Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 24 Total: 57
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- Identificar e distinguir a estrutura, as propiedades e a función das biomoléculas.
- Identificar a relación entre a estrutura e a función das biomoléculas.
- Aplicar os principios da termodinámica aos sistemas biolóxicos.
- Distinguir as diferentes clases de enzimas e os seus mecanismos de catálise, así como os principios de regulación de encimas.
- Coñecer os distintos compoñentes das membranas biolóxicas e a súa funcionalidade.
- Saber como levar a cabo procesos de purificación e análise de biomoléculas.
- Saber medir as actividades enzimáticas.
CLASES EXPOSITIVAS (30 horas)
INTRODUCIÓN
• Tema 1. A ciencia bioquímica. Deseño molecular da vida (2h).
ESTRUTURA E FUNCIÓN BIOLÓXICA DE BIOMOLÉCULAS
• Tema 2. Glícidos (2h).
• Tema 3. Lípidos (2h).
• Tema 4. Nucleótidos e ácidos nucleicos (2 h).
• Tema 5. Aminoácidos, enlace peptídico e péptidos (2 h).
• Tema 6. Estrutura tridimensional e funcionalidade das proteínas (3h).
• Tema 7. Función das proteínas. Mioglobina e hemoglobina (3h).
ENZIMOLOXÍA
• Tema 8. Encimas: estrutura e función (3h).
• Tema 9. Reacción encimática. Cinética da reacción encimática (3h).
• Tema 10. Inhibición e regulación da reacción encimática (3h).
INTRODUCIÓN Ó METABOLISMO E A SÚA REGULACIÓN
• Tema 11. Bioenerxética: intercambios de enerxía e compostos de alto nivel enerxético (2h).
• Tema 12. Membranas biolóxicas e Transporte mediado no metabolismo (1h).
• Tema 13. Introdución ao metabolismo e a súa regulación. (2h).
PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS/CLASES PRÁCTICAS (14 h)
• PRÁCTICA 1. Homoxeneizado de tecido animal (fígado de tenreira) e fraccionamento de orgánulos celulares. Preparación de reactivos. (2 h)
• PRÁCTICA 2. Determinación da concentración de proteínas. Método de Lowry. (2.5 h)
• PRÁCTICA 3. Encimoloxía: cinética e inhibición encimática. (2.5 h)
• PRÁCTICA 4. Determinación de glícidos e/ou lípidos. (3.5 h)
• PRÁCTICA 5. Obtención e purificación de DNA a partir de núcleos de células eucariotas. Análise electroforética en xeles de agarosa. (3.5 h)
PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS/SEMINARIOS (10 h)
• Seminario 1: glícidos e lípidos (2h)
• Seminario 2: aminoácidos e proteínas (2h)
• Seminario 3: membranas biolóxicas e bioenerxética (2h)
• Seminario 4: actividade enzimática (2h)
• Seminario 5: inhibición enzimática (2h)
TITORÍAS (1h).
Sitúase ó principio do curso para explicar o desenvolvemento da materia e a táboa de avaliación.
Básica
• Berg, J.M., Tymoczko, J.L. & Stryer L., 2015. Bioquímica con aplicaciones clínicas. 7ª ed. Barcelona: Reverté.
• Mathews, C.K., Van Holde, K.E. & Anthony-Cahill, S.J., 2013. Bioquímica. 4ª ed. Madrid: Pearson.
• Müller-Esterl, W., 2008. Bioquímica fundamentos para medicina y ciencias de la vida. Barcelona: Reverté.
• Rodwell, V.W., Bender, D.A., Botham, K.M., Kennelly, P.J. y Weil, P.A., 2018. Harper Bioquímica ilustrada. [en liña] 31ª ed. México: McGraw-Hill/Interamericana. Dispoñible en: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=27…
• Nelson, D.L. & Cox, M.M., 2018. Lehninger Principios de Bioquímica. 7ª ed. Barcelona: Omega.
• Voet, D., Voet, J. & Pratt, C., 2016. Fundamentos de bioquímica: la vida a nivel molecular. 4ª ed. Buenos Aires: Ed. Médica Panamericana.
• McKee, T., y McKee, J.R., 2014. Bioquímica. Las bases moleculares de la vida.[en liña] 5ª ed. México: McGraw-Hill/Interamericana. Dispoñible en: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=19…
• Kuchel, P.W., Easterbrook-Smith, S., Gysbers, V., y Guss J.M., 2009. Schaum’s Outline of Biochemistry. [en liña] 3ª ed. McGraw-Hill. Dispoñible en: https://www-accessengineeringlibrary-com.ezbusc.usc.gal/content/book/97…
• Battaner Arias, E., 2013. Biomoléculas: una introducción estructural a la bioquímica. [en liña] Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-134
• Battaner Arias, E., 2014. Compendio de enzimología. [en liña] Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-1
Complementaria
- Koolman, J. e Röhm, K-H., 2012.. Color Atlas of Biochemistry. New York: Thieme Publishing Group.
- Roca, P., Oliver, J. e Rodríguez, A.M., 2003. Bioquímica. Técnicas y Métodos. Madrid: Hélice.
- Alberts, B., et al. (2016). Biología molecular de la célula. 6ª ed. Barcelona: Omega
- Lodish, H., et al. (2016). Biología celular y molecular. 7ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
- Paniagua, R. et al. (2017). Biología celular y molecular. 4ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. Dispoñible en: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=22…
- Karp, G. (2014). Biología celular y molecular. Conceptos y experimentos. 7 ª ed. México: McGraw-Hill Interamericana. Dispoñible en: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=28…
Outros recursos
- http://biomodel.uah.es. Sitio web Universidad Alcalá de Henares
- http://www.ncbi.nlm.nih.gov/guide/ (The National Center for Biotechnology Information, (NCBI) fonte principal de bases de datos (nucleótidos, xenes e xenomas, e ferramentas bioinformáticas.
- Recursos electrónicos da BUSC: Cell, Nature, Science, Sciencedirect, etc.
- http://www.sebbm.es/BioROM/indices/index.html (páxina web da Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular, e dos seus recursos didácticos).
No escenario 3 a bibliografía recomendada son os libros de libre acceso, así como os materiais proporcionados polo profesor e os mencionados no epígrafe "Outros recursos".
Nesta materia, o estudante adquirirá e practicará unha serie de competencias básicas / xerais e transversais, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, específicas para esta materia dentro do grao en Bioloxía.
Dentro da táboa de competencias deseñada para a titulación, traballaranse máis concretamente as seguintes:
Básicas/Xerais
CG1 - Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Bioloxía.
CG2 - Aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e abstracción na definición e presentación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG3- Saber recoller e interpretar datos, información e resultados relevantes e obter conclusións sobre problemas relacionados coa Bioloxía.
CG4 - Ser capaz de transmitir información tanto por escrito e oralmente, e debater ideas, problemas e solucións relativas á Bioloxía, ante un público xeral ou especializado.
CG5 - Estudar e aprender de forma autónoma, coa organización do tempo e dos recursos, novos coñecementos e técnicas en Bioloxía.
CB1 - Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e normalmente atópase a un nivel que, aínda que está soportado por libros de texto avanzados, tamén inclúe algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os alumnos saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de xeito profesional e posúan as habilidades que se adoitan demostrar mediante a elaboración e defensa dos argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para facer xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións sociais, científicas ou éticas relevantes.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado e non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan esas habilidades de aprendizaxe necesarias para realizar estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais
CT1 – Capacidade para buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT2 - Capacidade para o razoamento, a argumentación e o pensamento crítico.
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de xeito colectivo.
CT8 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos, promovendo a iniciativa e a creatividade.
CT9 - Capacidade para organizar e planificar o traballo.
CT10 - Capacidade para interpretar resultados experimentais
Específicas
CE1 - Coñecer e comprender os principios físico-químicos da Bioloxía.
CE3 - Coñecer e saber aplicar técnicas instrumentais e deseñar protocolos de traballo no laboratorio e no campo, aplicando a normativa e as técnicas adecuadas relacionadas coa seguridade, a hixiene, a xestión de residuos e a calidade.
CE4 - Coñecer a orixe da vida, os mecanismos da herdanza e a súa evolución.
CE7 - Coñecer a estrutura das biomoléculas, as súas propiedades fisicoquímicas e relacionala coas súas funcións, integrando os diferentes niveis de organización dos seres vivos.
CE8 - Comprender os principios da bioenerxética e a biosinalización, e coñecer as principais vías metabólicas e a súa regulación, así como o fluxo de información xenética e bioquímica nos seres vivos.
CE11 - Comprender e integrar o funcionamento e regulación dos principais procesos fisiolóxicos dos seres vivos, así como a súa interacción co medio biótico e abiótico.
METODOLOXÍA DA ENSINANZA ADAPTADA AOS DIFERENTES ESCENARIOS CONSECUENCIA DA COVID
A materia está deseñada para potenciar a aprendizaxe activa do alumnado. As clases expositivas concíbense como introducións xerais a cada tema, que serán complementadas co resto de actividades propostas. Estas actividades son o estudo individual, a realización de actividades prácticas en laboratorio e dun caderno de prácticas, a resolución de cuestións en seminarios e a resolución de dúbidas da materia en titorías.
Nas clases expositivas a profesor/a explicará os conceptos da materia co apoio de medios audiovisuais e informáticos. Pode ter diferentes formatos (teoría, problemas e / ou exemplos xerais, pautas xerais para a materia), promovendo a participación dos estudantes.
O estudo individual realizarase cunha información organizada e detallada proporcionada polo profesorado. A base de devandita información será a bibliografía básica recomendada, a cal se complementará con información adicional.
Haberá 5 seminarios de 2 horas de duración cada un co obxectivo de realizar, en pequenos grupos de traballo, cuestións prácticas (problemas, preguntas de razoamento, etc.) relacionadas cos temas da materia, que sirvan para afondar no seu coñecemento. Nestes seminarios se poden traer apuntamentos, libros e todo o material docente que se necesite. A asistencia e a realización dos seminarios serán voluntarias, avaliaranse os boletíns de resposta e o seu contido é obxecto de exame.
As prácticas de laboratorio son clases prácticas na que se aplican os contidos teóricos, mediante observación e manexo de material biolóxico, instrumentos, etc., seguindo os protocolos preparados a tal efecto. O profesor/a pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos. As prácticas de laboratorio organízanse en 5 sesións obrigatorias (excepto para os repetidores) de 2,5 ou 3,5 horas. Os estudantes deben realizar unha serie de probas experimentais, recoller os resultados obtidos, revisar o contido presentado polo profesorado e analizar todo adecuadamente para responder ás preguntas e exercicios prantexados no caderno de prácticas, para preparar unha memoria de prácticas individual para a súa achega obrigatoria que será avaliada.
Escenario 1 (normalidade adaptada).
As clases expositivas e os seminarios serán presenciais e realizaranse na aula seguindo o calendario oficial e o calendario da materia. Nos seminarios os estudantes terán que levar á aula notas, libros, calculadora e todo o material didáctico que se precise. Os boletíns de problemas realizados por cada grupo de traballo nos seminarios entregaranse ao final de cada sesión para a súa avaliación.
As prácticas de laboratorio consistirán en 3 sesións obrigatorias (excepto para os repetidores) presenciais de 2,5 horas (prácticas de 1 a 3). Os estudantes deben realizar unha serie de probas experimentais, recoller os resultados obtidos e analizalos adecuadamente. Haberá 2 sesións virtuais asíncronas de 3,5 horas cada unha (prácticas 4 e 5) nas que os estudantes deberán ver e analizar o material facilitado polos profesores no Campus virtual. O conxunto de actividades de laboratorio avaliarase co desenvolvemento dun informe de prácticas individual que debe entregarse en formato impreso ou a través do Campus Virtual.
A titoría será presencial seguindo o calendario e os grupos que estableza a Oficina do Decano da Facultade. As titorías de dúbidas, a petición dos estudantes, poden ser presenciais ou por mecanismos telemáticos para acordar cos estudantes (Campus Virtual e correo electrónico).
Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais de asistencia).
As clases expositivas e os seminarios serán presenciais e realizaranse na aula por quendas de asistencia dos alumnos seguindo o calendario oficial e o calendario da materia. Os estudantes que non estean presentes na aula seguirán a transmisión telemática das clases mediante os mecanismos habilitados polo Decano da Facultade.
Nos seminarios os estudantes terán que levar notas, libros, calculadora e todo o material didáctico que se precise. Os boletíns de problemas realizados por cada grupo de traballo nos seminarios entregaranse ao final de cada sesión para a súa avaliación. Nos seminarios, os estudantes non presenciais realizarán os mesmos problemas e preguntas (de ser posible, por cuestións técnicas) e ao final da sesión, subirán os boletíns de resposta á sección correspondente do Campus Virtual.
As prácticas de laboratorio consistirán en 3 sesións obrigatorias (excepto para os repetidores) presenciais de 2,5 horas (prácticas de 1 a 3). Os estudantes deben realizar unha serie de probas experimentais, recoller os resultados obtidos e analizalos adecuadamente. Haberá 2 sesións virtuais asíncronas de 3,5 horas cada unha (prácticas 4 e 5) nas que os estudantes deberán ver e analizar o material facilitado polos profesores no Campus Virtual.
O conxunto de actividades de laboratorio avaliarase co desenvolvemento dun informe de prácticas individual que debe entregarse en formato impreso ou a través do Campus Virtual.
As titorías de dúbidas, a petición dos estudantes, poden ser presenciais ou por mecanismos telemáticos para acordar cos estudantes (Campus Virtual e correo electrónico).
Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de ensinar presencialmente).
Toda a actividade docenteserá telemática. As clases expositivas serán de tipo síncrono ou asíncrono (dependendo de circunstancias técnicas) empregando as presentacións utilizadas na aula máis os ficheiros de complementos (texto, vídeos, audios, etc.) para cada tema ou grupo de temas que o profesorado aporta ao Campus Virtual.
Os seminarios realizaranse de xeito asíncrono por grupos de traballo, cos problemas e preguntas baseados nas clases expositivas que estarán dispoñibles no Campus Virtual. Os boletíns de resposta dos estudantes deberán subirse nunha data específica ao Campus Virtual, na sección habilitada para este fin, para a súa posterior avaliación.
Todo o conxunto de prácticas de laboratorio require a visualización e estudo asíncrono dos materiais que os profesores proporcionan no Campus Virtual da materia, o que será necesario para a realización do informe de prácticas, que será entregado a través do Campus Virtual para a súa avaliación.
Para a primeira titoría, subirase ao Campus Virtual unha presentación detallada dos contidos e desenvolvemento do curso para a consulta asíncrona, que se empregaría na aula se fora atendido. O resto das titorías, a petición dos estudantes, serán por mecanismos telemáticos asíncronos a acordar cos estudantes (campus virtual e correo electrónico).
Para todos os escenarios de ensino, os requisitos de asistencia e achega de tarefas serán os mesmos que os expresados ao comezo deste apartado.
Para as actividades que se teñan que facer en remoto ou virtuais se usará a Aula Virtual e, de ser posible, Teams máis o software de MS asociados.
Está expresamente prohibido aos estudantes distribuír o material didáctico (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual a persoas alleas ao curso.
Plaxio e uso indebido de tecnoloxías na realización de tarefas ou probas:
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e revisión das cualificacións.
1. Criterio Xeral: Actividades obrigatorias non avaliables, Actividades obrigatorias avaliables, Actividades non obrigatorias avaliables, Criterios de presentación e Excepcións para repetidores.
A asistencia a tódalas actividades é OBRIGATORIA segundo a ficha da Materia, agás para os estudantes con dispensación oficial, pero non será REQUISITO para aprobar a materia, excepto a PROBA FINAL e a AVALIACIÓN CONTÍNUA 1 (Caderno de prácticas/ Datos de laboratorio e elaboración das respostas.
Cando haxa repetidores terán que repetir toda a avaliación agás a AVALIACIÓN CONTINUA 1 (Caderno de prácticas/ Datos de laboratorio e elaboración das respostas), e AVALIACIÓN CONTINUA 3 (Seminarios/ Traballo autónomo e presencial), de ter obtido polo menos o 50% do seu peso. Estas notas gardaranse durante dous cursos.
2. Criterios Específicos da avaliación.
Instrumento: PROBA FINAL
Realización/Criterios: O exame final presencial obrigatorio suporá o 65% da nota final. A materia avaliada no exame inclúe o contido das clases expositivas e dos seminarios. Na segunda convocatoria, só se repetirá o exame final obrigatorio (que tamén representará o 65% da nota final), mantendo a nota obtida na avaliación continua. O exame terá unha parte test e outra de preguntas curtas que abarcará tódolos aspectos relacionados cos contidos da materia. Para aprobala se debe puntuar en todas as preguntas curtas do exame.
Para sumar a Avaliación contínua se debe puntuar en todas as preguntas do exame e sacar un mínimo (4/10 puntos). Para superar a materia, a suma final debe supoñer como mínimo 5/10 puntos no total.
Peso: Parte Test e Preguntas curtas (peso variable segundo as circunstancias).
Competencias Avaliadas: CB 1-5 CG 1,4 CE 1,4,7,8,11 CT 1,2,8-10
A proba final, no escenario 1 terá carácter presencial, no escenario 2 terá preferentemente carácter telemático, e no escenario 3 terán carácter telemático pola Aula Virtual.
Instrumento: AVALIACIÓN CONTINUA 1
Realización/Criterios: Caderno de prácticas/ Datos de laboratorio e elaboración das respostas.
Peso: Ata o 15%.
Só se sumará á nota final se se teñen obtido os mínimos especificados para o exame.
Competencias Avaliadas: CB 1-5 CG 1,4 CE 1,3,4,7,8,11 CT 1,2,8-10
Instrumento: AVALIACIÓN CONTINUA 2
Realización/Criterios: Aproveitamento das clases. Actividades/cuestionarios propostas por pares ou profesor.
Peso: Ata o 5%.
Só se sumará á nota final se se teñen obtido os mínimos especificados para o exame.
Competencias Avaliadas: CB 1-5 CG 1-5 CE 2,3,4 CT 1,2,4-6
Instrumento: AVALIACIÓN CONTINUA 3
Realización/Criterios: Seminarios/ Traballo autónomo e presencial, avaliado por pares e profesor.
Peso: Ata o 15%.
Só se sumará á nota final se se teñen obtido os mínimos especificados para o exame.
Competencias Avaliadas: CB 1-5 CG 1,4 CE 1,4,7,8,11 CT 1,2,8-10
As achegas para a Avaliación Contínua faranse por medios telemáticos en todos os Escenarios.
Ver Táboa con criterios na ligazón http://www.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html.
ACTIVIDADE FORMATIVA HORAS PRESENCIALIDADE (%)
Horas presenciais 57 horas 0
Clases expositivas 30 100
Clases interactivas de seminario 10 100
Clases interactivas de laboratorio 14 100
Titorías 1 100
Exame e revisión 2 100
Horas non presenciais 93 horas
Dedicadas ao estudo individual para a preparación da materia e os seminarios a a elaboración da memorias de prácticas durante o curso, e para preparar o exame.
Volume total de traballo: 57 horas de clases presenciais e 93 horas de traballo persoal= 150 horas totais (25 horas/ECTS x 6 ECTS= 150h).
- Asistencia e participación activa na clase, en calquera dos tres Escenarios previstos. Aínda que a asistencia e realización dos seminarios non é obrigatoria, é moi recomendable xa que: i) unha gran parte do material expositivo é revisado; ii) tamén é obxecto de exame; iii) avalíanse os boletíns de resposta (unha porcentaxe significativa da nota final); iiii) o tipo de preguntas e cuestións abordadas son moi similares a algunhas que aparecerán no exame. Tamén é importante levar a cabo os problemas e preguntas que non de tempo de facer en cada sesión de seminario e que se poñerán a disposición dos estudantes.
- Para cada hora de clase dúas horas de estudo, utilizando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida na clase (é esencial que o tempo de estudo sexa o máis próximo posible ao tempo de clase).
- Estudo e revisión semanal da materia impartida.
- Preparación dos seminarios propostos antes da súa presentación en clase.
- Aclaración co profesor de posibles dúbidas.
- Revisión do exame final.
- Interese e atención nos novos avances desta disciplina estendéndose a través de dous medios.
Plan de continxencia
Metodoloxía docente
No Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais de asistencia), as clases expositivas e os seminarios serán presenciais e realizaranse na aula por quendas de asistencia dos alumnos seguindo o calendario oficial e o calendario da materia. Os estudantes que non estean presentes na aula seguirán a transmisión telemática das clases mediante os mecanismos habilitados polo Decano da Facultade.
Os estudantes que non estean presentes na aula seguirán a transmisión telemática das clases mediante os mecanismos habilitados polo Decano da Facultade.
Nos seminarios do Escenario 2 e 3, os estudantes non presenciais realizarán os mesmos problemas e preguntas e ao final da sesión, subirán os boletíns de resposta á sección correspondente do Campus Virtual, pero de xeito asíncrono.
As prácticas de laboratorio consistirán en 3 sesións obrigatorias (excepto para os repetidores) presenciais de 2,5 horas (prácticas de 1 a 3). Os estudantes deben realizar unha serie de probas experimentais, recoller os resultados obtidos e analizalos adecuadamente. Haberá 2 sesións virtuais asíncronas de 3,5 horas cada unha (prácticas 4 e 5) nas que os estudantes deberán ver e analizar o material facilitado polos profesores no Campus Virtual. O conxunto de actividades de laboratorio avaliarase coa preparación dun informe de prácticas individual que debe entregarse en formato impreso ou a través do Campus Virtual.
No Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de ensinar con presenza física), todo o conxunto de prácticas de laboratorio require a visualización e estudo asíncrono dos materiais que o profesorado proporciona no Campus Virtual da materia, o que será necesario para a realización do informe de prácticas, que será entregado a través do Campus Virtual para a súa avaliación.
Para a primeira titoría, subirase ao Campus Virtual unha presentación detallada dos contidos e desenvolvemento do curso para a consulta asíncrona, que se empregaría na aula se fora atendido. O resto das titorías, a petición dos estudantes, serán por mecanismos telemáticos asíncronos a acordar cos estudantes (Campus virtual e correo electrónico).
Criterios Específicos da avaliación.
Instrumento: PROBA FINAL
Realización/Criterios: O exame final presencial obrigatorio suporá o 65% da nota final. A materia avaliada no exame inclúe o contido das clases expositivas e dos seminarios. Na segunda convocatoria, só se repetirá o exame final obrigatorio (que tamén representará o 65% da nota final), mantendo a nota obtida na avaliación continua. O exame terá unha parte test e outra de preguntas curtas que abarcará tódolos aspectos relacionados cos contidos da materia. Para aprobala se debe puntuar en todas as preguntas curtas do exame.
Para sumar a Avaliación contínua se debe puntuar en todas as preguntas do exame e sacar un mínimo (4/10 puntos). Para superar a materia, a suma final debe supoñer como mínimo 5/10 puntos no total.
Peso: Parte Test e Preguntas curtas (peso variable segundo as circunstancias).
Competencias Avaliadas: CB 1-5 CG 1,4 CE 1,4,7,8,11 CT 1,2,8-10
A proba final, no escenario 1 terá carácter presencial, no escenario 2 terá preferentemente carácter telemático, e no escenario 3 terán carácter telemático pola Aula Virtual.
Instrumento: AVALIACIÓN CONTINUA 1
Realización/Criterios: Caderno de prácticas/ Datos de laboratorio e elaboración das respostas.
Peso: Ata o 15%.
Só se sumará á nota final se se teñen obtido os mínimos especificados para o exame.
Competencias Avaliadas: CB 1-5 CG 1,4 CE 1,3,4,7,8,11 CT 1,2,8-10
Instrumento: AVALIACIÓN CONTINUA 2
Realización/Criterios: Aproveitamento das clases. Actividades/cuestionarios propostas por pares ou profesor.
Peso: Ata o 5%.
Só se sumará á nota final se se teñen obtido os mínimos especificados para o exame.
Competencias Avaliadas: CB 1-5 CG 1-5 CE 2,3,4 CT 1,2,4-6
Instrumento: AVALIACIÓN CONTINUA 3
Realización/Criterios: Seminarios/ Traballo autónomo e presencial, avaliado por pares e profesor.
Peso: Ata o 15%.
Só se sumará á nota final se se teñen obtido os mínimos especificados para o exame.
Competencias Avaliadas: CB 1-5 CG 1,4 CE 1,4,7,8,11 CT 1,2,8-10
As achegas para a Avaliación Contínua faranse por medios telemáticos en todos os escenarios.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido no Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As canles de comunicación directa non presencial co alumnado en cada escenario, ademais da Aula virtual operativa da materia a disposición do alumnado, poderán, de ser posible, ser titorías, foros, ou sesións virtuais mediante Teams.
Guillermo Covelo Artos
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816930
- Correo electrónico
- guillermo.covelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Oscar Javier Cordero Santamaria
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816935
- Correo electrónico
- oscarj.cordero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Lourdes Dominguez Gerpe
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- ml.dominguez.gerpe [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Raquel Carreira Rodríguez
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- raquel.carreira.rodriguez [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Martes | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
31.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
31.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
31.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |
31.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |
31.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
31.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
19.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
19.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
19.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
19.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |