Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
Compoñente teórico:
- Comprensión xeral da natureza e importancia da tecnoloxía multimedia como compoñente indispensable na sociedade da información, especialmente onde a expresividade e visualización dos datos son fundamentais.
- Coñecemento dos conceptos, modelos e técnicas de procesamento de datos multimedia, formatos básicos de datos, métodos de compresión, modelos de hipertexto, interfaces multimedia clásicos,...
Compoñente práctico:
- Coñecemento das fases de desenvolvemento dun proxecto de información multimedia (texto, imaxe, son, vídeo,...). Dominio do manexo de dispositivos multimedia como cámaras dixitais, escáners,...
- Práctica no desenvolvemento dunha aplicación Web dentro dun contorno de desenvolvemento comercial. Familiarización coa terminoloxía técnica, principais produtos e compoñentes fundamentais da información multimedia.
TEORÍA
1. Introdución á multimedia e conceptos básicos
1.1. Que é a multimedia?
1.2. Tipos de información que podemos encontrar nun sistema multimedia
1.3. Tipos de medios
1.4. Características dos sistemas multimedia
1.5. Ámbitos de aplicación
1.6. Algúns exemplos de aplicacións multimedia
1.7. Software de creación
1.8. Hardware multimedia xenérico
2. Texto
2.1. Introdución
2.2. Estándares de texto
2.3. Estándares orientados a contidos web
2.4. Estándares de descrición de documentos
2.5. Outros estándares
2.6. Aspectos tecnolóxicos referidos ao texto
2.7. Ferramentas para tratamento do texto
3. O son
3.1. Introdución
3.2. Principios do son
3.3. Características do son
3.4. Hardware para son
3.5. Dixitalización do son
3.6. Edición de son dixital
3.7. Tarxetas de son
3.8. Formatos de arquivos de son
3.9. Son en Internet
3.10. Ferramentas para o tratamento do son
4. Imaxe
4.1. Introdución
4.2. Conceptos básicos dos gráficos por ordenador
4.3. Modelos de cor
4.4. Natureza dos gráficos por ordenador
4.5. Características dos programas de gráficos 2D
4.6. Compresión
4.7. Formatos de arquivos gráficos e estándares
4.8. Hardware para a obtención de imaxes
4.9. Ferramentas para o tratamento de imaxes
5. Animación por ordenador
5.1. Introdución
5.2. Conceptos básicos
5.3. Primeiros fitos na historia da animación
5.4. Animación tradicional aplicada á animación por ordenador
5.5. Técnicas de animación por ordenador
5.6. Formatos básicos de arquivos de animación
5.7. Animación en Internet
5.8. Ferramentas para a creación de animacións
6. Vídeo
6.1. Introdución
6.2. Breve historia do vídeo doméstico
6.3. Vídeo analóxico
6.4. Vídeo dixital
6.5. Hardware para vídeo
6.6. Compresión de vídeo
6.7. Proceso de creación de vídeo
6.8. Edición de vídeo
6.9. Vídeo en Internet
6.10. Ferramentas para o tratamento de vídeo
7. Desenvolvemento dunha aplicación multimedia
7.1. Concepto e planificación
7.2. Deseño e prototipo
7.3. Produción
7.4. Probas
7.5. Duplicación e distribución
7.6. Seguimento
PRÁCTICAS
1. Edición e compresión de son
2. Edición e compresión de vídeo
3. Desenvolvemento multimedia
Bibliografía básica:
Counts, Jr., Edward L. Multimedia Design and Production for students and teachers. 1st Edition, Pearson Education, Inc., 2004. ISBN: 0-205-34387-2.
Steinmetz, Ralf; Nahrstedt, Klara. Multimedia Fundamentals, Volume 1: media coding and content processing. 2nd Edition, IMSC Press Multimedia Series. Prentice Hall, Inc., 2002. ISBN: 0-13-031399-8.
Faúndez Zanuy, Marcos. Tratamiento digital de voz e imagen y aplicación a la multimedia. Barcelona : Marcombo, 2000. ISBN: 84.267-1244-4.
Vaughan, Tay. Multimedia: Making It Work. 9th Edition, McGraw-Hill Education, 2014. ISBN: 0071748466
Bibliografía complementaria:
Luther, Atch C. Principles of Digital Audio and Video. 1st Edition, Artech House Books, 1997. ISBN: 0-89006-892-5
England, Elaine; Finney, Andy. Managing Multimedia. Project Management for Web and Convergent Media. Book 1: People and Processes. 3rd Edition, Addison Wesley, 2001. ISBN: 0-201-72898-2.
England, Elaine; Finney, Andy. Managing Multimedia. Project Management for Web and Convergent Media. Book 2: Technical issues. 3rd Edition, Addison Wesley, 2001. ISBN: 0-201-72899-0.
Barz, Hans W.; Bassett, Gregory A. Multimedia Networks: Protocols, Design and Applications. 1st edition, Wiley-Blackwell, 2016. ISBN: 111909013X
Gitner, Seth. Multimedia Storytelling for Digital Communicators in a Multiplatform World. 1st Edition, Routledge, 2015. ISBN: 0765641321
Friedland, Gerald; Jain, Ramesh. Multimedia Computing. 1st Edition, Cambridge University Press, 2014. ISBN: 0521764513
Contribuir:
- a acadar as competencias da memoria do título de Grao en Enxeñería Informática da USC (CG3, CG8, CG9, TR1, TR2, TR3, RI13, RI17, TI6)
- Obtención dunha visión xeral do mundo da multimedia, abarcando tanto os conceptos básicos como os distintos sistemas e contornas multimedia utilizados para mostrar a información.
- Coñecemento dos conceptos, modelos e técnicas de procesamiento de datos multimedia: formatos básicos de datos, métodos de compresión, modelos de hipertexto, interfaces multimedia clásicos, ...
- Coñecemento das fases de desenvolvemento dun proxecto de información multimedia.
- Dominio de técnicas de recolleita, digitalización e procesamiento de contidos multimedia (texto, imaxe, son, vídeo, ...).
- Ser capaz de realizar o procesamiento digital de imaxes e secuencias de vídeo mediante a implementación de algoritmos novos ou xa existentes.
- Desenvolver aplicacións que manipulen tipos de datos diversos (imaxes, gráficos, etc.).
- Utilizar unha contorna de programación e librerías para utilizar e implementar as técnicas máis importantes utilizados nas aplicacións de tratamento de imaxes, gráficos e multimedia.
-Exposicións orais dos contidos teóricos fomentando a atención dos alumnos mediante curiosidades e/ou anécdotas relacionadas coa materia. CG3, CG8
-Desenvolver o temario seguindo unha orde ascendente na complexidade dos contidos. CG8
-Propoñeranse seminarios preparados polos alumnos, en grupos reducidos, sobre temáticas relacionadas co temario de forma que o complementen partindo de diferentes premisas definidas polo profesor. CG8, CG9, TR1, TR2, TR3, RI13, TI6
-Realizaranse exercicios prácticos que lles permitan levar á práctica os coñecementos teóricos aprendidos utilizando o hardware e software idóneos. CG8, TR1, TR3
- Os alumnos desenvolverán de forma individual un proxecto multimedia completo de temática libre no que usarán os coñecementos adquiridos ao longo do curso. CG3, CG8, CG9, TR1, TR2, TR3, RI13, RI17, TI6
-Conectar os coñecementos de cada tema cos demais para reflectir as relacións entre os distintos elementos presentes nunha aplicación multimedia. CG3, CG8
-Farase uso da plataforma de e-learning da USC. RI13
40% exame teórico +50% proxecto práctico +10% Traballo individual
O traballo individual consistirá na presentación dun informe escrito e defendido en público sobre un tema seleccionado entre un conxunto proposto polo profesor ou un tema formulado polo alumno e aprobado polo profesor.
O proxecto práctico do curso é a realización dun DVD de temática libre no cal se incluirá texto, imaxes, audio e vídeo, etc. A avaliación deste proxecto será:
Sistema desenvolvido: 90%
Informe do traballo: 10%
1ª OPORTUNIDADE
A entrega do proxecto práctico será como límite o día de realización do exame teórico. A entrega do proxecto práctico será única e utilizarase para a avaliación da 1ª e/ou 2ª oportunidade. A nota do proxecto práctico será definitiva sen posibilidade de recuperación.
En caso de aprobar o exame teórico e non entregar o proxecto práctico, manterase a nota do exame para a 2ª oportunidade.
2ª OPORTUNIDADE
A entrega do proxecto práctico será como límite o día de realización do exame teórico se non se entregou na 1ª oportunidade.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
40% exame teórico +60% proxecto práctico.
O alumno ten que poñerse en contacto co profesor a principio do curso académico para que lle sexa asignado un proxecto práctico que terá que entregar o día do exame teórico.
En todas as convocatorias a mínima admisible no exame teórico e o proxecto práctico é de 4 sobre 10.
O traballo individual é opcional.
Considerarase a condición de NON PRESENTADO só aos alumnos que non realicen o exame teórico.
Non se conservan cualificacións dun curso para outro. En consecuencia, os alumnos repetidores cursarán a materia como un alumno de primeira convocatoria.
Para as clases teóricas o alumno debería dedicarlle 1 hora por cada hora presencial. Para a preparación dos seminarios cada alumno debería dedicarlle 12 horas. Para os traballos prácticos e o traballo final o alumno debería dedicarlle 40 horas ademais das horas de prácticas presenciales. Para a preparación do exame 8 horas levando a asignatura ao día. Iso dá un total de 44 horas presenciales e 69 horas de traballo persoal.
A lingua usada habitualmente na materia será o castelán.