Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos marcados na Memoria son:
• Coñecer, comprender e utilizar os principios de levantamientos e replanteos topográficos.
• Cartografía, Fotogrametría, sistemas de información xeográfica e teledetección en agronomía.
• Saber tomar decisións mediante o uso dos recursos dispoñibles para o traballo en grupos multidisciplinares.
• Saber transferir tecnoloxía, entender, interpretar, comunicar e adoptar os avances no campo agrario.
A Memoria Verificada do Título contempla para esta materia os seguintes contidos:
• Fundamentos teóricos básicos
• Instrumentación topográfica.
• Métodos topográficos.
• Sistemas de posicionamiento.
• Cartografía.
• Fotogrametría
• Sistemas de Información Xeográfica.
• Teledetección.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte temario:
SESIÓNS EXPOSITIVAS:
Bloque I: Topografía e Cartografía (14h)
T1. Introducción e conceptos xerais (1h)
T2. Sistemas de coordenadas (2h)
T3. Instrumentación (2h)
T4. Métodos topográficos (6h)
T5. Sistemas de posicionamento global (3h)
Bloque II: SIX (3h)
T6. Funcionamento dos SIX (1,5h)
T7. Operaciones fundamentais co SIX (1,5h)
Bloque III: Fotogrametría e Teledetección (7h)
T8. Fundamentos e aplicacións da Fotogrametría (1h)
T9. Visión 3D: Estereoscopía e paralaxe (1h)
T10. Método xeral da fotogrametría. Cámaras e imaxes (1h)
T11. Principios básicos da teledetección remota (2h)
T12. Procesamento de imaxes (2h)
SESIÓNS INTERACTIVAS
Bloque I: Topografía e Cartografía (16h)
P1. Levantamento topográfico (16h)
Bloque II: SIX (4h)
P2. Análisis cartográfico con SIX (4h)
Bloque III: Fotogrametría e Teledetección (4h)
P3. Levantamento aerofotogramétrico e tratamento dixital de imaxes (4h)
Bibliografía básica e complementaria
Bibliografía básica:
• CHUECA PAZOS, M., HERRÁEZ BOQUERA, J., BERNÉ VALERO, J. L. "Teoría de errores e instrumentación," Ed. Paraninfo, Madrid.
(1996)
• CHUECA PAZOS, M., HERRÁEZ BOQUERA, J., BERNÉ VALERO, J. L. "Métodos topográficos" Ed. Paraninfo, Madrid. (1996)
• FOTOGRAMETRÍA MODERNA: ANALÍTICA Y DIGITAL. J. L. Lerma García
• FOTOGRAMETRÍA DIGITAL. Toni Shenk. 2002
Bibliografía complementaria:
• ARRUFAT MOLINA, E "Instrumentos topográficos" Tirant lo Branch, Valencia (2006)
• DIOPTRA. "Instrumentación para la Topografía y su cálculo," Ed. DIOPTRA, Lugo. (2000)
• OJEDA, J. L. "Métodos Topográficos y Oficina Técnica" Ed. J.L. Ojeda, Madrid. (1984).
• DOMÍNGUEZ GARCÍA-TEJERO, F.. "Topografía General y Aplicada," 13/Ed., Ed. Mundi-Prensa, Madrid. (1998)
• CARPIO HERNÁNDEZ, JUAN PEDRO. “Redes Topométricas” Ed. Bellisco. (2001)
• M.T. MARTÍN Y J. RODRÍGUEZ “Estudio y replanteo de alineaciones y curvas circulares”
• M.T. MARTÍN Y J. RODRÍGUEZ “Estudio y replanteo de curvas de transición”
• SANJOSÉ, J.J., MARTÍNEZ, E., LÓPEZ, M. "Topografía para estudios de Grado". Ed. Bellisco. Ediciones Técnicas y Científicas.
Colección Biblioteca Técnica Universitaria. Madrid. (2009).
Dentro do cuadro de competencias que figura na Memoria Verificada do Título, se traballarán as siguintes:
Competencias básicas e xerais :
• CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan un aprendizaxe continuo, así como unha
capacidade de adaptación a novas situacións ou entornos cambiantes.
• CG2 - Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
• CG3 - Capacidade de liderazgo, comunicación e transmisión de coñecementos, habilidades e destrezas nos ámbitos sociais de
actuación.
• CG5 - Capacidade para desenvolver as súas actividades, asumindo un compromiso social, ético e ambiental en sintonía coa
realidade do entorno humano e natural.
• CG6 - Capacidade para o traballo en equipos multidisciplinares e multiculturais.
• CB1 - Que os estudantes teñan demostrado posuir e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da
educación secundaria xeral, e se sole encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén
algunhos aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
Competencias específicas:
• CEG1 - Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e sinatura de proxectos que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles que pola súa natureza e características queden comprendidos na técnica apropiada produción agrícola e gandeira (instalacións ou edificacións, explotacións, infraestruturase vías rurais), a industriaa groalimentaria (industrias extractivas, fermentativas, lácteas, conserveiras, hortofrutícolas, cárnicas, pesqueiras, de salgaduras e, en xeral, calquera outra dedicada á elaboración e/ou transformación, conservación, manipulación e distribución de produtos alimentarios) e a xardinaríaeo paisaxismo (espazos verdes urbanos e/ou rurais, parques, xardíns, viveiros, arboredo urbano,etc., instalacións deportivas públicas ou privadas e contornas sometidas a recuperación paisaxística).
• CEG4 - Capacidade para a redación e firma de medicións, segregacións, parcelacións, valoracións y tasacións dentro do medio
rural, a técnica propia da industria agroalimentaria e os espacios relacionados coa xardiñería e o paisaxismo, teñan ou non
carácter de informes periciais para órganos xudiciais ou administrativos, e con independencia do uso ó que esteña destinado o
ben moble ou inmoble obxecto das mesmas.
• CR6 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de levantamentos e replanteos topográficos. Cartografía,
Fotogrametría, Sistemas de Información Xeográfica e Teledetección en agronomía.
• CR9 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da toma de decisións mediante o uso dos recursos
dispoñibles para o traballo en grupos multidisciplinares.
Competencias transversais:
• CT1 - Capacidade de análise e síntesis.
• CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abranguir situacións problemáticas de forma colectiva.
• CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
• CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demáis.
• CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
• CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
Os coñecementos e as habilidades desenvólvense a través de:
- 24h de clases teóricas presenciais onde se introducen os temas expositivos.
- 24h de sesións interactivas presenciais, realizando prácticas e/ou seminarios.
- Uso da aula virtual, onde estará o material da clase, así como actividades complementarias.
- As titorías grupais e individuais serán presenciais.
A) ALUMNOS MATRICULADOS POR PRIMEIRA VEZ NA MATERIA (primeira e segunda oportunidade):
- ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN CONTINUA (EC): o alumno terá cuestionarios que terá que facer de cada tema na aula virtual, así como actividades prácticas para a aplicación dos coñecementos adquiridos, obtendo unha nota sobre un máximo de 10 puntos. Para aprobar a materia deberá obter un mínimo de 4 puntos nesta parte.
COMPETENCIAS: CEG1, CEG4, CR6, CR9, CT1, CT4, CT6, CT8, CT9, CT10, CB1, CG1, CG2, CG3, CG5, CG6
- EXAME (EX): o exame consistirá en preguntas teóricas e prácticas puntuando a nota dun total sobre 10 puntos. Para aprobar a materia deberá obter un mínimo de 4 puntos nesta parte. COMPETENCIAS: CEG1, CEG4, CR6, CR9
- PRÁCTICAS (PR): o alumno debe entregar as actividades prácticas que se van realizando, puntuando cunha nota de 10 puntos. Para aprobar a materia deberá obter un mínimo de 4 puntos nesta parte. COMPETENCIAS: CT1, CT4, CT6, CT8, CT9, CT10, CEG1, CEG4, CR6, CR9
A nota final corresponderá ás avaliacións parciais obtidas segundo a seguinte ponderación:
NOTA FINAL = 20% EC + 50% EX + 30% PR
B) ALUMNOS QUE NON SUPERARON A MATERIA EN ANOS ANTERIORES:
- Se completaron a práctica axeitadamente (PR> 4 puntos), só terán que facer o exame (EX) e as actividades de avaliación continua (EC) sendo avaliados cos mesmos criterios que os alumnos matriculados por primeira vez.
- Se non teñen as prácticas aprobadas do curso anterior, terán que facelas no curso actual.
- A cualificación da parte práctica manterase durante un máximo dun ano desde a finalización da mesma.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o establecido no Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión de cualificacións: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.”
Os tempos de estudo establecidos nesta materia son:
- Clases teóricas expositivas: 24 horas
- Clases interactivas (prácticas/seminarios): 24 horas.
- Titorías en grupo: 3 horas
- Estudo individual: 99 horas (incluidas lectura e terminación de traballos prácticos)
- Consulta diaria do campus virtual.
- Consulta diaria del campus virtual.
- Asistencia a titorías grupais para discutir, aclarar ou resolver dúbidas.
DISPENSA DE ASISTENCIA:
Os alumnos aos que se lles conceda esta dispensa deberán realizar o seguimento da materia a través do Campus Virtual, realizando todas as entregas necesarias para obter cualificación positiva en EC, PR e EX respectivamente.
Jaime Rodriguez Pereña
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- jaime.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Teresa Martin Sanchez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- mteresa.martin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 11 (Aulario 3) |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 11 (Aulario 3) |
26.05.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |
03.07.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |