Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Obxectivos da materia
-Identificar os métodos e aplicacións da tecnoloxía do ADN recombinante.
-Identificar as técnicas e estratexias máis utilizadas para a produción de proteínas recombinantes.
-Enumerar as tecnoloxías de edición xénicas e secuenciación de xenomas.
-Identificar e aplicar protocolos experimentais de manexo e análise de ácidos nucleicos.
-Saber clonar e expresar proteínas recombinantes.
Contidos das clases expositivas e interactivas de seminario (27 h + 9 h)
BLOQUE I. FERRAMENTAS ESENCIAIS E TÉCNICAS BÁSICAS (9 h)
Tema 1. Introdución á Enxeñaría xenética (1 h)
Tema 2. Enzimoloxía do ADN recombinante (3 h)
Tema 3. Técnicas básicas de illamento, purificación e análise dos ácidos nucleicos (2.5 h)
Tema 4. PCR (2.5 h)
BLOQUE II. CLONACIÓN MOLECULAR (9 h)
Tema 5. Introducción a la clonación (2.5 h)
Tema 6. Clonación en bacterias (2.5 h)
Tema 7. Xenotecas (2 h)
Tema 8. Clonación en células eucariotas (2 h)
BLOQUE III. EXPRESIÓN DO ADN RECOMBINANTE. MODIFICACIÓN DO ADN. (9 h)
Tema 9. Expresión do ADN recombinante (4 h)
Tema 10. Mutaxénese dirixida. Introdución á enxeñaría de proteínas (2 h)
Tema 11. Inactivación e edición xénica. Organismos transxénicos (3 h)
Interactivas de seminarios:
-Seminarios 1 e 2: cuestions e problemas relativos os temas 2 e 3. (3 h)
-Seminario 3: uso de bases de datos e programas informáticos. (2 h)
-Seminario 4: exercicios e problemas dos temas 5-7 (2 h)
-Seminario 5: presentación dun traballo que abrangue varios temas explicados ao longo do curso. (2 h)
Interactivas de laboratorio (12 h)
Cada alumno/a terá 4 sesións de traballo, nas que realizarán:
-Sesión 1: Clonación nun vector dun cDNA amplificado mediante PCR. Transformación de células E. coli e selección de transformantes. (4 h)
-Sesión 2: Purificación do vector recombinante, corte con enzimas de restricción e análise en xeles de agarosa. (3 h)
-Sesión 3: Expresión e purificación dunha proteína recombinante. (2 h)
-Sesión 4: Análise da proteína recombinante en xeles de poliacrilamida. Interpretación de resultados. (3 h)
Titorías en grupo reducido (2 sesións de 1 h) e titorías individualizadas (1 h): para a aclaración de conceptos ou dúbidas sobre as clases expositivas, seminarios ou prácticas.
Bibliografía básica
-Brown, T.A., 2016. Gene cloning and DNA analysis: An Introduction. 7th ed. Chichester: Wiley-Blackwell.
-*Clark, D.P. and Pazdernik, N.J., 2016. Biotechnology. [en liña] 2nd ed. Amsterdam: Elsevier Academic Press. Dispoñible en: https://www-sciencedirect-com.ezbusc.usc.gal/book/9780123850157/biotech…
-Perera, J., Tormo, A. y García, J.L., 2002. Ingeniería genética. 2 v. Madrid: Síntesis.
-Real García, M.D., Rausell Segarra, C. y Latorre Castillo, A., 2017. Técnicas de ingeniería genética. Madrid: Síntesis.
Bibliografía complementaria
-*Clark, D.P, 2019. Molecular Biology. [en liña] 3rd ed. Amsterdam: Elsevier . Dispoñible en: https://www-sciencedirect-com.ezbusc.usc.gal/book/9780128132883/molecul…
-Glick, B.R. and Patten, C.L., 2017. Molecular biotechnology: principles and applications of recombinant DNA. 5th ed. Washington DC: ASM Press.
-Green, M.R. and Sambrook, J., 2012. Molecular cloning: a laboratory manual. 4th ed. 3 v. Cold Spring Harbor: Cold Spring Harbor Laboratory Press.
-McPherson, M.J. and Møller, S., 2006. PCR. 2nd ed. New York: Taylor & Francis.
-Renneberg, R., Berkling, V., and Loroch, V., 2016. Biotechnology for beginners [en liña]. Amsterdam: Elsevier. Dispoñible en: https://www-sciencedirect-com.ezbusc.usc.gal/book/9780128012246/biotech…
Outros recursos
- http://biomodel.uah.es. Sitio web Universidad Alcalá de Henares
-https://www.jove.com/science-education-library. Vídeos educativos sobre diferentes técnicas de bioloxía molecular e enxeñaría xenética.
- http://www.ncbi.nlm.nih.gov/guide/. The National Center for Biotechnology Information, (NCBI) fonte principal de bases de datos (nucleótidos, xenes e xenomas) e ferramentas bioinformáticas.
-Recursos electrónicos da BUSC: Cell, Nature, Science, Sciencedirect, etc.
BÁSICAS E XENERAIS
Son as que figuran na memoria do Grao.
TRANSVERSAIS
CT1 - Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes perspectivas.
CT2 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT4 - Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
CT5 - Traballar en equipo.
CT6 - Razoar críticamente.
CT7 - Manter un compromiso ético.
ESPECÍFICAS
CE11- Coñecer as bases moleculares e as técnicas de manipulación da información xénica en microorganismos, animais e plantas e saber aplicar adecuadamente ditas técnicas nos diferentes ámbitos biotecnolóxicos.
Aplicaranse as metodoloxías xerais do grao descritas no apartado 5.3 da memoria. Así, nesta materia farase uso de:
- CLASES EXPOSITIVAS: serán presenciais mediante lección maxistral, nas que o profesor, facendo uso de proxeccións de ordenador e de materiais dispoñibles no Campus Virtual (incluíndo material relacionado coas clases e cuestionarios), explicará os coñecementos fundamentais da materia. Actividade non obrigatoria.
- CLASES INTERACTIVAS DE SEMINARIOS: presenciais en grupos reducidos, onde os/as estudantes resolverán problemas ou cuestións, ben de xeito individual ou en pequenos grupos. Tamén prepararán un traballo en grupo e poderán discutir temas relacionados coa materia. Actividade non obrigatoria.
- TUTORIAS: presenciais en grupos moi reducidos para aclarar dúbidas sobre a teoría ou as prácticas, fornecer información ou orientar ao alumnado. Actividade non obrigatoria.
- CLASES PRÁCTICAS DE LABORATORIO: os/as estudantes, seguindo os protocolos preparados para este propósito, empregarán o equipamento adecuado e resolverán preguntas prácticas. Actividade obrigatoria.
1. A avaliación constará de dúas partes:
1.1) Avaliación continua (30% da calificación final), que á súa vez componse de:
i. Seminarios (20% da calificación final). ACTIVIDADE NON OBRIGATORIA EVALUABLE.
A avaliación basearase nos exercicios/traballos presentados ao profesor ou realizados nos seminarios, cuestionarios e/ou tarefas no Campus Virtual, e a participación activa nas actividades académicas. A falta de asistencia non xustificada a un mínimo do 80% das horas de seminarios implica a renuncia do dereito á avaliación dos seminarios.
ii. Prácticas de Laboratorio (10% da calificación final). ACTIVIDADE OBRIGATORIA EVALUABLE.
Para a avaliación puntuarase a memoria final e/ou cuestions sobre os protocolos explicados. As ausencias non xustificadas supoñerán unha cualificación de NON APTO. O alumnado deberá obter unha cualificación superior a 4 nas prácticas para superar a materia.
O control de asistencia as actividades presenciais realizarase mediante chamada por lista.
1.2) Proba Final (70% da calificación final). ACTIVIDADE OBRIGATORIA EVALUABLE COMPLEMENTARIA A AVALIACIÓN CONTINUA.
Levarase a cabo de forma presencial e consistirá en cuestións/exercicios relacionadas cos contidos teórico-prácticos da materia.
A cualificación final será a obtida ponderando a da proba final (é necesario ter unha nota mínima de 4 sobre 10 puntos para facer a ponderación) coa da avaliación continua. En caso contrario, a nota final será exclusivamente a do exame (70% da nota total). Será necesaria unha nota final mínima de 5 sobre 10 para superar la materia.
2. O alumnado que non supere a materia na oportunidade ordinaria, deberá presentarse á proba final na oportunidade de recuperación (2ª oportunidade). A nota da avaliación continua manterase para a oportunidade de recuperación. Aqueles/as alumnos/as que suspendan as prácticas deberán facer un exame de recuperación.
3. Aos/as estudantes que suspendan a materia, pero teñan aprobadas as prácticas de laboratorio, manteráselles esa nota durante o curso seguinte. O alumnado repetidor terá o mesmo réxime de asistencia a clases interactivas (agás as prácticas) e o mesmo sistema de avaliación que o matriculado por primeira vez.
Na proba final avaliaranse as competencias: CB1/2/5, CG1/4/5, CT2/6, CE11.
Nos seminarios: CB1/2/3/4, CG1/3/4/5, CT1/2/5/6, CE11.
Nas prácticas: CB2/4/5, CG1/3, CT4/5/7, CE11.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Con carácter xeral, estímase unha media de 150 horas de traballo para esta materia, das cales 51 horas corresponden á asistencia a clases teóricas e prácticas, seminarios e titorías, 96 horas a traballo autónomo do estudante e as 3 restantes á realización de exames e revisión dos mesmos.
Recomendacións para o estudo da materia
- Asistencia e participación nas actividades propostas e levar a materia ao día.
- Consulta da bibliografía recomendada.
- Utilización da aula virtual.
- Facer uso das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
Para unha mellor comprensión desta materia, o/a estudante debe ter coñecementos de Bioquímica I e primeiros temas de Bioquímica II, Xenética I e Xenética II (expresión génica).
Haberá unha aula virtual operativa na plataforma Moodle con material relativo ás clases, seminarios e prácticas. Os anuncios faranse tamén a través desta plataforma, polo que o alumnado debe revisar a miúdo o seu correo electrónico institucional.
A canle de comunicación preferente será o correo electrónico. En caso de ser necesario, poderase establecer comunicación mediante MS- Teams.
ESTÁ EXPRESAMENTE PROHIBIDO QUE O ALUMNADO DISTRIBUA O MATERIAL DOCENTE (TANTO ESCRITO COMO AUDIOVISUAL) A PERSOAS ALLEAS O CURSO.
Cristina Diaz Jullien
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816932
- Correo electrónico
- cristina.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Guillermo Covelo Artos
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816930
- Correo electrónico
- guillermo.covelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Laura Rivadulla Costa
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- laura.rivadulla.costa [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
16.05.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
03.07.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |