Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Expresión Gráfica da Enxeñaría
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Esta materia ten como obxectivo principal proporcionar ao alumnado habilidades de razoamento espacial, así como ferramentas de expresión gráfica acordes coas novas tecnoloxías da información e coñecementos básicos sobre Normalización neste eido, que lle faciliten as operacións de deseño e representación de obxectos tridimensionais relacionados coa súa futura actividade profesional. Hai que dotar ao alumno/a, futuro/a enxeñeiro/a, dos coñecementos prácticos que lle permitan entenderse e expresarse nunha linguaxe gráfica, común ás distintas profesións técnicas.
Así, os contidos da materia de "Expresión Gráfica na Enxeñaría I" responden a unha meta primordial, que se formula con respecto a esta materia e ao seu bloque formativo: a de conseguir que o alumnado, ao finalizar os seus estudos, sexa capaz de elaborar e xestionar a documentación gráfica necesaria para a redacción dun proxecto da súa especialidade. Neste caso, e dacordo co recollido na Memoria da titulación, os resultados da aprendizaxe nesta materia deben contemplar tamén o adestramento básico na utilización dalgún programa de CAD (AutoCAD neste caso, pola súa ampla utilización no mundo da enxeñaría), co obxectivo de adquirir os coñecementos necesarios para representar graficamente calquera proxecto.
Para chegar a alcanzar este obxectivo é necesario que o alumnado traballe as seguintes destrezas e habilidades, tanto de tipo xenérico (que deberan ser comúns e transversais a todas as materias) como específico:
XENÉRICAS:
a) Capacidade para a análise e a síntese.
b) Capacidade para aprender.
c) Capacidade para resolver problemas.
d) Capacidade para aplicar o coñecemento na práctica.
e) Capacidade para xerar novas ideas (creatividade).
f) Capacidade para a toma de decisións.
g) Capacidade para o traballo autónomo, xa sexa en grupo ou individualmente.
ESPECÍFICAS:
De tipo informativo:
a) O coñecemento de programas de DAO ou CAD como ferramenta rápida e precisa para resolver os problemas de trazados xeométricos de uso habitual nos debuxos da especialidade e para a confección de bases documentais no ámbito das enxeñarías.
b) O coñemento estruturado dun programa universal de CAD para a resolución de problemas espaciais e para a confección de bases documentais no ámbito das enxeñarías.
c) O coñecemento racional e dedutivo dos fundamentos da Xeometría que permitan resolver os problemas de trazados xeométricos planos de uso habitual nos debuxos da especialidade.
d) O coñecemento aplicado dos principais Sistemas de Representación, dos seus fundamentos e técnicas, con especial dedicación aos Sistema Diédrico e Axonométrico.
e) O coñecemento básico da Normalización en xeral e das normas de aplicación ao Debuxo Técnico no ámbito profesional da enxeñaría.
f) O coñecemento da estruturación da documentación gráfica dun proxecto.
De tipo formativo:
a) A adquisición e fortalecemento de visión e comprensión espacial.
b) A adquisición de destreza no manexo das ferramentas informáticas aplicadas á expresión gráfica, co fin de obter unha boa representación da realidade.
c) A adquisición de capacidade para a interpretación de calquera dos principais Sistemas de Representación, e para facer representacións nos Sistemas Diédrico e Axonométrico empregando as novas tecnoloxías.
d) A adquisición de capacidade de análise e resolución de problemas gráficos.
e) A adquisición de destreza no manexo dos instrumentos de debuxo e precisión e de hábitos de pulcritude, co fin de obter unha boa calidade dos trazados.
f) A utilización do debuxo a man alzada como instrumento de análise espacial.
Todo isto concorda co recollido na Orde Ministerial CIN/351/2009, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial, que establece literalmente que o alumnado, na súa formación, debe adquirir “capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de Xeometría Métrica e Xeometría Descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por computador”.
A Memoria do Título contempla para esta materia os seguintes contidos:
TEÓRICOS:
- Introdución á Enxeñaría Gráfica.
- Sistemas de Representación.
- Normalización do Debuxo Técnico.
- Introdución ao Debuxo Asistido por Computador.
PRÁCTICOS:
- Prácticas de Sistemas de Representación.
