- Código
- FD0370
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 1.5
- Curso
- 2025-2026
- Prezo
- Abonado pola entidade solicitante
- Centro
- Oficina de Igualdade de Xénero
- Dirección
-
Sonia Esperanza Rodríguez Boente
Patricia Alonso Ruido - Contacto
vanessa.vidal.freire [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Oficina de Igualdade de Xénero
VANESSA VIDAL FREIRE
vanessa.vidal.freire [at] usc.es
Oficina de Igualdade de Xénero
Datas
Duración: 22/09/2025 - 26/09/2025
Preinscrición: 28/07/2025 - 10/09/2025
Matrícula: 11/09/2025 - 15/09/2025
Número alumnos/as mínimo: 10
Número alumnos/as máximo: 25
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Non se exixen.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Dirixido a estudantado de grao, máster e doutoramento, así como profesionais da educación, seleccionados por orde de preinscipción.
Obxectivos
1. Previr as múltiples violencias sexuais, tanto no plano offline como no online.2. Comprender o substrato de desigualdade e dixitalización sobre o que se asentan as múltiples violencias sexuais, tanto offline como online.
3. Analizar as múltiples violencias sexuais offline como online.
4. Desenvolver estratexias pedagóxicas centradas na identificación e prevención das múltiples violencias sexuais offline como online
Competencias
T2.1 Procesar información, ideas y conceptos.T3.2 Adoptar un enfoque proactivo.
T6.3 Ejercer derechos y responsabilidades.
T6.6 Estudios de xénero.
S1.12 Crear materiales artísticos, visuales o docentes.
Avaliación
A fin de avaliar as aprendizaxes das persoas participantes solicitaráselles a realización dun texto eminentemente reflexivo centrado nos contidos abordados ao longo das sesións. Desta forma, preténdese que consideren as múltiples violencias sexuais tanto online como offline nas dinámicas relacionais das sociedades actuais e sexan capaces de propoñer solucións desde unha óptica pedagóxica. Este documento breve (extensión máxima: dúas caras) será entregado con posterioridade á finalización da actividade e será avaliado pola docente.
Titorías
Propiciarase un espazo de aprendizaxe colaborativo no que se fomente un proceso de construción de coñecemento activo, reflexivo e eminentemente crítico. Desta forma, estimularase o debate e a discrepancia sempre desde o respecto ante o diálogo e intercambio de opinións. Así as cousas, ao longo das sesións a docente guiará o proceso de ensino-aprendizaxe presentando os contidos teóricos, mentres se recorre a ferramentas metodolóxicas activas diversas tales como: debates, role playing, xogos...entre outras. Idiomas: galego e castelán.
Do 22 ao 26 de setembro, de 10:30 a 13:30 h.
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | As Violencias Sexuais Offline e Online: Intervención Pedagóxica para a súa Prevención. | 1.5 |