Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
1. Familiarizar ao alumno/a coas tendencias metodolóxicas na interpretación do fenómeno artístico e patrimonial.
2. Amosar ao alumno/a a riqueza de fontes coas que se enfronta nun traballo de investigación sobre patrimonio artístico e guialo na escolla das adecuadas a un tema concreto.
3. Adestrar ao alumno/a para realizar o Traballo Fin de Máster cunha correcta estrutura, emprego de fontes e método, bibliografía e sistema de citas, conclusións científicas e presentación escrita e oral.
4. Facer coñecer ao alumno/a os códigos deontolóxicos que rexen o mercado e as estruturas patrimoniais.
Contidos:
Introdución: Historia da historia da arte e o patrimonio: unha revisión
Tema 1: O tema
Tema 2: A estrutura
Tema 3: As fontes e o método
Tema 4: A bibliografía e o sistema de citas
Tema 5: A presentación escrita e maquetación
Tema 6: A presentación oral
Bibliografía:
Bibliografía sobre metodoloxía e fontes
ARIAS SERRANO, L. (2012). Las fuentes de la historia del arte en la época contemporánea. Barcelona: Ediciones del Serbal.
BORRÁS GUALIS, G. M. (2012). Historia del arte y patrimonio cultural: una revisión crítica. Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza.
SCHLOSSER, J. (1986). La literatura artística: manual de fuentes de la historia moderna del arte. Madrid: Cátedra.
VVAA. (1982-1983). Fuentes y documentos para la historia del arte, 8 volumes. Barcelona: Gustavo Gili.
YARZA LUACES, J. (1997). Fuentes de la historia del arte I. Madrid: Historia 16.
Bibliografía sobre redacción de traballos científicos
DAY, R. A. (2008). Cómo escribir y publicar trabajos científicos. Washington: Organización Panamericana de la Salud [4ª edición en español actualizada, 1ª edición: Filadelfia, 1979].
ECO, U. (1982). Cómo se hace una tesis. Barcelona: Gedisa [1ª edición en español, 1ª edición: Milán, 1977]
FUENTES, J. L. e CREMADES, R. (2021). Cómo escribir un trabajo de fin de máster. Madrid: Editorial Síntesis.
GALLUD JARDIEL, E. (2015). Manual práctico para escribir una tesis. Madrid: Verbum.
GARCÍA SANZ, M. P. e MARTÍNEZ CLARES, P. (coords.) (2013). Guía práctica para la realización de trabajos fin de grado y trabajos fin de máster. Murcia: Universidad de Murcia.
HERNÁNDEZ GUERRERO, J. A. e GARCÍA TEJERA, M. C. (2004). El arte de hablar: manual de retórica práctica y de oratoria moderna. Barcelona: Ariel.
MUÑOZ-ALONSO, G. (2012). Estructura, metodología y escritura del Trabajo de Fin de Máster. Madrid: Escolar y Mayo.
Bibliografía sobre deontoloxía
CACHEDA BARREIRO, R. (2016). “La ética y su aplicación en los museos: el paradigma deontológico”. En BLANCO VALDÉS, C. F. e DOMÍNGUEZ FERRO, A. M. (eds.). ‘Madonna à ‘n sé vertute con valore’: estudios en homenaje a Isabel González. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, pp. 89-98.
SAN MIGUEL PÉREZ, E. (2013). Deontología profesional para historiadores. Madrid: Editorial Universitaria Ramón Areces.
Manual de buenas prácticas profesionales en las artes visuales (Madrid, 2008): enlace
Código de deontoloxía do ICOM para os museos (París, 2017): enlace
1. Adquirir as ferramentas metodolóxicas adecuadas para interpretar o fenómeno artístico.
2. Familiarizarse coa riqueza das fontes que interveñen no proceso de investigación discriminando as adecuadas para o propio tema de estudo.
3. Mellorar a expresión escrita, a estruturación científica dun texto, a formulación de conclusións e a correcta citación bibliográfica.
4. Mellorar as presentacións orais e a capacidade de transmitir información e ideas a través do coñecemento das técnicas comunicativas expresivas.
5. Coñecer a normativa legal que protexe a conservación do patrimonio.
A metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe é teórico-práctica, resultado da combinación de:
1. Actividades formativas presenciais:
1.1. Clases expositivas dedicadas á explicación e comprensión dos contidos obxecto de estudo. Serán impartidas pola profesora, que solicitará nas exposicións a participación activa dos alumnos. Para as súas explicacións empregarase a lección maxistral e os recursos tecnolóxicos de apoio (audiovisuais e informáticos) que se estimen oportunos.
1.2. Clases interactivas dedicadas á lectura e comentario de textos, realización de exercicios e análise práctica de diferentes ferramentas informáticas e recursos electrónicos, aplicando os conceptos estudados nas sesións expositivas. As clases serán orientadas pola profesora e contarán coa participación activa dos alumnos.
1.3. Titorías: en grupos reducidos e individualizadas, nelas ofrecerase aos alumnos orientacións para o seguimento da materia e para afondar nos contidos estudados, así como orientacións bibliográficas e metodolóxicas para a realización dos traballos.
2. Actividades formativas non presenciais: Preparación de pequenos traballos individuais ou colectivos por escrito (comentarios críticos, recensións, busca de información, resolución de exercicios...), conforme á solicitude da profesora. Estes traballos poderán ser expostos e/ou presentados na aula. As datas de entrega serán marcadas pola profesora nas clases presenciais, sempre fixadas dentro do período lectivo da materia.
3. Práctica de campo: Sempre e cando sexa posible, contémplase a saída da aula para levar a cabo visitas a determinados centros de Santiago de Compostela como arquivos ou bibliotecas, dando prioridade ao horario lectivo da materia pero tendo en conta as limitacións horarias dos centros a visitar.
Avaliación:
• A avaliación será continua. A nota final será o resultado das dúas puntuacións dos instrumentos de avaliación a razón dos seguintes porcentaxes:
- Actividades formativas presenciais (expositivas e interactivas): Suporán un 40% da cualificación total. Todos os alumnos deberán asistir e participar obrigatoriamente nas clases presenciais, tanto expositivas como interactivas. Valorarase a asistencia, participación activa, intervención oral, interese amosado e preparación previa dos temas a tratar indicados con antelación pola profesora.
- Actividades formativas non presenciais: Suporán o 60% da cualificación total. Todos os alumnos deberán entregar obrigatoriamente unha serie de traballos individuais ou colectivos por escrito (comentarios críticos, recensións, busca de información, resolución de exercicios...), conforme á solicitude da profesora. Valorarase a capacidade de planificación e organización do traballo, a expresión escrita, a orde, a busca de fontes, a correcta citación bibliográfica, e a formulación de conclusións críticas.
• Para superar a materia con avaliación continua será necesario aprobar os dous apartados por separado cunha puntuación mínima de 5/10. A avaliación continua perderase pola non asistencia ou non intervención nas actividades formativas presenciais (expositivas e interactivas), e/ou por non entregar os traballos e actividades non presenciais no tempo establecido. En ambos casos a materia considerarase suspensa:
- Actividades formativas presenciais (expositivas e interactivas) suspensas: Esta parte considerarase suspensa se o alumno/a ten unha ausencia non xustificada maior que o 30% das horas de asistencia presenciais (expositivas e interactivas), e/ou se non participa nas actividades propostas nas clases interactivas.
- Actividades formativas non presenciais suspensas: Esta parte considerarase suspensa se o alumno/a non entrega máis dun 30% das actividades requiridas pola profesora, ou as entregadas non cumpren coa calidade esperada e explicada con antelación pola profesora.
• Se o alumno/a está exento da asistencia mediante a concesión dunha dispensa, segundo os criterios estipulados na normativa da USC (segundo a Instrución núm. 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), avaliarase cunha proba escrita específica que suporá un 100% da cualificación.
• O alumnado que tivera que repetir esta materia por non habela superado nun curso anterior estará sometido aos mesmos criterios de avaliación que no caso ordinario, se ben estará exento de asistir ás clases en caso de que superara esa avaliación continua no curso pasado correspondente, debendo aportar soamente os traballos prácticos conforme ás características e datas de entrega do sistema ordinario. Pola contra, se xa ten superados os traballos prácticos, unicamente deberá superar nesta convocatoria a avaliación continua mediante a súa asistencia e participación activa nas clases presenciais.
Presencial: 24 horas (docencia expositiva: 9 horas, docencia interactiva: 12 horas, titorías: 3 horas).
Non presencial: 51 horas (preparación das sesións expositivas: 18 horas, preparación das sesións interactivas: 24 horas, titorías non presenciais: 9 horas).
Total: 75 horas.
Para un bo seguimento da materia é imprescindible ter motivación e capacidade de traballo, asistindo ás sesións presenciais e cumprindo as actividades non presenciais nos tempos establecidos. Recomendamos que o alumno/a consulte a bibliografía proposta no programa, e que acuda as titorías sempre que o necesite. Sería conveniente que o alumno/a tivese a capacidade de ler nalgunha lingua estranxeira, ademais de coñecementos básicos de informática.
- Atención á diversidade: Darase cumprimento ao Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o “Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social”, publicado no BOE (3 de decembro de 2013): enlace
- Realización fraudulenta de probas: aplicarase o estipulado na normativa da USC en canto a “Avaliación do rendemento académico dos estudantes e revisión das cualificacións”, publicada no DOGA (21 de xullo de 2011): enlace
Ana Perez Varela
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- ana.perez.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 15 |
15.01.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
08.07.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |