Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Proporcionar ao alumno coñecemento en:
- Propagación de plantas.
- Organización e xestión da produción viverística.
- Control de calidade na produción de material de vivero. Identidade varietal e rexistro varietal.
- Recursos xenéticos agrícolas e a súa conservación.
- Preparación do material de partida.
- A selección de plantas de interese agrícola.
- Proxectos de investigación de cara á obtención de material vexetal de reprodución usando a biotecnoloxía.
1. Propagación vegetal: propagación sexual o por sementes, propagación clonal (enxerto, estacaxe, porbaixa e cultivo in vitro). Organización e xestión da produción en viveiro.
1.1. Definicións: clon, variedade, cultivar, ...
1.2. Clasificación dos métodos de propagación.
1.3. Propagación por sementes. Tipos de sementes. Tratamentos. Sementeira.
1.4. Propagación clonal: Enxerto. Tipos Periodos de realización.
1.4. Propagación clonal: Estacas. Tipos. Preparación da planta nai para producir estacas. Aplicación de hormonas. Realización. Aclimatación.
1.4. Propagación clonal: Acodo. Tipos. Métodos. Aplicación de hormonas. Bandeado. Reforzo.
1.4. Propagación clonal: In vitro. Métodos. Plantas nai. Aclimatación. Reforzo.
1.5. Organización e xestión da produción en viveiro. Tipos de viveiro. Instalacións. Plantas nai. Distribución das especies. Xestión da produción.
2. Control de calidade da produción en viveiro. Categorías. Certificación. pasaporte. Identidade varietal. Rexistro de variedades.
2.1. Lexislación
2.2. Conceptos
2.3. Organizacións implicadas
3. Recursos xenéticos na agricultura: conservación in situ e ex situ (Bancos de Xermoplasma).
3.1. Obxectivos da conservación dos recursos xenéticos. Cales deben conservarse? Diversidade dos recursos xenéticos.
3.2. Conservación in situ e ex situ. Tipos de Bancos de Xermoplasma. Organizacións Nacionais e Internacionais. Exemplos.
4. Obtención do material: Selección de material de interés agronómico: seleccións tradicionais. Hibridación controlada e mutación. Transformación xenética.
4.1. Obtención do material de partida. cabeza de clon e material de reserva.
4.2.Selección masal e dirixida.
4.3.Hibridación controlada e mutación. Importancia destas técnicas no desenvolvemento de novas variedades. Exemplos
4.4. Tranformación xenética. Metodoloxía. Importania da técnica en produción agronómica. Exemplos.
5. Proxectos de investigación orientados á obtención de material vexetal mediante mellora usando biotecnoloxía:
5.1. Redacción de proxectos de Investigación. Tipos principais de convocatorias. Estrutura do proxecto.
5.2. Obxectivos da mellora. Enfoque de escenarios. Resistencia a pragas e doenzas. Rasgos agronómicos mellorados. Caracteres cuantitativos e cualitativos. Variabilidade adaptativa.
5.3. Mellora por autopolinización e polinización cruzada. Exemplos de interés para Galicia
5.4. Aplicación de marcadores moleculares. Marcadores moleculares na mellora. Selección asistida por marcadores.
Prácticas de campo: Visita á EVEGA (Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia): banco de xermoplasma, viveiro obtentor, material inicial e de reserva, seleción clonal, laboratorios de identificación varietal e de análise da calidade, microvinificacións.
Traballos individuais:
Propagación in vitro (en inglés).
Programas de mejora vegetal (en inglés)
Básica
Badenes, M.L.; Byrne, D.H. 2012. Fruit breeding / Springer Series “Handbook of Plant Breeding” (M.L. Badenes and D. Byrne eds.), XVI, Springer, 875 pp.
Michael A. Dirr (Autor), Charles W. Heuser (Autor). 2009. Reference Manual of Woody Plant Propagation: From Seed to Tissue Culture. Timber Press; Edición: 2nd edition (5 de enero de 2009)
ISBN-10: 1604690046. ISBN-13: 978-1604690040
AGUSTÍ, M. 2004. Fruticultura. Ed. Mundi-Prensa, Madrid. CAFR 507
BALDINI, E. 1992. Arboricultura General. Ed. Mundi-Prensa, Madrid. CAFR 337
Complementaria
Bradshaw, J.E. 2010. Root and Tuber Crops Series: Handbook of Plant Breeding, Vol. 7
Hallauer, Arnel R., Carena, Marcelo J., Miranda Filho, J.B. 2010. Quantitative Genetics in Maize Breeding. Series: Handbook of Plant Breeding, Vol. 6
Boller, Beat; Posselt, Ulrich K.; Veronesi, Fabio. 2010. Fodder Crops and Amenity Grasses. Series: Handbook of Plant Breeding, Vol. 5
Vollmann, Johann; Rajcan, Istvan 2010. Oil Crops. Series: Handbook of Plant Breeding, Vol. 4
Carena, Marcelo J. (Ed.)2009. Cereals. Series: Handbook of Plant Breeding, Vol. 3
Prohens-Tomás, Jaime; Nuez, Fernando (Eds.)2008. Vegetables II Fabaceae, Liliaceae, Solanaceae, and Umbelliferae. Series: Handbook of Plant Breeding, Vol. 2
Prohens-Tomás, Jaime; Nuez, Fernando (Eds.)2008. Vegetables I. Asteraceae, Brassicaceae, Chenopodicaceae, and Cucurbitaceae. Series: Handbook of Plant Breeding, Vol. 1
Bruce Macdonald. 2006. Practical Woody Plant Propagation for Nursery Growers. Timber Press. ISBN-10: 0881928402. ISBN-13: 978-0881928402
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría agronómica en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
CB9 - Que los estudiantes sepan comunicar sus conclusiones, y los conocimientos y razones últimas que las sustentan, a públicos especializados y no especializados de un modo claro y sin ambigüedades
CG5 - Capacidad para transmitir sus conocimientos y las conclusiones de sus estudios o informes, utilizando los medios que la tecnología de comunicaciones permita y teniendo en cuenta los conocimientos del público receptor.
CT1 - Capacidad de análisis y síntesis.
CT2 - Capacidad para el razonamiento y la argumentación.
CT11 - Utilización de información en lengua extranjera.
Competencias específicas:
CE10 - Conocimientos adecuados y capacidad para desarrollar y aplicar tecnología propia en la gestión de proyectos de investigación y desarrollo de nuevas tecnologías aplicadas a los procesos productivos vegetales: biotecnología y mejora vegetal.
NO CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO DO ESCENARIO 1 DESCRITO, VER AS MOFIFICACIÓNS QUE SE ESPECIFICAN NO PLAN DE CONTINXENCIAS DO APARTADO FINAL DE OBSERVACIÓNS
Escenario 1 (normalidade adaptada):
1. As clases teóricas impartiranse utilizando a lección maxistral apoiándose na USC-Virtual para conseguir alcanzar os obxectivos da docencia.
As sesións interactivas realizaranse con grupos reducidos para poder alcanzar unha maior interacción co alumno, e a asistencia considerarase de carácter obrigatorio.
Preparación dun proxecto individual dunha plantación frutal
Elaboración dun glosario de termos galego/español/inglés en grupos.
Coas Ferramentas de "Avaliación-Traballos" poderase examinar a oferta, directrices e data tope dos envíos.
Realízanse titorías presenciais e tamén "on line" mediante as Ferramentas de Comunicación da USC-Virtual.
A presencialidade requirirá da aplicación das medidas hixiosanitarias determinadas polas autoridades (hidroxel, obligatoriedade de máscara facial, distancia mínima de seguridade). De forma excepcional, a docencia presencial poderá combinarse coa docencia virtual ata un 10% das horas totais da materia.
Docencia expositiva: 10 horas
PROPAGACIÓN: 5 h
OBTENCIÓN DO MATERIAL VEXETAL: 5 h
2. Sesións Interactivas: 100% de presencialidade con aplicación das medidas hixiosanitarias determinadas polas autoridades (hidroxel, obligatoriedade de máscara facial, distancia mínima de seguridade).
Docencia interactiva presencial: 10 horas
PROPAGACIÓN: 5h
VIAXE: 5h
Realízanse rotacións curtas. Teñen lugar na aula (e tamén no Campo de Prácticas) asignada ao grupo, segundo o horario que establece o calendario académico.
A asistencia ás prácticas é obrigatoria e imprescindible para poder realizar o exame final da materia. A non asistencia –agás causa de forza maior debidamente xustificada– supón non realizar o exame final da parte (ou partes) da asignatura relacionadas coa dita ausencia.
3. Titorías
As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, porén poderanse programar titorías virtuais pero respectando as franxas horarias que figuran no horario 2020-21.
Existen dous tipos de titorías no actual plan e estudos: a titoría de grupo e a individual. A primeira terá lugar na data definida no calendario académico.
A segunda é o modelo tradicional, recomendable para clarexar cantas dúbidas e dificultades podan xurdir durante o semestre. É necesario fixar unha data co profesorado antes de acudir a esta titoría que adoita ter lugar no despacho do docente.
NO CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO DO ESCENARIO 1 DESCRITO, VER AS MOFIFICACIÓNS QUE SE ESPECIFICAN NO PLAN DE CONTINXENCIAS DO APARTADO FINAL DE OBSERVACIÓNS
Escenario 1 (normalidade adaptada)
A proba final será presencial (avaliacións da 1ª e 2ª oportunidade) mediante a realización dun exame escrito cuxa nota supón o 45% da cualificación global. A avaliación continua esencialmente baseada nos traballos e representa o 45%. A asistencia representa o 10% restante.
Asistencia (10%).
Proba o probas, orales e/ou escritas (45%): competencias CB9, CG5, CT1, CT2, CT11, CE10
Traballos entregados e/ou expostos (45%): competencias CB9, CG5, CT1, CT2, CT11, CE10
O alumnado repetidor ou con dispensa de asistencia examinarase da totalidade dos contidos da materia. As actividades docentes de asistencia obrigatoria e inescusable para alumnos que teñan concedida a dispensa de asistencia serán as PRÁCTICAS, VIAXE e TRABALLOS.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA.......... 22 Horas
---------------------------------------------
- Sesións expositivas .................. 10
- Sesións interactivas ................. 10
- Titorías ................................... 2
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE..... 22 Horas
---------------------------------------------------
- Estudo individual .......................... .10
- Realización de Traballos................ .10
- Realización de exames ..................... 2
TOTAL HORAS DE TRABALLO DO ESTUDANTE: 44
Recoméndase asistir regularmente ás clases teóricas, así como consultar a bibliografía proposta.
Ademais, aconséllase acudir á titorías para resolver as dúbidas relativas á materia. Os profesores da materia están dispoñibles para calquera consulta, previa cita
PLAN DE CONTINXENCIAS NO CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO AOS ESCENARIOS 2 OU 3
Escenario 2 (distanciamiento)
Metodoloxía da ensinanza:
• Clases maxistrais impartidas telemáticamente mediante Ms Teams, Skype, Zoom ou calquera outra plataforma aprobada para tal fin. Estas sesións contarán co Campus Virtual como apoio á docencia.
• Traballo práctico autónomo en grupos reducidos e supervisado polo profesor. O tempo de presencialidade en prácticas poderá ser reducido ata un 50%, en función das recomendacións sanitarias, de modo que permita potenciar as medidas de seguridade e se manteñan as mismas franxas horarias para cada grupo de prácticas. Neste caso, a docencia interactiva será complementada con actividades formativas telemáticas. Serán de obrigada aplicación, e reforzaranse, as medidas hixiosanitarias en función da recomendación das autoridades no momento (hidroxel, obligatoriedade de máscara facial, distancia de seguridade ou outras).
• Estudo independente de cada alumno.
• Titorías, únicamente telemáticas.
Sistema de avaliación:
• Asistencia regular ás sesións teóricas telemáticas e obrigatoria ás actividades prácticas programadas. Para poder realizar o exame é necesario asistir ao 100% das sesións prácticas –tanto o traballo presencial como o realizado de forma telemática a través das plataformas habilitadas–.
• A avaliación continua da actividade práctica realizarase mediante a combinación de probas presenciais e telemáticas.
• O exame final da materia realizarase de forma telemática ou, se as circunstancias o permitiran, de forma presencial. O resto de condicións non cambia co respecto ao descrito no Escenario 1.
Escenario 3 (peche de instalacións)
Metodoloxía da ensinanza:
• Todas as actividades docentes realizaranse de forma telemática mediante as plataformas habilitadas para tal fin, complementadas co uso do Campus Virtual e respectando os horarios establecidos no calendario académico 2020-21.
• Mantense o requisito de asistencia regular para as sesións teóricas telemáticas, e obrigatoria para as actividades prácticas virtuais programadas.
• O exame final da materia realizarase de forma telemática, e terá un peso do 50% da nota global.
A avaliación continua da actividade práctica realizarase mediante probas telemáticas e aportará o 50% restante da cualificación global.
Santiago Pereira Lorenzo
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- santiago.pereira.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Juan Luis Fernández Lorenzo
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- juanluis.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Isabel Roca Fernandez
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Teléfono
- 982822415
- Correo electrónico
- anai.roca [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
Venres | |||
10:00-17:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Viaxe/Práctica de Campo |
11.01.2021 10:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 (Aulario 4) |
18.06.2021 10:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 (Aulario 4) |