Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Ecoloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Adquirir un conxunto de coñecementos ecolóxicos básicos, expondo os principios ecolóxicos relativos aos organismos - ecoloxía fisiolóxica - e poboacións - ecoloxía de poboacións - (as comunidades e os ecosistemas serán tratados en Ecoloxía II), que son a base para comprender os procesos que ocorren na biosfera.
• Aprender a manexar a terminoloxía ecolóxica con precisión, dominando o vocabulario básico da disciplina.
• Potenciar a capacidade de interrelación, practicamente imprescindible para interiorizar os conceptos propios da ecoloxía, poñendo de relevo a importancia das interconexións entre os compoñentes dos ecosistemas.
• Entender que os ecosistemas son sistemas complexos, que funcionan como unidades integradas, existindo múltiples causas que xeran a súa estrutura e funcionamento.
• Percibir o impacto humano na biosfera e fomentar a concienciación con respecto á problemática ecolóxica e ambiental actual.
Os contidos desta materia son: “Ecoloxía conceptos básicos, historia e método científico. Respostas e adaptacións dos organismos a factores bióticos. Estrutura, dinámica e regulación de poboacións. Interaccións: competencia, depredación e mutualismo. Estratexias vitais. Métodos de obtención e análise de datos ecolóxicos”. Estes contidos organízanse en 14 temas de teoría, 2 prácticas de campo, 2 prácticas de laboratorio e 7 seminarios en grupos grandes (indícase entre parénteses a duración aproximada de cada actividade). Ademais haberá 8 seminarios para a avaliación continua e 2 titorías programadas.
TEORÍA (26 h)
Tema 0. Presentación da materia (1 h)
Tema 1. Introdución á ecoloxía (1 h)
Bloque I. Os individuos e o seu ambiente
Tema 2. As adaptacións ao medio abiótico e a distribución das especies (1 h)
Tema 3. Adaptacións á variación de temperatura (1 h)
Tema 4. Adaptacións da regulación hídrica (1 h)
Tema 5. Adaptacións para a adquisición da enerxía e dos nutrientes (1 h)
Tema 6. Ecoloxía do comportamento (2 h)
Bloque II. Poboacións
Tema 7. Propiedades das poboacións (5 h)
Tema 8. Dinámica de poboacións (5 h)
Tema 9. Regulación intraespecífica (2 h)
Tema 10. Patróns nos ciclos vitais (1 h)
Bloque III. Interaccións entre especies
Tema 11. Competencia interespecífica (2 h)
Tema 12. Depredación, herbivoría e parasitismo (2 h)
Tema 13. Mutualismo (1 h)
PRÁCTICAS DE CAMPO E LABORATORIO (13 h)
o calendario de prácticas axustarase no posible o desenrolo do programa teórico.
Laboratorio (5 h):
1. Estudio da amplitude e solapamento de nicho trófico en aves rapaces nocturnas (Tema 11).
2. Técnicas básicas de procesado e tratamento de mostras en Ecoloxía (Temas 7, 8, 9 e 11).
Campo (8 h):
1. Adquisición de datos para o estudo das poboacións forestais dun bosque (Temas 7, 8, 9 e 11).
2. Métodos de mostraxe para o estudo de poboacións herbáceas e arbustivas (Temas 7, 8, 9 e 11).
SEMINARIOS EN GRUPOS GRANDES (7 h)
1. Balance de temperatura dun animal e economía hídrica dunha planta.
2. Táboas de vida e fecundidade.
3. Modelo xeométrico e exponencial.
4. Matrices de Leslie e Lefkovitch.
5. Modelo loxístico.
6. Modelo de Lotka-Volterra de competencia.
7. Modelo de Lotka-Volterra de depredador-presa. Modelo de Dean de mutualismo.
SEMINARIOS (8 h)
1. Problemas e avaliación continua dos temas 2 e 3.
2. Problemas e avaliación continua dos temas 4 e 5.
3. Problemas e avaliación continua do tema 6.
4. Problemas e avaliación continua do tema 7.
5. Problemas e avaliación continua do tema 8.
6. Problemas e avaliación continua dos temas 9 e 10.
7. Problemas e avaliación continua do tema 11.
8. Problemas e avaliación continua dos temas 12 e 13.
TUTORÍAS PROGRAMADAS (2 h)
Estarán dedicadas o repaso de aspectos clave e dos exercicios dos seminarios e os encargados para realizar como traballo persoal.
BÁSICA
Begon, M.; Harper, J.L. e Townsend, C.R. 1999. Ecología: individuos, poblaciones y comunidades. 3ª ed. Barcelona: Omega.
Cain, M.L.; Bowman, W.D e Hacker, S.D. 2008. Ecology. Sunderland, Massachusetts: Sinauer Associates, Inc.
Krebs, C.J. 2014. Ecology: the experimental analysis of distribution and abundance. 6th ed. San Francisco, California: Benjamin Cummings.
Molles, M.C. 2006. Ecología: conceptos y aplicaciones. 3ª ed. Madrid: McGraw-Hill/Interamericana.
Smith, R.L. e Smith, T.M. 2007. Ecología. 6ª ed. Madrid: Pearson Educación.
COMPLEMENTARIA
Krebs, C.J. 1999. Ecological Methodology. 2nd ed. Menlo Park: Addison-Wesley.
Krebs, C.J. 2016. Why Ecology matters. Chicago, Londres: The University of Chicago-Press.
Ricklefs, R.E. 1998. Invitación a la ecología. La economía de la naturaleza: libro de texto sobre economía básica. 4ª ed. Bogotá: Panamericana.
Donovan T.M. e Welden C.W. 2002. Spreadsheet exercices in ecology and evolution. Sunderland, MA: Sinauer.
Piñol, J. e Martínez Vilalta, J. 2006. Ecología con números: una introducción con problemas y ejercicios de simulación. Barcelona: Lynx.
Nesta materia o alumnado adquirirá ou practicará unha serie de competencias básicas/xerais e transversais, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da Ecoloxía e/o do Grado de Bioloxía en xeral. Dentro das competencias se traballarán de forma máis concreta as seguintes:
ESPECÍFICAS
CE1. Coñecer as bases científicas da teoría ecolóxica e a súa aplicación cara á sustentabilidade dos ecosistemas e a conservación da biodiversidade.
CE2. Adquirir coñecementos sobre os individuos en relación á súa adaptación ao medio e as poboacións.
CE3. Coñecer os métodos e as técnicas básicas de laboratorio e campo da ecoloxía.
CE4. Ter un coñecemento global dos problemas ambientais e ecolóxicos.
CE5. Identificar e formular problemas ecolóxicos.
CE6. Aplicar modelos ecolóxicos.
CE7. Interiorizar un compromiso coa protección do medio ambiente e o desenvolvemento sostible.
TRANSVERSAIS
CT1. Capacidade de análise e síntese.
CT2. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT7. Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT8. Habilidade no manexo de TICs.
CT9. Utilización de información bibliográfica e da internet.
CT10. Utilización de información en lingua estranxeira.
CT11. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
As actividades formativas que teñen obrigatoriedade de asistencia para a superación da materia son unicamente as prácticas (de campo e laboratorio), cun requisito de presencialidad do 80%. O instrumento para o control da asistencia será mediante listas. Todas as actividades serán presenciais (no escenario 1), manténdose diferenzas nos outros escenarios tal e como se sinala no apartado de observacións. No caso dos alumnos repetidores, sempre que superasen os requisitos de asistencia nalgún dos dous cursos anteriores, exímeselles do réxime de asistencia ordinario.
As clases EXPOSITIVAS introducirán os coñecementos básicos da ciencia ecolóxica (conceptos, procesos, hipóteses e modelos). Con frecuencia, farase referencia a conceptos, experimentos ou hipóteses xa vistos en temas anteriores. Isto é imprescindible dada a natureza integradora da materia. Tampouco será infrecuente a referencia a cuestións que se verán máis adiante, xa que a Ecoloxía non é unha materia que admita un desenvolvemento lineal, senón ramificado. Este exercicio de relacionar trazos e procesos diversos supón un certo esforzo, pero finalmente achega unha capacidade de análise global que pode resultar moi útil, non só no estudo desta materia, senón como unha ferramenta de traballo xeral. Durante as clases fomentarase a discusión. Para fomentar a participación nas actividades: i) o alumno dispón con anterioridade de información (bibliografía básica) sobre o tema e recomendaráselle que realice unha primeira lectura antes do desenvolvemento da docencia, e ii) faranse preguntas para coñecer a intuición ou o grao de coñecemento que os alumnos posúen sobre os aspectos que se están tratando e para reflexionar sobre a explicación dada. Cada actividade introdúcese cun pequeno resumo dos contidos e sitúase dentro do contexto xeral da materia, co obxecto de conectar con conceptos ou materia xa explicados ou non. Isto ten un interese especial en Ecoloxía para poder obter unha visión global e integrada dos problemas ambientais e contribúe claramente a conseguir unha das competencias do Grao en Bioloxía como é a capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos. Ademais, os seminarios e as clases prácticas tamén constitúen parte esencial do curso.
Os SEMINARIOS EN GRUPOS GRANDES dedicaranse á exposición, por parte do profesor, dos métodos básicos de obtención e análise de datos ecolóxicos en comunidades e ecosistemas, así como á resolución, por parte do alumno, de cuestións e problemas relativos aos temas tratados. Para iso, tras unha breve explicación aplicaranse distintos modelos relacionados con aspectos teóricos vistos nas clases expositivas; tamén se poderán elaborar cálculos relativos a datos manexados nas clases prácticas. Para todo iso empregaranse follas de cálculo, applets de Java, etc. Ademais, o alumno terá que completar un cuestionario sobre os temas tratados.
Os SEMINARIOS empregaranse para a realización de cuestionarios relacionados coa materia que serán considerados como unha avaliación continua.
As PRÁCTICAS DE CAMPO E LABORATORIO abordarán o manexo de métodos de análise ecolóxica que permitan a familiarización, no laboratorio e no campo, coa forma de traballo habitual en Ecoloxía. Os guións facilitados ao comezo das prácticas inclúen a información necesaria para poder seguir de forma ordenada e clara o desenvolvemento da tarefa proposta (inclúen a súa situación no temario, unha introdución contextual, os obxectivos, unha breve descrición metodolóxica e referencias para o estudo). O enfrontarse coa resolución dun problema concreto, e o feito de que os grupos de prácticas son máis reducidos, adoita favorecer unha maior interacción entre os alumnos e o profesor, e facilita a intervención e formulación de dúbidas. Cada alumno entregará ao finalizar as prácticas un caderno de prácticas, debidamente cuberto.
As TITORÍAS dedicaranse basicamente á aclaración de dúbidas sobre a teoría e os seminarios, así como calquera outra consulta relativa á docencia da materia.
A avaliación será idéntica para os diferentes escenarios contemplados e para as dúas oportunidades. A proba final é complementaria á avaliación continua.
Estes instrumentos serán utilizados para avaliar as competencias de acordo ao seguinte esquema:
• No exame avalíanse as competencias: CX1, CX2, CX3, CX4, CX5, CT1, CT2, CT7, CT8, CT9, CT10; CT11, CE1, CE2, CE3, CE4, CE5, CE6 e CE7.
• Nos casos prácticos: CX1, CX2, CX3, CX4, CX5, CT1, CT2, CT9, CT10; CT11, CE1, CE2, CE3 e CE6.
Como avaliación continua, as entregas dos seminarios supoñerán o 36% da cualificación final, as correspondentes ás prácticas de campo o 10% e as das prácticas de laboratorio o 4%. As actividades obrigatorias son as prácticas de campo e laboratorio (cun 80% mínimo de asistencia esixida). As actividades avaliables son as correspondentes á avaliación continua desenvolvida nos seminarios, os exames de prácticas (práctico e de teoría) e o exame final. En relación ao exame práctico das prácticas de campo avaliarase a adquisición as destrezas adquiridas durante a mesma, mentres que o exame teórico do as prácticas (campo e laboratorio) será o dominio dos coñecementos. A proba final, que é complementaria á avaliación continua, supoñerá en 50% da cualificación final. Os criterios de avaliación da devandita proba serán relativos ao dominio de coñecementos teóricos e dos seminarios realizados en grupos grandes. No caso de que algunha actividade avaliable non poida realizarse presencialmente, as entregas realizaranse a través do Campus Virtual da USC.
Os alumnos repetidores teñen o mesmo sistema de avaliación que os alumnos de primeira matrícula. Para os alumnos repetidores unicamente conservarase, durante o mesmo período que a normativa desta universidade dispón, a asistencia ao prácticas pero non as cualificacións das avaliacións relacionadas coas mesmas.
Ademais da docencia presencial de diversos tipos, os alumnos precisarán horas de estudo e de traballo persoal. En conxunto, as horas dedicadas son:
26 horas expositivas (teoría)
28 horas interactivas (seminarios e prácticas de campo e laboratorio)
2 horas de titorías
2 horas de exame
92 horas de traballo persoal
150 horas de dedicación total
O alumno debe basear o estudo fundamentalmente nos libros de texto, para iso dispón dunha bibliografía básica e orientada a cada tema. A lectura deberá de realizarse con anterioridade de acudir á clase sobre o devandito tema. Desta forma é necesario estudar a literatura seleccionada de forma continuada e levar a materia ao día. As explicacións unicamente achegan ampliacións, diferentes formas de explicación, axudan a interrelacionar os diferentes temas e achegan outros aspectos como dar unha visión sobre a robustez das hipóteses expostas ou a utilidade práctica dos coñecementos, permiten expoñer exemplos con problemas ambientais próximos ou de actualidade, etc. Por estas razóns recoméndase asistir habitualmente ás clases teóricas, seminarios e prácticas. Finalmente é conveniente empregar as titorías non programadas (horas de titoría do profesor) para consultar dúbidas.
As canles de comunicación directa do profesorado co alumnado serán: titorías presenciais, titorías en liña (vídeo chamada/chat a través de MS Teams), foros e mensaxes no Campus Virtual e o correo electrónico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación ou recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
PLAN DE CONTINXENCIA
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidad física)
As actividades expositivas, seminarios e titorías realizaranse de forma presencial virtual (en remoto e síncronas) mentres que as prácticas de laboratorio seguirán sendo presenciais pero cunha duración de cada práctica reducida ao 50%, suplíndose o 50% restante con actividades complementarias. O sistema de avaliación mantense sen alteracións respecto ao sistema xeral descrito no apartado correspondente. Para as actividades en remoto impartirase a docencia empregando MS Teams e para a participación en foros, o acceso ao material docente e as entregas de tarefas empregarase o Campus Virtual da USC.
Escenario 3. Peche das instalacións
As actividades expositivas, seminarios e titorías realizaranse de forma presencial virtual (en remoto e síncronas); mentres que as prácticas de laboratorio serán substituídas polas tarefas asociadas ás prácticas, séndolle fornecidos aos alumnos os datos que de forma habitual obterían durante a realización das mesmas. O sistema de avaliación mantense sen alteracións respecto ao sistema xeral descrito no apartado correspondente. Para as actividades en remoto impartirase a docencia empregando MS Teams e para a participación en foros, o acceso ao material docente e as entregas de tarefas empregarase o Campus Virtual da USC.
Jesus Ramon Aboal Viñas
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Teléfono
- 881813311
- Correo electrónico
- jesusramon.aboal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Angel Fernandez Escribano
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Teléfono
- 881813314
- Correo electrónico
- jangel.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
13.01.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
13.01.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
13.01.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
13.01.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
23.06.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
23.06.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
23.06.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
23.06.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |