Ir o contido principal

Textos luso-casteláns dos séculos XVI-XVII

Este sitio web está dedicado a un proxecto recopilador de sonetos de autores portugueses dos séculos XVI e XVII escritos en castelán e difundidos en cancioneiros bilingües. Preténdese facer unha antoloxía dos sonetos incluidos en obras individuais ou cartapacios de autoría colectiva. Os que carecen de edición moderna reprodúcense en versión paleográfica. O conxunto recóllese en dous índices. O primeiro (Índice 1) indica o título de cada obra cos primeiros versos dos sonetos casteláns que contén. O segundo (Índice 2) presenta a totalidade dos textos ordeados alfabéticamente.

A páxina complétase con apartados que ofrecen información acerca da actividade literaria, especialmente poética, na Península Ibérica, definida como una comunidade interliteraria. Engádese unha bibliografía acerca dos estudos fundamentais que se ocuparon deste fenómeno de intercambio cultural durante os séculos XVI e XVII. Este repertorio mantén un equilibrio entre as obras españolas e as portuguesas, xa que enfocar a literatura hispano-portuguesa obriga a atender conxuntamente a crítica literaria de ambos países.

Ofrécense tamén os enlaces doutros sitios web relacionados coa literatura hispano-portuguesa, fundamentalmente o CIEP de Genève e o CVC.

Esta actividade enmárcase en dous Proxectos de I+D+i: La poesía hispano-portuguesa de los siglos XVI y XVII: contactos, confluencias, recepción (FFI2015-70917-P; AEI-FEDER; 2016-2019) y La poesía hispano-portuguesa de los siglos XVI y XVII: géneros, textos y recepción intrapeninsular (PID2020-118819GB-I00. MCIN/AEI/10.13039/501100011033/, 2021-2025). Encádrase así mesmo no grupo de investigación O século de Quevedo: prosa e poesía líricas (GI 1373. USC, Xunta de Galicia).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.09.2025.