Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 26 Clase Interactiva: 14 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Bioloxía Funcional
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Fisioloxía Vexetal
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer os conceptos, terminoloxía e metodoloxía básicos da Enxeñaría Xenética e a Biotecnoloxía.
Comprender as diferentes aplicacións da Biotecnoloxía.
Manexar a bibliografía especializada e expoñer traballos relacionados coa Enxeñaría xenética e a Biotecnoloxía.
PROGRAMA E DURACIÓN APROXIMADA DAS CLASES EXPOSITIVAS (PRESENCIAIS) (26h)
TEMA 1. INTRODUCIÓN Á ENXEÑARÍA XENÉTICA E BIOTECNOLOXÍA (1h)
TEMA 2. ENZIMOLOXÍA DO DNA RECOMBINANTE. (2h)
TEMA 3. HIBRIDACIÓN DE ÁCIDOS NUCLEICOS E PROTEÍNAS. (2h)
TEMA 4. CLONACIÓN DE DNA EN E. coli. (3h)
TEMA 5. XENOTECAS E MICROARRAYS. (1h)
TEMA 6. A PCR. (2h)
TEMA 7. SECUENCIACIÓN DO DNA. (2h)
TEMA 8. MUTAXÉNESE DIRIXIDA E ENXEÑARÍA DE PROTEÍNAS. (2h)
TEMA 9. EXPRESIÓN DE PROTEÍNAS RECOMBINANTES EN E. coli. (2h)
TEMA 10. ENXEÑARÍA XENÉTICA CON LÉVEDOS. (1h)
TEMA 11. CLONACIÓN DE DNA EN CÉLULAS DE ANIMAIS. (1h)
TEMA 12. BIOTECNOLOXÍA EN ANIMAIS E APLICACIÓNS BIOMÉDICAS. (2h)
TEMA 13. INTRODUCIÓN Á BIOTECNOLOXÍA VEXETAL. (0.5h)
TEMA 14. CULTIVO IN VITRO, EMBRIOXÉNESE SOMÁTICA E MICROPROPAGACIÓN. (1.5h)
TEMA 15. MÉTODOS DE TRANSFORMACIÓN XENÉTICA DE PLANTAS. (1.5h)
TEMA 16. APLICACIÓNS DA BIOTECNOLOXÍA VEXETAL. (1.5h)
PROGRAMA DAS CLÁSES PRÁCTICAS DE LABORATORIO (PRESENCIAIS) (8h)
-PRÁCTICA 1. Dixestión de DNA con encimas de restrición. Purificación de DNA xenómico a partires de saliva; amplificación por PCR dunha rexión do xenoma purificado (2.5h).
-PRÁCTICA 2. Análise en xeles de agarosa dos fragmentos de restrición e dos produtos de PCR. Valoración dos resultados obtidos nos dous apartados (2.5h).
-PRÁCTICA 3. Preparación de medio de cultivo, asepsia de material vexetal e introdución in vitro (3h).
PROGRAMA DAS CLASES DE SEMINARIO (PRESENCIAIS) (6h)
-Seminario 1. Técnicas de marcaxe de sondas para hibridación (1h)
-Seminario 2. Variacións da técnica básica da PCR e as súas aplicacións (1h)
-Seminario 3. Técnicas de secuenciación do DNA. (1h)
-Seminarios 4. Realización de problemas da materia. (1h)
-Seminario 5. Realización de problemas de la materia. (1h)
-Seminario 6. Realización de problemas de la materia. (1h)
PROGRAMA DAS TITORÍAS EN GRUPO REDUCIDO (PRESENCIAL) (1h)
-Titoría 1. Presentación detallada da guía docente e das actividades interactivas. (1h)
EXAME (2h)
Exame escrito presencial obrigatorio dos contidos de expositivas e seminarios.
Básica
-Brown, T.A., 2016. Gene cloning and DNA analysis: An Introduction. 7th ed. Chichester: Wiley-Blackwell.
-Clark, D.P. and Pazdernik, N.J., 2016. Biotechnology. [en liña] 2nd ed. Amsterdam: Elsevier Academic Press. Dispoñible en: https://www-sciencedirect-com.ezbusc.usc.gal/book/9780123850157/biotech…
-Perera, J., Tormo, A. e García, J.L., 2002. Ingeniería genética. 2 v. Madrid: Síntesis.
-Real García, M.D., Rausell Segarra, C. e Latorre Castillo, A., 2017. Técnicas de ingeniería genética. Madrid: Síntesis.
-Stewart jr, C.N. (Ed), 2016. Plant biotechnology and genetics: principles, techniques, and applications. 2nd ed. Hoboken: John Wiley & Sons Inc.
Complementaria
-Glick, B.R. and Patten, C.L., 2017. Molecular biotechnology: principles and applications of recombinant DNA. 5th ed. Washington DC: ASM Press.
-Green, M.R. and Sambrook, J., 2012. Molecular cloning: a laboratory manual. 4th ed. 3 v. Cold Spring Harbor: Cold Spring Harbor Laboratory Press.
-McPherson, M.J. and Møller, S., 2006. PCR. 2nd ed. New York: Taylor & Francis.
-Renneberg, R., Berkling, V., and Loroch, V., 2016. Biotechnology for beginners [en liña]. Amsterdam: Elsevier. Dispoñible en: https://www-sciencedirect-com.ezbusc.usc.gal/book/9780128012246/biotech…
-Chrispeels, M.J., and Gepts, P. 2017. Plant, Genes, and Agriculture. Sustainability through Biotechnology. Oxford: Oxford University Press.
Outros recursos
- http://biomodel.uah.es. Sitio web Universidad Alcalá de Henares
-https://www.jove.com/science-education-library. Vídeos educativos sobre diferentes técnicas de bioloxía molecular e enxeñaría xenética.
- http://www.ncbi.nlm.nih.gov/guide/. The National Center for Biotechnology Information, (NCBI) fonte principal de bases de datos (nucleótidos, xenes e xenomas) e ferramentas bioinformáticas.
-Recursos electrónicos da BUSC: Cell, Nature, Science, Sciencedirect, etc.
A materia de Enxeñaría Xenética participa, en maior ou menor medida, na adquisición por parte do/a estudante das competencias básicas e xerais que aparecen na Memoria do Grao de Bioloxía:
As competencias específicas que se desenrolan nesta materia, tal como se relata na Memoria de Grao en Bioloxía, son as seguintes:
CE3 - Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais, e deseñar protocolos de traballo no laboratorio e no campo, aplicando a normativa e as técnicas apropiadas relacionadas coa seguridade, hixiene, xestión de residuos e calidade.
CE8 - Comprender os principios da bioenerxética e biosinalización, e coñecer as principais rutas metabólicas e a súa regulación, así como o fluxo da información xenética e bioquímica nos seres vivos.
CE11 - Comprender e integrar o funcionamento e regulación dos principais procesos fisiolóxicos dos seres vivos, así como a súa interacción co ambiente biótico e abiótico.
A materia de Enxeñaría Xenética, en maior ou menor medida, na adquisición por parte do/a estudante das seguintes competencias transversais:
CT1 - Capacidade para buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT2 - Capacidade para o razoamento, a argumentación e o pensamento crítico.
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de maneira colectiva.
CT4 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT5 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT7 - Capacidade para aplicar as TICs no ámbito da Bioloxía.
CT8 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos, promovendo a iniciativa e a creatividade.
CT9 - Capacidade para organizar e planificar o traballo.
CT10 - Capacidade para interpretar resultados experimentais.
Desenrolo dos contidos e obrigatoriedade de asistencia
No apartado CONTIDOS DA MATERIA indícanse as duracións aproximadas das diferentes actividades presenciais dos/as alumnos/as no aula ou laboratorio.
a) O programa de teoría será presentado polo profesor en formato de clases maxistrais nas clases expositivas, que non son de asistencia obrigatoria para o alumnado. Terán unha duración aproximada de1h. Nas clases teóricas, ademais do encerado, se usarán presentacións audiovisuais, que serán accesibles no curso virtual da materia, para que sexa máis fácil o seguimento dos contidos. Nas clases, os/as alumnos/as poden interromper as explicacións do profesor con cuestións ou dúbidas, así como, o profesor poderá facer preguntas e solicitar a participación dos/as estudantes na discusión e presentación dos contidos e requirir a busca de información para a súa entrega na seguinte clase . As clases teóricas requirirán un seguimento e dedicación diarios (no aula e fora dela) xa que o profesor presentará os aspectos básicos da materia que han de ser abondados mediante o manexo da bibliografía e o estudo. Traballaranse, en xeral, todas as competencias e obxectivos específicos da materia, mediante a interrelación dos contidos e conceptos da materia, e a familiarización e manexo das principais fontes bibliográficas no campo da Enxeñaría xenética e a biotecnoloxía que permitan ao/á alumno/a un seguimento e afondamento na información recibida na aula.
b) As prácticas de laboratorio constarán de tres sesións obrigatorias (salvo para os/as repetidores/as que xa as superaran) no laboratorio. As prácticas son de asistencia obrigatoria ao 100% (tomarase listado de firmas). As prácticas consistirán na realización dalgunhas das técnicas básicas en Enxeñaría xenética e servirán para reforzar e ver a aplicación real dos contidos amosados na teoría. Os/as alumnos/as deberán firmar nun listado do grupo. Os/as estudantes deberán realizar memorias de prácticas coa presentación e discusión dos resultados obtidos, así como responder a cuestionarios teórico/prácticos de preguntas (presente no propio guión de prácticas dispoñible no Campus Virtual) relacionadas coas prácticas de laboratorio realizadas (ambos obrigatorios). Estes cuestionarios están pensados para reforzar a aprendizaxe profunda da materia, a interrelación de conceptos, aprender a transferir e aplicar coñecementos e practicar o pensamento crítico e a metodoloxía científica. Será necesario entregar unha memoria-cuestionario para as prácticas 1 e 2 e outro correspondente á práctica 3.
c) Os seminarios 1-3 na aula consistirán na explicación polo profesorado dunha serie de técnicas específicas de Enxeñaría Xenética relacionadas cos temas tratados previamente nas clases expositivas. Previamente, deixaranse ao alumnado información (figuras, esquemas, bibliografía, etc.) no Campus Virtual sobre as temáticas a tratar para que preparen as preguntas sobre as que van ser interrogados/as mediante intervencións na aula ou a realización de cuestionarios de respostas.
Os seminarios 4-6 consistirán na resolución na aula, en grupos de traballo ou de modo individual, de problemas e cuestións propostos polo profesorado. Poderanse utilizar libros e calquera outro material docente e informático para a súa resolución, a criterio do docente. Os boletíns de respostas entregaranse, ao finalizar a sesión na aula, para a súa avaliación. Non require máis traballo non presencial que levar ao día o estudo da materia.
Todos os seminarios son de asistencia e realización voluntarios, e avaliables (a través das respostas na aula, realización de cuestionarios e entregas de boletíns de problemas).
d) O programa das titorías de grupos reducidos amósase no apartado de Contidos desta guía e non son de asistencia obrigatoria nin avaliables.
e) O exame é unha proba presencial obrigatoria para a avaliación dos coñecementos e competencias utilizando unha proba escrita na que se formularán preguntas tipo test, problemas similares aos dos seminarios 4-6 e preguntas de desenrolo, abarcando os temas tratados nas clases expositivas e nos seminarios.
A cualificación do/a alumno/a é unha media ponderada entre o rendemento do/a mesmo/a nas partes nas que se avalía o seu traballo: exame, participación e respostas nos seminarios e memoria-cuestionario de prácticas. Os mesmos instrumentos serán utilizados para avaliar as competencias segundo o seguinte esquema:
- No exame avalíanse as competencias: CE3, CE8, CE11, CB1, CB2, CB4, CG1, CG2, CG4, CG5, CT1, CT2, CT4 y CT8.
- Nos seminarios: CE3, CE8, CE11, CB1, CB2, CB4, CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CT1, CT2, CT3, CT5, CT7, CT8 y CT10.
- Nas memorias-cuestionarios de prácticas: CE3, CE8, CE11, CB1, CB2, CB4, CB5, CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CT1, CT2, CT3, CT4, CT7, CT8, CT9 y CT10
Normas comúns na avaliación en ambas convocatorias
A avaliación continua suporá un 35% da nota final, distribuída nun 15% os boletíns de respostas e cuestionarios dos seminarios (voluntarios) e un 20% das memorias-cuestionarios de prácticas, repartidos da seguinte forma: 12.5% prácticas 1 e 2, e 7.5% práctica 3. Ambas son obrigatorias.
Haberá un exame final presencial obrigatorio que supón o 65% da nota final. A materia avaliada no exame inclúe os contidos das clases expositivas e os seminarios.
Na segunda oportunidade de avaliación só se repetirá o exame final presencial obrigatorio (que igualmente suporá o 65% da cualificación final), conservándose a nota obtida na avaliación continua.
O exame final contémplase como unha proba complementaria obrigatoria á avaliación continua para todo o alumnado. Será necesario alcanzar un mínimo de 4 sobre 10 no exame final (nas dúas oportunidades) para que a avaliación continua sexa sumada. No caso contrario a nota final será exclusivamente a do exame. Será necesaria unha nota final mínima de 5 sobre 10 para superar la materia.
Non haberá mecanismos compensatorios ante a non asistencia e/ou realización dalgunha actividade obrigatoria e/ou avaliable.
Aqueles/as alumnos/as que non cumpran os requisitos de asistencia esixidos e/ou que non realizasen todas as actividades obrigatorias non terán dereito a exame, e polo tanto non poderán superar a materia en ningunha das dúas oportunidades de avaliación por curso.
A asistencia ao 100% de todas as actividades non suporá per se ningunha valoración de cara á cualificación final.
Alumnos/as repetidores: os/as alumnos/as repetidores/as poderán conservar a nota dos dous cursos anteriores dos distintos apartados da avaliación continua. No caso da memoria-cuestionario de prácticas será necesario ter alcanzado un mínimo de 5 sobre 10 para poder conservar a nota. No caso contrario, deberán repetirse as prácticas obrigatorias e a entrega das memorias-cuestionarios. A conservación da nota dos seminarios implica todo o seu conxunto. En calquera caso, todos/as os/as repetidores/as terán que facer o exame final obrigatorio (contidos de expositivas e seminarios). A ponderación de cada apartado para a nota final será a mesma que a indicada arriba.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tamén queda terminantemente prohibida a distribución por distintos medios (por exemplo, en páxinas web, distribución a persoas alleas ao curso, etc.) sen consentimento do profesorado, de calquera material docente dispoñible na aula virtual.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (Total: 43h)
Clases maxistrais: 26h
Prácticas de laboratorio: 8h
Seminarios: 6h
Titorías en grupos reducidos: 1h
Realización de exames: 2h
TRABALLO PERSOAL DO/A ESTUDANTE (Total: 69.5h)
Estudo individual: 49h
Elaboración das memorias de prácticas e cuestionarios teórico/prácticos: 7h
Elaboración de traballos en grupo: 13.5h
A recomendación máis importante é que a asistencia e o aproveitamento das clases se fai esencial con este sistema. Chegar ao exame final sen coñecer ao profesor e poder aprobar a materia é imposible dada a obrigatoriedade de asistencia. Levar ao día a materia, practicar o pensamento (correlacionar conceptos) e abondar nos coñecementos amosados en clase é esencial para superar a materia.
Nas probas escritas é importante ler atentamente as preguntas, interpretar a lóxica dos resultados ou as respostas, empregar unha linguaxe precisa e rigorosa, e repasar as respostas.
Na memoria-cuestionario de prácticas teórico/práctico vaise a considerar a calidade e amplitude da revisión bibliográfica (si é o caso), a estrutura das respostas e a súa presentación (ortografía, imaxes, esquemas propios, etc.), a adecuación dos contidos requiridos, a claridade expositiva e o dominio da linguaxe e conceptos científicos.
Aínda que non son de realización obrigatoria, é moi recomendable asistir e preparar ben os seminarios, cumprimentando aquelas probas avaliables que representen. Non só supoñen unha parte importante da avaliación final, senón que tamén permiten repasar a materia de expositivas, e os seus contidos son tamén materia de exame.
Facer uso das titorías e contactar co profesorado para resolver cantas dúbidas e problemas xurdan no estudo da materia e facer seguimento da aprendizaxe.
Comunicación co profesorado
Haberá un aula virtual activa da materia a través do Campus Virtual da USC.
Comunicación presencial na aula e no despacho. Tamén se poderán establecer comunicacións a través do correo electrónico institucional, mediante a plataforma MS-Teams, de mensaxes a través do foro do Campus Virtual e vía telefónica.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tamén queda terminantemente prohibida a distribución por distintos medios (por exemplo, en páxinas web, distribución a persoas alleas ao curso, etc.) sen consentimento do profesorado, de calquera material docente dispoñible na aula virtual.
Guillermo Covelo Artos
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816930
- Correo electrónico
- guillermo.covelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Miguel González Blanco
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881815386
- Correo electrónico
- miguel.gonzalez.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Crugeiras Ríos
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- maria.crugeiras.rios [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Marcos Viejo Somoano
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813322
- Correo electrónico
- marcos.viejo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 06. Diane Fosey e Jane Goodall |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 06. Diane Fosey e Jane Goodall |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 06. Diane Fosey e Jane Goodall |
29.05.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
29.05.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
09.07.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |