Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Psicobioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos da materia
Xeral: Aproximar ao alumno ás estratexias, métodos e técnicas de investigación da Neurociencia Cognitiva (NC) no estudo dos procesos psíquicos normais e patolóxicos.
Específico: Afondar nalgúns avances da investigación aplicada en Neurociencia Cognitiva.
Liñas de investigación aplicada en Psicofisioloxía desenvolvidas polos docentes.
1- Avaliación neurocognitiva do avellentamento normal e patolóxico.
2- Psicofisioloxía e neuropsicología do alcoholismo e do risco ao alcoholismo.
3- Avances na investigación en Neurociencia Cognitiva.
Andreassi, J.L. (2006). Psychophysiology: Human behavior and physiological response, 5th ed. Mahwah, NJ: Lawrence Erlbaum Assoc.
Cabeza, R., Nyberg, L. & Park, D. (2005). Cognitive Neuroscience of Aging. Linking Cognitive and Cerebral Aging. New York: Oxford University Press.
Cacioppo, J.T., Tassinary, L.G. & Berntson, G.G. (Eds.) (2007). Handbook of Psychophysiology, 3rd ed. Cambridge, UK: Cambridge Univ Press.
Gazzaniga, M.S. (2004) The New Cognitive Neurosciences III. Cambridge (Massachusetts): MIT Press.
Proporcionaranse ao alumno artigos científicos recentes sobre as temáticas da materia
Revistas relacionadas coas temáticas da materia.
- Addiction - Internacional J. of Psychophysiology
- Age and Ageing - J. Clin. and Exper. Neuropsychology - Alzheimer's and Dementia
- Alcoholism: Clin. Exp. Res. - J. of Cognitive Neuroscience - J. of Alzheimer Disease
- Biological Psychology - J. of Psychophysiology
- Biological Psychiatry - J. of Neurosciences
- Cognitive, Affect. and Beh. Neurosc. - J. of Studies on Alcohol and Drugs
- Cognitive and Behavioral Neurology - Neurobiology of Aging
- Gognitive Brain Research - Neuroimage
- Drug and Alcohol Dependence - Neuropsychology; Neuropsychologia
- Experimental Aging Research - Psychology of Aging
- Human Brain Mapping - Psychophysiology - Frontiers in Human Neuroscience - Frontiers in Aging Neuroscience
- Adquirir capacidade para realizar revisións críticas da literatura en Neurociencia Cognitiva.
- Coñecer e saber acceder ás principais fontes documentais especializadas en Neurociencia Cognitiva.
- Adquirir habilidades para a elaboración dun informe de investigación.
- Adquirir habilidades para o deseño dun proxecto de investigación en neurociencia cognitiva.
Clases presenciais (sesións expositivas, seminarios de posta en común e sesións de debate) e actividades dirixidas (búsquedas bibliográficas, revisións críticas, elaboración de informes, deseño dun proxecto de investigación)
En función da situación sanitaria a metodoloxía da ensinanza pode sufrir cambios que permitan adaptacións a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
Realizarase unha avaliación continua na que se terá en conta:
- A participación activa nas clases teóricas e nos debates.
- A elaboración razoada, con presentación pública, dun traballo de síntese bibliográfica ou dun proxecto de investigación aplicada no ámbito da neurociencia cognitiva.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que permitan adaptacións a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
O tempo total de estudo e traballo do/a estudante para superar esta materia é de 100 horas, todas de carácter teórico. Un 30 % das horas serán presenciais e o resto será traballo dos estudantes, ben individual ou ben organizado en grupos.
Clases: 30 horas presenciais, 65 horas de traballo persoal total
Titorias: 5 horas
Ter formación de nivel de grao nas bases biolóxicas do comportamento humano (Fundamentos de Psicobioloxía -neurofisioloxía e neuroanatomía-, Psicoloxía Fisiolóxica, Psicofisioloxía, Neuropsicoloxía).
En canto ao posgrao, é recomendable que se matricule nas outras materias adscritas a área de Psicobioloxía.
Esta materia versa sobre investigación aplicada en Neurociencia cognitiva baseándose para afrontala nas distintas liñas de investigación que se levan a cabo na área de Psicobioloxía da USC, tando desde o ámbito da Psicofisioloxía como desde o da Neuropsicoloxía. Céntrase en temáticas como o avellentamento, as adiccións e algunhas patoloxías cerebrais poñendo de manifiesto a importancia do abordaxe multidisciplicar dos temas de estudio.
A aprendizaje dos contidos e destrezas propias desta materia deben capacitar a/ao estudante para realizar propostas de traballos de investigación no contexto da Neurociencia cognitiva.
PLAN DE CONTINXENCIA - METODOLOXÍA DA ENSINANZA EN ESCENARIOS 2 E 3
En caso de que, por mor da situación sanitaria, se establezan restricións á actividade docente presencial, contémplanse as seguintes adaptacións na metodoloxía de ensino e no sistema de avaliación.
Con carácter xeral, para todas as actividades que se desenvolvan en formato telemático, as plataformas informáticas a empregar serán o Teams de Microsoft (para vídeo-comunicación) e o Campus Virtual de Moodle (para realización e entrega de tarefas e probas de avaliación, e para comunicacións mediante foros), todo isto sempre mediante o usuario corporativo e sen detrimento do uso do correo-e (igualmente corporativo) para comunicación simple e individualizada.
Metodoloxía de ensino
Escenario 2 (restrición parcial da presencialidade).
SESIÓNS EXPOSITIVAS: Dado que o número de estudantes previstos non é superior a 10, realizaranse segundo o calendario oficial na aula asignada.
SESIÓNS INTERACTIVAS: mantéñense no mesmo horario e distribución de grupos. Se as indicacións xerais da organización deste "escenario" para a Facultade o esixise, algunhas das sesións poderían adaptarse a un formato de impartición en remoto (síncrono). Isto podería conlevar a alteración da orde prevista das prácticas en función do momento de entrada en vigor deste escenario e das previsións relativas á súa duración.
SESIÓNS DE REVISIÓN/TITORÍA EN GRUPO: nos mesmos termos que no escenario 1.
TRABALLO AUTÓNOMO DO/A ESTUDANTE: nos mesmos termos que no escenario 1.
TITORÍAS INDIVIDUAIS: nos mesmos termos que no escenario 1, realizaranse preferentemente de modo telemático.
SOPORTE DA MATERIA A TRAVÉS DE TIC: ao contemplado no escenario 1, engádese o uso da plataforma Teams para as sesións de clase / titorías en remoto.
Escenario 3 (restrición total da presencialidade).
SESIÓNS EXPOSITIVAS: A docencia desenvolverase completamente en remoto, de xeito síncrono e respectando os horarios do Escenario 1. A exposición de contidos nestas clases focalizarase nos aspectos máis esenciais e/ou complexos, e se complementará con resolución de dúbidas e/ou realización de actividades sobre os contidos
SESIÓNS INTERACTIVAS: As prácticas realizaranse de modo remoto-síncrono.
SESIÓNS DE REVISIÓN/TITORÍA EN GRUPO: substitúense por retroalimentación sobre as actividades entregada vía CV a través desa mesma ferramenta.
TRABALLO AUTÓNOMO DO/A ESTUDANTE: nos mesmos termos que no escenario 1.
TITORÍAS INDIVIDUAIS: nos mesmos termos que no escenario 1, realizaranse exclusivamente mediante comunicación telemática
SOPORTE DA MATERIA A TRAVÉS DE TIC: ao contemplado no escenario 1, engádese o uso da plataforma Teams para as sesións de clase / titorías en remoto.
Sistema de avaliación
Escenario 2 (restrición parcial da presencialidade).
Será o mesmo que no escenario 1 adaptado á modalidade presencial ou remota en función do que dispoña a Comisión do Título e/ou o Decanato da Facultade: se non fose posible realizar algunha das avaliacións de modo presencial directo, realizarase utilizando as ferramentas proporcionadas pola USC para a docencia "en remoto".
Escenario 3 (restrición total da presencialidade).
Será o mesmo que no escenario 1, coa diferenza de que a presentación do traballo se realizará de modo remoto, utilizando as ferramentas proporcionadas pola USC.
Fernando Díaz Fernández
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813800
- Correo electrónico
- fernando.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Fernando Cadaveira Mahía
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813797
- Correo electrónico
- fernando.cadaveira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | X_Facultade de Psicoloxía |
02.05.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | X_Facultade de Psicoloxía |
16.06.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | X_Facultade de Psicoloxía |