Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Alemán, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Área externa M.U Erasmus Mundus Máster Europeo en Lexicografía, Lingua Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo xeral desta materia é transmitir unha visión panorámica, e necesariamente selectiva, dos recursos lexicográficos electrónicos das linguas románicas. Os obxectivos específicos son:
• Proporcionar e axudar a adquirir aos/ás estudantes os coñecementos básicos sobre a lexicografía electrónica.
• Introducir aos/ás estudantes na metalexicografía (estrutura do dicionario, tipoloxía, finalidade, relación con outras disciplinas, metodoloxía de elaboración, etc.).
• Ofrecer unha panorámica da lexicografía electrónica monolingüe, bilingüe e multilingüe das linguas románicas.
• Fomentar o uso crítico da información lexicográfica segundo a experiencia do usuario.
• Promover o interese pola e-lexicografía a través da práctica.
1. Introdución
1.1 Algúns conceptos básicos: e-Lexicografía, corpus lingüísticos, recursos lexicográficos electrónicos
1.2 O papel dos corpus lingüísticos e de internet como bases de datos lexicográficas
2. Panorama de recursos electrónicos monolingües, bilingües e multilingües das linguas románicas: español, portugués, francés, etc.
3. Dicionarios de dicionarios e dicionarios colaborativos
3.1 Portais e plataformas de recursos integrados (p. ex. Rilga)
3.2 Outras ferramentas con integración de recursos: Wordnet, Galnet, Babelnet, etc.
3.3. Proxectos lexicográficos colaborativos: o Wiktionary
3.4. Edición colaborativa de dicionarios: MediaWiki, LanguageForge, Lexonomy
4. Dicionarios electrónicos de especialidade
Dziemianko, A. (2018). Electronic Dictionaries. Fuertes-Olivera, P. A. (ed.) The Routledge Handbook of Lexicography. Routledge, 663-683.
Engelberg, S. & Lemnitzer, L. (2009). Lexikographie und Wörterbuchbenutzung. Stauffenburg.
Fuertes-Olivera, P. A. (ed). (2018). The Routledge Handbook of Lexicography. Routledge.
Gouws, R. H. et al. (2013). Dictionaries. An International Encyclopedia of Lexicography. Supplementary Volume: Recent Developments with Focus on Electronic and Computational Lexicography. De Gruyter.
Granger, S. & Paquot, M. (eds.) (2012). Electronic Lexicography. Oxford University Press.
Klosa, A. & Müller-Spitzer, C. (eds.) (2016). Internetlexikografie. Ein Kompendium. Unter Mitarbeit von Martin Loder. De Gruyter.
Müller-Spitzer, C. (ed.) (2014). Using Online Dictionaries. Lexicographica: Series Maior, 145. De Gruyter.
Pöll, B. (2010). Internetlexikographie der iberoromanischen Sprachen. Lexicographica 26, 169-173.
Ao principio e ao longo do curso achegaranse outras referencias bibliográficas.
Os/as estudantes serán capaces de:
• Identificar e analizar desde unha perspectiva crítica o valor engadido dun dicionario electrónico fronte a un impreso.
• Recoñecer a tipoloxía de dicionarios e recursos electrónicos das linguas románicas así como os seus campos de aplicación.
• Manexar diferentes tipos de e-recursos para a resolución de problemas lexicográficos teóricos, tipolóxicos, etc.
• Aproximarse criticamente ao estado actual da e-lexicografía das linguas románicas.
• Deseñar recursos electrónicos lexicográficos aplicando novos métodos e tecnoloxías.
Competencias: CB6, CB10, CT2, CT3, CT4, CE2, CE4, CE5, CE7, CE8, CE9
No desenvolvemento das clases combinaranse as sesións expositivas (presenciais e/ou virtuais) coas interactivas (debates, proxectos, tarefas, presentacions etc.). A participación activa dos/das estudantes nas actividades propostas é imprescindible para o progreso adecuado. Activarase a plataforma de traballo institucional da USC (aula virtual).
Primeira oportunidade:
O único sistema de avaliación será a avaliación continua. Os/as estudantes deberán realizar ao longo do semestre dous pequenos proxectos colaborativos, relacionados cos contidos tratados nas clases, que lles serán presentados na aula. Un deles consistirá no deseño e elaboración dun pequeno dicionario electrónico multilingüe para unha aplicación de mensaxería e terá un peso do 60% na avaliación final. O segundo implicará a realización dun pequeno dicionario multilingüe sobre o léxico dos niveis A1-A2 de varias linguas románicas. Este proxecto avaliarase mediante unha grade de avaliación e o resultado constituirá o 40% da nota.
Segunda oportunidade:
O sistema de avaliación consistirá nun traballo individual escrito sobre un tema pactado entre o/a estudante e os profesores.
Os/as estudantes con dispensa académica e as persoas que repiten a materia e non poden asistir ás aulas: traballo escrito (aprox. 40 páxinas) cunha valoración máxima de 10 puntos.
Aviso: No caso dunha realización fraudulenta dos exercicios e/ ou probas, aplicarase o que recolle o artigo 16 da “Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións”.
Clases expositivas e interactivas: 35 h
Titorías: 5 h (para a preparación do traballo escrito e a exposición oral)
Tempo de traballo persoal: 45 h
Total: 85 horas
Recoméndase a asistencia regular ao curso, o estudo continuado así como o uso dos recursos de aprendizaxe recomendados.
Do estudantado espérase:
• Que participe activa e regularmente nas aulas
• Que traballe con responsabilidade tanto individualmente como en grupo
• Que leve ao día as tarefas propostas (lecturas, exercicios, visionamentos, enquisas...)
As clases impartiranse en inglés. Outras linguas como o español, francés, etc. servirán de apoio en caso de necesidade ou con finalidade didáctica.
Maria Teresa Diaz Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 881811767
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Carlos Valcarcel Riveiro
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U Erasmus Mundus Máster Europeo en Lexicografía
- Correo electrónico
- carlos.valcarcel [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesor/a área externa
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | B05 |
21.12.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B05 |
21.12.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B05 |
23.01.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B05 |
23.01.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B05 |