Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Farmacoloxía, Área externa M.U en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Achegar aos alumnos a filosofía actual na xeración de programas de descubrimento de fármacos. Dotar aos alumnos coa formación teórico-práctica para o deseño e execución de cascadas preliminares de cribado de fármacos.
A materia divídese en dous módulos de contidos:
Módulo Introdutorio (M1): (3 créditos ECTS) é de natureza introdutoria, dirixido a investigadores que teñen pouca ou ningunha formación previa en farmacoloxía. Este módulo revisará de xeito global os principios farmacolóxicos, incluíndo as bases moleculares dos mecanismos de acción dos fármacos, as interaccións lugares diana-fármacos, os conceptos eficacia e potencia e as aproximacións modernas ao deseño de programas de desenvolvemento de fármacos.
O programa deste módulo inclúe os seguintes bloques temáticos fundamentais:
1. O I+D preclínico no proceso de descubrimento e desenvolvemento de medicamentos.
2. Conceptos básicos de farmacodinamia. Mecanismos xerais de acción dos fármacos.
Módulo Especializado (M2): (3 créditos ECTS) é de natureza aplicada ao coñecemento dos procesos de cribado de fármacos en dianas terapéuticas e antidianas.
O programa deste módulo inclúe os seguintes bloques temáticos fundamentais:
1. Identificación e validación de dianas en descubrimento preliminar de fármacos. Proteómica aplicada.
2. Deseño e execución de campañas de cribado (screening) de fármacos de baixo (LTS) e alto (HTS) rendemento.
3. Metodoloxías en cribado de baixo e alto rendemento: ensaios de unión, bioquímicos, baseados en células, siRNA, etc.
Os dous módulos da materia ofertaranse, tamén, de forma independente como cursos de investigación propios da USC abertos a investigadores que non realicen o POP. Os alumnos da materia estarán matriculados en ambos de forma automática.
Dahlin JL1, Inglese J2, Walters MA3. Mitigating risk in academic preclinical drug discovery. Nat Rev Drug Discov. 2015 Apr;14(4):279-94.
Dugger SA, Platt A, Goldstein DB. Drug development in the era of precision medicine. Nat Rev Drug Discov 2018; 17:183-196
Al Ali H. The evolution of drug discovery: from phenotypes to targets and back. MedChemComm 2016; 5. DOI:10.1039/c6md00129g
Park H, Ha J, Park SB. Label-free target identification in drug discovery via phenotypic screening. Curr Opinion Chem Biol 2019; 50:66-72
- Aprendizaxe do vocabulario en farmacoloxía preliminar.
- Capacidade de aplicar os principios xerais do descubrimento temperá de fármacos a situacións reais.
- Habilidade de organización do traballo práctico en screening farmacolóxico.
- Desenvolvemento da visión pluridisciplinar.
A metodoloxía empregada no Módulo Introdutorio (M1) consta de clases teóricas e seminarios.
Na metodoloxía empregada no Módulo Especializado (M2) levaranse a cabo sesións de posta en común e discusión nas que os alumnos prepararán e presentarán os traballos dos temas seleccionados, utilizando as novas metodoloxías usadas nos ámbitos profesionais cos formatos estándar proporcionados polos profesores nas que incorporarán a súa propia visión tralas procuras bibliográficas.
Os alumnos participan en webinars e, na medida das posibilidades visitan e coñecen as actividades en descubrimento temperá de fármacos da Plataforma Innopharma do ERIC EU-OPENSCREEN da USC
- Avaliación continuada (30% da nota final). Terase en conta a actitude do estudante ao longo do curso.
- Traballo persoal (70% da nota final). Representa a aplicación da aprendizaxe á situación concreta do ámbito de traballo/coñecemento dos estudantes. Os alumnos deben participar nos equipos que se formen e responsabilizarse da adecuada realización do traballo correspondente, o cal será asignado de mutuo acordo entre eles. Ademais, deberá participar nas exposicións que lle correspondan.
O curso consta de 6 créditos ECTS, distribuídos en 3 créditos ECTS por módulo.
Inclúe 88 horas de actividades presenciais e 62 horas de estudo e traballo persoal do alumno.
Recoméndase a participación activa e interesada do alumno nas actividades prantexadas, así como a súa asistencia ás conferencias de expertos externos.
Así mesmo, é importante o manexo da bibliografía recomendada para a materia por parte do estudante.
Plan de continxencia
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO
Ensinanza expositiva e interactiva
A docencia pódese levar a cabo igualmente, xa sexa de forma presencial ou virtual con procedementos sincrónicos e/ou asincrónicos.
Titorías
Darase prioridade á programación de titorías por medios telemáticos
Avaliación
Presencial ou telemática dependendo das condicións e do número de alumnos
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS
Ensinanza expositiva e interactiva
A docencia prantexaríase de forma virtual con procedementos sincrónicos e/ou asincrónicos.
Titorías
Por medios telemáticos
Avaliación
Por medios telemáticos
Maria Isabel Cadavid Torres
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881814902
- Correo electrónico
- mariaisabel.cadavid [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Emérito LOU
Maria Isabel Loza Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815005
- Correo electrónico
- mabel.loza [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria De Los Angeles Castro Perez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815457
- Correo electrónico
- marian.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Angel Garcia Alonso
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815429
- Correo electrónico
- angel.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Edafoloxía |
18:30-19:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Edafoloxía |
19:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Edafoloxía |
Martes | |||
16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Edafoloxía |
18:30-19:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Edafoloxía |
19:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Edafoloxía |
Mércores | |||
16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Edafoloxía |
18:30-19:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Edafoloxía |
19:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Edafoloxía |
Xoves | |||
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Edafoloxía |
17:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Edafoloxía |
Venres | |||
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Edafoloxía |
17:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Edafoloxía |