Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica
Áreas: Botánica
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Ao tratarse dunha materia básica para a aprendizaxe doutras materias da titulación (Fitotecnia, Cultivos herbáceos, Fruticultura, Xardiñería e Paisaxismo, Praticultura…) o obxectivo central da materia é dar a coñecer ao alumno unha visión xeral dos principais grupos de cormófitos, incidindo nos seguintes aspectos:
• Coñecer, comprender e utilizar os principios de identificación e caracterización de especies vexetais.
• Saber tomar decisións mediante o uso dos recursos dispoñibles para o traballo en grupos multidisciplinares
• Saber transferir tecnoloxía, entender, interpretar, comunicar e adoptar os avances no eido agrario.
Outros obxectivos complementarios da materia son os seguintes:
• Coñecer a posición evolutiva e sistemática dos principais grupos
• Valorar a importancia e función das plantas nos agrosistemas e ecosistemas
• Fomentar o interese e familiaridade coas plantas especialmente na súa aplicación e utilidade na agronomía
• Comprender e manexar terminoloxía botánica básica relacionada coas plantas vasculares
• Concienciar ao alumnado de cara aos temas medioambientais e conservacionistas.
A memoria do título contempla os seguintes contidos para a asignatura:
- Sistemática: diversidade e clasificación das plantas.
- Ximnospermas: variabilidade morfolóxica, caracterización e identificación de plantas con semente núa.
- Anxiospermas: variabilidade morfolóxica, caracterización e identificación de plantas con semente protexida.
- Etnobotánica: as plantas de interés agrícola, ornamental y agroindustrial. Plantas invasoras.
- Comunidades vexetales de interés agrícola e paisaxístico.
Estos contidos serán presentados nas actividades expositivas que seguirán o seguinte temario:
HORAS EXPOSITIVAS (18 horas)
BLOQUE I: Caracteres diagnósticos das plantas (6 horas presenciais, 18 no presenciais)
FUNDAMENTOS BÁSICOS. Introdución á Botánica. Fundamentos e criterios de clasificación. Filoxenia e nomenclatura. Clasificación xeral e introdución ao sistema APG. (1h).
ESTRUTURAS VEXETATIVAS DAS PLANTAS: Estruturas, tipoloxía e modificacións. Criterios diagnósticos de raíz, tallo e follas. Outros criterios diagnósticos. (2h)
ESTRUTURAS REPRODUCTORAS: Esporanxios e estróbilos. A flor: morfoloxía e criteriosd de clasificación. Inflorescencias. A semente. Froitos: orixe e clasificación. Reprodución asexual. (2h)
ADAPTACIÓNS DAS PLANTAS AO MEDIO. Ciclo vital e ciclo estacional (fenoloxía). Biotipos. Parasitismo e outras formas de nutrición. Invasións. (1h)
BLOQUE II: Principais grupos de plantas vasculares (8 horas presenciais, 24 no presenciais)
PLANTAS VASCULARES SEN SEMENTE. Div. Pteridophyta. Caracteres xerais e importancia. Sistemática (Clases Psilotopsida, Lycopodiopsida, Equisetopsida e Filicopsida). (1h)
PLANTAS CON SEMENTE NÚA. XIMNOSPERMAS. División Spermatophyta. A semente. Características xerais. Sistemática (Clases Cycadopsida, Ginkgopsida e Pinopsida). Representantes de interese. (1h)
PLANTAS CON SEMENTE PROTEXIDA. ANXIOSPERMAS I. Anxiospermas basais, Magnólidas e Lílidas (monocotiledóneas). Caracteres xerais, principais grupos e representantes de interese. (2h)
PLANTAS CON SEMENTE PROTEXIDA. ANXIOSPERMAS II: Rósidas e grupos afíns. Caracteres xerais, principais grupos e representantes de interese. Estudo detallado das familias Fabaceae, Rosaceae e Brassicaceae.(2h)
PLANTAS CON SEMENTE PROTEXIDA. ANXIOSPERMAS III: Astéridas e grupos afíns. Caracteres xerais, principais grupos e representantes de interese. Estudo detallado da familia Asteraceae. (2h)
BLOQUE III: Aproveitamento e distribución das plantas (4 horas presenciais, 12 no presenciais)
ETNOBOTÁNICA: Concepto e definición. Usos tradicionais das plantas na diferentes culturas. Centros de diversificación. Etnobotánica, conservación e desenvolvemento sostible. Aplicacións industriais das plantas. Sectores. (2h)
GEOBOTÁNICA. Definición e obxectos de estudo. Formacións e comunidades vexetais. Coroloxía. Clasificación e enfoques no estudo da vexetación. Biomas: características e distribución. A Rede Natura 2000. (2h)
HORAS INTERACTIVAS (20 horas)
De forma complementaria se efectuarán una serie de actividades interactivas que engloban las prácticas y los seminarios. As practicas consistirán en 5 sesións de laboratorio e una de campo; nelas farase especial fincapé na aprendizaxe e observación no laboratorio dos principais caracteres utilizados no recoñecemento das principais familias de plantas; a partir destes recoñecementos procederáse a determinación de espécimes mediante a utilización de claves dicotómicas. Os contidos das prácticas previstas son os seguintes:
Prácticas de campo e laboratorio (14 horas)
PRÁCTICAS DE LABORATORIO (10 horas presenciais, 10 non presenciais)
Práctica 1: Diagnose e tipoloxía dos atributos considerados na determinación: variabilidade morfolóxica de órganos. Manexo de clave e outros recursos para a identificación de plantas
Práctica 2: Plantas con flores rudimentarias. Estudo da familia Poaceae. Outras familias de plantas anemófilas (Fagaceae, Betulaceae, Salicaceae…)
Práctica 3: Plantas con pétalos libres: Estudo das familias de importancia agrícola Rosaceae, Brassicaceae e Fabaceae, e outras de interese (ex. Ranunculaceae, Caryophyllaceae…)
Práctica 4: Plantas con pétalos soldados: Estudo de familias de interese de monocotiledóneas (ex. Liliaceae, Iridaceae, Amaryllidaceae...) e dicotiledóneas (ex. Lamiaceae, Ericaceae, Boraginaceae, Scrophulariaceae…)
Práctica 5: Plantas con flores en capítulos: Estudo da familia Asteraceae
PRÁCTICA DE CAMPO (4 horas presenciais, 1,5 no presenciais)
Práctica 6: Viaxe para a observación e caracterización in situ de diferentes xéneros, familias e formación vexetais nun territorio representativo ao longo dun gradiente xeográfico no interior de Galicia; esta viaxe incluirá o uso de aplicativos móbiles e outras ferramentas presentadas con anterioridade (4 horas).
Seminarios (4 horas) (4 horas presenciais, 6 non presenciais)
Os seminarios teñen por obxecto difundir e debater temas cotiáns relacionados coa Botánica, nos cales sexa conveniente afondar.
Estes seminarios Terán un dobre enfoque complementario. Por unha banda o profesor expoñerá certos contidos de interese relacionados co tema que se aborde no seminario. Por outra, os alumnos en pequenos grupos revisarán lecturas complementarias que serán facilitadas polo profesor. Con esta documentación artellarán un guion explicativo de referencia dos seus contido, os cales deberán expoñer. Tras a exposición, o profesor formulará as preguntas que estime convenientes.
Seminario 1. Flora e vexetación de Galicia.
Seminario 2. Expansións indexadas: Plantas adventicias e invasoras.
TITORÍAS (2 horas)
Texto xerais
IZCO, J. et al., Botánica, 2ª ed. Ed. McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 2004.
NABORS, M.W. Introducción a la Botánica. Ed. Pearson. 2005
STRASBURGER, E. et al., Tratado de Botánica, 35ª ed., Ed. Omega, Barcelona, 2002.
AIRA, M.J; VÁZQUEZ, R.e IZCO, J. (eds.). Manual de prácticas de Botánica. Laboratorio y campo. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. Universidade de Santiago de Compostela, 2014.
http://www.mobot.org/MOBOT/research/APweb/
http://www.worldfloraonline.org/
Claves e guías de campo e laboratorio
AIZPURU, C. et al., Flora del País Vasco y territorios limítrofres, Serv. Central de Publicaciones del Gobierno Vasco, Vitoria-Gasteiz, 1999.
GARCIA, X.R. Guía das plantas de Galicia, Ed. Xerais. 2007
Textos complementarios
FONT QUER, P., Diccionario de Botánica, Ed. Labor, Barcelona, 1985.
HEYWOOD, V.H., Las plantas con flores, Ed. Reverté, Barcelona, 1985.
LÜTTGE, U. et al., Botánica, ed. McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 1993
http://www.plantsoftheworldonline.org/
http://www.floraiberica.es/
http://www.theplantlist.org/
Os recursos electrónicos iranse facilitando ao longo do curso, en función do escenario que se presente. Algúns dos recursos poderían estar dispoñibles en lingua inglesa.
Competencias
O alumno adquirirá unha serie de competencias xerais e específicas propias do grao. Dentro do cadro de competencias diseñado para a titulación se traballarán as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
CG1 – Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan un aprendizaxe continuo, así como unha capacidade de adaptación as novas situacións aos ambientes cambiantes.
CG5 - Capacidade para desenrolar actividades, asumindo un compromiso social, ético e ambiental en sintonía coa realidade do entorno humano e natural.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
Competencias específicas:
CR1 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de identificación e caracterización de especies vexetais.
Algúns aspectos das metodoloxías docentes variarán en función do Escenario que as autoridades académicas establezan en cada momento (Escenario 1 – Normalidade adaptada; Escenario 2 – Distanciamento, Escenario 3 – Peche das instalacións).
A docencia presencial expositiva desenrolarase de acordo as seguintes metodoloxías:
• Leccións maxistrais participativas. Seminarios e conferencias (Competencias CG1, CT5, CT6)
• Utilización de encerados clásicos e dixitais. Utilización da aula virtual (Competencia CG1)
• Realización de presentacións mediante ordenador (Competencia CG5)
• Titorías individualizadas e colectivas (Competencia CT5)
• Avalación de competencias mediante exercicios de control (Competencias CG1, CT5, CT6)
No Escenario 1, as leccións maxistrais realizaranse de maneira presencial na aula, sendo os recursos online (principalmente a Aula Virtual) unha ferramenta a empregar como repositorio do material de clase, así como de certas actividades complementarias.
A docencia presencial interactiva se desenvolverá de acordo as seguintes metodoloxías:
• Prácticas de laboratorio ou campo. (Competencias CG1, CR1)
• Utilización da aula virtual (Competencia CG1)
• Titorías individualizadas e colectivas (Competencia CT5)
• Traballo en grupo e aprendizaxe cooperativo. Sesión/s de discusión activa (Competencias CG5, CT5, CT6, CT7, CT10)
No Escenario 1, as actividades interactivas realizaranse maioritariamente en campo, laboratorio ou aula.
O traballo non presencial (informes de prácticas, traballos de curso, etc.) se desenvolverá de acordo as seguintes metodoloxías:
• Traballo autónomo e estudio independente dos alumnos (Competencias CG5, CT5, CT6, CT7, CT10)
As titorías desenvolveranse tanto presencialmente como telematicamente no Escenario 1
Para aprobar a materia é preciso superar de maneira independente as probas de avaliación continua asociadas a cada unha das partes (teoría, prácticas e seminarios). Os sistemas de avaliación, o peso de cada un na cualificación final da materia (unha vez superadas cada unha das partes) e as competencias avaliadas se indican de seguido:
• Probas obxectivas, orais e/ou escritas dos contidos de teoría: 60%. Estes contidos serán avaliados tras cada bloque temático (20%, 25% e 15% respectivamente). En todo caso, será necesario superar a parte teórica, xa sexa mediante avaliación continua ou proba final, para poder aprobar a materia (Competencia CG1)
• Asistencia e participación satisfactoria nas actividades expositivas da aula e/o na Aula Virtual: 5% (Competencia CG1)
• Participación, aproveitamento e calidade dos informes realizados nas prácticas 25% (Competencias CT6, CR1)
• Desempeño no traballo realizado durante os seminarios: 10% (Competencias CT5, CT7, CT6)
Contémplanse certas diferenzas nas actividades de avaliación de acordo cos diferentes escenarios que se poidan producir.
No Escenario 1, a avaliación continua da teoría realizarase preferentemente mediante probas presenciais, aínda que podería incluír algunha actividade complementaria para realizar a través do Campus Virtual; a proba final realizarase en todo caso de maneira presencial.
Os alumnos que non realizasen as prácticas nin entregasen os seus informes deberán superar as mesmas nunha proba final, que incluirá unicamente aquelas que non se realizaron. No Escenario 1, tratarase de un exame práctico no laboratorio nas mesmas datas do exame final, na convocatoria de primeira ou segunda oportunidade, a continuación do teórico. O exame consistirá na descrición e determinación de especies vexetais relacionadas coas prácticas non superadas.
En canto aos seminarios, os alumnos que non participen nos mesmos deberán realizar as actividades que se indiquen a través da aula Virtual, e que estarán relacionadas cunha serie de lecturas que o profesor facilitará en devandito espazo. Neste caso, contémplase o mesmo procedemento para o tres escenarios.
A metodoloxía de avaliación das Prácticas e Seminarios será a mesma tanto para a primeira como para a segunda oportunidade.
Polo que respecta aos seminarios, os alumnos que non participasen neles deberán realizar un exame escrito coincidente igualmente coa data do exame final. As cuestións estarán relacionadas cunha serie de lecturas que o profesor indicará, e que están dispoñibles na aula virtual antes do exame.
Os alumnos repetidores que superasen as prácticas e os seminarios nos dous anos académicos anteriores conservarán estas cualificacións, pero deberán superar a parte teórica, aínda que poden optar por realizar as actividades para obter unha nova cualificación. Máis alá de dous cursos, os alumnos terán que superar cada unha das partes. A relación de alumnos que conserven estas cualificacións será informada no inicio do curso.
A dispensa da asistencia, en casos xustificados, só poderá ser concedida para as actividades expositivas. Neste caso, a avaliación realizarase a partir do exame final, cunha porcentaxe do 65%. As actividades interactivas seguirán o mesmo proceso que para o resto dos alumnos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
Horas presenciais:
Horas expositivas (teoría): 18
Horas interactivas:
- prácticas: 14
- seminarios: 4
- titorías: 2
Horas exames: 2
Total presenciais: 40
Horas no presenciais:
Expositivas: 54 horas
Interactivas: 18,5 horas
Total no presenciais: 72,5
Total 40 + 72,5 = 112,5
No caso de que parte ou toda a docencia pasase a ser virtual (Escenarios 2 e 3), incrementaríase de forma proporcional o número total de horas non presenciais que dedicaría o alumno ao estudo e traballo persoal. As actividades a realizar a través da Aula Virtual axustaríanse de maneira proporcional ás horas que o alumno deba dedicar.
Recoméndase levar ao día a materia e consultar a bibliografía recomendada, polo menos a básica, e los recursos informáticos propostos, especialmente os contidos da materia presentes na USC Virtual. O uso das horas de titorías para a resolución de dúbidas é aconsellable.
Lémbrase a obrigatoriedade das clases presenciais de teoría, prácticas e seminario no caso de que a docencia se desenvolva no Escenario 1, así como ás sesións prácticas no Escenario 2.
O Escenario en que se desenvolva a actividade docente non pode determinarse a priori ao comezo do curso, e mesmo podería variar en función de como se desenvolva a situación epidemiolóxica. En calquera caso, as actividades presenciais contempladas nos Escenarios 1 e 2 inclúen unha serie de directrices indicadas pola USC, referidas á obrigatoriedade de seguir medidas de prevención sanitaria (uso de hidroxel, máscara e mantemento da distancia de seguridade), e/ou redución do tempo de presencialidade ou porcentaxe de ocupación dos espazos.
Todas as medidas de prevención que no seu momento decrete a USC para estes dous escenarios son de obrigado cumprimento, e non se permitirá a asistencia a clase en caso de non seguir estas normas.
PLAN DE CONTINXENCIA
As adaptacións da materia en caso de non poder desenvolverse a docencia no Escenario 1 afectan unicamente á apartados Metodoloxía da Ensinanza e Avaliación.
Estas metodoloxías docentes e de avaliación poderían ir variando entre si ao longo do curso no caso de que a situación epidemiolóxica obrigue a un cambio de escenario.
Metodoloxía da ensinanza
No caso dos Escenarios 2 e 3, a docencia expositiva realizarase online, mediante clases expositivas síncronas coas ferramentas dispoñibles na USC (como Microsoft Teams), de acordo cos horarios académicos habilitados ao efecto; así mesmo, incrementarase o apoio á materia dentro do Campus Virtual.
Polo que respecta ás actividades interactivas, de presentarse o Escenario , a presencialidade reducirase nun 50%, completándose o restante 50% con actividades telemáticas relacionadas co contido de cada práctica; a saída de campo manterase sempre que o permitan as circunstancias. As actividades de Seminarios pasarán a realizarse online, seguindo a mesma metodoloxía proposta para o Escenario 3. Incrementarase o esforzo en Titorías relacionado con estas actividades, podendo acordarse co alumnado a realización de titorías telemáticas grupais.
No Escenario 3, a totalidade das actividades interactivas será realizada telematicamente As prácticas consistirán nunha serie de exercicios online vinculados cos contidos de cada unha delas, incrementando igualmente o apoio titorial coa realización de sesións grupais síncronas si fose necesario, así como a facilitación de material de apoio. Os Seminarios tamén se realizarán integramente online, para o que se habilitará un espazo no Campus Virtual que permitan a participación activa do alumnado nos debates dos temas a tratar.
As titorías no Escenario 2, desenvolveranse preferentemente de maneira telemática, aínda que se poderá manter certa presencialidade na medida que o permitan as circunstancias. No Escenario 3, todas as actividades titorais serán telemáticas. Para as titorías telemáticas recoméndase a utilización dos foros temáticos da aula Virtual, de maneira que as dúbidas liquidadas sexan accesibles a todo o alumnado. Si fose necesario, poderase recorrer a ferramentas síncronas para o apoio titorial, incluídas videoconferencias, previamente acordadas co profesor.
Sistema de avaliación
Para o Escenario 2 contémplase o mesmo esquema que no Escenario 1, se as normas sanitarias o permiten; en caso contrario, as actividades que non se poidan realizar de maneira presencial, seguirán as indicacións do Escenario 3. Así, neste último, todas as actividades de avaliación pasarán a ser telemáticas, tanto en primeira como en segunda oportunidade, podendo incluír probas síncronas.
A avaliación das prácticas non realizadas, se as condicións o permiten, o exame no laboratorio será tamén a proba a realizar no Escenario 2; en caso contrario, avaliarase da mesma maneira que no Escenario 3. Neste último Escenario 3, en que as prácticas se avaliarán mediante actividades online, os alumnos deberán completar correctamente aquelas que non teñan superadas ou realizadas.
Nos Escenarios 2 e 3, los alumnos con dispensa de asistencia poderán optar á avaliación continua nas mesmas condicións que o resto do alumnado.
Joaquin Gimenez De Azcarate Cornide
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- joaquin.gimenezdeazcarate [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ignacio Garcia Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- ignacio.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 11 (Aulario 3) |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 11 (Aulario 3) |
18.05.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |
18.05.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |
13.07.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |
13.07.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |