Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 17 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Xenética
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Adquirir coñecimentos acerca da orixe da variabilidade xenética e de que xeito da forma incide no fenotipo dun organismo.
Coñecer as bases moleculares da regulación dos xenes e a súa incidencia nos procesos de desenvolvemento, na defensa do organismo e en enfermidades complexas como o cancro.
O alumno familiarizarase coas aplicacións da tecnoloxía do ADN recombinante o que lle permitirá comprender e analizar os aspectos xenéticos de temas que actualmente teñen gran relevancia social (transxénicos, clonación...).
-Adquisición de destrezas na procura e emprego da información científica
Programa de clases expositivas (36 H)
As clases impartiranse de xeito presencial na aula, agrupadas nos temas:
TEMA 1: MUTACIÓN XÉNICA E BASE MOLECULAR DA MUTACIÓN e DA REPARACIÓN (4 h)
TEMA 2: MUTACIÓNS CROMOSÓMICAS (4 h)
TEMA 3: TRANSPOSICIÓN (2 h)
TEMA 4: REGULACIÓN DA EXPRESIÓN XÉNICA EN PROCARIOTAS (3 h)
TEMA 5: REGULACIÓN DA EXPRESIÓN XÉNICA EN EUCARIOTAS (7 h)
TEMA 6: CICLO CELULAR E CANCRO (3 h)
TEMA 7: TECNOLOXÍA DO ADN RECOMBINANTE E APLICACIÓNS (7 h)
TEMA 8: ORGANIZACIÓN DE SECUENCIAS (1 h)
TEMA 9: XENÓMICA E PROTEÓMICA (5 h)
Prácticas de laboratorio (8 h)
Realizaranse dúas prácticas presenciais:
Práctica 1: Descrición e utilización de marcadores moleculares (4 h)
Práctica 2: Elaboración dun mapa de restrición (4 h)
Programa de seminarios (9 H)
Presenciais. Consistirán na resolución de problemas e cuestións relacionadas coa teoría explicada. Realizaranse en sesións de 1 hora na aula
Seminarios 1: Resolución de problemas relacionados co tema 1 (1 horas)
Seminarios 2 e 3: Resolución de problemas relacionados co tema 2 (2 horas)
Seminario 4: Resolución de problemas relacionados co tema 3 (1 hora)
Seminario 5: Resolución de problemas relacionados co tema 4 (1 hora)
Seminario 6: Resolución de problemas relacionados co tema 6 (1 hora)
Seminario 7 e 8: Resolución de problemas relacionados co tema 7 (2 horas)
Seminario 9: Resolución de problemas relacionados co tema 8 (1 hora)
Programa de titorías en grupo (1 h)
Realizarase unha introducción a materia, do programa e mais do prantexamento xeral da docencia. Farase unha presentación da Guia Docente e clarexaranse as dúbidas prantexadas polas/os estudantes. Celebrarase de xeito presencial o primeiro día de clase.
Exame (2 h)
Obrigado. Os alumnos van responder a preguntas de caste “test” vencelladas cos contidos das distintas actividades realizadas na materia. Realizarase un exame presencial de duas horas en cadansúa das duas oportunidades, tanto para alumnos matriculados por primeira vez como para alumnas/os repetidoras/es.
Bibliografía básica
Benito, C. e Espino, J., 2012. Genética: conceptos esenciales. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
Griffiths, A. J. F et al. 2015. Introduction to Genetic analysis. 11th ed. New York: Freeman and Company.
Klug, W.S., et al. 2013. Conceptos de genética. 10a ed. Madrid: Pearson.
Klug, W.S., et al. 2018. Concepts of genetics.12th ed. New York. Pearson.
Pierce, B.A., 2015. Xenética: un enfoque conceptual. 5a ed. Madrid: Médica Panamericana.
Pierce, B.A., 2020. Genetics: a conceptual approach. 6a ed. New York: Freeman and Company.
Bibliografía complementaria
Krebs, J.E., Goldstein, E.S. e Kilpatrick, S. T., 2018. Lewin Genes XII. Jones & Barlett Learning.
Libros de problemas
A maioría dos textos de Xenética inclúen en cada capítulo unha serie de problemas. Preséntase a continuación unha relación dalgúns libros específicos de problemas:
Benito Jiménez, C., 2002. 360 problemas de Genética resueltos paso a paso. Madrid: Síntesis.
Ménsua, J. L., 2003. Genética: problemas y ejercicios resueltos. Madrid: Pearson Educación.
Remis, M.I. e Saidman, B.Ou. 2019. Genética: una guía de problemas y como resolverlos. Editorial Académica Española.
Os/ as estudantes terán acceso á plataforma da Editorial Médica Panamericana onde poderán consultar en aberto os textos mencionados anteriormente: Benito e Espino, 2012. Genética, conceptos esenciales, e Pierce, B.A., 2015. Genética: un enfoque conceptual. Así mesmo, poderán acceder á versión electrónica do libro Klug, W.S. et al. 2020 da editorial Pearson. O acceso aos manuais electrónicos realizarase a través de ReBUSa da Biblioteca da USC.
Nista materia a/o alumna/o vai adquirir ou practicar unha serie de competencias básicas/xerais e transversais, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, proprias da Xenética II en particular e/ou do Grao de Bioloxía en xeral.
Dentro das competencias de ista materia vanse traballar de xeito mais concreto as seguintes:
Básicas
As que figuran na memoria do Grao.
Xerais
As que figuran na memoria do Grao.
Transversais
CT1 - capacidade para procurar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT2 - capacidade para o razonamento, a argumentación e mais o pensamento crítico.
CT3 - capacidade para traballar en grupo e abranguer situacións problemáticas de xeito colectivo.
CT4 - capacidade para enxergar e presentar un texto organizado e comprensibel.
CT5 - capacidade para realizar unha exposición en público de xeito claro, conciso e coherente.
CT6 - capacidade para reflectir axeitadamente as fontes de información empregadas.
CT7 - capacidade para aplicar as TICs no eido da Bioloxía.
CT8 - capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus conhecimentos, dando pulo a iniciativa e a creatividade.
CT9 - capacidade para organizar e planificar o traballo.
CT10 - capacidade para interpretar resultados experimentais.
Específicas
CE3. Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais, e deseñar protocolos de traballo no laboratorio e no campo, aplicando a normativa e as técnicas apropiadas relacionadas coa seguridade, hixiene, xestión de residuos e calidade
CE4. Coñecer a orixe da vida, os mecanismos da herdanza e a súa evolución
CE5 - Coñecer a diversidade dos seres vivos e os ciclos biolóxicos, así como desenvolver a capacidade de analizar e interpretar as súas adaptacións ao medio.
CE7 - Coñecer a estrutura das biomoléculas, as súas propiedades físicoquímicas e relacionalo coas súas funcións, integrando os distintos niveis de organización dos seres vivos
CE8. Comprender os principios da bioenerxética e bioseñalización, e coñecer os principais roteiros metabólicas e a súa regulación, así como o fluxo da información xenética e bioquímica nos seres vivos.
CE9 Coñecer e comprender a estrutura e a función de virus, células procariotas e eucariotas.
CE11. Comprender e integrar o funcionamento e regulación dos principais procesos fisiolóxicos dos seres vivos así como a súa interacción co ambiente biótico e abiótico
• Clases expositivas
Van ser presenciais e desenvolveranse os diferentes temas da materia utilizando como material de apoio presentacións en Power Point e a lousa (tipo lección maxistral). Adicaranse a esta actividade 3 sesións por semana que serán complementadas cunha sesión de seminarios na que se resolverán cuestións, problemas ou se comentarán novas ou fragmentos dalgún texto de interese. Nestas sesións fomentarase especialmente a participación do alumnado. As dúbidas puntuais que xurdan en relación cos temas xa explicados resolveranse nas titorías de despacho. En ningún caso se explicarán de novo conceptos complexos que fosen tratados nas clases.
A asistencia a clases expositivas non é obrigatoria pero si é recomendable
• Práctica
As prácticas realizaranse no laboratorio de Xenética. Os/ as estudantes terán a súa disposición un guión e realizarán as prácticas seguindo as indicacións dise guión coa supervisión do profesor. Así mesmo, o profesor de prácticas encargarase de poñer ao dispor dos/as estudantes o material biolóxico (ADN, plásmidos, fagos) necesario para o desenvolvemento das prácticas. Na sesión presencial de cada práctica trataranse experimentalmente métodos de análise xenética que complementarán os conceptos desenvolvidos nas clases teóricas. Ao finalizar as mesmas os/as estudantes discutirán co profesor os resultados obtidos. Os alumnos deberán realizar un exame para ser cualificados desta actividade.
A asistencia as Prácticas non é obrigatoria.
• Seminarios
O profesor vai plantexar e resolver problemas vencellados ca materia. Docencia presencial na aula. A asistencia aos seminarios non é obrigatoria.
Titorías
Farase unha introducción a materia, do programa e mais do prantexamento xeral da docencia. Farase unha presentación da Guia Docente e clarexaranse as dubidas prantexadas polas/os estudiantes. Lección maxistral presencial non obrigada.
Exame
Obrigado, presencial, de duas horas de duración. As/os alumnas/os responderán a preguntas de caste “test” vencelladas cos contidos das distintas actividades realizadas na materia.
A calificación final vai ser unha media ponderada do rendimento nas partes nas que se avalía o traballo: exame (60%), cuestionarios de avaliación continua (25%) e, prácticas (15%). As calificacións obtidas en avaliación continua e prácticas computaranse sempre e cando se obtivera unha calificación mínima de 5,0 (escala de 0 a 10) no exame. Aqueles estudantes que non superaran a primeira oportunidade de avaliación do curso van ter que realizar unha nova avaliación na segunda oportunidade na que farán un novo exame e van conservar as calificacións obtidas nas avaliacións continua e de prácticas no mesmo curso.
Exame
Obrigado e complementario a avaliación continua: os alumnos van responder a preguntas de caste “test” vencelladas cos contidos das distintas actividades realizadas na materia. Realizarase un exame presencial en cadansúa das duas oportunidades, tanto para alumnos matriculados por primeira vez como para alumnos repetidores.
Avaliación continua
Non obligada. As/os alumnas/os van resolver de xeito periódico cuestionarios, tanto nas clases expositivas (presenciais, síncronos) coma online (asíncronos, mediante Doodle ou Microsoft Forms) que van ser utilizados para a avaliación continua da sua aprendizaxe dos contidos e competencias correspondentes as clases expositivas e mais os seminarios. Esta avaliación vaise empregar nas duas oportunidades.
Prácticas
Puntuarase a asistencia e participación con 7,5% como máximo e os/ as alumnos/as realizarán un exame no que poderán obter como máximo outro 7,5% da nota. Este exame vai ser presencial e non obrigado, e realizarase xunto co exame final. A sua avaliación vaise empregar nas duas oportunidades. Control de asistencia: pasarase lista.
Competencias: No exame avaliaranse as competencias: CG1, CG2, CG3, CG5, CB1, CB2, CB5, CT1, CT2, CT4, CT8, CE3, CE4, CE5, CE7, CE8, CE9 e CE11.
Na asistencia, participación e exame correspondentes as clases prácticas avaliaranse as competencias: CG2, CG3, CG4, CB2, CB3, CB5, CT2, CT3, CT4, CT7, CT8, CT9, CT10, CE3, CE4, CE7 e CE9.
Na Avaliación continua avaliaranse as competencias: CG2, CG3, CB2, CB3, CB5, CT1, CT2, CT11, CE3.d.
Avaliación na segunda convocatoria
Os/as estudantes deberán realizar o exame finalobrigado presencial; conservarase a avaliación continua. Os/as estudantes poderán repetir o exame de prácticas na segunda convocatoria. Se se presentan a esta segunda convocatoria, a nota do exame de prácticas da primeira convocatoria será anulada e a nota final calcularase tendo en cuenta a cualificación obtida na segunda convocatoria.
Estudantes repetidores
As/os alumnas/os repetidores da Xenética II do actual plano de estudos do Grado de Biología manterán se o desexan a calificación obtida nas prácticas (asistencia, participación e exame de prácticas) do curso anterior, sempre e cando o contido de isas prácticas sexa o mesmo. Mais deberán someterse a Avaliación Continua do curso actual e mais facer o exame final da materia. Os alumnos repetidores procedentes do anterior plan de estudos do Grao de Bioloxía van ser avaliados soio mediante o exame final, que constituirá niste caso o 100% da calificación.
NOTAS IMPORTANTES:
“PARA OS CASOS DE REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS OU PROBAS SERÁ DE APLICACIÓN A NORMATIVA DE AVALIACIÓN DO RENDEMENTO ACADÉMICO DOS ESTUDANTES E DE REVISIÓN DE CUALIFICACIÓNS”
NON SE REALIZARÁN EXAMES PARCIAIS DA MATERIA NIN DATAS ALTERNATIVAS ÁS OFICIAIS
NON SE ADMITIRÁN ALUMNOS/AS NOS GRUPOS QUE NON LLES CORRESPONDAN AGAS OS/AS QUE SE LLES CONCEDERA A MUDANZA DE GRUPO. ASÍ MESMO, NON SE ADMITIRÁN CAMBIOS NOS GRUPOS DE PRÁCTICAS, AGAS INTERCAMBIO CUN/HA ALUMNO/A DE OUTRO GRUPO. OS DEVANDITOS CAMBIOS SERÁN COMUNICADOS PREVIAMENTE POR E-mail AO PROFESOR RESPONSABLE DA ACTIVIDADE, QUEN PODERA DAR O SEU CONSENTIMENTO.
“TAMÉN QUEDA TERMINANTEMENTE PROHIBIDA A DISTRIBUCIÓN POR DISTINTOS MEDIOS (POR EXEMPLO, PÁXINAS WEB, DISTRIBUCIÓN A PERSOAS ALLEAS AO CURSO) SEN CONSENTIMENTO DO PROFESORADO, DE CALQUERA MATERIAL DOCENTE DISPOÑIBLE NO CAMPUS VIRTUAL”
HORAS PRESENCIAIS (56 h):
36 horas de clases maxistrais.
8 horas de práctica de laboratorio.
9 horas de seminarios.
1 hora de titoría en grupo.
2 horas realización do exame.
HORAS NON PRESENCIAIS (94 h):
74 horas estudo individual.
20 horas lecturas recomendadas, actividades de biblioteca, preparación de titorías.
VOLUME TOTAL DE TRABALLO:
56 h de clases presenciais e 94 h de traballo persoal= 150 h totais.
Asistencia regular ás clases teóricas, prácticas, seminarios de
problemas, prácticas.
Utilización das titorías de despacho.
Utilización da bibliografía recomendada.
Estudo continuo e baseado na comprensión dos conceptos.
Participación en clase.
Titorías de despacho
Os profesores van ser accesibeis de xeito directo a través do seu enderezo de correo electrónico. Seguindo as normas da USC, os alumnos deben utilizar a conta de correo da USC. As/os alumnas/os poderán concertar titorías de despacho presenciais u online ao longo de todo o curso.
Aula Virtual
Manterase operativa e a disposición do alumnado ao longo de todo o curso.
Ana Maria Viñas Diaz
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Teléfono
- 881816918
- Correo electrónico
- anamaria.vinas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carlos Garcia Suarez
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Teléfono
- 881816903
- Correo electrónico
- carlos.garcia.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Nuria Pereira Espasandin
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- nuria.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Daniel Garcia Souto
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 01. Charles Darwin |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 02. Gregor Mendel |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 01. Charles Darwin |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 02. Gregor Mendel |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 01. Charles Darwin |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 02. Gregor Mendel |
03.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
03.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
03.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
03.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
03.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
03.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
10.07.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
10.07.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
10.07.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |