Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 15 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Psicobioloxía
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O estudante, ao finalizar esta materia, deberá:
. Saber aplicar os coñecementos adquiridos e ser capaz de resolver problemas asociados á aplicación destes tanto no contexto da intervención mediante Biofeedback (BF) e Neurofeedback (NF) coma en ámbitos multidisciplinares relacionados.
. Ser capaz de ampliar os coñecementos e habilidades adquiridos mediante o estudo autodirixido e autónomo das aplicacións e os avances mediate BF e NF.
. Poder poñer en práctica as súas aprendizaxes sobre BF e NF tendo en conta os compoñentes biopsicosociales intrínsecos ao concepto de saúde integral, de acordo coas directrices establecidas pola OMS.
. Ser capaz de planificar, desenvolver, supervisar e avaliar plans de avaliación e intervención no ámbito do BF e NF tendo en conta as variables fisiolóxicas, cognitivas e emocionais (psicofisiolóxicas, polo tanto) e as súas covariacións en cada caso particular, co fin de realizar un adestramento en autorregulación psicofisiolóxica exitoso.
. Ter habilidades comunicativas e de manexo das emocións na relación terapeuta/paciente ao longo de cada paso do programa de intervención, dende a identificación do problema ata o seguimento dos logros alcanzados durante o adestramento en BF ou NF.
. Saber seleccionar a/s modalidade/é de BF/NF máis adecuada/s a cada caso, tendo en conta a patofisiología da alteración psicofisiolóxica e demais características do caso derivadas do proceso de avaliación e identificación do problema, e ser capaz de adaptar os obxectivos e metas da intervención de forma flexible en función do proceso de avaliación continua das sesións de intervención.
. Saber consultar e manexar todas as fontes de documentación existentes no contexto da investigación sobre a eficacia da intervención mediante BF e NF.
Contidos teóricos:
Tema 1. Introdución: Biofeedback (BF) e Neurofeedback (NF) en Psicoloxía da Saúde.
Tema 2: Estrés, perfil de reactividade psicofisiolóxica e alteracións psicofisiolóxicas.
Tema 3: Métodoloxía da intervención en alteracións psicofisiolóxicas periféricas e do sistema nervioso central.
Tema 4: Autorregulación psicofisiolóxica da actividade do sistema nervioso periférico. Principais ámbitos de aplicación do BF: alteracións psicofisiolóxicas cardiovasculares; problemas do sistema neuromuscular.
Tema 5: NF como técnica de adestramento en autorregulación da actividade eléctrica cerebral (EEG). Principais ámbitos de aplicación.
Prácticas:
Adestramento en técnicas de biofeedback en sesións de laboratorio.
Sesión 1. O proceso de BF. Introdución ao procedemento de avaliación e intervención con BF. Manexo dos equipos.
Sesión 2. Avaliación da actividade psicofisiolóxica. Perfil de reactividade psicofisiolóxica.
Sesión 3. Demostración ao cliente do procedemento de BF.
Sesión 4. Adestramento en BF.
Sesión 5. Xeneralización do aprendido e avaliación fibal.
Sesión 6. Posta en común e análise dos resultados das sesións 2 a 5.
Básica:
Simón, M.A., Amenedo, E. (Coords.) (2001). Manual de Psicofisiología Aplicada. Madrid: Pirámide
Complementaria en castelan:
Carretié Arangüena, L. (2001). Psicofisiología. Madrid: Pirámide
Carrobles, J.A., Godoy, J. (1987). Biofeedback. Autocontrol de funciones biológicas y trastornos psicosomáticos. Barcelona: Martínez Roca
Labrador, F.J. (2014). Técnicas de modificación de conducta. Madrid: Pirámide.
Simón, M.A. (1989). Biofeedback y rehabilitación. Valencia: Promolibro
Vila, J., Guerra J.P. (2009). Introducción a la psicofisiología clínica (Segunda Edición). Madrid: Pirámide
Complementaria en inglés:
Everly, G.S., Lating, J.M. (Eds) (2019). A clinical guide to the treatment of the human stress response. Fourth Edition. New York: Springer.
Gatchel, R.J., Blanchard, E.B. (Eds.) (1993). Psychophysiological disorders. Washington: APA
Schwartz, M.S., Andrasik, F. (Eds.) (2017). Biofeedback: A practitioner´s guide, 4th edition. New York: Guilford Press.
Competencias básicas
1. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
2. Que os estudantes posúan habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
Competencias Xerais
3. Adquirir, desenvolver e poñer en práctica un concepto de saúde integral, que contemple os compoñentes biopsicosociales desta, de acordo coas directrices establecidas pola OMS.
4. Coñecer en profundidade os factores biolóxicos e psicosociais asociados aos problemas de saúde e enfermidade, especialmente os relacionados coa saúde mental.
5. Deseñar, desenvolver e, no seu caso, supervisar e avaliar plans e programas de intervención psicolóxica, en función da avaliación psicolóxica e das variables de tipo individual e social que concorran en cada caso.
6. Mostrar habilidades de comunicación interpersoal e de manexo das emocións axeitadas para unha interacción efectiva cos pacientes, familiares e coidadores nos procesos de identificación do problema, avaliación, comunicación do diagnóstico e intervención e seguimento psicolóxicos.
Competencias Transversais
7. Saber manexar fontes de documentación científica bibliográfica e dixital estandarizadas a nivel internacional.
8. Saber analizar criticamente e utilizar as fontes de información clínica.
9. Saber desenvolver o seu traballo dende a perspectiva da calidade e a mellora continua, coa capacidade autocrítica necesaria para un desempeño profesional responsable.
Competencias Específicas
10. Ser capaz de planificar e desnvolver unha sesión de avaliación e intervención, establecendo hipóteses das que deducir enunciados contrastables.
11. Saber seleccionar e aplicar as técnicas e os instrumentos de avaliación máis convenientes para cada caso de acordo coas súas características e contexto.
12. Saber planificar e desenvolver unha intervención psicolóxica, establecendo obxectivos pertinentes e realistas en función das características do problema e o contexto.
13. Saber realizar un seguimento dunha intervención psicolóxica, de acordo cos fins fixados, para introducir, se fose o caso, cambios na mesma durante oseu desenvolvemento.
14. Saber proporcionar retroalimentación aos destinatarios de forma axeitada e precisa co fin de implicalos nas distintas fases do proceso de avaliación, intervención e tratamento.
A metodoloxía docente descansará sobre varias actividades presenciais e non presenciais. Debido á situación de emerxencia sanitaria pola COVID-19, e seguindo as recomendacións da USC, as actividades presenciais desenvolveránse nun entorno seguro no que o uso de máscaras e/ou pantallas de protección facial será obligatorio.
Como actividades presenciais, combinarase o método expositivo (clases maxistrais) sobre os contidos teóricos da materia, con sesións de prácticas guiadas de laboratorio nas que se adestrará aos/ás estudantes no procedemento de intervención en BF. A docencia das clases prácticas, con maior carga de horas, está encamiñada ao fomento da resolución de problemas, a aprendizaxe baseada en problemas, a aprendizaxe cooperativa, e a aprendizaxe instrumental.
As actividades non presenciais completan o proceso de aprendizaxe mediante a realización de informes sobre as sesións prácticas e a realización das preguntas voluntarias de autoavaliación que se desenvolvan para cada tema teórico.
En función da situación sanitaria a metodoloxía da ensinanza pode sufrir cambios que permitan adaptacións a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
A avaliación, que será contínua, descansará nun exame escrito de resposta de desenvolvemento de lonxitude media/curta sobre os contidos teóricos. Este exame terá un peso do 35% da cualificación total obtida na materia. Ademais, valorarase a asistencia e participación activa a todas as sesións de prácticas, que puntuará até un 40% da nota total. Os informes de prácticas entregados no prazo indicado pola profesora puntuarán até un 15% da nota total, e a realización das preguntas voluntarias de autoavaliación de todos os temas teóricos puntuará atéun 10% da cualificación final.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que permitan adaptacións a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
Clases Expositivas/Maxistrais: 9 horas
Clases interactivas de prácticas de laboratorio: 15 horas
Elaboración de informes (prácticas e preguntas de autoavaliación): 20 horas aproximadamente
Actividades de Estudo: 20 horas aproximadamente
Preparación de prácticas: 11 horas aprox
Recoméndase:
Asistir ás clases teóricas, pois nelas se amplía a información contida no material de cada tema, e tratan/discuten en maior profundidade os aspectos de máis importancia e/ou actualidade.
Realizar as actividades asociadas a cada tema, e a súa revisión coa profesora, xa que posibilitan a aprendizaxe progresiva e unha mellor comprensión dos temas.
Asistir á totalidade das sesións de prácticas, xa que facilitan coñecementos procedementais e destrezas básicas para a aprendizaxe da materia, asociados ás técnicas de BF/NF en cada unha das súas modalidades máis empregadas.
Os contidos desta materia enmárcanse dentro da Psicofisioloxía Clínica, unha disciplina psicolóxica que nace da intervención da Psicofisioloxía no ámbito da saúde, mediante a aplicación das súas técnicas máis desenvolvidas: o biofeedback e o máis recente neurofeedback. Defínese clasicamente como "a aplicación das técnicas psicofisiolóxicas, conceptos e teorías, á explicación dos factores psicolóxicos que inflúen na saúde e na enfermidade" (Turpin, 1989). A Psicofisioloxía Clínica beneficiouse tamén do desenvolvemento doutras disciplinas psicolóxicas relacionadas coa saúde, como son as Técnicas de Modificación de Conduta, a Medicina Conductual, a Psicoloxía da Saúde e a Psicopatoloxía.
A forma de aproximación aos problemas relacionados coa saúde/enfermidade nesta disciplina caracterízase polo adestramento na autorregulación de funcións fisiolóxicas relacionadas co sistema nervioso periférico (biofeedback electromiográfico, cardiovascular, respiratorio, de temperatura periférica, electrodérmico) e co sistema nervioso central (neurofeedback) na intervención en problemas relacionados coa saúde.
"Modificacións introducidas ao abeiro do PLAN DE CONTINXENCIA da USC pola situación de emerxencia sanitaria pola COVID-19”
En caso de que, por mor da situación sanitaria, se establezan restricións á actividade docente presencial, contémplanse as seguintes adaptacións na metodoloxía de ensino e no sistema de avaliación.
En primeiro lugar, informar que, con carácter xeral, para todas as actividades que se desenvolvan en formato telemático, as plataformas informáticas a empregar serán o Teams de Microsoft (para vídeo-comunicación) e o Campus Virtual de Moodle (para realización e entrega de tarefas e probas de avaliación, e para comunicacións mediante foros así como para as titorías públicas), todo isto sempre mediante o usuario corporativo e sen detrimento do uso do correo-e (igualmente corporativo) para comunicación simple e individualizada.
Escenario 2 (docencia semipresencial):
Metodoloxía da ensinanza
Dado que o grupo de alumnos é reducido, o que permitirá manter a distancia interpersoal de seguridade, a docencia expositiva e interactiva presenciais poderán manterse nas mesmas condicións de aforo que no escenario 1, agás que se reducirá a duración das sesións (120 minutos) a dúas partes de 50 minutos que se interrumpirán por un descanso de 20 minutos para proceder a ventilar o laboratorio onde se imparte a docencia, agás que as autoridades académicas indiquen o contrario.
Estas sesións complementaranse con titorías en grupo programadas (síncronas a través de Teams e asíncronas mediante “Titoría pública” na Aula Virtual) para resolución de dúbidas. Poderanse introducir actividades (do tipo de exercicios breves) para afondar nos contidos; cando estas actividades requiran a entrega de material, realizarase a través do CV e se informará puntualmente se serán tidas en conta para a avaliación da materia.
No relativo as sesións interactivas, modificarase para evitar as partes que requiran de contacto físico (v.g., colocación de eléctrodos para rexistros psicofisiolóxicos). A parte que, por esta razón, non poida realizarse, suplirase mediante presentacións gráficas ou videográficas. Se as indicacións xerais da organización deste "escenario" para a Facultade o esixisen, algunhas das sesións poderían adaptarse a un formato de impartición en remoto (síncrono). Isto podería conlevar a alteración da orde prevista das prácticas en función do momento de entrada en vigor deste escenario e das previsións relativas á súa duración.
TRABALLO AUTÓNOMO DO/A ESTUDANTE: nos mesmos termos que no escenario 1.
TITORÍAS INDIVIDUAIS: nos mesmos termos que no escenario 1, realizaranse preferentemente de modo telemático.
SOPORTE DA MATERIA A TRAVÉS DE TIC: ao contemplado no escenario 1, engádese o uso da plataforma Teams para as sesións de clase / titorías en remoto.
Metodoloxía da avaliación
Será o mesmo que no escenario 1 adaptado á modalidade presencial ou remota en función do que dispoña a Comisión do Título e/ou o Decanato da Facultade: se non fose posible realizar o exame de modo presencial directo, realizarase a través do CV; o tipo de exame será o especificado para o escenario 1.
Escenario 3 (docencia telemática):
Metodoloxía da ensinanza
1. A docencia expositiva presencial impartirase por videoconferencia (síncrona) mediante a aplicación Microsoft Teams. A docencia se impartirá no horario oficial da materia.
2. Ademáis, as titorías presenciais se desenvolverán no horario oficial da materia (luns, martes e xoves, de 12:00 a 14:00) mediante Microsoft Teams, Aula Virtual e correo electrónico.
3. A docencia práctica substituirase por material infográfico e videográfico (asíncrono) a través da Aula Virtual, e por sesións de discusión sobre cuestións procedimentais da aplicación clínica da intervención mediante BF e NF nos que se expoñerán os aspectos esenciais das sesións prácticas, no horario oficial da materia a través de Teams (síncrono).
4. As actividades non presenciais quedan sen modificacións.
5. Por último, mantense actualizada a aula virtual da materia cos contidos e documentos necesarios para o correcto desenvolvemento da asignatura.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
1. A avaliación será telemática (asíncrona).
2. O peso do exame presencial (até o 35% da nota total) trasládase á realización obligatoria de unha de 2 preguntas de avaliación de cada un dos cinco temas teóricos da materia que estarán dispoñibles na Aula Virtual para todo o alumnado matriculado na mesma. O total das 5 preguntas seleccionadas por cada estudiante deberá enviarse á profesora na data e hora indicadas na Aula Virtual.
3. A valoración das prácticas (até o 55% do total) se baseará na asistencia as sesións síncronas a través de Teams e na realización dos informes que se soliciten sobre o material asíncrono cargado na Aula Virtual.
4. A realización voluntaria de todas as preguntas de autoavaliación de cada tema seguirá puntuando como nos escenarios 1 e 2 (até o 10% da nota total).
NOTA: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Maria Elena Amenedo Losada
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813799
- Correo electrónico
- elena.amenedo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Laboratorio docente de Psicofisioloxía |
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Laboratorio docente de Psicofisioloxía |
19.04.2021 18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Seminario da Área de Psicobioloxía |
13.07.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario da Área de Psicobioloxía |