nas clases interactivas por listado.
Exame: obrigatorio para todo o alumnado que non superase a puntuación mínima nas probas de aula. Terá unha duración de dúas horas e avaliaranse os coñecementos adquiridos.
A cualificación será unha media do rendemento nas distintas partes nas que se avalía o traballo do alumno, podendo obter o 100% da cualificación mediante avaliación continua (70% probas de aula, 20% prácticas de campo e de laboratorio (asistencia e memoria). e 10% seminarios (asistencia e informes) ou mediante unha combinación de avaliación continua (20% prácticas de campo e de laboratorio (asistencia e memoria) e 10% seminarios (asistencia e informe)) e exame final (70%).
Para aprobar a materia é necesario acadar unha puntuación mínima de 5 en cada unha das probas de aula ou de 4 no exame final. A puntuación obtida en laboratorio e campo e seminarios sumarase sempre que se alcance a puntuación mínima nas probas de aula ou no exame final.
Todo o alumnado poderá presentarse ao exame final e obter a súa cualificación na opción de avaliación que inclúe a realización do exame final. A realización do exame será polo tanto obrigatoria para o alumnado que non supere a puntuación mínima nas probas de aula (non obrigatorias).
A o alumnado que teña que acudir á segunda oportunidade conservaráselle as cualificacións obtidas en campo e laboratorio e seminarios, debendo repetir o exame final que será de realización obrigatoria.
Para o alumnado repetidor: consérvanselle as cualificacións das prácticas e seminarios realizadas nos dous cursos anteriores, debendo realizar o examen (obrigatorio).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na " Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Tamén queda terminantemente prohibido a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web) e sen consentimento do profesorado, de calquera material docente colgado na aula virtual.
Avaliación das competencias
-Nos cuestionarios de seguimento e no exame avalíanse as competencias: CG1, CG3, CG5, CT1, CT2,CT4 CT8, CE13, CE14
-Nas memorias das clases interactivas: CB3, CG1, CG2, CG3, CT1, CT2, CT3, CT5, CT8, CE3, CE13, CE14
Estímase que o alumnado necesitará entre 1,5 e 2 horas de estudo e traballo persoal por cada hora de docencia presencial. Desta forma, o tempo adicado sería:
Traballo presencial na aula:
Clases expositivas: 35 horas
Clases interactivas:
Prácticas: 9 horas (5 h campo, 4 h laboratorio)
Seminarios: 6 horas
Titorías: 3 horas
Realización de exame: 2 horas
Total horas de traballo presencial: 55 horas
Traballo persoal
Estudio individual: 65 horas
Elaboración da memoria de prácticas e seminarios: 15 horas
Lecturas recomendadas, preparación do traballo de curso: 15 horas
Total horas de traballo persoal: 95
Tempo total de adicación: 150 h
- Asistencia regular e participación nas clases expositivas e interactivas
- Realización de todas as tarefas encargadas
- Utilización das titorías
- Utilización da bibliografía recomendada
- Estudo continuo e baseado na comprensión dos conceptos
- Uso do campus virtual ao longo do curso
- Consulta con antelación os documentos que se vaian sinalando para facilitar a interacción alumnado-profesorado
Estará operativa unha aula virtual na plataforma Moodle para a comunicación e intercambio de material entre o profesorado e o alumnado.
Beatriz Loreto Prieto Lamas
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881814594
- Correo electrónico
- beatriz.prieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Del Carmen Monterroso Martinez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813288
- Correo electrónico
- carmela.monterroso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Patricia Sanmartin Sanchez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881814984
- Correo electrónico
- patricia.sanmartin [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Francisco Xabier Pontevedra Pombal
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813238
- Correo electrónico
- xabier.pombal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Anxo Mendez Villar
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- anxo.mendez.villar [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral_Doutoramento Industrial
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 01. Charles Darwin |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Aula 02. Gregor Mendel |
24.05.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
24.05.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
24.05.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
24.05.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
24.05.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
24.05.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
12.07.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
12.07.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
12.07.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
12.07.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |