Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 8 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Coñecer as aproximacións teóricas que avalan a intervención en crise e o trauma das vítimas
2. Coñecer as diferentes crises ás que poden ter que facer fronte as persoas ao longo do ciclo vital
3. Identificar as repercusións psicolóxicas derivadas dun trauma
4. Identificar as fases de desenvolvemento da crise/trauma, os factores persoais e contextuais que inflúen na súa evolución e nas respostas ao trauma
5. Analizar os obxectivos e o rol dos profesionais na intervención en crise
6. Coñecer as técnicas de avaliación axeitadas a cada caso, saber seleccionalas, e interpretar os resultados
7. Aprender a planificar e levar a cabo a intervención psicolóxica axeitada ao caso
8. Obter información especializada sobre o tema, poder interpretala criticamente e saber formular propostas relevantes de investigación.
1. Aspectos introdutorios.
Perspectiva histórica. Aproximación teórica na intervención en crise. Aclaracións conceptuais. Tipos de crisis e traumas. Modelo de resposta en situacións traumáticas.
2. As vítimas.
Tipos de vítimas. Reaccións das vítimas. Consecuencias psicolóxicas postrauma. Factores mediadores de vulnerabilidade e de protección.
3. Procedemento de actuación.
Roles e funcións xerais do equipo de psicólogos. Valoración xeral do suceso. Organización do suceso.
4. Características da avaliación en crise e trauma.
Identificación de persoas afectadas e ficha de datos familiares. Avaliación socio-familiar. Valoración de necesidades de intervención inmediata e situacións especiais. Avaliación individualizada. Probas tipificadas.
5. Tipos e niveis de intervención.
Principios da intervención. Medidas xerais de actuación sobre síntomas inmediatos. Tratamento farmacológico. Defusing e Debriefing. Intervención sobre secuelas agudas postraumáticas. Intervención en trastornos específicos.
6. Situacións especiais de intervención.
Comunicación de malas noticias. Identificación de cadáveres. Intervención cos menores. Comportamento suicida.
Bibliografía básica:
- Fernández, A. y Rodríguez, B. (2002). Intervención en crisis. Madrid: Síntesis.
- Wainrib, B.R. y Bloch, E.L. (2001). Intervención en crisis y respuesta al trauma. Bilbao: Desclée de Brouwer.
Bibliografía complementaria:
- Armayones, M. (2007). Técnicas de apoyo psicológico y social en situaciones de crisis. Cómo desarrollar habilidades adecuadas ante situaciones de emergencia. Vigo: Ideaspropias Editorial.
- Egozcue, M.M. (2005). Primeros auxilios psicológicos. México: Paidós.
- Echeburúa, E. (2004). Superar un trauma. El tratamiento de las víctimas de sucesos violentos. Madrid: Pirámide.
- Fernández-Ballesteros, R. (2002). Y...cuando ocurre lo inevitable. Madrid: Pirámide.
- Fernández-Martos, J.M. y Miralles, F. (2000). Sin lugar para ser humano. Madrid: Publicaciones de la Universidad Pontificia de Comillas.
- Fernández-Millán, J.L. (2006). Apoyo psicológico en situaciones de emergencia. Madrid: Pirámide.
- García, M., Gil, J.M. y Valero, M. (2007). Psicología y desastres: aspectos psicosociales. Castellón de la Plana: Publicacions de la Universitat Jaume I.
- Herman, J. (2004). Trauma y recuperación. Cómo superar las consecuencias de la violencia. Madrid: Espasa Calpe.
- Hillman, J.L. (2002). Crisis Intervention and Trauma. New aporoaches to evidence-based practice. New York: Kluwer.
- Robles, J.I. y Medina, J.L. (2002). Intervención psicológica en las catástrofes. Madrid: Síntesis.
- Sabouraud-Séguin, A. (2003). Cómo superar un trauma psicológico. Madrid: Síntesis.
- Slaikeu, K. (2004). Intervención en crisis: manual para la práctica e investigación. México: El Manual Moderno.
- Waisbrot, D., Wikinski, M., Rolfo, C., Slucki, D. y Toporosi, S. (2003). Clínica psicoanalítica ante las catástrofes sociales. La experiencia argentina. Buenos Aires: Paidós.
BÁSICAS E XERAIS
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
CG6 - Coñecer en profundidade os distintos modelos de avaliación e intervención no campo da Psicoloxía Xeral Sanitaria , así como as técnicas e procedementos que deles derívanse para a abordaxe dos trastornos do comportamento e os factores psicolóxicos asociados cos problemas de saúde.
CG7 - Planificar, realizar e, no seu caso, supervisar o proceso de avaliación psicolóxica do comportamento humano e dos factores psicolóxicos asociados cos problemas de saúde para establecer a avaliación dos mesmos.
CG8 - Deseñar, desenvolver e, no seu caso, supervisar e avaliar plans e programas de intervención psicolóxica, en función da avaliación psicolóxica e das variables de tipo individual e social que concorran en cada caso.
CG9 - Mostrar habilidades de comunicación interpersoal e de manexo das emocións adecuadas para unha interacción efectiva cos pacientes, familiares e coidadores nos procesos de identificación do problema, avaliación, comunicación do diagnóstico e intervención e seguimento psicolóxicos.
TRANSVERSAIS
CT2 - Saber manexar fontes de documentación científica bibliográfica e dixital estandarizadas a nivel internacional.
CT3 - Saber analizar críticamente e utilizar as fontes de información clínica.
ESPECÍFICAS
CE3 - Saber seleccionar e aplicar as técnicas e os instrumentos de avaliación máis convenientes para cada caso de acordo coas súas características e contexto.
CE5 - Saber elixir e aplicar as técnicas de intervención psicolóxica máis adecuadas de acordo coa súa finalidade (prevención, rehabilitación, consello, asesoramento etc.).
CE6 - Saber planificar e desenvolver unha intervención psicolóxica, establecendo obxectivos pertinentes e realistas en función das características do problema e o contexto.
CE7 - Saber realizar o seguimento dunha intervención psicolóxica, de acordo cos fins fixados, para introducir, se fose o caso, cambios na mesma durante o seu desenvolvemento.
CE8 - Saber proporcionar retroalimentación aos destinatarios de forma adecuada e precisa co fin de implicalos nas distintas fases do proceso de avaliación e intervención psicolóxicas.
- Método expositivo/Clase maxistral
As clases expositivas serven para introducir e guiar o desenvolvemento dos diferentes contidos do programa. Preséntanse co apoio dos medios audiovisuais dispoñibles na aula.
- Elaboración de traballos e informes
Os traballos e as sesións de discusión complementan os contidos teóricos e realízanse a partir de textos, artigos ou vídeos presentados ós estudantes. Fanse individualmente ou en grupos reducidos. Tamén se realizarán casos prácticos para diferentes casuísticas de persoas en situación de crise e trauma.
- Como apoio á materia, estará disponible para todos os alumnos unha aula virtual no Campus Virtual da USC.
- En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que permitan adaptacións a escenarios de ensino telemáticos ou de semipresencialidade (ver Observacións).
- A teoría avaliarase a través dun exame, que consistirá nunha proba obxectiva tipo test (4 alternativas de resposta) e/ou de resposta corta. Esta proba ten un peso na nota final dun 60%.
- A parte interactiva avaliarase atendendo as diferentes actividades que o/a estudante vai realizando ao longo do curso. Por tanto, o 40% restante da nota obterase tendo en conta a asistencia a clases, a participación nestas e a realización de distintos exercicios e traballos: exposicións en clase, traballos cooperativos, sesións de debate, informes de prácticas, casos prácticos...
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que permitan adaptacións a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
Asistencia a actividades presenciais: 24h. (clases maxistrais: 15 h., clases interactivas: 8 h., titorías en grupos reducidos: 1h.).
Traballo non presencial: 51 h. Este deberá distribuírse entre actividades de estudo (18 h.), preparación de seminarios (14 h.), elaboración de traballos e informes (19 h.).
O alumno/a debería contar, para un bo aproveitamento desta materia, con coñecementos básicos de Psicopatoloxía e Tratamentos psicolóxicos.
Plan de continxencia:
* Metodoloxía da ensinanza: Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos poderán ser traballados de maneira autónoma polo/a estudante, que será debidamente informado/a á través do Campus Virtual da materia. En caso de requirirse docencia telemática (tanto expositiva como interactiva) poderán empregarse as ferramentas Teams (para docencia síncrona) e o Campus Virtual (para docencia asíncrona). As actividades levadas a cabo a través do Campus Virtual serán obxecto de seguimento, realizando unha programación das entregas, controlando o nivel de participación do alumnado e outorgando unha cualificación ás diferentes tarefas que se expoñan.
* Sistema de avaliación en escenarios 2 (docencia semipresencial) ou 3 (docencia en remoto): A ratio teoría/práctica na nota final do/a alumno/a cambiará, se no escenario 1 a ratio era 60/40, en escenario 2 e 3 será 40/60.
- Avaliación teórica: O exame final terá lugar telemáticamente coa ferramenta Cuestionario do Campus Virtual. Consistirá nunha proba obxectiva de 30 ítems e dúas opcións de resposta (verdadeira / falsa). Realizarase de xeito síncrono na data establecida polo Decanato (nos casos de probas fraudulentas aplicarase o disposto na "Avaliación do rendemento académico dos estudantes e revisión das cualificacións"). Esta proba obxectiva ten un peso na nota final do 40%.
- Avaliación da parte interactiva: As actividades de carácter práctico (exposicións, traballos cooperativos, sesións de debate, informes de prácticas, casos prácticos) terán un peso dun 60% se estamos en escenarios de ensino semipresencial ou telemático (2 ou 3). Nestas circunstancias, as tarefas interactivas realizadas anteriormente no escenario 1 (presencial) terán o mesmo peso que as tarefas realizadas e entregadas a través do Campus Virtual nos escenarios 2 ou 3.
Maria Jose Santiago Mariño
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813775
- Correo electrónico
- mariajose.santiago [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 9 |
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 9 |
21.04.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 |
08.07.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario da Área de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxicos |