Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Obxectivos da materia
-Identificar os métodos e aplicacións da tecnoloxía do ADN recombinante.
-Identificar as técnicas e estratexias máis utilizadas para a produción de proteínas recombinantes.
-Enumerar as tecnoloxías de edición xénicas e secuenciación de xenomas.
-Identificar e aplicar protocolos experimentais de manexo e análise de ácidos nucleicos.
-Saber clonar e expresar proteínas recombinantes.
Contidos das clases expositivas e interactivas de seminario (27 h + 9 h)
BLOQUE I. FERRAMENTAS ESENCIAIS E TÉCNICAS BÁSICAS (9 h)
Tema 1. Introdución á Enxeñaría xenética (1 h)
Tema 2. Enzimoloxía do ADN recombinante (3 h)
Tema 3. Técnicas básicas de illamento, purificación e análise dos ácidos nucleicos (3 h)
Tema 4. PCR (2 h)
BLOQUE II.CLONACIÓN MOLECULAR (9 h)
Tema 5. Clonación en bacterias (3,5 h)
Tema 6. Xenotecas (2 h)
Tema 7. Clonación en células eucariotas (3,5 h)
BLOQUE III. MODIFICACIÓN DO ADN E EXPRESIÓN DO ADN RECOMBINANTE (9 h)
Tema 8. Mutaxénese dirixida. Introdución á enxeñaría de proteínas (3 h)
Tema 9. Inactivación e edición xénica (1 h)
Tema 10. Expresión do ADN recombinante en bacterias (3 h)
Tema 11. Expresión do ADN recombinante en células eucariotas (2)
Seminarios:
-Resolución de problemas e/ou cuestións relacionados cos contidos do programa. (5 h)
-Uso de bases de datos e programas informáticos. (2 h)
-Elaboración e presentación dun traballo baseado en publicacións específicas no ámbito da materia. (2 h)
Laboratorio (12 h)
Cada alumno/a terá 4 sesións de traballo, nas que realizarán:
-Sesións 1 e 2: Técnicas de purificación e análise de ácidos nucleicos. Transformación de células bacterianas con plásmidos recombinantes. PCR.
-Sesións 3 e 4: Expresión, purificación e análise de proteínas recombinantes.
Titorías en grupo reducido (2 sesións de 1 h) e titorías individualizadas (1 h): a primeira titoría será fundamentalmente para a presentación do curso e explicación do traballo que teñen que realizar; as outras dúas para a aclaración de conceptos ou dúbidas sobre as clases expositivas, seminarios ou prácticas.
Bibliografía básica
-Brown, T.A., 2016. Gene cloning and DNA analysis: An Introduction. 7th ed. Chichester: Wiley-Blackwell.
-*Clark, D.P. and Pazdernik, N.J., 2016. Biotechnology. [en liña] 2nd ed. Amsterdam: Elsevier Academic Press. Dispoñible en: https://www-sciencedirect-com.ezbusc.usc.gal/book/9780123850157/biotech…
-Perera, J., Tormo, A. y García, J.L., 2002. Ingeniería genética. 2 v. Madrid: Síntesis.
-Real García, M.D., Rausell Segarra, C. y Latorre Castillo, A., 2017. Técnicas de ingeniería genética. Madrid: Síntesis.
Bibliografía complementaria
-*Clark, D.P, 2019. Molecular Biology. [en liña] 3rd ed. Amsterdam: Elsevier . Dispoñible en: https://www-sciencedirect-com.ezbusc.usc.gal/book/9780128132883/molecul…
-Glick, B.R. and Patten, C.L., 2017. Molecular biotechnology: principles and applications of recombinant DNA. 5th ed. Washington DC: ASM Press.
-Green, M.R. and Sambrook, J., 2012. Molecular cloning: a laboratory manual. 4th ed. 3 v. Cold Spring Harbor: Cold Spring Harbor Laboratory Press.
-McPherson, M.J. and Møller, S., 2006. PCR. 2nd ed. New York: Taylor & Francis.
-Renneberg, R., Berkling, V., and Loroch, V., 2016. Biotechnology for beginners [en liña]. Amsterdam: Elsevier. Dispoñible en: https://www-sciencedirect-com.ezbusc.usc.gal/book/9780128012246/biotech…
Outros recursos
- http://biomodel.uah.es. Sitio web Universidad Alcalá de Henares
-https://www.jove.com/science-education-library. Vídeos educativos sobre diferentes técnicas de bioloxía molecular e enxeñaría xenética.
- http://www.ncbi.nlm.nih.gov/guide/. The National Center for Biotechnology Information, (NCBI) fonte principal de bases de datos (nucleótidos, xenes e xenomas) e ferramentas bioinformáticas.
-Recursos electrónicos da BUSC: Cell, Nature, Science, Sciencedirect, etc.
No escenario 3 a bibliografía recomendada son os libros de libre acceso marcados con *, así como os materiais proporcionados polo profesor e os mencionados no epígrafe "Outros recursos".
BÁSICAS E XENERAIS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Biotecnoloxía.
CG2 - Aplicar os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos na formulación de problemas e a procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG3 - Saber obter e interpretar información e resultados relevantes e obter conclusións en temas relacionados coa Biotecnoloxía.
CG4 - Ser capaces de transmitir información tanto por escrito como de forma oral e de debater ideas, problemas e solucións relativos á Biotecnoloxía, ante un público xeral ou especializado.
CG5 - Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Biotecnoloxía e adquirir capacidade para traballar en equipo.
TRANSVERSAIS
CT1 - Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes perspectivas.
CT2 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT4 - Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
CT5 - Traballar en equipo.
CT6 - Razoar críticamente.
CT7 - Manter un compromiso ético.
ESPECÍFICAS
CE11- Coñecer as bases moleculares e as técnicas de manipulación da información xénica en microorganismos, animais e plantas e saber aplicar adecuadamente ditas técnicas nos diferentes ámbitos biotecnolóxicos.
Escenario 1.Normalidade adaptada
Aplicaranse as metodoloxías xerais do grao descritas no apartado 5.3 da memoria. Así, nesta materia farase uso de:
- CLASES EXPOSITIVAS presenciais con proxeccións de ordenador e curso no Campus Virtual (incluíndo material relacionado coas clases e cuestionarios).
- SEMINARIOS presenciais en grupos reducidos onde se resolverán problemas ou cuestións. Os/as alumnos/as tamén poderán preparar e discutir temas relacionados coa materia.
- TUTORIAS en grupos moi reducidos para aclarar dúbidas sobre a teoría ou as prácticas, fornecer información ou orientar ao alumnado. A primeira titoría será presencial, as otras telemáticas.
- CLASES PRÁCTICAS DE LABORATORIO: os/as estudantes, seguindo os protocolos preparados para este propósito, empregarán o equipamento adecuado e resolverán preguntas prácticas. Cada alumno/a terá 2 sesións presenciais de traballo de laboratorio (3 h cada una). O resto das horas faranse de forma non presencial asíncrona, con vídeos explicativos dalgunhas técnicas de análise e interpretación do resultado dos experimentos con datos reais.
Escenario 2. Distanciamento
- CLASES EXPOSITIVAS: en función da situación e da disponibilidade de infraestructura, as clases expositivas poderán realizarse de forma parcial (turnos) o totalmente telemática (síncronas ou asíncronas) empleando preferentemente a plataforma Teams.
- SEMINARIOS: serán preferentemente presenciais con quendas alternas na aula (en grupos reducidos).
- TUTORIAS: telemáticas de forma síncrona (a través da plataforma Microsoft Teams), en grupos moi reducidos.
- CLASES PRÁCTICAS DE LABORATORIO: serán iguales as do escenario 1.
Escenario 3.Peche das instalacions
Tanto a docencia expositiva como a interactiva (seminarios, prácticas, titorías) desenvolveranse na súa totalidade de xeito virtual utilizando o Campus Virtual e a plataforma Microsoft Teams.
- CLASES EXPOSITIVAS: serán asíncronas. Os/as alumnos/as disporán no Campus virtual das presentaciones das clases grabadas.
- SEMINARIOS: levaranse a cabo de forma síncrona. O alumnado resolverá problemas ou cuestións expostas durante a clase ou previamente subidas ao campus virtual. Tamén realizarán e presentarán de forma telemática un traballo en grupo sobre un tema específico da materia.
-CLASES PRÁCTICAS DE LABORATORIO: as horas presenciais serán sustituidas por actividades telemáticas síncronas; mediante vídeos e explicacións do profesor, o alumnado aprenderá como se desenvolve o protocolo de prácticas, o fundamento das técnicas empregadas e como se interpretan os resultados experimentais obtidos.
- TUTORIAS: síncronas en grupos moi reducidos.
ESTÁ EXPRESAMENTE PROHIBIDO QUE O ALUMNADO DISTRIBUA O MATERIAL DOCENTE (TANTO ESCRITO COMO AUDIOVISUAL) A PERSOAS ALLEAS O CURSO.
1. A avaliación constará de dúas partes:
1.1) Avaliación continua (40% da calificación final), que á súa vez componse de:
i. Seminarios (30% da calificación final). ACTIVIDADE NON OBRIGATORIA EVALUABLE.
A avaliación basearase nos exercicios/traballos presentados ao profesor ou realizados nos seminarios, cuestionarios e/ou tarefas no Campus Virtual, e a participación activa nas actividades académicas. A falta de asistencia a un mínimo do 80% das horas de seminarios implica a renuncia do dereito á avaliación dos seminarios.
ii. Prácticas de Laboratorio (10% da calificación final). ACTIVIDADE OBRIGATORIA EVALUABLE.
Para a avaliación puntuarase a memoria final e/ou cuestions sobre os protocolos explicados. As ausencias non xustificadas supoñerán unha cualificación de NON APTO. O alumnado deberá obter unha cualificación superior a 4 nas prácticas para superar a materia.
O control de asistencia as actividades presenciais (escenarios 1 e 2) realizarase mediante firma, mentras que a participación nas actividades telemáticas (escenarios 2 e 3) quedará rexistrada de forma automática no CampusVirtual e Teams.
1.2) Proba Final (60% da calificación final). ACTIVIDADE OBRIGATORIA EVALUABLE COMPLEMENTARIA A AVALIACIÓN CONTINUA.
Consistirá en cuestións/exercicios relacionadas cos contidos teórico-prácticos da materia.
No escenario 1 será presencial, nos escenarios 2 e 3 será telemático con carácter síncrono.
A cualificación será a obtida ponderando a do exame final coa da avaliación continua (é necesario ter unha nota mínima de 4 sobre 10 puntos no exame final para facer a ponderación).
2. O alumnado que non supere a materia na oportunidade ordinaria poderá presentarse á oportunidade de recuperación (2ª oportunidade). A nota da avaliación continua manterase para a oportunidade de recuperación. Aqueles/as alumnos/as que suspendan as prácticas deberán facer un exame de recuperación.
3. Aos/as estudantes que suspendan a materia, pero teñan aprobadas as prácticas de laboratorio, manteráselles esa nota durante o curso seguinte. O alumnado repetidor terá o mesmo réxime de asistencia a clases interactivas e o mesmo sistema de avaliación que o matriculado por primeira vez.
Na proba final avaliaranse as competencias: CB1/2/5, CG1/4/5, CT2/6, CE11.
Nos seminarios: CB1/2/3/4, CG1/3/4/5, CT1/2/5/6, CE11.
Nas prácticas: CB2/4/5, CG1/3, CT4/5/7, CE11.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Con carácter xeral, estímase unha media de 150 horas de traballo para esta materia, das cales 51 horas corresponden á asistencia a clases teóricas e prácticas, seminarios e titorías, 96 horas a traballo autónomo do estudante e as 3 restantes á realización de exames e revisión dos mesmos.
Recomendacións para o estudo da materia
- Asistencia e participación nas actividades propostas e levar a materia ao día.
- Consulta da bibliografía recomendada.
- Utilización da aula virtual.
- Facer uso das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
Plan de Continxencia
As adaptacións para os escenarios 2 e 3 son as seguintes:
Metodoloxía da ensinanza:
Escenario 2
- CLASES EXPOSITIVAS: en función da situación e da disponibilidade de infraestructura, as clases expositivas poderán realizarse de forma parcial (turnos) o totalmente telemática (síncronas ou asíncronas) empleando preferentemente a plataforma Teams.
- SEMINARIOS: serán preferentemente presenciais con quendas alternas na aula (en grupos reducidos).
- TUTORIAS: serán todas telemáticas síncronas (a través da plataforma Microsoft Teams), en grupos moi reducidos.
- CLASES PRÁCTICAS DE LABORATORIO, serán iguales as do escenario 1.
Escenario 3
Todas as actividades realizaranse de xeito virtual (Campus Virtual e Microsoft Teams). As clases expositivas serán asíncronas, o resto de actividades levaranse a cabo de manera síncrona.
Sistema de avaliación
Manterase o mismo sistema de avaliación nos tres escenarios, agás que as todas probas no escenario 3 (e a proba final no escenario 2) se realizarán electrónicamente.
Cristina Diaz Jullien
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816932
- Correo electrónico
- cristina.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Xoves | |||
18:00-19:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
18:00-19:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
Venres | |||
18:00-19:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
18:00-19:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
28.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
28.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
15.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |