Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Orgánica
Áreas: Química Orgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ao final da materia espérase que o alumnado sexa capaz de demostrar comprensión e coñecemento de principios e teorías esenciais relacionadas cos compostos bioactivos. Ademais debe demostrar coñecer os procedementos de sínteses de compostos de interese biolóxico e ser capaz de abordar a síntese de compostos biológicamente activos de complexidade intermedia.
Tema 1. Síntese estereoselectiva. Concepto. Estratexias xerais: chiral pool, auxiliares quirais, reactivos quirais e catálise asimétrica. Grupos protectores.
Tema 2. Reducións asimétricas en síntese orgánica.
Tema 3. Oxidacións asimétricas en síntese orgánica.
Tema 4. Adicción nucleofílica a compostos carbonílicos.
Tema 5. Reacción Aldólica e análogas.
Tema 6. Formación de enlaces carbono-carbono por metais de transición. Reacción de Heck asimétrica. Reacción de Suzuki quiral: síntese de biarilo quiral. Reaccións de substitución alílicas catalizadas por Pd. Metatesis en síntese orgánica. Versión enantioselectiva.
Tema 7. Reaccións pericíclicas. Clasificación. Teoría de Orbitais Fronteira. Reaccións electrocíclicas. Regras de Woodward-Hoffmann. Aplicacións sintéticas.
Tema 8. Cicloadicións en síntese orgánica. Reacción de Diels-Alder. Reacciones Hetero-Diels-Alder. Reacciones de cicloadicción 1,3-dipolar.
Tema 9. Reaccións sigmatrópicas. Aplicacións sintéticas.
Tema 10. Estratexias xerais de síntese de moléculas orgánicas complexas. Exemplos clásicos e tendencias actuáis.
Bibliografía básica
ORGANIC CHEMISTRY. J. Clayden, N. Geeves, S. Warren. 2nd Ed. Oxford University Press. 2012.
CATALYSIS IN ASYMMETRIC SYNTHESIS. V. Caprio, J. M. J. Williams. 2nd Ed. Wiley. 2009.
ASYMMETRIC SYNTHESIS. Garry Procter. Oxford Science Publicactions, 1996.
Bibliografía complementaria
PRINCIPLES AND APPLICATIONS OF ASYMMETRIC SYNTHESIS. Guo-Qiang Lin, Yue-Ming Li, Albert S. C. Chan, WILEY, 2001.
PERICYCLIC REACTIONS: A MECHANISTIC AND PROBLEM SOLVING APPROACH. Kumar, Sunil Kumar, Vinod; Singh, S. P. Elsevier Academic Press, 2016.
TRANSITION METALS IN THE SYNTHESIS OF COMPLEX ORGANIC MOLECULES. L. S. Hegedus, University Science Books, 1994
Básicas e Xerais
CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos coma a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4 - Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito coma de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
Transversais
CT7 - Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar.
CT8 - Traballo nun contexto internacional.
CT9 - Habilidades nas relacións interpersoais.
CT10 - Razoamento crítico.
CT11 - Compromiso ético.
Específicas
CE4 - Tipos principais de reaccións químicas e as súas principais características asociadas.
CE11 - Relación entre propiedades macroscópicas e propiedades de átomos e moléculas individuais: incluíndo macromoléculas (naturais e sintéticas), polímeros, coloides e outros materiais.
CE12 - Estrutura e reactividade das principais clases de biomoléculas e a química dos principais procesos biolóxicos.
CE13 - Capacidade para demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química.
CE15 - Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
1. Clases presenciais (expositivas, clases de problemas e seminarios). A materia consta de 4.5 créditos-ECTS. En dita carga de traballo inclúense 36 horas presenciais (de asistencia a clase) que se dedican tanto a expositivas (14 horas) como a seminarios (20 horas), sen que exista unha división práctica entre ambas. Durante os seminarios o profesor e o alumnado resolverá os problemas propostos, o que permite ao profesor avaliar as capacidades e dificultades de cada un e mellorar a aprendizaxe.
Estas clases serán en aula cando nos atopemos no escenario 1 descrito pola nosa universidade, nos escenarios 2 e 3 desenvolveranse na plataforma Microsoft Teams.
2. Boletíns ou cuestionarios “on line” e traballos. Ao longo do curso e coincidindo aproximadamente co final de cada tema propoñeranse boletíns de problemas ou cuestionarios “on line”, que o alumno debe resolver e entregar de forma obrigatoria para a súa corrección como traballo persoal.
O longo dos seminarios o alumnado taménrealizara dous traballos avaliables:
1. O primeiro será a explicación da síntese dunha molécula complexa aos seus compañeiros empregando os medios dixitais presentes na clase (Este traballo podería realizarase en equipo, segundo a complexidade da síntese).
2. O segundo será un traballo individual do alumnos onde debera demostrar a súa habilidade e coñecemento na busca de información e a resolución de problema (sínteses, estudio dunha reacción, auxiliar quiral ou catalizador quiral). A realización deste traballo na súa casa permitiralle adquirir a destreza necesaria para o exame final. Por suposto, o alumno/a poderá consultar ao profesor calquera dúbida ou solicitar a súa axuda para a súa realización.
Os boletíns/cuestionarios/ exposicións dos trabalos asignados serán resoltos/ comentados na aula cando nos atopemos no escenario 1 e 2 descrito pola nosa universidades e no escenarios 3 desenvolveranse na plataforma Microsoft Teams.
O alumnado disporá de vídeos onde se resolvan os boletíns/cuestionarios despois de que se resolvan na clase para que poidan utilizalos posteriormente para o estudo da materia.
3. Titorías en grupo (2 horas): Ao longo do curso estarán planificadas unha titoría en grupos que se utilizasen para comentar e resolver todas as dúbidas en grupo procurando a maior participación do alumno/a.
Estas titorías en grupos serán en aula cando nos atopemos no escenario 1 descrito pola nosa universidade, nos escenarios 2 e 3 desenvolveranse na plataforma Microsoft Teams.
4. Titorías personalizadas: Nestas que se pretende levar a cabo un seguimento próximo do traballo desenvolvido por cada alumno. Para iso os boletíns/cuestionarios “on line” son unha ferramenta importante para o profesor e o propio alumno, xa que tralo seu corrección permitirannos unha visión próxima das debilidades e fortalezas na aprendizaxe de cada alumno. Ao final o profesor tratará de aclarar dúbidas e orientar o traballo persoal do alumno.
Estas titorías personalizadas realizaranse de xeito presencial ou virtual segundo o escenario no que nos atopemos ou pola preferencia do alumno/a salvo no escenario 3 que serán “on line” a través da plataforma Microsoft Teams.
5. Plataforma dixital (Moodle): A Universidade de Santiago de Compostela utiliza unha plataforma dixital na que o profesor fornecerá a información necesaria para o alumnado (arquivos PowerPoint, resumos e vídeos dos temas, boletíns e cuestionarios “on line”, avisos, etc) vía Internet. Nesta plataforma, tamén se habilitarán foros de discusión e un correo interno que facilita ao profesor e alumno a comunicación.
6. Microsoft Teams: A plataforma de videoconferencia grupal Microsoft Teams utilizarase para dar as clases expositivas, seminarios e titorías grupais en caso de escenarios 2 y 3. As titoría individualizadas faranse preferentemente por este medio.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O sistema de avaliación será continuado baseándose en tres puntos:
• Ao longo do curso coincidindo co final de cada tema propoñerase un boletín de problemas/cuestionario “on line”, que o alumno/a deberá resolver, entregar e/ou expoñer ao profesor nos seminarios para o seu corrección. A cualificación destes boletíns/cuestións constituirá o 10 % da nota final. Avaliarase tódalas competencias básicas (CG2, CG3, CG4 y CG5) e especificas (CE4, CE11, CE12, CE13 y CE15) representando respectivamente o 15% e 85% do valor da nota deste apartado.
Este material será entregado utilizando a plataforma do campus virtual da USC en todolos escenarios.
• Durante o curso académico propoñeráselle alumno/a dous traballos constituirá o 15 % da nota final (7.5 % cada uno), como xa se dixo:
1. o primeiro será a explicación da sínteses dunha molécula complexa aos seus compañeiros empregando os medios dixitais presentes na clase. No escenario 1 presencial ou mediante a plataforma Teams en caso de escenarios 2 e 3.
2. e o segundo será un traballo persoal do alumno/a onde debera demostrar a súa habilidade e coñecemento na busca de información e a resolución de problema (sínteses, estudio dunha reacción, auxiliar quiral ou catalizador quiral). Este traballo entregarase usando a plataforma do campus virtual.
En ambos avaliaranse tódalas competencias: básicas (CG2, CG3, CG4 y CG5 10% da nota deste apartado), transversais (CT7, CT9, CT10 y CT11 20% da nota deste apartado) e especificas (CE4, CE11, CE12, CE13 y CE15 70% da nota deste apartado). O alumno recibirá un informe detallado da súa avaliación continua antes da realización do exame onde aparecerá a súa nota desta sección.
• Para rematar, realizarase un exame final que incluirá todos os contidos do temas e dos traballos expostos na clase. Estes contidos se avaliaran utilizando cuestións teóricas e a creatividade do alumno na síntese orgánica. A nota de exame será o 70 % da nota final. O exame será presencial nos escenarios 1 e 2, no escenario 3 será “on line” a través da plataforma do campus virtual. Avaliarase tódalas competencias específicas (CE4,CE11, CE12, CE13 y CE15).
No caso de non superar a materia na Primeira Oportunidade, o estudante será avaliado na Segunda Oportunidade seguindo a mesma metodoloxía polo que resulta imprescindible que o alumnado asista as clases e seminarios facendo entrega dos traballos/cuestionarios solicitados xa continúan sendo do 30 % da cualificación tanto na primeira como na segunda oportunidade.
A cualificación do alumno non será inferior á nota do exame final nin á que resulta de ponderalo na avaliación continua.
Traballo presencial no aula:
Clases expositivas: 14
Clases interactivas de seminario: 20
Clases interactivas de titorías: 2
TOTAL DE HORAS DE TRABALLO PRESENCIAL NO AULA: 36 horas
Traballo persoal do alumno:
Estudo autónomo individual ou en grupo: 25 horas
Resolución de exercicios e outros traballos: 40 horas
Preparación de presentacións orais, escritas, elaboración de exercicios propostos, actividades en bibliotecas ou similares: 11,5 horas
TOTAL DE HORAS DE TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO: 76,5 horas
Na miña opinión, o alumno medio deberá dedicar 2-2.5 horas de estudo persoal por cada hora de clase presencial.
É aconsellable a asistencia ás clases expositivas.
É aconsellable manter o estudo da materia “ao día” para reforzar o estudado en clase e realizar exercicios (modelo de autoavaliación).
Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando as ecuacións, conceptos e reaccións básicas que se deben recordar.
A resolución de exercicios é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Para os exercicios que impliquen conceptos de esteroquímica aconséllase utilizar modelos moleculares
A materia impártese en galego e castelán.
Plan de Continxencia (resumo).
A docencia desenvolverase na modalidade do escenario 1 definido na instrución do Reitorado denominada Plan de Continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso académico 2021/22 e nas normas complementarias establecidas pola Facultade de Química, que supoñen impartir a docencia e realizar os exames en formato presencial. En caso necesario, adaptarase a modalidade do escenario 2, tamén definido polas antedichas instancias, para a que se contemplan dúas posibilidades: presencialidade física ao 100%, cando se trate de grupos reducidos, e/ou a organización docente o permíta; e combinación de 50% de presencialidad física e 50% telemática. Na modalidade combinada se subdividirán os grupos, que terán docencia presencial alterna, é dicir, a metade do alumnado estará na aula e a outra metade seguirá a clase vía M. Teams. Os exames serán realizados preferentemente en modalidade presencial.
Se as circunstancias así o determinarán, acudirase á modalidade escenario 3, de peche de instalacións, tamén definido na antedicha instrución do a Reitorado, adoptando as modalidades de impartición da docencia e de avaliación apropiadas para este escenario.
Antonio Rumbo Gómez
Coordinador/a- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- antonio.rumbo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
Martes | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Matemáticas (3º andar) |
19.01.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
19.01.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Analítica (2º andar) |
01.07.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Física (planta baixa) |