Créditos ECTS Créditos ECTS: 20
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 470 Horas de Titorías: 30 Total: 500
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Historia
Áreas: Área externa M.U en Historia Contemporánea (2ª ed), Historia Contemporánea, Historia de América
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Realización dunha investigación dirixida sobre un tema de Historia Contemporánea, que se presentará por escrito e será defendida diante dun tribunal mediante exposición oral. A investigación será tutelada polos profesores dos departamentos implicados, mediante entrevistas personais e/ou a través da rede.
O TFM é un exercicio práctico co que cada alumno culmina a súa formación no programa. Ao superar esta proba obtén os 20 créditos ECTS, que equivalen a un terzo do total da carga lectiva do Máster. Todo o proceso formativo do Máster está en relación co proxecto persoal que se plasma neste traballo, que non poderá ser presentado para a súa avaliación ata superar o resto das materias. Nel aplicará o estudante, tutelado por un director, as habilidades e competencias adquiridas no resto dos módulos do programa.
O tema de investigación sobre o que versará a memoria fixarao o director do traballo, de acordo cos intereses manifestados polo estudante, e sempre dentro da liña de investigación do profesor.
Os TFM terán unha extensión comprendida entre 60 e 80 páxinas (de 500 palabras por páxina), sen superar en ningún caso ese límite. O apartado de bibliografía e os anexos non deben superar o 10% da súa extensión.
Os TFM seguirán a seguinte estrutura:
1. Unha introdución na que se defenda a pertinencia da investigación, o interese científico da cuestión e a súa posible relevancia social.
2. Un estado da cuestión no que se presenten os antecedentes do tema, especialmente o seu tratamento historiográfico, e os distintos enfoques dende os que foi abordado, incluíndo a bibliografía máis relevante comentada criticamente.
3. Unha relación de fontes a empregar, indicando a súa localización, o rendemento que se espera delas e o tipo de datos que permiten obter.
4. Unha aproximación analítica ao obxecto de estudo a partir das fontes mencionadas.
ECO, H. (2001): Cómo se hace una tesis: técnicas y procedimientos de estudio, investigación y escritura, Barcelona, Gedisa.
ARÓSTEGUI, J. (2001): La investigación histórica: teoría y método, Barcelona, Crítica.
O obxectivo do TFM é demostrar que o estudante manexa os procedementos básicos da investigación histórica, entendida como unha actividade rigorosa e contrastada academicamente. Por iso, máis que resultados concluíntes, o que se espera del é que elabore e xustifique "con mestría" as distintas fases nas que se pode descompoñer unha investigación deste tipo.
Os autores deben ser capaces de elaborar un texto de acordo coas normas técnicas e de edición esixibles en calquera traballo académico, tal e como se aplican no noso área. Ademais, deben demostrar claridade de ideas no desenvolvemento do proxecto e claridade expositiva na redacción da memoria.
Recoméndase que o mesmo tema inspire o proxecto abreviado de investigación que o alumno debe presentar no prazo previsto como culminación da Unidade 3 do Módulo en Rede.
O alumno entregará ao director do TFM unha copia dese mesmo proxecto, así como do resto de traballos parciais que os estudantes deben presentar en diversos prazos nas Unidades 2 e 3 do "ensino en rede". O titor en rede non pode substituír o labor de orientación no TFM que corresponde ao director.
No mes de xuño, ao finalizar o segundo cuadrimestre, o alumno presentará ao seu director un esbozo do seu TFM co fin de introducir, antes do verán, as correccións necesarias. Antes do 15 de xullo entregará un borrador completo. O estudante non poderá solicitar revisións ou atención de dirección no período non lectivo, do 15 de xullo ao 30 de agosto. Queda a primeira semana de setembro para facer as correccións de última hora, que sempre serán de detalle.
O TFM será avaliado por unha Comisión establecida segundo a normativa de cada Universidade. Despois da exposición realizada polo estudante e as intervencións dos membros da Comisión, esta deliberará a porta pechada durante o tempo necesario e outorgará unha cualificación a cada traballo (numérica de 0 a 10, con expresión dun decimal e coa correspondente equivalencia cualitativa: Sobresaínte, Notable, Aprobado ou Suspenso).
As Comisións avaliarán os seguintes aspectos dos TFM:
. Calidade da redacción e riqueza da linguaxe utilizada
. Aplicación axeitada das normas técnicas dun traballo académico
. Claridade, precisión conceptual e coherencia xeral da argumentación
. Relevancia do tema elixido, pertinencia da súa xustificación e viabilidade xeral do proxecto
. Riqueza da bibliografía utilizada e calidade crítica do estado da cuestión
. Profundidade da crítica das fontes
. Resultados do ensaio de análise a partir das fontes utilizadas
O TFM é unha parte fundamental do plan de estudos cunha carga de traballo equivalente á dedicación dun trimestre completo, aproximadamente, aínda que a súa realización non debe concentrarse nun período determinado.
Os TFM elaboraranse como unha versión revisada e ampliada do ensaio de proxecto de investigación que se elabora na Unidade docente 3 do módulo en rede. Para iso cóntase co asesoramento do titor do campus virtual, pero sobre todo do director, co que se terá pactado a orientación e o contido deste traballo. É moi importante que o director coñeza os sucesivos borradores preparatorios do TFM.
PLAN DE CONTINXENCIA:
Como consecuencia da situación sanitaria causada pola epidemia de COVID - 19 este programa (pensado para un desenvolvemento presencial - escenario 1: "Normalidade adaptada") adaptarase aos escenarios 2 ("Distanciamento") e 3 ("Peche das instalacións") previstos e aprobados polo Consello de Goberno da USC na súa sesión de 30/4/2021: "Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021 - 22" no seguinte sentido:
Escenarios 2 e 3:
Metodoloxía da ensinanza:
A titorización do Traballo de Fin de Máster poderase realizar de maneira presencial no caso do Escenario 2 ("Distanciamento"). No caso de atoparnos nunha situación de Escenario 3 ("Peche das instalacións") a titorización realizarase por medios telemáticos (Microsft Temas ou outras plataformas).
Sistema de Avaliación:
No Escenario 2 mantense a avaliación presencial (defensa do TFM ante Tribunal) respectando as ratios de aforo. No Escenario 3 a defensa do TFM farase por medios telemáticos (Microsoft Teams).
En ambos os dous escenarios, non se entregarán aos Tribunais copias en papel dos TFMs.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións"
Jose Ramon Veiga Alonso
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 982821031
- Correo electrónico
- xoseramon.veiga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Cabo Villaverde
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812580
- Correo electrónico
- miguel.cabo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Emilio Francisco Grandio Seoane
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812681
- Correo electrónico
- emiliofrancisco.grandio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Eduardo Rico Boquete
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812735
- Correo electrónico
- eduardo.rico [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lourenzo Fernandez Prieto
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812578
- Correo electrónico
- lourenzo.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xose Manoel Nuñez Seijas
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812681
- Correo electrónico
- xoseml.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Daniel Lanero Taboas
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812593
- Correo electrónico
- daniel.lanero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antonio Miguez Macho
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812576
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eduardo Rey Tristan
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia de América
- Teléfono
- 881812637
- Correo electrónico
- eduardo.rey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luisa Maria Muñoz Abeledo
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812638
- Correo electrónico
- luisamaria.munoz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eudald Cortina Orero
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia de América
- Teléfono
- Ext 12618
- Correo electrónico
- eudald.cortina [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Carlos Benitez Trinidad
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
David Alegre Lorenz
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Historia Contemporánea (2ª ed)
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Stefania Barca
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- stefania.barca [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a