Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 7 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia ten como obxectivo principal mellorar o nivel de entendemento e pericia do estudante de lingua inglesa. Preténdese dotar ós alumnos coas estratexias pragmáticas e de negociación para que poidan desenvolverse con máis éxito tanto no nivel oral coma no escrito en diversos contextos multilingües e multiculturais.
Para acceder ao módulo o estudante debe ter un grao de dominio da lingua inglesa correspondente ao nivel B2.1 no Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas. Ao longo desta materia o alumnado realizará o seu traballo no nivel B2.2 do MARCO.
De acordo ca estas indicacións, nesta materia o alumno deberá:
(1) aumentar o seu vocabulario,
(2) descubrir e corrixir erros gramaticais básicos que persisten no seu uso de inglés,
(3) utilizar estruturas máis complexas en inglés escrito,
(4) e mellorar o seu nivel de inglés falado.
Bloque I. As bases teóricas da Retórica que se poden aplicar ás presentacións orais formais. Presentacións informativas vs. persuasivas. Planificación e actuación dunha presentación oral.
Bloque II. Estratexias de negociación. Petición de informacion, interrupcion, narración, como enfatizar, cambiar o enfoque, expresar opinión persoal, suxerir, pedir repetición e repetir, comprobación, mostrar acordo/desacordo, autocorrección, pedir explicación, expresar dúbidas, xeneralizar, ilustrar un argumento, entre outras.
Bloque III. O inglés formal escrito. Estratexias básicas para escribir cartas e / ou correo electrónico. Documentación formal diversa para a planificación dun evento cultural.
Obxectivos específicos.
Bloque I. Este bloque pretende axudar ós alumnos a entender as bases teóricas do campo da Retórica e a súa aplicación ás presentacións orais de hoxe en día. Os alumnos aprenderán a recoñecer e a poñer en práctica ambas presentacións informativas e presentacións persuasivas. Para isto inclúese a planificación para un público específico, a confirmación de fontes de información, e a elección de estilo da presentación. Os alumnos terán que realizar unha presentación informativa e dúas presentacións persuasivas. A última presentación será a súa presentación oral final.
Bloque II. Este bloque ten que ver maiormente coas estratexias pragmáticas orais. Os alumnos aprenderán a recoñecelas e a poñelas en práctica co fin de facer máis efectiva a súa propia produción oral. Para este fin haberá unha cantidade considerable de vocabulario do tipo "frases feitas", que se poden empregar oralmente cando un se atopa en situacións específicas. Contrastaremos certas estratexias da conversación en español co seu equivalente en inglés, para entender o uso destas e como funciona a comunicación do ser humano polo xeral, co fin de que cada estudante poida mellorar o control sobre a súa propia comunicación, tanto na súa lingua madre coma no inglés.
Bloque III. A finalidade deste bloque é axudar ós alumnos a ser máis precisos na súa comunicación escrita formal. Aparte do léxico específico e das estruturas gramaticais que se necesitan aprender para realizar este tipo de tarefa, tamén nos interesa o formato de distintos tipos de documentos para que estes resulten coherentes e accesibles ó lector.
Quintiliano:
---- Quintiliano. Book 11. Institutio Oratorio. (on-line)
---- del Rio, Emilio, José Antonio Caballero, y Tomás Albaladejo editores. 1999. Quintiliano y la formación del orador político. Logroño : Instituto de Estudios Riojanos ; [Calahorra] : Ayuntamiento de Calahorra, D.L.
---- Pujante, David. 1999. El hijo de la persuasión : Quintiliano y el estatuto retórico. Logroño : Instituto de Estudios Riojanos.
----------. 2003. Manual de retórica. Madrid : Castalia, D.L.
Manuais de guía:
En inglés:
---- Bradbury, Andrew. 2006. Successful presentation skills. London: Kogan Page.
---- Collins, Phillip. 2012. The art of speeches and presentation: the secrets of making people remember what you say. Chichester: Wiley.
---- Ellis, Mark, Nina O’Driscol e Adrian Pilbeam. 1985. Professional English: Communication skills for professionals working in business, industry and international organisation. Essex: London.
---- Locher, Miriam. 2004. Power and politeness in action: disagreements in oral communication. New York: M. de Gruyter.
---- Kushner, Malcolm. 2007. Public speaking & presentations for dummies. Chichester: John Wiley & Sons, cop.
En castelán:
---- Briz Gómez, Antonio. 1998. El español coloquial en la conversación. Esbozo de pragmagramática. Barcelona: Editorial Ariel, S. A.
---- Catta, René-Salvator. 1972. Cómo hablar en público. Bilbao: Mensajero, D.L.
---- Couto Rodríguez, Manuel. 2002. Cómo hablar bien en público: comunicar, persuadir y convencer con palabras. Barcelona: Gestión 2000, D.L.
---- Estulin, Daniel. 2000. Cómo realizar con éxito presentaciones en público. Madrid: Instituto Superior de Técnicas y Prácticas Bancarias, D.L.
Fernando de Manuel Dasí, Rafael Martínez-Vilanova Martínez. 2007. Habilidades de comunicación para directivos. Edición 3ª ed. rev. y act. Pozuelo de Alarcón (Madrid) : Esic.
---- Guix, Xavier. 2005. Mientras me miran: hable en público sin perder la calma. Barcelona: Granica.
---- Janner, Greville. Cómo hablar en público: (incluye un compendio de modelos de discursos y de anécdotas para contar) Bilbao: Ediciones Deusto, D.L. 1993
---- Jensen, Sonja. 2008. Cómo presentar para convencer: guía para cautivar e inspirar al público . Barcelona Bresca Profit.
---- Lucas, Adolfo. 2008. El poder de la palabra: técnicas para hablar en público. Barcelona: Ariel.
---- Palomares, José María. 2000. Hablar en público en una semana. Barcelona: Gestión.
---- Pike, Robert W. 2007. Presentaciones eficaces: [conozca los trucos y secretos para hacer de sus presentaciones armas de éxito en su trabajo].Edición 2ª ed. Madrid: Fundación Confemetal.
---- Puchol, Luis. 2005. Hablar en público: nuevas técnicas y recursos para influir a una audiencia en cualquier circunstancia. Madrid: Díaz de Santos.
En xeral, deseñouse o programa de Posgraduado, do cal forma parta esta materia de xeito que os alumnos que participan activamente nela poidan adquirir a capacidade de servir de intermediarios culturais. De acordo con este plan de estudos, esta materia debe axudar ao alumnado a saber levar a cabo aquelas actividades relacionadas coa xestión e potenciación de servizos e de bens culturais. Deste modo, cando rematen haberán de coñecer os medios para poder desenvolverse en inglés en situacións de contacto, negociación e mediación.
Máis especificamente, como xa indicamos con anterioridade, os alumnos poderán mellorar a súa capacidade para realizar presentacións orais informativas e persuasivas. De modo que poderán utilizar estas capacidades a lo hora de organizar eventos culturais. Proporcionaráselles léxico e estratexias pragmáticas para negociar interaccións verbais e escritas (narración, interrupción, comprobación, explicación, ilustración, etc.).
Competencias do plan de estudios a adquirir:
Básicas:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida auto-dirixido ou autónomo.
Transversais:
CT4 - Transmisión da información e ideas en público de maneira clara e efectiva.
CT11 - Capacidade crítica e autocrítica (ter capacidade para valorar e discutir o propio traballo).
Específicas:
CE2 - Capacitación para desenvolver proxectos culturais de distinto tipo e finalidade.
CE6 - Comprensión razoada do interese do diálogo intercultural e a necesidade do respecto ás diferenzas culturais.
Para información máis detallada véxase: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sxopra/memorias_mast…
Os contidos teóricos desta materia introdúcense mediante textos ou presentacions tipo "ppt" que , e para os que poden asistir ás sesións presenciais desenvolverán en máis profundidade. Xa que a asistenica ás aulas non é obrigaatoria para o alumnado, as persoas que que non poden asistir deberán facer esta práctica pola súa conta cos materiais que se atopan na aula virtual.
Neste sistema, primeiro, presentarase a explicación teórica para despois poñela en práctica. A práctica será un elemento moi importante na aprendizaxe destas pautas en inglés, polo que o lugar onde mellor se realiza esta práctica é na aula. Con todo, cando a asistencia a clase non é posible o alumnado debe utilizar todos os recursos á súa disposición na aula virtual onde se realizará prácticas. Nestes casos débese seguir as instrucións detalladas.
Dentro das posibles modalidades para a realización desta práctica inclúense os debates, os simulacros e as presentacións orais. As veces, estas últimas gravaranse e comentaranse posteriormente nunha sesión de crítica construtiva por parte dos outros membros da clase, para que cada un poida mellorar a súa técnica de exposición en público.
A avaliación desta materia terá lugar de forma continua na aula (cando é posible), e na aula virtual.
Para acceder á listaxe de todas as datas límite de entrega dos traballos asignados nesta materia, vexa o apartado 8b “Instructions about Individual Study for On-line Students” da Guía docente publicada na aula virtual.
Para a cualificación final teranse en conta os seguintes elementos realizados ó longo do cuadrimestre académico para ambas oportunidades de exame (primeira e segunda.)
Exame de 1ª oportunidade (xaneiro):
---- Participación activa (na clase o) en na aula virtual e preparación na casa 50%
---- Dossier do traballo escrito 15%
---- Presentación oral final* 35%
* A realización da presentación oral final é obrigatoria, e por tanto, o alumnado debe estar fisicamente presente na Facultade de Humanidades na data oficial do exame final para esta materia de acordo co calendario oficial publicado pola Facultade para tal fin.
Exame de 2ª oportunidade (xuño/ xullo):
O alumnado que supera unha sección do exame de primeira opción pode gardar esta nota para o exame de segunda opción, en tal caso o sistema de avaliación está indicado enriba, é dicir, para poder presentar o seu proxecto final, o estudante debe aprobar previamente a sección de avaliación continua desta materia.
**En todo caso, para todas as convocatorias de exame, o alumnado debe aprobar todos os apartados indicados enriba para aprobar a materia.
Alumnado repetidor:
Se un estudante ten que repetir esta materia e ten aprobada a parte de avaliación continua, conservará a nota de avaliación continua recibida ao longo do curso anterior.
Unha materia de 3 créditos ECTS supón un total de 75 horas de traballo individual por parte do estudante repartidos deste modo:
Créditos ECTS: 3.00
Horas ECTS
Clase expositiva: 14.00
Clase interactiva/ seminario: 7.00
Horas de titorías: 3.00
Traballo autónomo ECTS do estudante: 51.00
Total: 75.0
Malia isto, tódolos cálculos son aproximados e pódense ver afectados polo nivel de cada estudante ao comezo do curso (requírese un nivel B2.1), e por o ritmo individual de cada persoa.
Para cursar esta materia con éxito, os alumnos que o desexen deberán participar activamente no aula virtual e nas actividades asignadas pola profesora de xeito regular. Ademais, será necesaria unha certa dedicación ás horas de estudo autónomo indicadas con anterioridade e unha aplicación das mesmas, para poder adquirir o léxico e as estratexias pragmáticas que lles permitirán desenvolverse de xeito socio-culturalmente adecuado en situacións complexas.
Para acceder ao módulo o estudante debe ter un grao de dominio da lingua inglesa correspondente ao nivel B2.1 no Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas. Ao longo desta materia o alumnado realizará o seu traballo no nivel B2.2 do MARCO.
A titulación de Máster percíbese como un paso máis para completar cara ao futuro profesional. Por iso, aplicarase a ética laboral a todo o traballo realizado nesta materia; de alí, todas as tarefas asignadas deben entregarse en prazo para recibir una cualificación. Todo el traballo escrito para esta materia se terá que entregar pasado a maquina a dobre espazo.
ADVERTENCIA IMPORTANTE.- Na normativa de rendemento académico da USC (DOG 21 de xullo de 2011, art. 16) penalízase a realización fraudulenta dalgunha proba avaliativa cun suspenso na convocatoria correspondente, alén do proceso disciplinario que se lle poida abrir a maiores ao alumno infractor (1). Polo tanto, a detección de plaxio en calquera dos traballos presentados nesta materia será penalizada cun suspenso na materia independentemente da cualificación que o alumno obtiver polos demais conceptos. Entendemos plaxio como a copia total ou parcial, fora literal ou non, de contidos ou ideas publicadas noutros traballos académicos ou en calquer tipo de obras (en papel ou internet), sen que o alumno cite a fonte de onde foron extraídas esas ideas ou textos. Os alumnos suspensos por plaxio non poderán presentarse á segunda oportunidade.
Todas as actividades entregadas deberán incorporar as fontes documentais e bibliográficas consultadas, seguindo algún dos canons académicos de citación bibliográfica e dixital.
(1) https://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/resavare…
PLAN DE CONTINXENCIA
Os sistemas de metodoloxía da ensinanza e de avaliación recollidos arriba serán de aplicación no ESCENARIO 1 (“NORMALIDADE ADAPTADA”) descrito no documento “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso académico 2020-2021”, que foi aprobado no Consello de Goberno do 19 de xuño de 2020. No caso de que se produza un cambio de escenario, tanto o sistema de metodoloxía da ensinanza como o de avaliación serán modificados tal e como se establece a continuación.
ESCENARIO 2: “DISTANCIAMENTO”
Metodoloxía da ensinanza:
- Sesións expositivas (2 horas cada 15 días): As clases expositivas terán lugar ou ben de forma síncrona a través de MS Teams ou asíncrona no Campus Virtual mediante vídeos, audios e outros materiais.
- Sesións interactivas (1 hora cada 15 días): As clases interactivas terán lugar de forma presencial, tal e como no escenario 1.
- Titorías personalizadas: As titorías personalizadas se levarán a cabo maioritariamente de forma virtual, ou ben a través de MS Teams ou por correo electrónico.
-Sistema de avaliación: A porcentaxe relativa as distintas partes de avaliación non cambiará en caso dun cambio de escenario (é dicir, 50% avaliación continua e 50% proxecto final). As presentacións poderanse levar a cabo en liña a través de MS Teams ou alternativamente de forma presencial en grupos máis pequenos. O exame final será telemático a través do Campus Virtual e o exame oral será por MS Teams. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
ESCENARIO 3: "CONFINAMENTO E PECHE DAS INSTALACIÓNS"
Metodoloxía da ensinanza:
- Sesións expositivas (2 horas cada 15 días): As clases expositivas terán lugar ou ben de forma síncrona a través de MS Teams ou asíncrona no Campus Virtual mediante vídeos, audios e outros materiais.
- Sesións interactivas (1 hora cada 15 días): As clases interactivas terán lugar ou ben de forma síncrona a través de MS Teams ou de forma asíncrona no Campus Virtual.
- Titorías personalizadas: As titorías personalizadas se levarán a cabo de forma virtual, ou ben a través de MS Teams ou por correo electrónico.
-Sistema de avaliación:
A porcentaxe relativa as distintas partes de avaliación non cambiará en caso dun cambio de escenario (é dicir, 50% avaliación continua e 50% proxecto final). As presentacións levaranse a cabo en liña a través de MS Teams e o exame final será telemático a través do Campus Virtual, mais a parte oral que será por MS Teams. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dosestudantes e de revisión de cualificación”.
Jodee Anderson Mcguire
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 982824713
- Correo electrónico
- jo.anderson [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | Aula 14 |
18.01.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
25.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |