Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo desta materia é proporcionar ao alumno a capacidade de utilizar funcionalidades avanzadas dos Sistemas de Información Xeográfica para a resolución de problemas de planificación territorial. O alumno aprenderá métodos e técnicas de análise espacial e xeográfico que requiren operacións ou coñecementos complexos, e adquirirá a capacidade de aprender por si mesmo a implementar novos métodos e algoritmos de modelización territorial.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
- Deseño de xeodatabases
- Análise de redes
- Análise de custes
- Modelado cartográfico
- Técnicas de xeodeseño
- SIX para participación pública (PPGIS)
Programa práctico:
- Deseño dunha xeodatabase
- Resolución de problemas de análise espacial e territorial con SIX
Estes contidos desenvólvense a través do seguinte temario:
Tema 1. Introdución (0,5 ECTS)
- Operacións de entrada de datos
- Operacións de análise espacial de datos vectoriais
- Operacións de análise espacial de datos ráster
Tema 2. Bases de datos espaciais (1 ECTS)
- Fundamentos de bases de datos
- Deseño de bases de datos relacionais
- Deseño conceptual
- Deseño lóxico
- Normalización
- Sistemas Xestores de Bases de Datos
Tema 3. Análise espacial avanzado (1 ECTS)
- Análise de redes
- Análise de costes
- Modelado cartográfico
- Xeodiseño
Tema 4. SIX para participación pública (0,5 ECTS)
- Definición
- Compoñentes
- Casos prácticos
Bibliografía básica:
Bosque, J., Moreno, A. (2012). Sistemas de Información Geográfica y Localización Óptima de Instalaciones y Equipamientos. Madrid: Ra-ma.
Gómez Delgado, M., Barredo Cano, J. I. (2005). Sistemas de información geográfica y evaluación multicriterio en la ordenación del territorio. Madrid: Ed. Ra-ma.
OLAYA, V. (2012). Sistemas de Información Geográfica. http://www.bubok.es/libros/191920/Sistemas-de-Informacion-Geografica
Bibliografía complementaria:
BETTINGER, P., WING, M. G. (2004). Geographic Information Systems. Applications in Forestry and Natural Resources Management. New York: McGraw-Hill.
Craig, W.J. et al. (ed.) (2002) Community Participation and Geographic Information Systems. New York: Taylor & Francis.
Geneletti, D., Abdullah, A. (2009). Spatial Decision Support for Urban and Environmental Planning. A Collection of Case Studies. Malaysia: Arah Publications
Durante o desenvolvemento da materia, espérase que os estudantes adquiran ou melloren o seu desempeño nas seguintes competencias:
A) Competencias básicas e xerais:
CB02. Que os estudantes sepan aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco definidos dentro de contextos de carácter multidisciplinar tanto investigador como profesional.
CB03. Que os estudantes posúan as capacidades para a aprendizaxe autónoma, adquirindo un enfoque proactivo no plantexamento e resolución de problemas.
CB05. Que os estudantes aprendan a traballar de forma autónoma, a tomar decisións, a priorizar e desenvolver unha capacidade de adaptación a entornos cambiantes.
CG01. Adquisición de coñecementos, ferramentas e recursos de alto nivel para cubrir as expectativas investigadoras e profesionais do estudante e da sociedade no relativo ao estudo da Ordenación, Planificación e Xestión do Territorio ou algún dos seus ámbitos máis destacados.
CG02. Posta a punto e manexo de conceptos, métodos e ferramentas propias da investigación na análise xeográfico e territorial para fins específicos.
CG03. Capacitación nas principais técnicas de recompilación de información espacial e xeorreferenciada e posterior tratamento en bases de datos xeoespaciais.
CG04. Capacitación en diversas técnicas de análise e investigación transversais caracterizadas pola súa versatilidade dentro do paradigma interdisciplinar dos estudos e análises territoriais.
B) Competencias transversais:
CT01. Capacidade de búsqueda e selección de información
CT02. Capacidade analítica e de síntese
CT04. Coñecemento das principais fontes cartográficas e de información territorial
CT05. Manexo dos principais programas de software de Sistemas de Información Xeográfica
C) Competencias específicas:
CE04. Capacidade para levar a cabo procesos de análise, avaliación e diagnose do territorio, do medio ambiente, do urbanismo, dos usos do solo e da propiedade da terra desde un punto de vista económico, social e ambiental
CE05. Formación para extraer, analizar e presentar a información necesaria para a toma de decisións na planificación e xestión territorial e ambiental.
CE08. Coñecer as técnicas, ferramentas e tecnoloxías que permiten realizar unha planificación e xestión territorial eficiente e a diferentes escalas (rexional, urbano, etc.).
ESCENARIO 1
As principais metodoloxías docentes, entre as definidas na memoria do título, que serán empregadas no desenvolvemento desta materia e as competencias traballadas con cada unha delas son as seguintes:
Clases maxistrais (competencias CB02, CG01, CG02, CG03, CG04, CT04, CT05).
Prácticas en aulas de informática (competencias CB02, CB03, CB05, CG01, CG02, CG03, CG04, CT04, CT05).
Traballos de materia (competencias CB02, CB03, CB05, CG03, CG04, CT01, CT02, CT04, CT05).
Titorías individuais e en grupo (competencias CB02, CB03).
ESCENARIO 2 E ESCENARIO 3.
A metodoloxía da ensinanza será a mesma que no escenario 1, xa que, aínda que a materia se impartirá presencialmente no campus de Lugo, os estudantes poderán participar en clase a través de videoconferencia desde o centro do campus de Santiago. Por elo, en caso de ser necesario, tanto no escenario 2 como no 3, os alumnos poderán asistir tanto ás clases teóricas como ás prácticas de forma online.
ESCENARIO 1
Consideracións xerais: para a superación da materia é condición indispensable que a calificación da proba escrita sexa igual ou superior a 4. A asistencia ás clases prácticas debe ser superior ao 80% para que se considere a calificación da memoria de prácticas no cálculo da nota final. No caso de que o estudante non supere a materia, conservaranse as calificacións parciais para as seguintes convocatorias. Por causas excepcionais (laborais ou de enfermidade) darase a opción ao estudante de substituír a asistencia a prácticas por un exame práctico. En caso de que ao estudante se lle conceda dispensa de asistencia deberá realizar un exame práctico dos contidos impartidos nas clases interactivas. O procedemento de avaliación descrito será empregado tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria de recuperación.
Proba de avaliación de competencias: realizarase un exame final dos contidos do programa teórico.
Valoración da participación en clase: valorarase tanto a asistencia a clase como a participación activa e a implicación nas clases teóricas e prácticas.
Realización de traballos e memoria de prácticas: o estudante deberá entregar unha memoria de prácticas.
A calificación final obterase mediante a avaliación das competencias correspondentes na seguinte proporción:
Proba de avaliación de competencias (30%): competencias CB02, CG01, CG02, CG03, CG04, CT04, CT05
Realización de memoria de prácticas (60%): competencias CB02, CB03, CB05, CG01, CG02, CG03, CG04, , CT01, CT02, CT04, CT05
Valoración da participación en clase (10%): competencias CB02, CB03
ESCENARIO 2
O sistema de avaliación será o mesmo que no escenario 1.
ESCENARIO 3
A proba escrita será substituída por dous traballos adicionais, que se engadirán á memoria de prácticas. Consecuentemente, neste escenario desaparecen os requirimentos de calificación mínima na proba escrita, de asistencia ás clases prácticas e de exame práctico no caso de dispensa de asistencia ou causas excepcionais. No caso de que o estudante non supere a materia, conservaranse as calificacións parciais dos traballos para as seguintes convocatorias.
A calificación final obterase mediante a avaliación das competencias correspondentes do seguinte xeito:
Realización de traballos e memoria de prácticas (90%): competencias CB02, CB03, CB05, CG01, CG02, CG03, CG04, , CT01, CT02, CT04, CT05
Valoración da participación en clase (10%): competencias CB02, CB03
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións”.
Esta materia ten asignadas un total de 9 horas presenciais de clases expositivas, 12 horas presenciais de clases interactivas e 3 horas de tutorías.
Son necesarios coñecementos básicos de SIX
PLAN DE CONTINXENCIA
No escenario 2 e no escenario 3 a metodoloxía da ensinanza será a mesma que no escenario 1.
No escenario 3 o sistema de avaliación modificarase da seguinte forma:
A proba escrita será substituída por dous traballos adicionais, que se engadirán á memoria de prácticas. Consecuentemente, neste escenario desaparecen os requirimentos de calificación mínima na proba escrita, de asistencia ás clases prácticas e de exame práctico no caso de dispensa de asistencia ou causas excepcionais. No caso de que o estudante non supere a materia, conservaranse as calificacións parciais dos traballos para as seguintes convocatorias.
A calificación final obterase mediante a avaliación das competencias correspondentes do seguinte xeito:
Realización de traballos e memoria de prácticas (90%): competencias CB02, CB03, CB05, CG01, CG02, CG03, CG04, , CT01, CT02, CT04, CT05
Valoración da participación en clase (10%): competencias CB02, CB03
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións”.
Eduardo Jose Corbelle Rico
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Teléfono
- 982823324
- Correo electrónico
- eduardo.corbelle [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego | Aula TIC |
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario II (Pav.III) |
21.05.2021 15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario II (Pav.III) |