Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
ESCENARIO 1
1.-Aprehender os fundamentos (conceptos, principios e propiedades) da interferencia óptica e da coherencia óptica, e coñecer e saber formalizar diferentes procesos de interferencia óptica por división da fronte de onda e por división de amplitude tanto simple como múltiple.
2.-Aprehender os fundamentos da difracción óptica e coñecer e saber formalizar, baixo distintas aproximacións fundamentais, diferentes procesos de difracción óptica. Aprehender os fundamentos dos elementos ópticos difractivos e a Holografía.
3.-Aprehender os fundamentos do tratamento difraccional da imaxe óptica xunto cos seus aspectos fotométricos fundamentais.
Resultados da Aprendizaxe
Con respecto á materia Óptica II, o alumno demostrará:
-Saber distinguir os diferentes tipos de fenómenos interferenciais, saber formalizalos e saber utilizalos para desenvolver pequeñas aplicacións metrolóxicas segundo o tipo de interferómetro.
-Coñecer as propiedades aplicacións dos principais elementos ópticos difractivos: placas zonais, redes de difracción, etc.
-Coñecer a utilidade dos instrumentos ópticos básicos e saber decidir sobre o seu uso e incorporación noutros sistemas ópticos.
-Adquirir bases sólidas para Másteres que precisen coñecementos fundamentais de óptica física.
ESCENARIOS 2 e 3 (definidos en "Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura 2020-2021")
Sen cambios
ESCENARIO 1
Relación de contidos:
-Ondas localmente planas; ondas paraxiais; discontinuidades refractivas e reflectivas paraxiais.
-Fundamentos da Interferencia: sinal analítica complexa; función de correlación; coherencia espacial e temporal.
-Interferencia por Division da Fronte de Onda. Interferencia simple: experiencia de Young e outros dispositivos interferenciais; interferencia de feixe múltiple: traslación dunha abertura no seu plano.
-Interferencia por Division da Amplitude de Onda: interferencia simple e múltiple en láminas; interferómetros de dous feixes: interferómetro de Michelson e outros dispositivos; interferómetro Fabry-Perot: poder cromático de resolución.
-Multicapas: multicapas antirreflectantes e de alta reflectancia; filtros interferenciais.
-Teoría Escalar da Difracción: principio de Huygens-Fresnel, zonas de Fresnel e curva de vibración; teorías de Kirchhoff e de Sommerfeld-Rayleigh.
-Difracción de Fraunhofer: aproximación de campo lonxano; difracción de Fraunhofer por distintas aberturas; poder de resolución.
-Redes de Difracción: ecuación da rede; poder cromático de resolución; superposición de ordes.
-Difracción de Fresnel: aproximación de campo próximo; integrais de Fresnel e espiral de Cornu; difracción de Fresnel por distintas aberturas e obstáculos.
-Teoría Difraccional da Imaxe: a formación da imaxe como un proceso de dobre difracción; método de contraste de fase.
-Estudo Enerxético e Psicofisico da Radiación: magnitudes radiométricas e fotométricas; fontes lambertianas; rendemento fotométrico dun instrumento óptico.
-Instrumentos Opticos: estudo xeométrico, físico e fotométrico dos instrumentos ópticos (ondas paraxiais)
Estruturación por temas:
PARTE I
1.-Ondas Localmente Planas (LP). Ondas Paraxiais.
2.-Fundamentos da Interferencia e Coherencia Optica.
3.-Interferencia por División Simple da Amplitude (DSA).
PARTE II
4.-Interferencia por División Múltiple de Amplitude.
5.-Teoría da Difracción. Teoría Paraxial da Difracción.
6.-Estudo e Aplicacións da Difracción de Fresnel.
7.-Estudo e Aplicacións da Difracción de Fraunhoffer.
ESCENARIOS 2 e 3
Sen cambios
ESCENARIO 1
Bibliografía Básica de Teoría
-Material docente elaborado polo(s) profesor(es) sobre "Optica II" ubicado dixitalmente na Aula Virtual da materia.
-Optica, E.Hecht y A.Zajac, Fondo Educativo Interamericano, 3ª ed., 2000.
-Optica, J.Casas, Librería Pons, Zaragoza, 1994.
-Introduction to Modern Optics, G.R.Fowles, H.Rinehart-Winston Inc., 2nd ed., 1975.
-Optics, A.N.Matveev, MIR Publishers, 1988.
-Física (Vol.1), R.P.Feynman, Addison Wesley Iberoamericana, 1987.
-Optical Physics. A. Lipson, S.G. Lipson, H. Lipson. Cambridge University Press, 4ª ed., 2011.
-Physical Optics. S. A. Akhmanov, S.Y. Nikitin. Oxford University Press, 1997.
Bibliografía Básica de Problemas
-Material docente elaborado polo(s) profesor(es) sobre "Optica II" ubicado dixitalmente na Aula Virtual da materia.
-Optica Física, Problemas y ejercicios resueltos, F.Carreño y M.A.Antón, Prentice Hall 2001
-Teoria y Problemas de Optica, E.Hecht, McGraw-Hill, 1976.
-Theory and Problems of Optics, E.Hecht, McGraw-Hill, 1975.
-100 Problemas de Optica, P.M.Mejías y R.Martínez, Alianza Editorial, 1996.
-Problemas de Fisica General: Optica, D.V.Sivujin, Reverté, 1984.
Bibliografía Complementaria:
-Principles of Optics, M.Born and E. Wolf, Pergamon Press, 7th ed.(expanded), 2002.
-Diffraction, Fourier Optics and Imaging, O.K.Ersoy, John Wiley & Sons, Inc., 2007.
-Fundamental of Photonics, B.E.A.Saleh & M.C.Teich, John Wiley & Sons, Inc.
Obs.-No momento de aprobar esta programación docente, pensando nun posible escenario 2 ou 3, ésta tamén en proceso de solicitude e adquisición de novo material bibliográfico electrónico; por elo o profesorado da materia especificará no Campus Virtual qué material bibliográfico pode atoparse en formato electrónico na biblioteca da USC cando os fondos estean dispoñibles.
Recursos bibliográficos na rede
-No material docente elaborado polo(s) profesor(es) sobre "Optica II" ubicado na Aula Virtual (Moodle) hai ligazóns a páxinas web, applets-java, etc.
-Physics of Light and Optics J.Peatross and M.Ware (libro en liña en aberto: https://optics.byu.edu/textbook)
-Óptica y Fotónica M. Figueras (libro en liña en aberto: https://www.mentesliberadas.com/2018/12/13/libros-gratuitos-fisica-univ…
-Web: https://spie.org/education/education-outreach-resources
ESCENARIOS 2 e 3
Sen cambios
ESCENARIO 1
Básicas e Xerais
CB1-Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2-Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3-Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CG1-Posuír e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Física, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2-Ter a capacidade de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Física.
CG3-Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
Transversais
CT1-Adquirir capacidade de análise e síntese.
CT2-Ter capacidade de organización e planificación.
CT5-Desenvolver o razoamento crítico.
Específicas
CE1-Ter unha boa comprensión das teorías físicas máis importantes, localizando na súa estrutura lóxica e matemática, o seu soporte experimental e o fenómeno físico que pode ser descrito a través deles.
CE2-Ser capaz de manexar claramente as ordes de magnitude e realizar estimacións adecuadas co fin de desenvolver unha clara percepción de situacións que, aínda que fisicamente diferentes, mostren algunha analogía, permitindo o uso de solucións coñecidas a novos problemas.
ESCENARIOS 2 e 3
Sen cambios
ESCENARIO 1
Seguiranse as indicacións metodolóxicas xerais establecidas na Memoria do Titulo de Grado en Física da USC. As clases serán presenciais é a distribución de horas expositivas e interactivas sigue o especificado na Memoria de Grao.
-Organización das clases: clases expositivas onde se presentarán os aspectos teóricos conceptuais e formais da óptica física, e clases interactivas co obxecto de afondar nos aspectos teóricos e de adquirir destrezas para o prantexamento e resolución de exercicios e problemas. Na medida do posible amosarase a relación da óptica con outras materias da titulación.
-Método de exposición-interacción: aos alumnos váiselles fornecendo dun material (en pdf, ppt, fotocopias, etc.) onde se recolle o desenvolvemento dos contidos teóricos que se explican na aula así coma exercicios e problemas para o traballo persoal do alumno, subliñando que non son apuntamentos senón un material de seguimento das clases tanto expositivas como interactivas.
-Actividades de reforzo: despois de impartidos contidos suficientes proporáselles aos estudantes a resolución de exercicios e/ou problemas, e mesmo, na medida do posible, a realización de traballos e/ou actividades, que lles axuden a asimilar e a afondar nos contidos da materia.
-As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, se son telemáticas requerirán de cita previa o que tamén é recomendable para as presenciais.
ESCENARIO 2 (Plan de Continxencias no apartado Observacións)
As clases expositivas serán telemáticas, mantendo o horario oficial de clase, síncronas (ou asíncronas por diferentes causas que se comunicarán ao alumnado con anterioridade)
Nas clases interactivas parte da docencia se desenvolverá de xeito telemático. Así se as medidas adoptadas polas autoridades sanitarias o permiten, as clases interactivas desenvolveranse presencialmente respectando o horario oficial de clases aprobado polo centro, pero as clases expositivas desenvolveranse telematicamente (vía Teams, Campus Virtual con audios, vídeo, etc.)
Se a limitación de aforo ditado polas autoridades sanitarias non permite que todo o alumnado asista ás clases interactivas presenciais, estas se retransmitiranse en streaming.
As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, e requirirán de cita previa.
ESCENARIO 3 (Plan de Continxencias no apartado Observacións)
A docencia será telemática e as clases desenvolveranse de forma síncrona no horario oficial de clase (vía Teams e Moodle). Pode ser que, por diferentes causas algunhas das clases se desenvolvan de forma asíncrona (vía videos en Teams, audios en Campus Virtual con audios, etc.) o que se comunicará ao alumnado con anterioridade
As titorías serán telemáticas e requirirán de cita previa
ESCENARIO 1
-Avaliación mediante exame final escrito sobre os contidos da programación docente na data fixada no calendario oficial de exames do centro. Computará o 60% na nota final.
-Avaliación mediante actividades (avaliación continua) consistentes na realización de Traballos-Problemas que computará o 20% na nota final.
-Avaliación mediante actividades (avaliación continua) consistentes na realización de dous controis que computarán o 20% na nota final.
-A cualificación final na primeira oportunidade será a máis alta entre: a do exame final e a resultante da suma ponderada do 60% da nota do exame final co 40% da nota da avaliación de actividades. A ponderación só procederá se no exame final se obtén unha cualificación igual ou superior ao 40% da cualificación máxima do exame.
-A cualificación mediante actividades (avaliación continua) conservarase na segunda oportunidade. A ponderación será a mesma que a feita na primeira oportunidade.
ESCENARIOS 2 e 3 (Plan de Continxencias no apartado Observacións)
O mesmo sistema de avaliación que no ESCENARIO 1 pero coas seguintes observacións:
-As actividades de avaliación que non poidan ser realizadas de xeito presencial, se non poden ser adiadas, realizaranse telematicamente a través das ferramentas institucionais en Office 365 e Moodle institucionais. Neste caso esixirase a adopción dunha serie de medidas que requirirán que o alumnado dispoña dun dispositivo con micrófono e cámara mentres non se dispoña dun software de avaliación axeitado.
-O alumnado pode ser chamado a unha entrevista para comentar ou explicar unha parte ou o total da proba.
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
ESCENARIO 1
Tempo estudo/Traballo persoal:
-Horas presenciais:
Expositiva/Interactiva: 32/24 horas
-Avaliación: 9 horas (exame e actividades)
-Horas non presenciais:
Teoría/Práctica: 50+35=85 horas
-Total volume de traballo: 150 horas
ESCENARIO 2 e 3
Considerando as horas de docencia telemática como horas "presenciais", a distribución de horas non presenta cambios.
ESCENARIO 1
-Recoméndase repasar os conceptos básicos de ondas recibidos na titulación.
-Recoméndase un estudo ao día da materia (teoría e exercicios) para o seu axeitado seguemento, así como non memorizar a materia senón atender á súa comprensión.
-Requisitos previos recomendados: Física Xeral I-II. Métodos Matemáticos I-VI e Optica I; asemade recoméndase estar matriculado da materia de Técnicas Experimentais III.
ESCENARIOS 2 e 3
Sen cambios
PLAN DE CONTIXENCIA ante un posible cambio de escenario
1) Obxectivos da materia
Sen cambios
2) Contidos da materia
Sen cambios
3) Bibliografía básica e complementaria
Sen cambios
4) Competencias
Sen cambios
5) Metodoloxía da ensinanza
ESCENARIO 2
As clases expositivas serán telemáticas, mantendo o horario oficial de clase, síncronas (ou asíncronas por diferentes causas que se comunicarán ao alumnado con anterioridade)
Nas clases interactivas parte da docencia se desenvolverá de xeito telemático. Así se as medidas adoptadas polas autoridades sanitarias o permiten, as clases interactivas desenvolveranse presencialmente respectando o horario oficial de clases aprobado polo centro, pero as clases expositivas desenvolveranse telematicamente (vía Teams e Campus Virtual con audios, vídeos, etc.)
Se a limitación de aforo ditado polas autoridades sanitarias non permite que todo o alumnado asista ás clases interactivas presenciais, estas retransmitiranse en streaming.
As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, e requirirán de cita previa.
ESCENARIO 3
A docencia será telemática e as clases desenvolveranse de forma síncrona no horario oficial de clase (vía Teams e Moodle). Pode ser que, por diferentes causas algunhas das clases se desenvolvan de forma asíncrona (vía videos en Teams, audios en Campus Virtual con audios, etc.) o que se comunicará ao alumnado con anterioridade
As titorías serán telemáticas e requirirán de cita previa.
6) Sistema de avaliación da aprendizaxe
ESCENARIOS 2 e 3
O mesmo sistema de avaliación que no ESCENARIO 1 pero coas seguintes observacións:
-As actividades de avaliación que non poidan ser realizadas de xeito presencial, se non poden ser adiadas, realizaranse telematicamente a través das ferramentas institucionais en Office 365 e Moodle institucionais. Neste caso esixirase a adopción dunha serie de medidas que requirirán que o alumnado dispoña dun dispositivo con micrófono e cámara mentres non se dispoña dun software de avaliación axeitado.
-O alumnado pode ser chamado a unha entrevista para comentar ou explicar unha parte ou o total da proba.
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
7) Tempo de estudos e de traballo persoal
Sen cambios
8) Recomendacións para o estudo da materia
Sen cambios
Xesus Prieto Blanco
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813506
- Correo electrónico
- xesus.prieto.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jesus Liñares Beiras
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813501
- Correo electrónico
- suso.linares.beiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Vicente Moreno De Las Cuevas
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813505
- Correo electrónico
- vicente.moreno [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Escola Universitaria
Gabriel María Carral López
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Correo electrónico
- gabrielmaria.carral.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula Virtual 3º |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula Virtual 3º |
Martes | |||
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula Virtual 3º |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula Virtual 3º |
Mércores | |||
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula Virtual 3º |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula Virtual 3º |
Xoves | |||
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula Virtual 3º |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Aula Virtual 3º |
31.05.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 3 (Informática) |
31.05.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 0 |
31.05.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 130 |
31.05.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 140 |
31.05.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
31.05.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 830 |
31.05.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 840 |
31.05.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 3 (Informática) |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 0 |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 130 |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 140 |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 830 |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 840 |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |