O estudo da literatura hispanolusa inaugúrase coa obra de Domingo Garcia Péres, Catálogo razonado biográfico y bibliográfico de los autores portugueses que escribieron en castellano (1890), cunha ampla relación de autores e obras aínda hoxe útiles (actualizada na BDCLLP que coordina Marcos de Dios) e o ensaio A litteratura hespanohola em Portugal (1915) de Sousa Viterbo.
Aínda que non faltan valiosas aportacións individuais, debe destacarse o labor realizado por grupos de investigación, con frecuencia recollido en obras colectivas que supuxeron sucesivos avances no coñecemento deste fenómeno. Reséñanse a continuación as fundamentais:
O proxecto de investigación El castellano como lengua literaria en Portugal, da Universidade de Salamanca, coordinado por Ángel Marcos de Dios, responsábel da Base de datos del castellano como lengua literaria en Portugal (BDCLLP), dos volumes de Aula bilingüe (2008, 2012) e do portal Aula bilingüe.
O proxecto de investigación dirixido por Tobias Brandenberger Contacto de culturas, conflicto de culturas: construcción y elaboración literaria de las relaciones hispano-portuguesas, da Universidade de Basilea, base do número monográfico de Iberoromania (7, 28, 2007): España y Portugal: antagonismos literarios e históricos (siglos xvi-xviii).
O volume colectivo editado por Francisco Bethencourt e prologado por José Miguel Martínez Torrejón La littérature d’auteurs portugais en langue castillane (Arquivos do Centro Cultural Calouste Gulbenkian, 44, 2002), que reúne as ponencias do coloquio celebrado no Centre Cultural Portugais de 2001. Martínez Torrejón é, así mesmo, reponsábel do portal de Literatura hispano-portuguesa do Centro Virtual Cervantes e editor de importantes compilacións, fundamentalmente as seguintes: Miscelânea Pereira de Foios (Lisboa, Imprensa Nacional-Casa da Moeda, 2017) e Miscelânea Sebástica da Ajuda (Lisboa, Biblioteca Nacional de Portugal, 2020).
A publicación da Universidade de Porto Península. Revista de Estudos Ibéricos, que dende 2003 aborda desde diversos ángulos esas relacións interlliterarias.
O congreso organizado pola Casa de Velázquez Literatura áurea ibérica. La construcción de un campo literario peninsular (siglos XVI y XVII), coordinado por Aude Plagnard e Jaime Galbarro (2016), así mesmo editores do número monográfico de e-Spania, Literatura áurea ibérica (27, xuño de 2017), que recolle as ponencias de dito evento.
O congreso internacional Versos ibéricos (Universidade de Sevilla, 22-24 de xaneiro de 2020), organizado por Clara Marías Martínez e María del Rosario Martínez Navarro, editoras do número monográfico de Iberoromania (2022) que publica os resultados de dito evento: Versos ibéricos: intercambios entre España y Portugal en la poesía del siglo XVI, de la épica al petrarquismo.
Proxectos centrados na figura de Faria e Sousa, como o coordinado por Aude Plagnard e Joseph Roussiès (2019-2021), titulado: Poligrafaria. La polygraphie dans l'aire ibérique: écrits et figure de Manuel de Faria e Sousa (1590-1649):
https://poligrafaria.hypotheses.org/a-propos.
Traballos dedicados ao erudito portugués, como o libro de Valentín Núñez Rivera, Escritura del yo y carrera literaria. Las biografías de Faria y Sousa (Universidade de Huelva, 2020), a tese doutoral de Martha Blanco González, Faria e Sousa, historiador de la literatura: el Parnaso español del siglo xvi en sus comentarios a las Rimas várias (Universidade de Santiago de Compostela, 2023) e o libro monográfico coordinado por Aude Plagnard e Joseph Roussiès, Un Polígrafo portugués en la Monarquía Hispánica. Manuel de Faria e Sousa (1590-1649) (Barcelona, Calambur, 2023).
O Centre International d’Études Portugaises de Genève (CIEPG) ofrece na súa páxina web os índices e as edicións dixitalizadas, así como transcripcións diplomáticas e interpretativas dos principais cancioneiros colectivos bilingües https://ciep-ge.com/.
A este panorama os membros dos proxectos de investigación coordinados por Soledad Pérez-Abadín Barro aportaron os siguientes volumes colectivos:
Letras hispano-portuguesas de los siglos XVI y XVII: Aproximaciones críticas. Criticón (Toulouse, Université de Toulouse-Jean Jaurés), 134, 2018, coord. Soledad Pérez-Abadín Barro e Martha Blanco González https://journals.openedition.org/criticon/4817.
Entre Italia, Portugal y España: ensayos de recepción literaria. Entre Itália, Portugal e Espanha: ensaios de recepção literária, coord. Soledad Pérez-Abadín Barro, Rita Marnoto, David González Ramírez e Martha Blanco González, Santiago de Compostela, USC Editora (“Clave”), 2021.
Fragmentos de poética peninsular: géneros, generaciones y escuelas en la era del Manierismo, coord. Soledad Pérez-Abadín Barro, Madrid-Frankfurt am Main, Iberoamericana-Vervuert, 2026.
Soledad Pérez-Abadín Barro é tamén autora do libro Iberae fidicen lyrae: Anotaciones de poética peninsular (Madrid-Frankfurt am Main, Iberoamericana-Vervuert, 2022).