Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Adquisición de coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en sistemas produtivos das industrias agroalimentarias. O alumno adquirirá coñecementos básicos necesarios para deseñar e proxectar industrias agroalimentarias e intervir na xestión dos seus procesos produtivos, facendo énfase na xestión de calidade. Coñecemento dos equipos e sistemas destinados á automatización e control de procesos agroalimentarios
Marco legal e operacións de proceso das industrias agroalimentarias máis importantes. Xestión da calidade agroalimentaria: variables de calidade, fases e sistemas de xestión de calidade. Aseguramento e certificación de calidade agroalimentaria. Rastrexabilidade, identificación e lotes de produtos agroalimentarios. Deseño de industrias agroalimentarias. Áreas, fluxos de materiais e enerxía, materiais construtivos e acabados. Deseño hixiénico. Equipos e instalacións auxiliares. Automatización e control de procesos agroalimentarios
PROGRAMA DE TEORÍA (24 horas)
Parte I (10 horas)
Marco legal, operacións de proceso e deseño das industrias agroalimentarias. Aplicación ás máis importantes.
Matadoiros de gando maior
Matadoiros de aves e coellos
Industrias cárnicas
Industrias hortofrutícolas
Fábricas de pensos
Industrias lácteas
Parte II (2 horas)
Deseño hixiénico.
Normativa de hixiene.
Materiais de rematado das industrias agroalimentarias.
Equipos de hixiene e para desinfección de útiles.
Parte III Instalacións auxiliares das industrias agroalimentarias (8 horas)
Introducción as instalacións das industrias agroalimentarias: función, elementos constitutivos e fluidos que empregan.
Fundamentos de instalaciones: modelización dos seus equipos e accesorios, y dos fluidos que empregan
Descripción das instalaciones más importantes: combustible, calor, frío e aire comprimido
Automatización e control de procesos agroalimentarios
Parte IV Xestión da calidade agroalimentaria (4 horas)
A Xestión da calidade : importancia, evolución histórica e enfoque actual.
Concepto de calidade e variables de calidade no sector agroalimentario.
Fases e sistemas de xestión da calidade: planificación da calidade, control da calidade e mellora da calidade.
Aseguramento e certificación da calidade agroalimentaria.
Rastrexabilidade, identificación e lotaxe de produtos agroalimentarios.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO E SEMINARIOS INTERACTIVOS (24 horas)
Nas prácticas e seminarios resolveranse casos prácticos de xestión da calidade alimentaria (variabilidade e mostraxes), mostraranse os elementos constitutivos das instalacións auxiliares das industrias agroalimentarias e se realizarán cálculos sinxelos dalgúns destes elementos
Ademais faranse 3 visitas as industrias agroalimentarias máis representativas:
- Matadoiro, industria cárnica e secadoiro de xamóns.
- Industria para procesado de produtos hortofrutícolas e adega con D. O. Ribeira Sacra.
- Industria láctea de elaboración de queixos e fábrica de pensos.
TITORÍAS (3 horas)
Seguimento do desenvolvemento de traballos sobre casos prácticos e resolución de dúbidas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- GRIMA, P. y J. TORT – MARTORELL, 1.995. Técnicas para la Gestión de la Calidad. Ed. Díaz de Santos. Madrid.
- HUBBARD, M.R. 2013. Statistical quality control for the food industry. Springer
- MONTGOMERY, D.C. 2012. Introduction to Statistical Quality Control. John Wiley & Sons Inc.
- RIVERA, L. M. 2016. Gestión de la Calidad Agroalimentaria. Antonio Madrid Vicente
- ÇENGEL, Y. y BOLES, M. 1.996. Termodinámica. Tomos I y II. McGraw-Hill Interamericana Editores, S. A. México.
- MORAN, M.J. y SHAPIRO, H. N. 1.996. Fundamentos de Termodinámica Técnica. Editorial Reverté. Barcelona, España.
- LÓPEZ, R, CASP, A, Tecnología de mataderos. Ed. Mundi-prensa. Madrid (2004)
- TETRA PAK. Manual de industrias lácteas. Ed. Tetra Pak. Madrid (1.996).
- MADRID, A. Piensos y alimentos para animales. Ed. AMV ediciones. y Mundi-Prensa, Madrid (1.995).
- RODRÍGUEZ., E. Industrias de la alimentación. Ed. Bellisco. Madrid (1.990).
- CENZANO, I. Nuevo manual de Industrias alimentarias. Ed. AMV Ediciones. Madrid (1.993).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- ANZALDUA-MORALES, A. (1994). La evaluación sensorial de los alimentos en la teoría y en la práctica. Ed. Acribia, Zaragoza.
- ALONSO VALLE, F. (1996) “La seguridad en calderas”. Ed. Instituto Nacional de Seguridad e Higiene en el Trabajo. Madrid.
- ARBONES, E., GÓMEZ, J. y VAZQUEZ, E. 2.001. Las Instalaciones de Aire Comprimido en la Industria Agroalimentaria. Fundamentos Termodinámicos y Diseño. Ed Trymar. Lugo.
- CARNICER, E. 1.994 “Aire comprimido. Teoría y cálculo de las instalaciones”. Ed. Paraninfo. Madrid.
- CENTRO DE ESTUDIOS DE LA ENERGÍA. (1983). “Manuales técnicos y de instrucción para conservación de energía. 2. Generación de vapor”. Ed. Centro de Estudios de la Energía. Madrid.
- CREUS, A. (1997) “Instrumentación industrial”. Ed. Marcombo. Barcelona.
- LÓPEZ, A. Diseño de industrias agroalimentarias. Ed. AMV Ediciones. Madrid (1990).
- LÓPEZ, A. Las instalaciones frigoríficas en la industria alimentaria. Ed. AMV Ediciones. Madrid (1994).
- ARTHEY, D. Procesado de hortalizas. Ed. Acribia. Zaragoza (1.992).
- ARTHEY, D. Procesado de frutas. Ed. Acribia. Zaragoza (1.997).
- HERRERO, A. Conservación de frutos. Ed. Mundi-prensa. Madrid (1.992).
- MADRID, A. Curso de industrias lácteas. Ed. AMV Ediciones. Madrid (1.996).
- ALFA LAVAL. Manual de industrias lácteas. Ed. AMV. Ediciones. Madrid (1.990).
- SÁNCHEZ, M. T. Procesos de elaboración de alimentos y bebidas. Ed. AMV Ediciones Madrid. (2003).
- GARCIA-VAQUERO, E. AYUGA, F. Diseño y construcción de Industrias Agroalimentarias. Ed. Mundi-prensa, Madrid (1993).
- MELGAREJO, P. Aislamiento, cálculo y construcción de cámaras frigoríficas. Ed. AMV. Ediciones. Madrid (1995).
- BRODY, A. L. envasado de alimentos en atmosferas controladas, modificadas y a vacio. Ed. Acribia. Zaragoza (1.996).
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Capacidade para planificar, organizar, dirixir e controlar os sistemas e procesos produtivos desenvolvidos no sector agrario e a industria agroalimentaria, nun marco que garanta a competitividade das empresas sen esquecer a protección e conservación do medio e a mellora e desenvolvemento sostible do medio rural.
CG7 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou ámbitos cambiantes.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
Estas competencias adquírense conxuntamente con outras materias.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE14 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en sistemas produtivos das industrias agroalimentarias.
CE15 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en equipos e sistemas destinados á automatización e control de procesos agroalimentarios.
CE16 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en xestión da calidade e da seguridade alimentaria, análise de alimentos e rastrexabilidade.
Escenario 1
- Docencia expositiva (presencial): Clases teóricas nas que se desenvolverán os temas do programa e aclaración de dúbidas sobre os conceptos explicados. (Competencias CG1, CG7, CE14, CE15, CE16)
- Docencia interactiva (presencial): Prácticas de laboratorio e seminarios para realización de exercicios prácticos e resolución de dúbidas en grupo. Realización de viaxes de prácticas para visitar as industrias agroalimentarias máis representativas (Competencias CB7, CT3, CT12, CE14, CE15, CE16)
- Titorías (presencial): Resolución de dúbidas.
Escenario 2
- Docencia expositiva: Impartirase totalmente por Teams (modalidade síncrona).
- Docencia interactiva: Prácticas, seminarios e viaxes de prácticas a industrias (presenciais)
- Titorías por Teams (modalidade síncrona) e Foro Campus Virtual.
Escenario 3
- Docencia expositiva: Impartirase totalmente por Teams (modalidade síncrona).
- Docencia interactiva: Prácticas e seminarios (a través de Teams e/ou Campus Virtual (modalidade síncrona)) e substituiríanse as viaxes de prácticas ás industrias, por vídeos de industrias similares. (a través de Teams e/ou Campus Virtual (modalidade síncrona)).
- Titorías por Teams (modalidade síncrona) e Foro Campus Virtual.
Escenario 1
- Teoría: (50 % da nota). Os exames consistirán en probas escritas sobre o programa teórico con preguntas curtas, de tipo test e problemas. (Competencias CG1, CG7, CE14, CE15, CE16)
- Seminarios e prácticas: (35% da nota) mediante avaliación das entregas dos traballos prácticos propostos. A memoria de prácticas pode substituírse por un traballo individual. (Competencias CB7, CT3, CT12, CE14, CE15, CE16)
- Asistencia: (15% da nota).
Escenario 2.
- Teoría (50% da nota): Igual que en escenario 1 pero os exames realizaranse en forma telemática, a través do Campus Virtual. (Competencias CG1, CG7, CE14, CE15, CE16)
- Seminarios e prácticas: (35 % da nota) mediante avaliación das entregas dos traballos prácticos propostos. A memoria de prácticas pode substituírse por un traballo individual. (Competencias CB7, CT3, CT12, CE14, CE15, CE16)
- Asistencia (15 % da nota) (Valorarase a asistencia presencial e ás actividades telemáticas).
Escenario 3
- Teoría (50% da nota): Igual que en escenario 1 pero os exames realizaranse en forma telemática, a través do Campus Virtual. Competencias CG1, CG7, CE14, CE15, CE16)

- Asistencia (15 % da nota) (Valorarase a asistencia ás actividades telemáticas).
DISPENSA DA ASISTENCIA.
En casos debidamente xustificados os seminarios e prácticas poden substituírse por traballos e actividades individuais tutorados a desenvolver durante o período de docencia da asignatura. Para iso deberán solicitalo durante as dúas primeiras semanas de devandito período aos profesores responsables e contar coa aceptación por parte destes. Os alumnos que opten por realizar traballos deberán presentarse a todos os exames teóricos que se realicen para aprobar a asignatura, e non lles computará a nota por asistencia.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E ALUMNOS REPETIDORES.
Estes criterios manteranse para a convocatoria extraordinaria de Julio e para os alumnos repetidores.
REALIZACIÓN FRAUDELENTA DE EXERCICIOS E PROBAS.
NOTA.- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Estes criterios manteranse para a convocatoria extraordinaria de xullo e para os alumnos repetidores.
Serán os mesmos para os tres escenarios.
TRABALLO PRESENCIAL (horas)
Docencia expositiva: 24
Docencia interactiva e visitas a empresas: 24
Titorías: 3
Actividades de avaliación: 9
TOTAL TRABALLO PRESENCIAL: 60
TEMPO DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL (horas)
Lectura e preparación de temas: 35
Realización de exercicios e prácticas: 40
Preparación de probas de avaliación: 15
TOTAL TEMPO DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL: 90
Nesta materia recoméndase asistir a todas as actividades docentes, xa que nela se recolle gran cantidade de información dispersa e en continua evolución, da que non existe bibliografía actualizada. Por iso, ademais da consulta da bibliografía recomendada recoméndase a consulta da información deixada na aula virtual.
Recoméndase así mesmo facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
Plan de continxencia
Metodoloxía de ensinanza:
Escenario 2
- Docencia expositiva: Impartirase totalmente por Teams (modalidade síncrona).
- Docencia interactiva: Prácticas, seminarios e viaxes de prácticas a industrias (presenciais)
- Titorías por Teams (modalidade síncrona) e Foro Campus Virtual.
Escenario 3
- Docencia expositiva: Impartirase totalmente por Teams (modalidade síncrona).
- Docencia interactiva: Prácticas e seminarios (a través de Teams e/ou Campus Virtual (modalidade síncrona)) e substituiríanse as viaxes de prácticas ás industrias, por vídeos de industrias similares. (a través de Teams e/ou Campus Virtual (modalidade síncrona)).
- Titorías por Teams (modalidade síncrona) e Foro Campus Virtual.
Sistema de avaliación.
Escenario 2.
- Teoría (50% da nota): Igual que en escenario 1 pero os exames realizaranse en forma telemática, a través do Campus Virtual. (Competencias CG1, CG7, CE14, CE15, CE16)
- Seminarios e prácticas: (35 % da nota) mediante avaliación das entregas dos traballos prácticos propostos. A memoria de prácticas pode substituírse por un traballo individual. (Competencias CB7, CT3, CT12, CE14, CE15, CE16)
- Asistencia (15 % da nota) (Valorarase a asistencia presencial e ás actividades telemáticas).
Escenario 3
- Teoría (50% da nota): Igual que en escenario 1 pero os exames realizaranse en forma telemática, a través do Campus Virtual. Competencias CG1, CG7, CE14, CE15, CE16)
- Seminarios e prácticas: (35 % da nota) mediante avaliación das entregas dos traballos prácticos propostos. A memoria de prácticas pode substituírse por un traballo individual. (Competencias CB7, CT3, CT12, CE14, CE15, CE16)
- Asistencia (15 % da nota) (Valorarase a asistencia ás actividades telemáticas).
DISPENSA DA ASISTENCIA.
En casos debidamente xustificados os seminarios e prácticas poden substituírse por traballos e actividades individuais tutorados a desenvolver durante o período de docencia da asignatura. Para iso deberán solicitalo durante as dúas primeiras semanas de devandito período aos profesores responsables e contar coa aceptación por parte destes. Os alumnos que opten por realizar traballos deberán presentarse a todos os exames teóricos que se realicen para aprobar a asignatura, e non lles computará a nota por asistencia.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E ALUMNOS REPETIDORES.
Estes criterios manteranse para a convocatoria extraordinaria de Julio e para os alumnos repetidores.
REALIZACIÓN FRAUDELENTA DE EXERCICIOS E PROBAS.
NOTA.- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Estes criterios manteranse para a convocatoria extraordinaria de xullo e para os alumnos repetidores.
Julio Gomez Fernandez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- julio.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Enrique Rafael Arbones Maciñeira
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- enrique.arbones [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
13.01.2021 10:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 (Aulario 4) |
22.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 (Aulario 4) |