Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
Trataranse nesta materia os aspectos que inciden na xestión da calidade do software e na súa aplicación práctica e integral a un proxecto. Nela abordárase tamén en profundidade o concepto da calidade aplicado ó software dende a perspectiva de diferentes estándares
Contidos
1.- Concepto da calidade.
2.- Calidade en Enxeñería de software.
3.- Calidade na organización.
4.- Calidade nos procesos.
5.- Calidade no proxecto.
Bibliografía Básica:
1.- Mario Piattini, Félix García, Ismael Caballero; "CALIDAD DE SISTEMAS INFORMATICOS". Ed: RAMA; 2006; 01 ed. ISBN: 978-84-7897-734-5.
2.- Mario Piattini, José A. Calvo-Manzano, Joaquín Cervera, Luis Fernández. 2003; “Análisis y diseño detallado de aplicaciones Informáticas de Gestión. Una perspectiva de Ingeniería de Software”. Ed. RA-MA, España. ISBN: 84-7897-587-X.
3.- Roger S Pressman, 2005; “Ingeniería del Software. Un enfoque práctico”. Ed. Mc Graw Hill, España. ISBN: 970-10-5473-3.
Bibliografía Complementaria:
1.- Mario Piattini, José A. Calvo-Manzano, Joaquín Cervera, Luis Fernández. 1996; “Análisis y diseño detallado de aplicaciones Informáticas de Gestión”. Ed. RA-MA, España. ISBN: 84-7897-233-1
2.- Roger S Pressman, 2001; “Ingeniería del Software. Un enfoque práctico”. Ed. Mc Graw Hill, España. ISBN: 84-481-3214-9.
3.- Ian Sommerville, 2005; “Ingeniería de Software”. Ed. Addison Wesley, Madrid. ISBN: 84-7829074-5
O alumno entenderá o uso das métricas e será capaz de utilizar varias que teñan distintos obxectivos
O alumno será capaz de aplicar distintas técnicas de aseguramiento de calidade.
O alumno comprenderá a necesidade e as consecuencias de usar a calidade de forma integral no proceso de construción do software.
Nesta materia abordaranse as competencias xerais e transversais CG3, CG4, CG5, CG12, TR1 e TR3. Ademais a materia pertence ao módulo de Enxeñaría de Software dentro do cal se desenvolven as competencias en informática RI1, RI5 e RI16 e as competencias en tecnoloxías da información TI2 e TI7.
As clases de teoría articularanse en tres clases dunha hora con apoio de transparencias. A través da ferramenta de e-Learning da USC (Campus virtual) proporcionarase aos alumnos o material docente da materia e utilizarase sistematicamente como estratexia de entrega de prácticas e de colaboración entre os alumnos que desenvolvan traballos en grupos. As clases de prácticas desenvolveranse en sesións semanais de dúas horas e media e, segundo o caso, de forma individual ou en pequenos grupos aos que se propoñerá exercicios que implicarán o desenvolvemento dos contidos impartidos nas clases teóricas.
Os foros e o correo desta ferramenta tamén se utilizarán como canle de comunicación profesor-alumnos
As competencias arriba mencionadas teñen contidos específicos na materia que se introducen, como se indicou, tanto nas clases expositivas coma nas interactivas, se ben a parte expositiva é moito menor que a interactiva. Posteriormente o alumno desenvolverá estas competencias coa realización dos traballos prácticos nos que tamén traballará as competencias transversais en particular no que se refire a capacidade de análise e síntese, capacidade de organización e planificación comunicación oral e escrita, capacidade de xestión da información, resolución de problemas e toma de decisións, traballo en equipo e motivación pola calidade.
Para superar a disciplina, o alumno terá que entregar un traballo resumo de cada unha das prácticas realizadas o que, xunto coa avaliación continua do traballo do alumno na clase, suporá un máximo do 80% da nota total conseguida. O 20% restante será o resultado de breve exercicio teórico.
A asistencia ás clases considérase obrigatoria, de xeito que o alumno que falte ao 20% das sesións terá a a condición de NON PRESENTADO na materia tanto en Xuño como en Xullo
O alumno que non se presente ao exercicio teórico en Xuño terá condición de No Presentado en Xuño pero poderá igualmente realizar a proba en Xullo.
Os alumnos repetidores examinaranse nas mesmas condicións que os alumnos en primeira convocatoria agás naqueles casos nos que aprobasen as prácticas nunha convocatoria anterior. Neste caso, non terán obriga de asistir ás clases prácticas e presentarán a memoria entregada o ano no que as aprobaron. A nota de teoría nunca se conservará e o alumno sempre deberá examinarse dos contidos teóricos da materia nas mesmas condicións que os alumnos de primeira convocatoria.
As competencias a aquirir na materia, conseguiranse mediante o desenvolvemento en grupo das prácticas propostas, e a avaliación das memorias das mesmas e a súa defensa pública valorará o grao de consecución das mesmas.
Ademais, a falta das competencias transversais requiridas para o desenvolvemento dos traballos valorarase negativamente.
As preguntas do exame teórico centraranse nos contidos específicos que se desenvolveron na materia en relación ás súas competencias e que poderán poderán ter sido adquiridos polo alumno tanto na parte expositiva coma na interactiva. A duración media do exame é de aproximadamente 1 hora e poderá constar de preguntas tipo test, preguntas curtas, longas e resolución de problemas de casos prácticos. No exame avaliarase o grao de asimilación dos obxectivos docentes establecidos no programa docente da materia.
Recoméndase entre 4 e 5 horas á semana de traballo persoal do alumno para preparar a parte práctica, que implicará a realización dunha serie de traballos.
O tempo total de estudos e traballo persoal do estudante e de 45 horas de traballo presencial e 67.5 horas de traballo persoal que se repartirán en:
Clases expositivas: 3 h. presenciais e 18 h. de estudio autónomo
Clases interactivias: 36 h. presenciais e 34.5 de traballo persoal do alumno
Titorías e actividades de avaliación: 3 horas presenciais e 15 de traballo persoal do alumno.
A compoñente evidentemente práctica da materia esixirá do alumno a asistencia regular ás sesións prácticas así como levar o traballo ao día segundo a metodología ECTS.
Requisitos previos recomendados: Ter cursado previamente Enxeñería do Software
PLAN DE CONTINXENCIA
No caso de que a situación sanitaria aconselle establecer un Escenario 2 (distanciamento):
1) A ponderación das distintas partes da materia e os requisitos para superar a materia permanecerán inalterados,
2) A proba final realizarase de modo presencial.
No caso de que a situación sanitaria aconselle establecer un Escenario 3 (peche de instalacións):
1) A ponderación das distintas partes da materia e os requisitos para superar a materia permanecerán inalterados,
2) A proba final realizarase de modo non presencial, mediante Microsoft Teams e as ferramentas da aula virtual Moodle.