Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A). Aproximar os coñecementos básicos da Psicoloxía Social aplicada ao Turismo.
B). Analizar e profundar nas achegas teóricas e metodológicas que desde a Psicoloxía Social derívanse para o estudo do feito turístico.
C). Favorecer o desenvolvemento da perspectiva social do turismo.
PARTE TEÓRICA.
1. Psicoloxía Social do Turismo.
2. Actitudes e turismo.
3. Motivación e satisfacción.
PARTE PRÁCTICA.
Nesta parte da materia inclúense prácticas no aula nas que se levarán a cabo seminarios e clases prácticas (análises de artigos, dinámicas de grupo, análise de casos, simulacións) que ilustren os contidos teóricos. Tomarase contacto coa instrumentación e co deseño de aplicacións.
Bibliografía básica e complementaria.
Arias, A. V. Morales, F.J. Nouvilas, E. Pallejá, y Martínez, J.L. (2012).Psicología social aplicada. Madrid: Panamericana.
Castaño, J.M. (2005). Psicología Social de los viajes y del turismo. Madrid: Thomson.
Expósito, F. y Moya, M. (2005) (Coords.). Aplicando la Psicología Social. Madrid: Pirámide.
Martínez, V. (2006). Ocio y turismo en la sociedad actual. Madrid: McGraw-Hill.
Morales, J.F. (2007). Psicología Social. Madrid. MCGraw-Hilll.
Moya, M. (Coord.) (1999). Prácticas de Psicología Social. Madrid: UNED.
Pearce, P. L. (1982). The social psychology of tourist behaviour. Pergamon Press. Oxford.
Quintanilla, I. (2002). Psicología del consumidor.Madrid: Pearson.
San Martín, J.E. (1997). Psicosociología del Ocio y el Turismo. Archidona: Ediciones Aljibe.
A bibliografía complementaria facilitaráselle ao alumno na guía correspondente a cada un dos temas.
Os resultados do proceso de aprendizaxe:
Tras estas clases, o alumno será capaz de:
-Aplicar os coñecementos básicos e ferramentas necesarias para a análise do comportamento individual e colectivo na súa práctica profesional.
-Explicar as contribucións teóricas e metodolóxicas da Psicoloxía social son derivadas ao estudo do turismo fixo.
Competencias da titulación nas que contribúe a materia:
- Definir o turismo urbano e xestión de empresas de turismo.
- Aplicar o coñecemento á realidade do sector do turismo.
- Comunicar información, ideas, e propostas de solucións propostas para públicos especialistas e non especialistas
-Identificar tendencias e dinámicas dos mercados turísticos.
- Describir un destino turístico como un sistema.
Competencias transversais:
Analizar e sintetizar a información.
Traballar en equipos de composición diversa
A) Docencia teoría.
A docencia expositiva concrétase en clases maxistrais nas que se fomentará a participación e co-participación do alumnado. Empregaranse de forma xenérica medios audiovisuais, fundamentalmente presentacións en power point, fragmentos de vídeo, peliculas,...
B) Docencia interactiva.
Na docencia práctica realizaranse análise e discusión de artigos de interese, análise de casos, simulacións e dinámicas de grupos.
Os traballos faranse individualmente ou en grupo, cun máximo de cinco alumnos, segundo proceda e sexa indicado polo profesor.
C) Acción titorial.
Tutorías presenciais ou on-line para atender cuestións relacionadas co proceso formativo.
Seguirase un criterio de unha avaliación continua e sumativa, coa seguinte ponderación na puntuación final.
A cualificación final farase en función dos seguintes ítems:
Actividades na aula:
-asistencia e participación en todas as actividades (clases teóricas, seminarios e outras actividades complementarias) (20%).
Elaboración e presentación de traballos relacionados coas competencias da asignatura:
-realización e presentación de traballos e informes obrigatorios relacionados co contido da materia 20%
- lecturas comentadas, recensións ou outros traballos voluntarios (10%).
- proba final escrita fixada no calendario oficial do centro (40%).
Ademais da asistencia e a participación, na avaliación ordinaria dos informes e traballos individuais e grupales do alumno/a valorarase a calidade, pertinencia, funcionalidade e orixinalidade dos mesmos.
Para superar a materia será necesaria unha asistencia mínima do 80% ás actividades docentes presenciais programadas. Os alumnos repetidores estarán exentos da asistencia ás actividades presenciais obrigatorias, a condición de que as superaron con anterioridade.
Para o examen final e de acordo a situación se podrá recurrir a:
Escenario 2: Distanciamento
O examen final será tipo test e se recurrirá a plataforma TEAMS.
Escenario 3: Peche das instalacións
O examen final será tipo test e se empregará a plataforma TEAMS.
As horas de traballo totais distribúense como segue:
Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 27.
Traballo persoal do alumno: 48
Hours of work are distributed as follows:
- face-to-face hours: hours of expository teaching, interactive teaching, mentoring and evaluation: student personal 27.Trabajo: 48
PLAN DE CONTINXENCIA
Escenario 2: Distanciamento
Neste escenario, as clases impartiranse de xeito presencial e en liña, empregando a plataforma Microsoft Teams e o soporte do campus virtual da USC. O contido e desenvolvemento das clases expositivas serán os mesmos que na modalidade presencial, adaptando os materiais de soporte ao modo en remoto. No caso de sesións interactivas, estas realizaranse de xeito persoal, seguindo a mesma metodoloxía que no escenario 1, combinando tarefas individuais e grupais.
Escenario 3: Peche das instalacións
Para a modalidade en remoto empregaranse para as clases expositivas como interactivas a plataforma de Teams e campus virtual da USC. No caso das sesións expositivas, o seu contido será o mesmo que nos escenarios anteriores. En canto ás sesións interactivas, o contido adaptarase de xeito que os estudantes podan levalos a cabo de xeito non presencial. Os materiais necesarios facilitaranse a través do campus virtual da USC.
O alumnado ao que se lle concedese a dispensa de asistencia segundo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, será avaliado cunha proba final específica que supón o 100% da nota. Esta proba será presencial ou virtual (en remoto) en función do escenario determinado pola evolución das condicións sanitarias, tal e como se describiu anteriormente.
Manuel Vilariño Vazquez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula de Informática 3 |
17:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula de Informática 3 |
08.06.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 02 |
08.06.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02 |
13.07.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 02 |
13.07.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02 |