Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Enxeñaría Agronómica
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Adquisición dos coñecementos para deseñar programas de nutrición na produción animal
Táboas de caracterización de alimentos e a súa interpretación. Necesidades dos animais en función de diferentes variables produtivas e reprodutivas. Metodoloxía de análise e determinación do valor nutritivo dos alimentos. Identificación das materias primas máis frecuentemente utilizadas en formulación: materias proteaxinosas, enerxéticas, oleaxinosas, fibrosas, forraxes deshidratadas, forraxes ensiladas, correctores vitamínicos e aditivos. Caracterización de forraxes segundo o seu estado de conservación. Influencia na capacidade de inxestión dos animais. Medición e caracterización do pasto.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte temario:
Tema 1. A alimentación animal, o contido en nutrientes dos alimentos, a utilización dixestiva e metabólica dos nutrientes e a formulación de racións.
Tema 2. Necesidades de nutrientes dos animais, tipos de necesidades e métodos de valoración destas necesidades.
Tema 3. Contido en nutrientes dos diferentes alimentos, composición química dos alimentos, clasificación das diferentes materias primas segundo as súas composicións.
Tema 4. Substancias indesexables contidas nos alimentos e factores antinutricionais.
Tema 5. A dixestión dos alimentos. O sistema dixestivo dos monogástricos.
Tema 6. O metabolismos dos nutrientes, utilización dos nutrientes absorbidos.
Tema 7. A degradación ruminal e a dixestión dos alimentos. O sistema dixestivo dos ruminantes
Tema 8. O valor nutritivo dos alimentos. Os nutrientes estruturais
Temario práctico
Práctica 1.-Visita a unha explotación
Práctica 2.- Visita a unha fábrica de pensos
Práctica 3.- Programas de racionamento.
Blas, C de (1987) Nutrición y Alimentación del Ganado
INRA (1988) Alimentación de Ovinos y Caprinos
National Reserch Council (2001)
Webster, J (1990) Understanding the dairy cow
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría agronómica en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, inclúense as seguintes:
Xenerais:
CG1 - Capacidade para planificar, organizar, dirixir e controlar os sistemas e procesos produtivos desenvolvidos no sector agrario e a industria agroalimentaria, nun marco que garanta a competitividade das empresas sen esquecer a protección e conservación do medio ambiente e a mellora e desenvolvemento sostible do medio rural.
CG7 - Aptitude para desenvolver as habilidades necesarias para continuar a aprendizaxe de forma autónoma ou dirixida, incorporando á súa actividade profesional os novos conceptos, procesos ou métodos derivados da investigación, o desenvolvemento e a innovación.
Básicas:
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que deberá ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias transversais
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
Competencias específicas
CE12 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en nutrición, hixiene na produción animal.
Materia cuadrimestral, con 12 horas de clases maxistrais distribuídas en catro horas por semana. As prácticas de laboratorio realizaranse en grupos de 20 alumnos, sendo necesario contar con programas informáticos instalados na aula de informática. Para rematar disponse de 3 horas de titorías en pequenos grupos.
O exame final: 90% da cualificación da nota final. CG1. CG7. CB7. CB7. CB8. CB10. CT1. CT5. CT8. CT9. CT10.
Asistencia: 10 %
É necesario obter un mínimo de 4 puntos na nota de teoría.
Salvo que o alumno desexe melloralas, as cualificacións prácticas e a asistencia conservaranse para a 2ª oportunidade e convocatorias posteriores.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA HORAS TRABALLO INDIVIDUAL OU EN GRUPO HORAS
Clases maxistrais 12 Estudo individual 24,0
Prácticas de laboratorio 12 Elaboración de traballos 24,0
Titorías obrigatorias 1,5 Realización do exame e exposición traballos 1,5
TRABALLO NA AULA 25,5 TRABALLO PERSOAL 49,5. TOTAL: 75 HORAS
Asistencia a todas as actividades docentes. Consulta da bibliografía recomendada. Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia e especialmente coas memorias de prácticas. Levar a materia ao día.
Arturo Gomez Perez
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Enxeñaría Agronómica
- Correo electrónico
- arturogomez [at] norteo.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Ángel Miranda González
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Enxeñaría Agronómica
- Correo electrónico
- angelmiranda.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Lourdes Celeiro Páez
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Enxeñaría Agronómica
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 (Aulario 1) |
24.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 (Aulario 4) |
02.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 (Aulario 4) |