Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- Desenvolver habilidades directivas na organización dun grupo de alumnos de grao encargado da elaboración dun proxecto enxeñeril.
- Incentivar a realización dun liderazgo efectivo, cun compromiso ético, aplicando ferramentas básicas de xestión e dirección.
- Capacitar ao alumno para valorizar o capital humano a través da comunicación eficaz, detección de debilidades e fortalezas, motivación profesional e resolución de conflictos.
- Xerar aptitudes para a adquisición de responsabilidades, xestión do tempo, visión crítica e toma de decisións.
- Mellorar aa capacidade de transmisión de termos científico-técnicos e uso de ferramentas informáticas para cálculos técnicos.
Dirección de proxectos.
Funcións do director.
Organización: actividades e recursos.
Administración e control do proxecto.
Ferramentas informáticas.
BÁSICA
• PROJECT MANAGEMENT INSTITUTE. A Guide to the project management body of knowledge: PMBOK guide. Pennsylvania: PMI. 2008. ISBN: 978-1-9333890-51-7. Sinatura: A 244 42
COMPLEMENTARIA
• DE COS CASTILLO, M. Teoría General del Proyecto, volumen I: Dirección de Proyectos. Madrid: Síntesis. 2007. ISBN: Sinatura: A140 12 1
• TOWLER, G. SINNOT, R.K. Chemical Engineering Design. Oxford: Elsevier. 2009. ISBN: 978-0-08-096659-5. Sinatura: A140 16
As competencias a desenvolver, dacordo á memoria do máster son:
Xerais: CB8, CG4, CG11, CG12, CG13, CG15.
Específicas: CE1, CE5, CE6, CE9, CE12.
Transversais: CT1, CT3, CT4, CT5, CT6.
Traballarase con maior incidencia nas competencias: CG4, CG12, CE5, CE9, CT3, CT6.
Escenario 1 (presencial)
Cada alumno matriculado nesta materia realizará labores de dirección con grupos de entre 3 e 4 alumnos dos primeiros cursos do Grao en Enxeñaría Química, no desenvolvemento dun proxecto (actividade de 3 créditos ECTS que se ofrece na aula profesional).
A docencia expositiva da materia (ao inicio do curso) céntrase na formulación de obxectivos e exposición de conceptos, na súa maioría coñecidos, aplicados á dirección de proxectos de enxeñaría. (CB8, CE5, CE9).
Así mesmo, daranse a coñecer en seminarios en aula informática. os obxectivos a conseguir cos programas informáticos (administración de proxectos, Gantt Project/MS project, cálculos técnicos, Excel, bases de datos de propiedades, hysys, outros) que se empregarán para levar a cabo a dirección do proxecto. (CT3, CT4, CE5, CE12).
Os alumnos elixirán os compoñentes do grupo que van a dirixir, decidirán o tema a desenvolver e dirixirán o grupo na realización do proxecto (aplicación de balances de materia e enerxía a un proceso coa consideración de aspectos termodinámicos, reacción química, seguridade, económicos, ambientais...). Os seminarios realizaranse baixo a supervisión do profesor (corroboración da actuación do alumno como director de proxecto) ou sen ela (grupos baixo a dirección do alumno de máster). (CE6, CG11, CG12, CG13, CG15, CT1, CT3, CT4, CT5, CT6 CT6).
Tamén se formula unha titoría grupal a metade de semestre para a detección de fortalezas e corrección de debilidades dos directores de proxecto.
O alumno poderá ademais facer as consultas que desexe en titorías individualizadas no horario establecido para o efecto.
Utilizarase Campus Virtual como ferramenta de apoio á docencia.
Descripción temporal das actividades:
1 semana (3 h):
Expositivas: Presentación da materia. Dirección de proxectos. Funcións do director.
2 semana (2 h):
Expositivas: Organización: actividades e recursos. Administración e control do proxecto (I).
3 semana (4 h):
Expositivas (2 h): Administración e control do proxecto (II).
Seminario informática (2 h): Ferramentas informáticas.
Interactivas: Desenvolvemento do proxecto
Resto das semanas (2 h promedio):
Interactivas: desenvolvemento do proxecto.
7 semana: Titoría grupal
Escenario 2 (distanciamento) e 3 (confinamento)
Todas as clases levaranse a cabo telemáticamente mediante MS Teams e Campus Virtual
A entrega da memoria do proxecto realizado polos alumnos do grao é requisito imprescindible para poder presentarse á avaliación.
A avaliación na primeira oportunidade basearase en:
- Memoria do proxecto realizado polos alumnos do grao: 25% da nota
- Avaliación da calidade da dirección: 25%
- Avaliación oral consistente na defensa das actividades realizadas e logros conseguidos: 40%
- Informe do profesor atendendo á avaliación continua realizada nos seminarios: 10%
En caso de non superar a materia na primerira oportunidade, na segunda solicitarase unha memoria adicional que incluirá alomenos un diagrama de actividades e de recursos do proxecto construido a partires da experiencia desenvolvida.
Os alumnos repetidores terían que realizar íntegramente as actividades planificadas.
A avaliación das competenzas indicadas no apartado de metodoloxía para as clases expositivas e de seminario de informática realizarase principalmente a través do exame oral e a avaliación do proxecto presentado. (CB8, CE5, CE9, CE12, CT3, CT4).
As competenzas transversais, fundamentalmente, avaliaranse mediante a supervisión dos seminarios dos grupos de traballo e a valoración dos alumnos de grao a través de enquisas específicas. (CE6, CG11, CG12, CG13, CG15, CT1, CT3, CT4, CT5, CT6).
Nos escenarios 2 e 3, mantense a distribución de cualificacións. O exame realizarase telemáticamente mediante o Campus Virtual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia é de 4.5 ECTS
Actividade Presencial (h) – Traballo Personal (h)
Clases maxistrais: 3 - 4
Seminarios: 22.5 - 43.5
Áula Informática: 6 - 6
Titorías Grupo: 1 - 3
Titorías individuais: 1 - 4
Examen e revisión: 0.5 - 6
Total: 43.5 - 67.5
O idioma de impartición da materia é o castelán.
Empregarase o campus virtual para a docencia da materia.
Os programas informáticos específicos a empregar son: HYSYS e Gannt Project.
Debe seguirse a normativa vixente en relación ao Covid-19.
En caso de actividades telemáticas debe dispoñerse dos medios necesarios para o seu correcto desenvolvemento. Recoméndase a adquisición de equipos coa contorna MS Windows, xa que outras plataformas non soportan algúns dos programas informáticos dispoñibles na USC que se empregan nas materias.
Plan de continxencia: En relación ao desenvolvemento de actividades docentes en remoto (ver metodoloxía e avaliación), realizaríanse a través do Campus Virtual e Ms Teams, de forma síncrona ou asíncrona en función do que indique o centro, e sempre segundo o horario establecido.
Metodoloxía
Escenario 2 (distanciamento) e 3 (confinamento)
Todas as clases levaranse a cabo telemáticamente mediante MS Teams e Campus Virtual
Avaliación
Nos escenarios 2 e 3, mantense a distribución de cualificacións. O exame realizarase telemáticamente mediante o Campus Virtual.
Ana Maria Soto Campos
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816760
- Correo electrónico
- ana.soto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ramon Felipe Moreira Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816759
- Correo electrónico
- ramon.moreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A5 |
Venres | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A5 |
18.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Proxectos |
18.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Proxectos |
18.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula de Proxectos |
06.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A8 |
06.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A8 |
06.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A8 |