Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Enxeñaría Agronómica
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Dotar ó alumnado dos coñecementos necesarios para o asesoramento técnico ás explotacións de gando vacún de leite en materias como a calidade do leite, control reprodutivo, nutrición, recría e manexo en aspectos relacionados coa morfoloxía e fisioloxía do animal.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Fisioloxía da alimentación en rumiantes. Bioquímica ruminal. Funcionamento ruminal. Morfoloxía da vaca de leite. Clasificación morfolóxica de vacas. Endocrinoloxía da reprodución. Enfermidades máis frecuentes en vacún de leite. Enfermidades metabólicas do periparto. Aspectos preventivos. A mamitis. Aspectos máis relevantes dun plan de mellora xenética. Interpretación de índices xenéticos. Parasitoloxía. Funcionamento de vacunas.
Estos contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
1.-DOCENCIA EXPOSITIVA.
Tema 1.- Morfoloxía da vaca de leite: interpretación da cualificación morfolóxica; a condición corporal.
Tema 2.- Fisioloxía da nutrición: bases fisiolóxicas da nutrición; enfermidades metabólicas.
Tema 3- Fisioloxía do muxido: fisioloxía da vaca de leite en relación co muxido; rutinas de muxido.
Tema 4- Fisioloxía da reprodución: bases fisiolóxicas da reprodución; factores que influen na fertilidade; interpretación dos índices reprodutivos
Tema 5.- Xestión da recría: fisioloxía do parto; cambios fisiolóxicos nas primeiras idades; ritmos de crecemento
2.- DOCENCIA INTERACTIVA.
Práctica 1.- Cualificación morfolóxica e condición corporal.
Práctica 2.- Manexo dos animais en relación coa súa fisioloxía.
Práctica 3.- Fichas de seguimento de hixiene, estado esfinter, motilidade, etc.
Práctica 4.- Acceso a fontes de información e interpretación de informes.
BÁSICA
BROSTER, W.; T. Swan. 1992. Estrategias de alimentación para vacas lecheras de alta producción. AGT Editor, S.A. México. 380 p.
CHAMBERLAIN, A. T. 2002 Alimentación de la vaca lechera. Ed Acribia. Zaragoza.
McDONALD, L.E., 1991. Endocrinología veterinaria y reproducción (4ª ed.). McGraw Hill-Interamericana, Madrid.
NELSON, D.L. & COX, M.M. 2009. Principios de Bioquímica (Lehninger), 5ª ed., Omega. Barcelona.
PÉREZ Y PÉREZ, F., 1985. Reproducción animal. Inseminación artificial y transplante de embriones. Ed. Científico-Médica, Madrid.
PEDREIRA, J.R. ETAL. 2009. Cría e recría de xovencas. Ed. Xunta de Galicia.
PETERS, A.R., y otros., 1991. Reproducción del ganado vacuno. Ed. Acribia, Zaragoza. Revista BOVIS
COMPLEMENTARIA:
Revistas:
Afriga
Frisona española
Hoard's Dairyman
Journal of Dairy Science
Webs:
www.africorlugo.com
www.conafe.com
www.cegacol.com
Competencias básicas, xerais e transversais:
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
CE11 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en sistemas vinculados á tecnoloxía da produción animal.
CE12 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en nutrición, hixiene na produción animal.
A aprendizaxe da materia divídese en cinco compoñentes:
- Teoría: clases expositivas e participativas de explicación dos principais conceptos da materia. As competencias traballadas son: CB7, CE11 e CE12.
- Supostos prácticos: clases participativas coa finalidade de interpretar informes. As competencias traballadas son: CB7, CT12 e CE12.
- Visitas guiadas: a desenvolver en ganderías de produción de leite con explicación práctica das actividades que alí se desenvolven. As competencias traballadas son: CB7, CT12 e CE12.
- Prácticas na aula de informática: clases prácticas co uso do ordenador para ter acceso ás fontes de información. As competencias traballadas son: CT5 e CE11.
- Titorías en grupo reducido: nestas titorías formularanse cuestións relacionadas cos contidos de teoría e cos supostos prácticos. As competencias traballadas son: CE11, CE12, CT5 e CT12.
Os contidos teóricos fundamentais desenvolveranse en clases expositivas.
A docencia completarase con sesións interactivas, donde se ampliarán de forma práctica as materias descritas no apartado de Contidos da presente Guía.
É importante que o alumnado elabore o seu propio propio “caderno de apuntes” sobre a materia, con toda a información dispoñible (material didáctico que se facilitará de cada tema, apuntes recollidos nas clases e ampliados coa información complementaria, así como información obtida das clases prácticas).
O sistema de avaliación dos coñecementos adquiridos realizarase mediante un sistema onde se valorarán os seguintes aspectos:
• Asistencia e participación activa nas clases (10% da cualificación final). Competencias avaliadas: CB7 e CT5.
• Exame de contidos teóricos-prácticos (90% da cualificación final). Competencias avaliadas: CB7, CT12, CE11 e CE12.
O sistema de avaliación na 2ª convocatoria será o mesmo que para a convocatoria ordinaria.
Clases teóricas (expositivas): 12
Lectura e preparación de temas: 13
Prácticas: 2
Traballo persoal 45
- Asistir a todas as actividades da materia tanto teóricas como prácticas.
- Empregar as tutorías para aclarar dúbidas sobre os contidos desenvolvidos nas clases.
- Facer uso das novas tecnoloxías dispoñibles: USC Virtual ou correo electrónico que axudan a mellorar a docencia.
- Dedicar o tempo semanal previsto para cada contido de forma organizada e sistemática.
- Consultar a bibliografía a medida que se van desenvolvendo os temas e facer uso do resto das ferramentas de consulta (webs, revistas) para ampliar coñecementos nos temas tratados durante o curso.
- Participar activamente no desenvolvemento das actividades docentes, plantexando dúbidas e facendo comentarios construtivos sobre as materias impartidas.
Lourdes Celeiro Páez
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Enxeñaría Agronómica
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 18 (Pav.II-PPS) |
18:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 18 (Pav.II-PPS) |
21.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 (Aulario 1) |
18.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 (Aulario 1) |