- Código
- FD0366
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 3.0
- Curso
- 2025-2026
- Prezo
- Abonado pola entidade solicitante
- Centro
- Facultade de Ciencias da Educación
- Dirección
- Maria Lopez Sandez
- Contacto
maria.sandez [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Facultade de Ciencias da Educación
Maria Lopez Sandez
616413446
maria.sandez [at] usc.es
Facultade de Ciencias da Educación
Datas
Duración: 02/10/2025 - 30/10/2025
Preinscrición: 08/09/2025 - 18/09/2025
Matrícula: 19/09/2025 - 25/09/2025
Número alumnos/as mínimo: 10
Número alumnos/as máximo: 60
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Acceso sen titulación universitaria
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Terán prioridade os estudantes do Grao en Mestre/a de Educación Infantil e Dobre Grao, seguidos dos do Grao de Mestre/a de Educación Primaria e posteriormente os titulados en Educación Infantil e Educación Primaria nesta orde.
Obxectivos
-Coñecer o marco normativo e sociolingüístico da normalización lingüística en Galicia no contexto educativo.-Identificar e analizar boas prácticas de promoción do galego no ámbito da primeira infancia.
-Elaborar propostas didácticas e campañas de normalización lingüística adaptadas á realidade do centro educativo.
-Desenvolver competencias profesionais para fomentar o uso do galego como lingua de comunicación, aprendizaxe e socialización na aula.
-Utilizar recursos e ferramentas prácticas (incluíndo espazos creativos como o Polo Creativo da USC) para deseñar intervencións de promoción lingüística innovadoras.
Competencias
- S1.3.1: Ensinar linguas- S2.0.0: Empregar estratexias de aprendizaxe
- S1.12.2: Desenrolar recursos educativos
- S3.3.3: Promover a inclusión
Avaliación
A avaliación realizarase a partir dos seguintes elementos:
Informe final: o alumnado deberá elaborar un informe individual ou en pequenos grupos no que se propoña o deseño dunha campaña de promoción e normalización lingüística destinada á Facultade de Ciencias da Educación. Poderán incorporar o uso do espazo do Polo Creativo da USC como recurso ou soporte na proposta presentada.
Asistencia ás sesións presenciais: requírese un mínimo do 80% de asistencia ás sesións programadas para poder superar a microcredencial.
Participación activa: valorarase a implicación e participación do alumnado nas actividades prácticas, debates e tarefas propostas ao longo das sesións presenciais.
Titorías
Metodoloxía: A microcredencial desenvolverase mediante unha metodoloxía activa e participativa, combinando: -Sesións expositivas con presentación de contidos teóricos e normativos relacionados coa normalización e promoción lingüística. -Análise de casos prácticos e experiencias de éxito no ámbito educativo. -Obradoiros prácticos de elaboración de materiais e deseño de propostas aplicadas ao contexto da primeira infancia. -Traballo autónomo orientado á elaboración do informe final e deseño da campaña de promoción. -Uso de espazos e recursos da USC, incluído o Polo Creativo, para o desenvolvemento das propostas prácticas. Idioma: A docencia impartirase integramente en galego. Titorías: Ofrecerase atención personalizada para a orientación e seguimento do traballo autónomo e do informe final, mediante titorías presenciais concertadas.
Os xoves do mes de outubro de 2025 de 16:30-20:30
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Sociolingüística, Ecolingüística e Boas Prácticas Normalizadoras no Contexto Galego. | 2.0 |
2 | Deseño e Planificación de Campañas de Normalización da Lingua Galega. | 1.0 |