Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O obxectivo é que o resultado da aprendizaxe desta materia polos/as alumnos/as lles permita:
-Coñecer os conceptos, terminoloxía e metodoloxías básicas da Enxeñaría Xenética e algunhas das súas aplicacións.
-Manexar a bibliografía especializada e expor traballos relacionados coa Enxeñaría Xenética e a Biotecnoloxía.
Tódolos contidos das diferentes actividades serán os mesmos nos diferentes escenarios posibles de docencia.
1. PROGRAMA E DURACIÓN APROXIMADA DAS CLASES EXPOSITIVAS (PRESENCIAIS) (26h)
TEMA 1. INTRODUCIÓN Á ENXEÑARÍA XENÉTICA E BIOTECNOLOXÍA (1,5h)
TEMA 2. ENZIMOLOXÍA DO DNA RECOMBINANTE. (3h)
TEMA 3. HIBRIDACIÓN DE ÁCIDOS NUCLEICOS E PROTEÍNAS. (2h)
TEMA 4. CLONACIÓN DE DNA EN E. coli. (3h)
TEMA 5. XENOTECAS E MICROARRAYS. (1,5h)
TEMA 6. A PCR. (2h)
TEMA 7. SECUENCIACIÓN DO DNA. (2h)
TEMA 8. MUTAXÉNESE DIRIXIDA E ENXEÑARÍA DE PROTEÍNAS. (2h)
TEMA 9. EXPRESIÓN DE PROTEÍNAS RECOMBINANTES EN E. coli. (2,5h)
TEMA 10. ENXEÑARÍA XENÉTICA CON LÉVEDOS. (1,5h)
TEMA 11. CLONACIÓN DE DNA EN CÉLULAS DE ANIMAIS. (2h)
TEMA 12. BIOTECNOLOXÍA EN ANIMAIS E APLICACIÓNS BIOMÉDICAS. (2h)
TEMA 13. BIOTECNOLOXÍA EN VEXETAIS. (1h)
2. PROGRAMA DAS CLÁSES PRÁCTICAS DE LABORATORIO (PRESENCIAIS) (5h)
-PRÁCTICA 1. Parte A DiXestión de DNA con encimas de restrición (1h 15’).
Parte B. Purificación de DNA xenómico a partires de saliva; amplificación por PCR dunha rexión do xenoma purificado (1h 15’).
-PRÁCTICA 2. Parte A. Análise en xeles de agarosa dos fragmentos de restrición (1h 15’).
Parte B. Análise en xeles de agarosa dos productos de PCR e valoración dos resultados obtenidos nas dúas prácticas (1h 15’).
3. PROGRAMA DAS CLASES DE SEMINARIO (PRESENCIAIS) (5h)
-Seminario 1. Técnicas de marcaxe de sondas para hibridación (1h)
-Seminario 2. Variacións da técnica básica da PCR e as súas aplicacións (1h)
-Seminario 3. Técnicas de secuenciación do DNA. (1h)
-Seminarios 4. Realización de problemas da materia. (2h)
4. PROGRAMA DAS TITORÍAS EN GRUPO REDUCIDO (5h)
-Titoría 1. (Presencial) Presentación aos/ás alumnos/as dos traballos de seminarios a realizar por cada grupo ao longo do curso; presentación detallada da guía docente. (1h)
-Titorías 2, 3, 4 e 5. (Presenciais ou telemáticas) Resolución de dúbidas e preguntas sobre a materia expositiva, seminarios e prácticas. A demanda dos/as estudantes. (1h cada titoría)
Básica
-Brown, T.A., 2016. Gene cloning and DNA analysis: An Introduction. 7th ed. Chichester: Wiley-Blackwell.
-*Clark, D.P. and Pazdernik, N.J., 2016. Biotechnology. [en liña] 2nd ed. Amsterdam: Elsevier Academic Press. Dispoñible en: https://www-sciencedirect-com.ezbusc.usc.gal/book/9780123850157/biotech…
-Perera, J., Tormo, A. y García, J.L., 2002. Ingeniería genética. 2 v. Madrid: Síntesis.
-Real García, M.D., Rausell Segarra, C. y Latorre Castillo, A., 2017. Técnicas de ingeniería genética. Madrid: Síntesis.
Complementaria
-*Clark, D.P, 2019. Molecular Biology. [en liña] 3rd ed. Amsterdam: Elsevier . Dispoñible en: https://www-sciencedirect-com.ezbusc.usc.gal/book/9780128132883/molecul…
-Glick, B.R. and Patten, C.L., 2017. Molecular biotechnology: principles and applications of recombinant DNA. 5th ed. Washington DC: ASM Press.
-Green, M.R. and Sambrook, J., 2012. Molecular cloning: a laboratory manual. 4th ed. 3 v. Cold Spring Harbor: Cold Spring Harbor Laboratory Press.
-McPherson, M.J. and Møller, S., 2006. PCR. 2nd ed. New York: Taylor & Francis.
-*Renneberg, R., Berkling, V., and Loroch, V., 2016. Biotechnology for beginners [en liña]. Amsterdam: Elsevier. Dispoñible en: https://www-sciencedirect-com.ezbusc.usc.gal/book/9780128012246/biotech…
Otros recursos
- http://biomodel.uah.es. Sitio web Universidad Alcalá de Henares
-https://www.jove.com/science-education-library. Vídeos educativos sobre diferentes técnicas de bioloxía molecular e enxeñaría xenética.
- http://www.ncbi.nlm.nih.gov/guide/. The National Center for Biotechnology Information, (NCBI) fonte principal de bases de datos (nucleótidos, xenes e xenomas) e ferramentas bioinformáticas.
-Recursos electrónicos da BUSC: Cell, Nature, Science, Sciencedirect, etc.
A materia de Enxeñaría Xenética participa, en maior ou menor medida, na adquisición por parte do/a estudante das competencias básicas e xerais que aparecen na Memoria do Grao de Bioloxía.
As competencias específicas que se desenrolan nesta materia, tal como se relata na Memoria de Grao en Bioloxía, son as seguintes:
CE1.c - Ámbito competencial de coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades:
-Técnicas básicas en bioloxía.
CE2.e - Ámbito competencial de orixe e bases moleculares da vida:
-Análise de biomoléculas e procesos metabólicos.
CE2.f - Ámbito competencial de orixe e bases moleculares da vida:
-Análise molecular, celular e tisular.
CE7.d - Ámbito competencial de biotecnoloxía e biomedicina:
-Biotecnoloxía e ADN recombinante.
CE7.g - Ámbito competencial de biotecnoloxía e biomedicina:
-Métodos de análise clínica e molecular.
CE7.h - Ámbito competencial de biotecnoloxía e biomedicina:
-Aplicacións agroalimentarias e forestais.
A materia de Enxeñaría Xenética, en maior ou menor medida, na adquisición por parte do/a estudante das seguintes competencias transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT4 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada.
CT5 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT6 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT7 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT8 - Habilidade no manexo de TICs.
CT9 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT10 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT11 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
DESENROLO DOS CONTIDOS E OBRIGATORIEDADE DE ASISTENCIA
No apartado CONTIDOS DA MATERIA indícanse as duracións aproximadas das diferentes actividades presenciais dos/as alumnos/as no aula ou laboratorio.
a) O programa de teoría será presentado polo profesor en formato de clases maxistrais nas clases expositivas, que non son de asistencia obrigatoria para o alumnado. Terán unha duración aproximada de1h. Nas clases teóricas, ademais do encerado, se usarán presentacións audiovisuais, que serán accesibles no curso virtual da materia, para que sexa máis fácil o seguimento dos contidos. Nas clases, os/as alumnos/as poden interromper as explicacións do profesor con cuestións ou dúbidas, así como, o profesor poderá facer preguntas e solicitar a participación dos/as estudantes na discusión e presentación dos contidos e requirir a busca de información para a súa entrega na seguinte clase . As clases teóricas requirirán un seguimento e dedicación diarios (no aula e fora dela) xa que o profesor presentará os aspectos básicos da materia que han de ser abondados mediante o manexo da bibliografía e o estudo. Traballaranse, en xeral, todas as competencias e obxectivos específicos da materia, mediante a interrelación dos contidos e conceptos da materia, e a familiarización e manexo das principais fontes bibliográficas no campo da Enxeñaría xenética e a biotecnoloxía que permitan ao/á alumno/a un seguimento e afondamento na información recibida na aula.
No curso virtual da materia haberá dispoñibles cuestionarios de diferentes bloques temáticos dos contidos das clases expositivas para a autoavaliación do alumnado. Estes cuestionarios serán voluntarios e non avaliables para a nota final.
b) As prácticas de laboratorio constarán de dúas sesións obrigatorias (salvo para os/as repetidores/as) (2h 30’ en cada sesión) no laboratorio. As prácticas son de asistencia obrigatoria obrigatoria ao 100% (tomarase listado de firmas). As prácticas consistirán na realización dalgunhas das técnicas básicas en Enxeñaría xenética e servirán para reforzar e ver a aplicación real dos contidos amosados na teoría. Os/as alumnos/as deberán firmar nun listado do grupo. Os/as estudantes deberán realizar unha memoria de prácticas coa presentación e discusión dos resultados obtidos, así como responder a un cuestionario teórico/práctico de preguntas (presente no propio guión de prácticas dispoñible no Campus Virtual) relacionadas coas prácticas de laboratorio realizadas/estudadas (ambos obrigatorios e a realizar pola parella de traballo no laboratorio). Este cuestionario está pensado para reforzar a aprendizaxe profunda da materia, a interrelación de conceptos, aprender a transferir e aplicar coñecementos e practicar o pensamento crítico e a metodoloxía científica. Deberá ser entregado no mesmo documento que a memoria de prácticas para a súa avaliación e poderán ser revisados nunha titoría. O tempo estimado de preparación non presencial da memoria de prácticas e do cuestionario é de 7,5 horas.
c) Os seminarios 1, 2 e 3 no aula consistirán en exposicións obrigatorias dos/as alumnos/as, en períodos duns 10’ por grupo de traballo (máximo 5 persoas), de diferentes partes do seminario concernentes á temática específica previamente acordadas co profesor e supervisados por este nas titorías. No Campus Virtual estarán dispoñibles, para cada grupo de traballo, as temáticas específicas e as figuras de base para a realización de cada traballo. Cada grupo deberá entregar, en cada seminario, ao profesor un traballo escrito sobre o tema da súa exposición. Estes traballos, xunto coas exposicións en si e a resolución das preguntas que xurdan, será valorados para a nota final. O profesor elixirá no momento, en cada caso, que membro ou membros do grupo exporá o seu apartado. Os contidos expostos nos seminarios sumaranse aos contidos do programa das clases expositivas de cara ao exame.
Os traballos dos seminarios 1 a 3 unha vez corrixidos polo profesor serán subidos, ao cabo de 1 ou 2 semanas, ao Campus Virtual para que o alumnado poida comprobar os seus fallos, revisar os consellos de mellora, ver a súa evolución e que sirvan de retroalimentación e autoavaliación.
Os seminarios 4 e 5 consistirán na resolución na aula, nos grupos de traballo anteriores, de problemas propostos polo profesor. Poderanse utilizar libros e calquera outro material docente e informático para a súa resolución, a criterio do profesor. Os cuestionarios resoltos entregaranse ao profesor trala sesión para a súa avaliación. Non require máis traballo non presencial que levar ao día o estudo da materia.
Todos os seminarios son de asistencia (folla de firmas) e realización (entregas de traballos e boletín de problemas) obrigatorias, cun mínimo do 80%, e avaliables. O tempo estimado de elaboración non presencial dos traballos de exposición/cuestionarios (3 por grupo de traballo ao largo do curso) é de 15,5 horas.
d) O programa das titorías de grupos reducidos amósase no apartado de Contidos desta guía e non son de asistencia obrigatoria nin avaliables. A primeira titoría será presencial ao principio do cuadrimestre seguindo un calendario acordado cos/as alumnos/as. O resto de titorías, a demanda do alumnado, poderán ser presenciais ou por mecanismos telemáticos (síncronas na plataforma MS-Teams, asíncronas no Campus Virtual ou o correo electrónico institucional).
A cualificación do/a alumno/a é unha media ponderada entre o rendemento do/a mesmo/a nas partes nas que se avalía o seu traballo: exame (55%), realización dos traballos de seminarios (25%), memoria-cuestionario de prácticas (15%) e participación activa no aula (5%). Os mesmos instrumentos serán utilizados para avaliar as competencias segundo o seguinte esquema:
- No exame avalíanse as competencias: CE1.c, CE2.e, CE2.f, CE7.d, CE7.g, CE7.h, CB1, CB2, CB4, CB5, CG1, CG3, CG4, CG5, CT1, CT2, CT4, CT5, CT9, CT10 e CT11.
- Na realización e exposición dos traballos: CE1.c, CE2.e, CE2.f, CE7.d, CE7.g, CB1, CB3, CB4, CB5, CG1, CG4, CG5, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9 e CT10.
- Na memoria-cuestionario de prácticas: CE1.c, CE2.e, CE2.f, CE7.d, CE7.g, CB1, CB2, CB4, CB5, CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CT1, CT2, CT3, CT5, CT8, CT9 e CT11.
- Na participación activa no aula: CE1.c, CE2.e, CE2.f, CE7.d, CE7.g, CE7.h, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG4, CG5, CT1, CT2, CT4, CT6, CT7, CT9 e CT11.
A avaliación continua suporá un 45% da nota final, distribuída nun 25% os traballos obrigatorios realizados para os seminarios, un 15% da memoria-cuestionario obrigatoria de prácticas e un 5% polas exposicións e a participación activa na aula (cuestionario del seminario 4).
Haberá un exame final presencial obrigatorio que supón o 55% da nota final. A materia avaliada no exame inclúe os contidos das clases expositivas e os seminarios.
Na segunda oportunidade de avaliación só se repetirá o exame final presencial obrigatorio (que igualmente suporá o 55% da cualificación final), conservándose a nota obtida na avaliación continua.
O exame final contémplase como unha proba complementaria obrigatoria á avaliación continua para todo o alumnado. Será necesario alcanzar un mínimo de 4 sobre 10 no exame final (nas dúas oportunidades) para que a avaliación continua sexa sumada. No caso contrario a nota final será exclusivamente a do exame. Será necesaria unha nota final mínima de 5 sobre 10 para superar la materia.
Non haberá mecanismos compensatorios ante a non asistencia e/ou realización dalgunha actividade obrigatoria e/ou avaliable.
Aqueles/as alumnos/as que non cumpran os requisitos de asistencia esixidos e/ou que non realizasen todas as actividades obrigatorias non terán dereito a exame, e polo tanto non poderán superar a materia en ningunha das dúas oportunidades de avaliación por curso.
A asistencia ao 100% de todas as actividades non suporá per se ningunha valoración de cara á cualificación final.
Alumnos/as repetidores: os/as alumnos/as repetidores/as poderán conservar a nota de ata dous cursos anteriores dos distintos apartados da avaliación continua sempre que se tivera alcanzado un mínimo de 5 sobre 10, de xeito que tampouco terán obriga de repetir estas actividades e só terán que facer o exame final obrigatorio.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tamén queda terminantemente prohibida a distribución por distintos medios (por exemplo, en páxinas web, distribución a persoas alleas ao curso, etc.) sen consentimento do profesorado, de calquera material docente dispoñible na aula virtual.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (Total: 40,5h)
Clases maxistrais: 26h
Prácticas de laboratorio: 2,5h
Seminarios: 5h
Titorías en grupos reducidos: 5h
Realización de exames: 2h
TRABALLO PERSOAL DO/A ESTUDANTE (Total: 72h)
Estudo individual: 49h
Elaboración da memoria de prácticas e cuestionario teórico/práctico: 7,5h
Elaboración de traballos en grupo: 15,5h
A recomendación máis importante é que a asistencia e o aproveitamento das clases se fai esencial con este sistema. Chegar ao exame final sen coñecer ao profesor e poder aprobar a materia é imposible dada a obrigatoriedade de asistencia. Ademais, aínda cun 10 no exame é imposible aprobar a materia xa que pondera un 55% e existen diversas actividades presenciais e non presenciais de cumprimento obrigatorio. Levar ao día a materia, practicar o pensamento (correlacionar conceptos) e abondar nos coñecementos amosados en clase é esencial para superar a materia.
Nas probas escritas é importante ler atentamente as preguntas, interpretar a lóxica dos resultados ou as respostas, empregar unha linguaxe precisa e rigorosa, e repasar as respostas.
Nos traballos dos seminarios e memoria-cuestionario de prácticas teórico/práctico vaise a considerar a calidade e amplitude da revisión bibliográfica (si é o caso), a estrutura das respostas e a súa presentación (ortografía, imaxes, esquemas propios, etc.), a adecuación dos contidos requiridos, a claridade expositiva e o dominio da linguaxe e conceptos científicos.
Así mesmo, recoméndase ao largo do curso a revisión das probas despois de ser avaliadas, porque permiten comprobar os erros e corrixilos, e consultar co profesor nas titorías todas aquelas dúbidas que poidan xurdir.
Facer uso das titorías e contactar co profesorado para resolver cantas dúbidas e problemas xurdan no estudo da materia e facer seguimento da aprendizaxe.
PLAN DE CONTINXENCIA
Metodoloxía do ensino
Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade). As clases expositivas serán virtuais síncronas utilizando a plataforma MS-Teams, mentres que os seminarios serán presenciais seguindo o horario e calendario oficiais da materia. No caso de establecerse quendas de asistencia aos seminarios, o alumnado non presente na aula, seguirá a transmisión telemática das clases mediante os mecanismos que habilite o Decanato da Facultade. Dado o reducido número de alumnado habitual da materia e que os grupos de seminarios son máis reducidos aínda, é de esperar que todo o alumnado poida asistir presencialmente en tódolos seminarios.
As prácticas de laboratorio serán presenciais ao 50%, e realizaranse seguindo o calendario e os grupos que marque o Decanato da facultade en dúas sesións de 1,5h que implican a parte A de cada práctica. O resto das prácticas de laboratorio requiren a visualización asíncrona e estudo dos materiais que o profesorado aporte no Campus Virtual da materia. O conxunto das actividades de laboratorio será avaliado coa elaboración obrigatoria da memoria-cuestionario de prácticas (confeccionada individualmente ou por parellas de alumnos/as) que será entregada en formato impreso ou a través do Campus Virtual.
A primeira titoría será preferentemente presencial (en caso de non ser posible utilizaríase a plataforma MS-Teams) ao principio do cuadrimestre seguindo un calendario acordado cos/as alumnos/as. O resto de titorías, a demanda do alumnado, poderán ser presenciais ou por mecanismos telemáticos a acordar co alumnado (plataforma MS-Teams, Campus Virtual e correo electrónico institucional).
Esta planificación docente no escenario 2 manterase sempre que a súa organización sexa compatible coa adopción das medidas establecidas nos protocolos de protección da saúde da Universidade de Santiago de Compostela vixentes en cada momento.
Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física). Toda a actividade docente será non presencial. As clases expositivas serán de tipo síncrono utilizando os vídeos das clases e as presentacións utilizadas na aula máis os arquivos de complemento (texto, vídeos, audios, etc.) para cada tema ou grupo de temas que aporte o profesor no Campus Virtual.
Os seminarios realizaranse de modo asíncrono por grupos de traballo. Os seminarios 1, 2 e 3 consistirán na preparación, en grupos reducidos de traballo, de diferentes partes do seminario referentes á temática específica previamente acordadas co profesor e supervisados por este nas titorías e consultas que soliciten, e a posterior resolución de cuestionarios sobre a temática específica que estarán dispoñibles no Campus Virtual. O seminario 4 consistirá na resolución nos mesmos grupos de traballo dos problemas e cuestións (iguais para todos/as os/as alumnos/as). Para todos os seminarios, os boletíns de respostas dos/as alumnos/as deberán subirse nunha data concreta ao curso virtual, no apartado habilitado ao efecto, para a súa posterior avaliación.
Todo o conxunto das prácticas de laboratorio require a visualización e estudo dos materiais que o profesorado aporte no Campus Virtual da materia, que serán necesarios para a realización obrigatoria da memoria-cuestionario de prácticas, realizada individualmente ou por parellas de alumnos/as, que será avaliada.
Para a primeira titoría subirase ao Campus Virtual unha presentación detallada dos contidos e desenrolo do curso para a súa consulta asíncrona, a mesma que sería utilizada na aula en caso de ter sido presencial. O resto de titorías, a demanda do alumnado, serán por mecanismos telemáticos a acordar co alumnado (Campus virtual e correo electrónico institucional).
Sistema de avaliación
Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade). O mecanismo de avaliación é o mesmo que no escenario 1.
Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física). A avaliación continua suporá un 45% da nota final, distribuída nun 30% os cuestionarios obrigatorios realizados para os seminarios e un 15% da memoria-cuestionario obrigatoria de prácticas. Tanto os cuestionarios como a memoria-cuestionario de prácticas serán entregados telematicamente a través do Campus Virtual.
Haberá un exame final telemático obrigatorio síncrono a través do Campus Virtual que supón o 55% da nota final. A materia avaliada no exame inclúe os contidos das clases expositivas e os seminarios.
Na segunda oportunidade de avaliación só se repetirá o exame final obrigatorio (que igualmente suporá o 55% da cualificación final), conservándose a nota obtida na avaliación continua.
Normas comúns a tódolos escenarios
En tódolos escenarios, o exame final contémplase como unha proba complementaria obrigatoria á avaliación continua para todo o alumnado. En tódolos escenarios tamén, será necesario alcanzar un mínimo de 4 sobre 10 no exame final (nas dúas convocatorias) para que a avaliación continua sexa sumada. No caso contrario a nota final será exclusivamente a do exame. Será necesaria unha nota final mínima de 5 sobre 10 para superar la materia.
Non haberá mecanismos compensatorios ante a non asistencia e/ou realización dalgunha actividade obrigatoria e/ou avaliable.
Aqueles/as alumnos/as que non cumpran os requisitos de asistencia esixidos e/ou que non realizasen todas as actividades obrigatorias non terán dereito a exame, e polo tanto non poderán superar a materia en ningunha das dúas oportunidades de avaliación por curso.
A asistencia ao 100% de todas as actividades non suporá per se ningunha valoración de cara á cualificación final.
Alumnos/as repetidores: os/as alumnos/as repetidores/as poderán conservar a nota de ata dous cursos anteriores dos distintos apartados da avaliación continua sempre que se tivera alcanzado un mínimo de 5 sobre 10, de xeito que tampouco terán obriga de repetir estas actividades e só terán que facer o exame final obrigatorio.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tamén queda terminantemente prohibida a distribución por distintos medios (por exemplo, en páxinas web, distribución a persoas alleas ao curso, etc.) sen consentimento do profesorado, de calquera material docente dispoñible na aula virtual.
Bibliografía
No escenario 3 a bibliografía recomendada son os libros de libre acceso marcados con *, así como os materiais proporcionados polo profesor e os mencionados no epígrafe “Outros recursos”.
Recomendacións para o estudo da materia nos escenarios 2 e 3.
Ao anteriormente indicado, para estes escenarios súmanse outra serie de recomendacións.
Visualización e estudo continuos do material docente proporcionado para as clases expositivas, seguindo pautas temporais como se fosen clases presenciais. É dicir, non deixar acumular temas sen revisar co fin de estudar todo a final do curso. A realización dos seminarios, aínda que telemática, se ser o caso, será pautada segundo o calendario previsible nun escenario presencial, de xeito que a materia debe levarse ao día.
Máxima atención e dedicación á realización e entrega dos seminarios xa que: i) repásase parte da materia de expositivas; ii) é tamén materia de exame; iii) os boletíns de respostas son avaliados (unha porcentaxe importante da nota final); iiii) o tipo de preguntas e cuestións tratados son moi parecidos a algúns que aparecerán no exame.
Estudo e análise do material docente das prácticas de laboratorio para a realización óptima da memoria de prácticas. Esmero na elaborac ión da memoria de prácticas.
Lectura e reflexión frecuentes sobre a materia impartida, necesarias para a integración de coñecementos.
COMUNICACIÓN CO PROFESORADO
Haberá un aula virtual activa da materia a través do Campus Virtual da USC.
Escenario 1 (normalidade adaptada) e escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade). Comunicación presencial na aula e no despacho. Tamén se poderán establecer comunicacións a través do correo electrónico institucional, mediante a plataforma MS-Teams, de mensaxes a través do foro do Campus Virtual e vía telefónica.
Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física). A comunicación co profesorado establecerase a través do correo electrónico institucional e do foro do Campus Virtual, vía telefónica e plataforma MS-Teams (estas últimas sempre que o profesorado poida acceder ao seu despacho).
Guillermo Covelo Artos
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816930
- Correo electrónico
- guillermo.covelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
18.05.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
18.05.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
18.05.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
05.07.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |