Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Expresión Gráfica da Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia ten como obxectivo principal proporcionar ao alumnado habilidades de razoamento espacial, así como ferramentas de expresión gráfica acordes coas novas tecnoloxías da información e coñecementos básicos sobre Normalización neste eido, que lle faciliten as operacións de deseño e representación de obxectos tridimensionais relacionados coa súa futura actividade profesional. Hai que dotar ao alumno/a, futuro/a enxeñeiro/a, dos coñecementos prácticos que lle permitan entenderse e expresarse nunha linguaxe gráfica, común ás distintas profesións técnicas.
Así, os contidos da materia de "CAD. Expresión Gráfica Aplicada" responden a unha meta primordial, que se formula con respecto a esta materia e ao seu bloque formativo: a de conseguir que o alumnado, ao finalizar os seus estudos, sexa capaz de elaborar e xestionar a documentación gráfica necesaria para a redacción dun proxecto da súa especialidade. Neste caso, e dacordo co recollido na Memoria da titulación, os resultados da aprendizaxe nesta materia deben centrarse no adestramento básico na utilización de AutoCAD, co obxectivo de adquirir os coñecementos necesarios para representar graficamente calquera proxecto.
Para chegar a alcanzar este obxectivo é necesario que o alumnado traballe as seguintes destrezas e habilidades, tanto de tipo xenérico (que deberan ser comúns e transversais a todas as materias) como específico:
XENÉRICAS:
a) Capacidade para a análise e a síntese.
b) Capacidade para aprender.
c) Capacidade para resolver problemas.
d) Capacidade para aplicar o coñecemento na práctica.
e) Capacidade para xerar novas ideas (creatividade).
f) Capacidade para a toma de decisións.
g) Capacidade para o traballo autónomo, xa sexa en grupo ou individualmente.
ESPECÍFICAS:
De tipo informativo:
a) O coñecemento de programas de DAO ou CAD como ferramenta rápida e precisa para resolver os problemas de trazados xeométricos de uso habitual nos debuxos da especialidade e para a confección de bases documentais no ámbito das enxeñarías.
b) O coñemento estruturado dun programa universal de CAD para a resolución de problemas espaciais e para a confección de bases documentais no ámbito das enxeñarías.
c) O coñecemento racional e dedutivo dos fundamentos da Xeometría que permitan resolver os problemas de trazados xeométricos planos de uso habitual nos debuxos da especialidade.
d) O coñecemento aplicado dos principais Sistemas de Representación, dos seus fundamentos e técnicas, con especial dedicación aos Sistema Diédrico, Axonométrico e de Planos Acoutados.
e) O coñecemento básico da Normalización en xeral e das normas de aplicación ao Debuxo Técnico no ámbito profesional da enxeñaría.
f) O coñecemento da estruturación da documentación gráfica dun proxecto.
De tipo formativo:
a) A adquisición e fortalecemento de visión e comprensión espacial.
b) A adquisición de destreza no manexo das ferramentas informáticas aplicadas á expresión gráfica, co fin de obter unha boa representación da realidade.
c) A adquisición de capacidade para a interpretación de calquera dos principais Sistemas de Representación, e para facer representacións nos Sistemas Diédrico, Axonométrico e de Planos Acotados empregando as novas tecnoloxías.
d) A adquisición de capacidade de análise e resolución de problemas gráficos.
e) A adquisición de destreza no manexo dos instrumentos de debuxo e precisión e de hábitos de pulcritude, co fin de obter unha boa calidade dos trazados.
f) A utilización do debuxo a man alzada como instrumento de análise espacial.
Todo isto concorda co recollido na Orde Ministerial CIN/324/2009, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Forestal, que establece literalmente que o alumnado, na súa formación, debe adquirir “capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de Xeometría Métrica e Xeometría Descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por computador”.
A Memoria do Título contempla para esta materia os seguintes contidos:
- Debuxo técnico en 2D.
- Introdución ao Deseño en 3D.
- Presentación e ploteado.
- Aplicación práctica con distintos programas de CAD.
Estes contidos teóricos e prácticos da materia mistúranse ao longo das clases interactivas, que será a única modalidade, xunto coas titorías en grupo, de clases para o alumnado.
Elíxese un programa de CAD, neste caso o coñecido e ampliamente empregado no mundo da enxeñaría AutoCAD, para o desenvolvemento xeral da materia. Farase en cada tema unha introdución ao seu manexo con respecto aos contidos, e logo resolveranse unha serie de exercicios de aplicación do programa no eido da enxeñaría. Non obstante, empregaranse outros programas de CAD (preferentemente de software libre) nalgunha das partes do desenvolvemento da materia.
Son os temas seguintes os que aglutinan eses contidos esenciais e necesarios para superar esta materia; constitúen ao mesmo tempo, polo seu carácter interactivo, a súa programación práctica (que se desenvolverá nas 36 horas interactivas da materia) :
1.- Interfaz. Introdución de comandos e datos (4 horas).
2.- Presentacións, textos e escalas (4 horas).
3.- Comandos de debuxo (4 horas).
4.- Comandos de modificación e consulta (4 horas).
5.- Acoutamento (2 horas).
6.- Manexo de imaxes (2 horas).
7.- Bloques e atributos (2 horas).
8.- Execución de planos (2 horas).
9.- Trazado (1 hora).
10.- Modelado 3D (7 horas).
11.- Aplicación ao ámbito forestal (4 horas).
En calquera caso, o seu desenvolvemento temporal non se axustará estrictamente a este esquema, xa que se vai dar unha visión integrada do programa e da súa aplicación que conleva a necesidade de misturar estes contidos, sobre todo a medida que se avanza na materia.
Bibliografía básica:
Félez, J. e outros. Fundamentos de Ingeniería Gráfica. Sintesis. Madrid, 1996
Montaño de la Cruz, F. AutoCAD 2016. Guía Práctica. Anaya Multimedia. 2015
Montaño de la Cruz, F. AutoCAD 2020. Guía Práctica. Anaya Multimedia. 2019
Bibliografía de consulta (complementaria):
Mora Navarro, J.G. AutoCAD aplicado a la Ingeniería Civil. Editorial de la UPV. Valencia, 2009
Mora Navarro, J.G. AutoCAD aplicado a la Topografía. Editorial de la UPV. Valencia, 2007
Reyes Rodríguez A.M.; Montaño de la Cruz, F. AutoCAD Práctico: 130 ejercicios definitivos. Anaya Multimedia. 2012
Reyes Rodríguez A.M. AutoCAD 2019 (Manual imprescindible). Anaya Multimedia. 2019
Zurita; Herráez; Arias. Modelado gráfico del terreno. Explanaciones. Servicio de Publicaciones E.P.S.
Para o desenvolvemento da materia, o Centro tamén proporcionará ao alumnado diferentes recursos, entre os que cabe destacar licencias de software de distintos programas de Deseño Asistido por Ordenador (AutoCAD …) co correspondente hardware.
Asimesmo, o alumnado contará ao inicio de cada sesión práctica cos exercicios a desenvolver na mesma, cun guión detallado dos pasos a seguir.
A materia de CAD. Expresión Gráfica Aplicada constitúe coa materia de formación básica Expresión Gráfica na Enxeñaría, que o alumnado cursou en 1º, un módulo ou bloque formativo de Expresión Gráfica, de grande interese para o cumprimento dos obxectivos globais da titulación.
Nestas materias o alumnado adquirirá e practicará as seguintes competencias xerais, básicas e específica, que aparecen dentro do cadro de competencias que se deseñou para o conxunto da titulación e que aparecen na Memoria verificada do título, e que como xa se apuntou, concorda co recollido na Orde Ministerial CIN/324/2009, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Forestal:
Competencias xerais:
- CG1: Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, químicos, físicos, matemáticos e dos sistemas de representación necesarios para o desenvolvemento da actividade profesional, así como para identificar os diferentes elementos bióticos e físicos do medio forestal e os recursos naturais renovables susceptibles de protección, conservación e aproveitamentos no ámbito forestal.
- CG13: Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans, así como para redactar informes técnicos, memorias de recoñecemento, valoracións, peritaxes e taxacións.
Competencias básicas:
- CB1: Que o estudantado teña demostrado posuir e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e sóese atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo.
- CB2: Que o estudantado sepa aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
- CB3: Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
- CB4: Que o estudantado poda transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
- CB5: Que o estudantado teña desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencia específica (asociada ao conxunto do bloque formativo):
- CEFB2: Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de Xeometría Métrica e Xeometría Descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por computador.
Asimesmo, en concordancia co recollido no apartado dos obxectivos da materia en canto as destrezas e habilidades a desenvolver no alumnado, establécense como competencias transversais a traballar nesta materia as seguintes:
- CT1: Capacidade de análise e síntese.
- CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
- CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
- CT4: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
- CT5: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
- CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
- CT7: Capacidade para realizar unha exposición en público en forma clara, concisa e coherente.
- CT8: Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
A metodoloxía e actividades a desenvolver na materia de "CAD. Expresión Gráfica Aplicada" adáptanse ás esixencias do Espazo Europeo de Educación Superior. Neste sentido, a distribución entre as diferentes actividades dos 4’5 ECTS desta materia que se presenta a continuación (con 112’5 horas de dedicación total), amosa como o traballo autónomo do estudantado convírtese no protagonista da súa aprendizaxe:
- Clases interactivas = 36 horas presenciais (+ 54 horas de traballo autónomo = 90)
- Titorías en grupo = 2 horas presenciais (+ 4 horas de traballo autónomo = 6)
- Titorías libres = 2 horas presenciais
- Exames = 3 horas presenciais (+ 10'5 de traballo autónomo = 13'5)
- Revisión de exames = 1 hora presencial
Totais: 44 horas presenciais + 68'5 horas de traballo autónomo = 112'5 horas
Aparecen pois uns factores que expresan a relación entre a presencialidade e o traballo autónomo do estudantado que requiren as actividades mencionadas. Así, por exemplo, por cada hora presencial nas clases interactivas, o alumnado deberá dedicar unha e media, fora das aulas, a completar os apuntamentos correspondentes aos diferentes temas tratados, a rematar as prácticas iniciadas ou a aplicar o aprendido a novas situacións.
Deste xeito, a metodoloxía empregada nesta materia obedece a unha serie de actividades que, polo seu carácter participativo, se adaptan ao sistema proposto no EEES, co claro protagonismo do traballo autónomo do alumnado antes mencionado.
Concretamente, a docencia da materia baséase nas seguintes actividades, traballando en todas elas as competencias xerais e específica CG1, CG13 e CEFB2, as básicas CB1, CB2, CB3, CB4 e CB5, e tamén, especialmente nas catro últimas, as transversais CT1, CT2, CT3, CT4 e CT5 recollidas nesta Guía, e en menor medida as CT6, CT7 e CT8 polo tipo de traballo que se desenvolve nesta materia:
- Clases interactivas ou prácticas con computadora en grupos cun máximo de 20 persoas (impartidas nas aulas de debuxo e informática, para resolver exercicios relacionados cos diferentes contidos da materia). Algunhas destas prácticas poderán estar ligadas a posibles traballos relacionados con proxectos de enxeñaría ou cos Traballos Fin de Grao do alumnado matriculado na materia.
- Titorías en grupo cun máximo de 10 persoas (realizadas tamén na aula de informática, para tratar asuntos relacionados coa materia que requiran dunha maior atención personalizada).
- Titorías libres (atendidas no despacho do profesor, na aula se son de xeito colectivo, ou a través do Curso aberto da materia no Campus Virtual da USC, para tratar de resolver todas as dúbidas que sobre a materia vaian xurdindo ao longo do curso).
- Exame dos contidos e da aplicación práctica dos coñecementos adquiridos.
- Revisións voluntarias (e recomendadas) dos exercicios de exame.
- Apoio na rede cun Curso aberto para esta materia no Campus Virtual da USC.
Toda esta metodoloxía descrita corresponderíase co Escenario-1 de “Normalidade adaptada”, recollido nas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura” para o curso 2020-2021 dictadas pola USC, e que contemplan a docencia íntegramente presencial nese caso.
Para o Escenario-2 de “Distanciamento”, onde a docencia presencial conviviría coa virtual dacordo con esas mesmas Directrices, ao ser unha materia sen docencia expositiva, manteríase a presencialidade da súas clases, e se a Dirección do Centro o cre conveniente, podería pasarse algunha das sesións interactivas á docencia virtual a través de ferramentas síncronas de comunicación entre profesorado e alumnado.
Esta sería a metodoloxía empregada no caso do Escenario-3 de “Peche de instalacións”, onde as clases presenciais levadas a cabo en condicións normais nas aulas de informática do Centro, seguirían facéndose a través de videoconferencia, nas mesmas sesións programadas no horario da materia, a través da ferramenta corporativa Microsoft TEAMS e coa pantalla compartida por parte do profesor. Este daría as explicacións necesarias para a resolución dos problemas presentados en cada práctica, dacordo cos contidos a desenvolver en cada sesión atendendo á planificación da materia.
Para levar a cabo esta adaptación en función da evolución da pandemia derivada da Covid-19 nos próximos meses, o alumnado debera contar con equipos informáticos persoais e as ferramentas de software necesarias para afrontar a situación con garantías.
Nestas circunstancias marcadas polo Escenario-3 (e naqueles casos nos que se aplique no Escenario-2), as sesións síncronas de videoconferencia a través de TEAMS non ocuparían a totalidade do tempo das presenciais, segundo o horario, de catro horas de duración. Previsiblemente terían unha duración dunhas dúas horas para as explicacións do profesor e serían abertas para que o alumnado interveña cando o considere oportuno. Deste xeito, o alumnado disporá dun tempo posterior para resolver autonomamente os exercicios de cada práctica, facendo o seu envío nun prazo establecido a través dos espazos facilitados no Campus Virtual da materia (algo que tamén se faría nas sesións presenciais, pero permitíndolles o envío ao final da clase).
O profesor recibirá estes envíos e fará a súa corrección e posteriores comentarios, individuais ou grupais, a través dese mesmo Campus Virtual, como tamén fará no caso do Escenario-1. Asimesmo, tamén continuará propoñendo actividades complementarias en cada práctica, que o alumnado terá que resolver e enviar nos prazos establecidos para a súa corrección e comentarios, independentemente do Escenario no que nos atopemos.
En canto ás consultas por parte do alumnado e ás titorías, de non poder facerse presencialmente ante un Escenario-3 ou incluso un Escenario-2, o emprego dun foro específico no Campus Virtual da materia, xunto co correo electrónico e ata un posible grupo de whatsapp creado para a ocasión, permitirán ao alumnado o contacto case permanente co profesor. Por suposto, estas formas de comunicación tamén poderían utilizarse puntualmente de estar no Escenario-1.
O debuxo é un xeito fundamental de expresión para o enxeñeiro e o Debuxo Técnico Asistido por Ordenador que se aborda nesta materia é unha potente ferramenta de traballo neste sentido. Polo tanto, a cualificación do alumnado debera reflectir o nivel adquirido na formación necesaria para a súa correcta utilización.
Así, en todos os exercicios, xa sexan de Prácticas ou de Exame, valoraranse dous aspectos:
1º.- Os coñecementos, a capacidade de resolución e a visión espacial.
2º.- A precisión, a lexibilidade e a pulcritude na resolución e presentación do exercicio.
Deste xeito, a cualificación obtida na corrección do procedemento e resultados dun exercicio, poderá ser rebaixada ata un 30% por mala calidade da presentación ou por pouca precisión no debuxo.
A avaliación da aprendizaxe do alumnado, e polo tanto a forma de medir se adquiriu as competencias xerais e específica marcadas para esta materia, basearase nun proceso de avaliación continua que levará aparellado un sistema de seguimento e exame final (de carácter eminentemente práctico e coa posible utilización de material de apoio) ao longo do curso. A continuación expóñense as súas principais características:
Para a cualificación final da materia, en xuño ou en xullo, terase en conta, ademais do exame que se describe a continuación, a asistencia ás clases interactivas e a participación activa nas mesmas (cunha achega do 20% da nota) e a realización e presentación do conxunto dos exercicios das prácticas, tanto as desenvoltas nas clases interactivas (que se irán entregando ao rematar cada sesión) como as complementarias que se propoñan (que suporán en conxunto un 30% da nota da materia). Neste sentido, recórdase que as clases, presenciais ou telepresenciais, segundo o Escenario no que nos atopemos no momento da impartición desta materia, teñen “carácter obrigatorio” e polo tanto, levarase un control estrito de asistencia.
EXAME FINAL (primeira oportunidade da convocatoria en curso):
Ao rematar o segundo semestre, no mes de maio ou de xuño (en data oficial fixada polo Centro), realizarase unha proba ou exame final (cunha achega do 50% da nota da materia).
Todo o alumnado deberá realizar obrigatoriamente este exame, que forma parte da avaliación continua da materia.
Coa superación deste exame, que se cualificará sobre 5 puntos, podería aprobarse a materia, sempre e cando haxa unha asistencia regular ás clases e se tiveran entregado os exercicios das prácticas.
Non obstante, a non superación do mesmo (é dicir, non ter chegado aos 2´5 puntos) non significa que non se poda acadar ese aprobado na materia. Pódese obter o aprobado coa axuda das notas correspondentes á asistencia e á realización dos exercicios das prácticas (sempre e cando se alcancen uns mínimos no exame, que se sitúan na obtención de polo menos un 2 sobre os 5 puntos, aínda que este requeremento poderá modificarse en función do contexto e sempre favorablemente para o alumnado).
EXAME DE XUÑO-XULLO (segunda oportunidade da convocatoria en curso):
No caso de non aprobar a materia na oportunidade anterior, na seguinte (na de xuño-xullo) o alumnado realizará un novo exame de recuperación de toda a materia, coas mesmas condicións esixidas para o exame final.
No caso de non superarse o exame nesta convocatoria, poderá aprobarse a materia seguindo os mesmos criterios expresados para a anterior.
En ambos casos, e como xa se sinalou, a nota dos exames (cun máximo de 5 puntos) incrementarase coa asistencia e participación nas clases (ata un máximo de 2 puntos) e coa entrega dos exercicios das prácticas da materia (ata un máximo de 3 puntos), sempre e cando se cumpran os requisitos mínimos esixidos para aqueles,
Concluíndo, a superación da materia (en 1ª ou 2ª oportunidade) require acadar 5 puntos sobre 10, tendo en conta que o exame supón un 50% da nota, a asistencia e participación nas clases un 20% e a realización e entrega dos exercicios das prácticas de clase e complementarias un 30%. En calquera caso, inicialmente é imprescindible sacar como mínimo 2 puntos sobre 5 no exame da materia para poder ter en conta os outros criterios de avaliación (salvo que se produza a rebaixa que se comentou anteriormente).
Todas estas compoñentes servirán para avaliar conxuntamente as competencias CG1, CG13 e CEFB2, relacionadas con esta materia. En canto ás competencias básicas (CB1, CB2, CB3, CB4, CB5) e transversais (CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8) recollidas nesta Guía, serán traballadas ao longo do desenvolvemento docente da materia, sen ser sometidas a un proceso de avaliación específico para comprobar a súa consecución.
No caso do alumnado non matriculado por primeira vez na materia por non tela superada previamente, se ten feitos e entregados os exercicios das prácticas, só terá que facer o exame final, e neste caso, terá que aprobalo (obtendo máis de 2'5 puntos sobre 5), sendo a nota final da materia o dobre da acadada neste exame (na súa primeira ou segunda oportunidade). Se non ten feitas as prácticas, tería que facelas, sendo os criterios de avaliación empregados os dos matriculados por primeira vez.
O alumnado que teña concedida unha dispensa de asistencia será avaliado tendo só en conta a nota do exame final, que se multiplicará por dous para obter a nota da materia. En calquera caso, daráselle a posibilidad de que vaia facendo as prácticas propostas pola súa conta, co apoio das titorías, para un posterior envío e corrección por parte do profesor (que lle axude a ir adquirindo as competencias relacionadas coa materia). Este traballo autónomo podería axudar a mellorar a nota final do alumnado nestas circunstancias ata un máximo de 1 punto sobre 10.
O Sistema de avaliación descrito con detalle neste apartado para o Escenario-1 de normalidade, manteríase no caso de atoparnos nos outros dous Escenarios contemplados nas Directrices da USC, tendo en conta dúas salvedades:
A primeira, que a valoración da presencialidade nas prácticas (que supón un 20% da nota final da materia) pasaría a referirse á participación nas sesións virtuais, ou á combinación de ambas no caso de ter sesións de ambos tipos polo cambio de Escenario ao longo do desenvolvemento da materia (ou optarse por este modelo no Escenario-2, no caso de que o Centro o considere oportuno).
E a segunda, que a proba final de 1ª ou 2ª oportunidade (que supón un 50% da nota final da materia) fariase igualmente, pero de xeito non presencial, tanto no Escenario-2 como no Escenario-3. Empregando o Campus Virtual e con comunicación a través de Microsoft TEAMS, desenvolveríanse estas probas telematicamente con todas as garantías para o alumnado.
Dicir por último que ante a realización fraudulenta destas probas telemáticas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC, como no caso de seren presenciais.
Co sistema de créditos ECTS, aparte da asistencia ás clases interactivas (36 horas ao longo do semestre, catro por semana durante 9 semanas), ás titorías en grupo (2 horas en todo o semestre) e ás titorías individuais (as veces que desexe ao longo do curso), o alumnado deberá dedicarlle ao "asentamento" do aprendido e á resolución dos exercicios das prácticas e doutros fora da clase, unha media de 4 ou 5 horas semanais. Deste xeito, as horas dedicadas á materia axustaríanse, máis ou menos, ao previsto:
4’5 créditos ECTS x 25 horas crédito = 112’5 horas de dedicación
36 horas interactivas + 2 horas de titorías en grupo = 38 horas
Outras horas presenciais de carácter obrigatorio = 3 horas (exame)
112’5 - 38 - 3 = 71’5 horas de traballo autónomo
71’5 horas / 15 semanas do semestre = 4,8 horas por semana
Aínda que a adquisición da visión espacial e da destreza na representación gráfica, incluso co emprego de ferramentas informáticas, poden ter unha compoñente inherente á persoa que facilite a súa aprendizaxe, o certo é que ambas habilidades requiren dun traballo constante, en calquera dos Escenarios no que nos atopemos, para que poidan ser desenvoltas con garantía de éxito na consecución dos obxectivos marcados nesta materia.
É importante a asistencia a todas as clases da materia, presenciais ou virtuais se fose o caso, como instrumento para fortalecer a aprendizaxe do alumnado. Nelas vai desenvolver o aprendido e vai ser consciente do nivel que vai adquirindo e das súas limitacións, sempre coa axuda e o apoio do profesor. Co complemento das titorías, en grupo e individuais, superará calquera dificultade que se lle poda presentar.
En calquera caso, non se trata de memorizar definicións e procedementos, senon de resolver problemas reais relacionados coa titulación, empregando para elo as ferramentas que nos proporciona o Debuxo Técnico Asistido por Ordenador. E estas habilidades, que poden resultar máis doadas para unhas persoas que para outras como xa se apuntou, adquírense coa práctica e o traballo constante e persoal ao longo do curso.
Dicir por último que é recomendable ter superada previamente a materia de formación básica "Expresión Gráfica na Enxeñaría", que o alumnado cursou en 1º.
A impartición desta materia farase en galego.
PLAN DE CONTINXENCIA
Metodoloxía da ensinanza:
A metodoloxía descrita con detalle no apartado correspondente desta Guía Docente referiríase ao Escenario-1 de “Normalidade adaptada”, recollido nas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura” para o curso 2020-2021 dictadas pola USC, e que contemplan a docencia íntegramente presencial nese caso.
Con respecto aos outros dous Escenarios, tamén nese mesmo apartado desta Guía, fíxose o seguinte engadido:
Para o Escenario-2 de “Distanciamento”, onde a docencia presencial conviviría coa virtual dacordo con esas mesmas Directrices, ao ser unha materia sen docencia expositiva, manteríase a presencialidade da súas clases, e se a Dirección do Centro o cre conveniente, podería pasarse algunha das sesións interactivas á docencia virtual a través de ferramentas síncronas de comunicación entre profesorado e alumnado.
Esta sería a metodoloxía empregada no caso do Escenario-3 de “Peche de instalacións”, onde as clases presenciais levadas a cabo en condicións normais nas aulas de informática do Centro, seguirían facéndose a través de videoconferencia, nas mesmas sesións programadas no horario da materia, a través da ferramenta corporativa Microsoft TEAMS e coa pantalla compartida por parte do profesor. Este daría as explicacións necesarias para a resolución dos problemas presentados en cada práctica, dacordo cos contidos a desenvolver en cada sesión atendendo á planificación da materia.
Para levar a cabo esta adaptación en función da evolución da pandemia derivada da Covid-19 nos próximos meses, o alumnado debera contar con equipos informáticos persoais e as ferramentas de software necesarias para afrontar a situación con garantías.
Nestas circunstancias marcadas polo Escenario-3 (e naqueles casos nos que se aplique no Escenario-2), as sesións síncronas de videoconferencia a través de TEAMS non ocuparían a totalidade do tempo das presenciais, segundo o horario, de catro horas de duración. Previsiblemente terían unha duración dunhas dúas horas para as explicacións do profesor e serían abertas para que o alumnado interveña cando o considere oportuno. Deste xeito, o alumnado disporá dun tempo posterior para resolver autonomamente os exercicios de cada práctica, facendo o seu envío nun prazo establecido a través dos espazos facilitados no Campus Virtual da materia (algo que tamén se faría nas sesións presenciais, pero permitíndolles o envío ao final da clase).
O profesor recibirá estes envíos e fará a súa corrección e posteriores comentarios, individuais ou grupais, a través dese mesmo Campus Virtual, como tamén fará no caso do Escenario-1. Asimesmo, tamén continuará propoñendo actividades complementarias en cada práctica, que o alumnado terá que resolver e enviar nos prazos establecidos para a súa corrección e comentarios, independentemente do Escenario no que nos atopemos.
En canto ás consultas por parte do alumnado e ás titorías, de non poder facerse presencialmente ante un Escenario-3 ou incluso un Escenario-2, o emprego dun foro específico no Campus Virtual da materia, xunto co correo electrónico e ata un posible grupo de whatsapp creado para a ocasión, permitirán ao alumnado o contacto case permanente co profesor. Por suposto, estas formas de comunicación tamén poderían utilizarse puntualmente de estar no Escenario-1.
Sistema de avaliación da aprendizaxe:
O Sistema de avaliación continua descrito con detalle neste apartado desta Guía Docente está deseñado para o Escenario-1 de normalidade, pero en calquera caso manteríase para os outros dous Escenarios contemplados nas Directrices da USC, tendo en conta dúas salvedades recollidas tamén nese apartado específico:
A primeira, que a valoración da presencialidade nas prácticas (que supón un 20% da nota final da materia) pasaría a referirse á participación nas sesións virtuais, ou á combinación de ambas no caso de ter sesións de ambos tipos polo cambio de Escenario ao longo do desenvolvemento da materia (ou optarse por este modelo no Escenario-2, no caso de que o Centro o considere oportuno).
E a segunda, que a proba final de 1ª ou 2ª oportunidade (que supón un 50% da nota final da materia) fariase igualmente, pero de xeito non presencial, tanto no Escenario-2 como no Escenario-3. Empregando o Campus Virtual e con comunicación a través de Microsoft TEAMS, desenvolveríanse estas probas telematicamente con todas as garantías para o alumnado.
Tamén se fixo mención nese apartado a que ante a realización fraudulenta destas probas telemáticas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC, como no caso de seren presenciais.
Francisco Javier Lopez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Expresión Gráfica da Enxeñaría
- Teléfono
- Ext.23211
- Correo electrónico
- franciscojavier.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Colaborador
Venres | |||
---|---|---|---|
10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula de Informática 6 (Pav.II-PBS) |
08.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 6 (Pav.II-PBS) |
07.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 6 (Pav.II-PBS) |