- Prácticas de Debuxo Asistido por Computador.
Estes contidos teóricos e prácticos vanse desenvolver ao longo do semestre a través dos seguintes bloques e temas, coa distribución temporal que se sinala (tendo en conta que a materia se reparte en 14 horas expostivas, 4 de seminario e 30 interactivas):
BLOQUE I – INTRODUCIÓN Á ENXEÑARÍA GRÁFICA
1.- Linguaxe gráfica e enxeñaría (1 hora expositiva)
BLOQUE II – XEOMETRÍA DESCRITIVA BÁSICA
2.- Sistema Diédrico: Fundamentos (2 horas expositivas + ½ hora de seminario)
3.- Sistema Diédrico: Obtención de vistas auxiliares mediante cambios de plano (2 horas expositivas + ½ hora de seminario)
4.- Sistema Diédrico: Medición e obtención de verdadeiras magnitudes mediante xiros e abatementos (2 horas expositivas + ½ hora de seminario)
5.- Sistema Diédrico: Problemas básicos de interseccións, paralelismo e perpendicularidade (2 horas expositivas + ½ hora de seminario)
6.- Sistema Axonométrico (2 horas expositivas + 1 hora de seminario)
BLOQUE III – NORMALIZACIÓN DA REPRESENTACIÓN
7.- Normalización do Debuxo Técnico (½ hora expostiva)
8.- A Normalización da Representación: Vistas ortogonais (1 hora expositiva + ½ hora de seminario)
9.- Seccións (1 hora expostiva + ½ hora de seminario)
10.- Acoutamento (½ hora expositiva)
BLOQUE IV – MANEXO BÁSICO DUN PROGRAMA DE DEBUXO CON COMPUTADOR (AutoCAD)
11.- Interfaz, introdución de comandos e datos (3 horas interactivas)
12.- Presentacións, textos e escalas (3 horas interactivas)
13.- Comandos de debuxo (3 horas interactivas)
14.- Comandos de modificación e consulta (3 horas interactivas)
15.- Acoutamento (1´5 horas interactivas)
16.- Manexo de imaxes (1´5 horas interactivas)
17.- Grupos, bloques e atributos (3 horas interactivas)
18.- Execución de planos e trazado (6 horas interactivas)
19.- Introdución ao modelado 3D (3 horas interactivas)
20.- Obtención de vistas e seccións (3 horas interactivas)
Bibliografía básica:
Bertrán Guasp, J. Geometría Descriptiva I: Sistema Diédrico Directo. Donostiarra. S. Sebastián, 1995
Collado Sánchez-Capuchino, V. Dibujo Técnico (Expresión Gráfica de la Ingeniería). Tébar Flores. Albacete, 1996
Félez, J. e outros. Fundamentos de Ingeniería Gráfica. Síntesis. Madrid, 1996
Izquierdo Asensi, E. Ejercicios de Geometría Descriptiva I (Diédrico). Dossat. Madrid, 1992
Izquierdo Asensi, E. Ejercicios de Geometría Descriptiva II (Acotado y Axonométrico). Paraninfo. Madrid, 1994
Montaño de la Cruz, F. AutoCAD 2016. Guía Práctica. Anaya Multimedia. 2015
Montaño de la Cruz, F. AutoCAD 2020. Guía Práctica. Anaya Multimedia. 2019
Bibliografía de consulta (complementaria):
Bertoline, G.R. et al. Engineering and Graphics Communication. Irwin. Chicago,1995
Félez, J.; Martínez, M.L. Dibujo Industrial. Síntesis. Madrid, 1996
Gimenez Peris, V. Diédrico Directo Tomo I: Teoría y 190 ejercicios de aplicación. Editor Autor. Madrid, 2007
Reyes Rodríguez A.M.; Montaño de la Cruz, F. AutoCAD Práctico: 130 ejercicios definitivos. Anaya Multimedia. 2012
Reyes Rodríguez A.M. AutoCAD 2019 (Manual imprescindible). Anaya Multimedia. 2019
Rodríguez De Abajo, F.J. Geometría Descriptiva II: Sistema de Planos Acotados. Donostiarra. San Sebastián, 1982
Speck, H. J. e Vieira Peixoto. Manual básico de desenho técnico. Florianápolis, Brasil, 2004.
Para o desenvolvemento da materia, o Centro tamén proporcionará ao alumnado diferentes recursos, entre os que cabe destacar as licencias de software do programa de CAD (AutoCAD) co correspondente hardware.
Asimesmo, o alumnado contará ao inicio de cada sesión práctica cos exercicios a desenvolver na mesma, cun guión detallado dos pasos a seguir no caso das clases interactivas de laboratorio, a desenvolver nas aulas de informática do Centro.
Nesta materia o alumnado adquirirá e practicará as seguintes competencias básica, xeral, específica e transversais, que aparecen dentro do cadro de competencias que se deseñou para o conxunto da titulación e que aparecen na Memoria verificada do título, e que como xa se apuntou, concorda co recollido na Orde Ministerial CIN/351/2009, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial:
Competencia básica:
CB4: Que os estudantes saiban transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencia xeral:
CG3: Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías e os dote de versatilidade para adaptarse ás novas situacións.
Competencia específica:
CE5: Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica tanto por métodos tradicionais de Xeometría Métrica e Xeometría Descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por computador.
Competencias transversais:
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Habilidade para usar aplicacións informáticas no ámbito da Enxeñaría Industrial.
CT10: Capacidade para a resolución de problemas.
CT12: Capacidade para a aprendizaxe autónoma.
CT14: Demostrar razoamento crítico.
A metodoloxía e actividades a desenvolver na materia de "Expresión Gráfica na Enxeñaría I" adáptanse ás esixencias do Espazo Europeo de Educación Superior. Neste sentido, a distribución entre as diferentes actividades dos 6 ECTS desta materia que se presenta a continuación (con 150 horas de dedicación total), amosa como o traballo autónomo do estudantado convírtese en boa medida no protagonista da súa aprendizaxe:
- Clases expositivas = 14 horas presenciais (+ 21 horas de traballo autónomo = 35)
- Clases de seminario = 4 horas presenciais (+ 6 horas de traballo autónomo = 10)
- Clases interactivas = 30 horas presenciais (+ 45 horas de traballo autónomo = 75)
- Titorías en grupo = 3 horas presenciais (+ 6 horas de traballo autónomo = 9)
- Titorías libres = 2 horas presenciais
- Exames = 6 horas presenciais (+ 12 de traballo autónomo = 18)
- Revisión de exames = 1 hora presencial
Totais: 60 horas presenciais + 90 horas de traballo autónomo = 150 horas
Aparece pois un factor que expresa a relación entre a presencialidade e o traballo autónomo do estudantado que requiren as actividades mencionadas. Así, por cada hora presencial nas clases, o alumnado deberá adicar polo menos unha e media, fora das aulas, a completar os apuntamentos correspondentes aos diferentes temas tratados, a rematar as prácticas iniciadas ou a aplicar o aprendido a novas situacións.
Deste xeito, a metodoloxía empregada nesta materia obedece a unha serie de actividades que, polo seu carácter participativo, se adaptan ao sistema proposto no EEES, co claro protagonismo do traballo autónomo do alumnado antes mencionado.
Concretamente, a docencia da materia baséase nas seguintes actividades, traballando en todas elas as competencias básica, xeral e específica CB4, CG3 e CE5, e tamén as transversais CT1, CT2, CT10, CT12 e CT14 recollidas nesta Guía:
- Clases expositivas ou maxistrais en grupo único, onde a maior parte do tempo farase a exposición ordeada e razoada dos contidos de cada un dos temas dos tres primeiros bloques da materia.
- Seminarios en grupo único para afrontar aqueles temas de maior dificultade conceptual cun enfoque máis práctico, a través da realización de exercicios que faciliten a súa asimilación.
- Clases interactivas de laboratorio ou prácticas con computadora en grupos cun máximo de 20 persoas, impartidas nas aulas de informática, para resolver exercicios relacionados cos diferentes contidos da materia, especialmente do cuarto bloque (aínda que os exercicios propostos tamén gardarán relación cos outros tres bloques temáticos).
- Titorías en grupo cun máximo de 10 persoas, realizadas tamén na aula da clase ou na de informática para tratar asuntos relacionados coa materia que requiran dunha maior atención personalizada.
- Titorías libres atendidas no despacho do profesor, na aula se son de xeito colectivo, ou a través do Curso aberto da materia no Campus Virtual da USC, para tratar de resolver todas as dúbidas que sobre a materia vaian xurdindo ao longo do curso.
- Exame dos contidos e da aplicación práctica dos coñecementos adquiridos (dividido en dúas partes, segundo os bloques).
- Revisións voluntarias (e recomendadas) dos exercicios de exame.
- Apoio na rede cun Curso aberto para esta materia no Campus Virtual da USC.
Toda esta metodoloxía descrita corresponderíase co Escenario-1 de “Normalidade adaptada”, recollido nas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura” para o curso 2020-2021 dictadas pola USC, e que contemplan a docencia íntegramente presencial nese caso.
Para o Escenario-2 de “Distanciamento”, onde a docencia presencial conviviría coa virtual dacordo con esas mesmas Directrices, manteríase unha presencialidade misturada con sesións virtuais (en semanas alternas, dacordo co horario aprobado para a titulación), no caso das clases expositivas e interactivas, a través de ferramentas síncronas de comunicación entre profesorado e alumnado. Os seminarios seguirían sendo presenciais.
Esta metodoloxía de clases telepresenciais sería a empregada integramente no caso do Escenario-3 de “Peche de instalacións”, onde as clases presenciais levadas a cabo en condicións normais nas aulas do Centro, seguirían facéndose a través de videoconferencia, nas mesmas sesións programadas no horario da materia, a través da ferramenta corporativa Microsoft TEAMS e coa pantalla compartida por parte do profesor. Este daría os contidos e as explicacións necesarias para a resolución dos problemas presentados en cada práctica, dacordo cos contidos a desenvolver en cada sesión atendendo á planificación da materia.
Para levar a cabo esta adaptación en función da evolución da pandemia derivada da Covid-19 nos próximos meses, o alumnado debera contar con equipos informáticos persoais e as ferramentas de software necesarias para afrontar a situación con garantías.
Nestas circunstancias marcadas polo Escenario-3 (e naqueles casos nos que se aplique no Escenario-2), as sesións síncronas de videoconferencia a través de TEAMS correspondentes ás clases intercativas non ocuparían probablemente a totalidade do tempo das presenciais, segundo o horario, de tres horas de duración. Previsiblemente terían unha duración duns noventa minutos para as explicacións do profesor e serían abertas para que o alumnado interveña cando o considere oportuno. Deste xeito, o alumnado disporá dun tempo posterior para resolver autonomamente os exercicios de cada práctica, facendo o seu envío nun prazo establecido a través dos espazos facilitados no Campus Virtual da materia (algo que tamén se faría nas sesións presenciais, pero permitíndolles o envío ao final da clase).
O profesor recibirá estes envíos e fará a súa corrección e posteriores comentarios, individuais ou grupais, a través dese mesmo Campus Virtual, como tamén fará no caso do Escenario-1. Asimesmo, tamén continuará propoñendo actividades complementarias en cada práctica, que o alumnado terá que resolver e enviar nos prazos establecidos para a súa corrección e comentarios, independentemente do Escenario no que nos atopemos.
En canto ás consultas por parte do alumnado e ás titorías, de non poder facerse presencialmente ante un Escenario-3 ou incluso un Escenario-2, o emprego dun foro específico no Campus Virtual da materia, xunto co correo electrónico e ata un posible grupo de whatsapp creado para a ocasión, permitirán ao alumnado o contacto case permanente co profesor. Por suposto, estas formas de comunicación tamén poderían utilizarse puntualmente de estar no Escenario-1.
O debuxo é un xeito fundamental de expresión para o enxeñeiro e os contidos abordados nesta materia constitúen unha potente ferramenta de traballo neste sentido. Polo tanto, a cualificación do alumnado debera reflectir o nivel adquirido na formación necesaria para a súa correcta utilización.
Así, en todos os exercicios, xa sexan de Prácticas ou de Exame, valoraranse dous aspectos:
1º.- Os coñecementos, a capacidade de resolución e a visión espacial.
2º.- A precisión, a lexibilidade e a pulcritude na resolución e presentación do exercicio.
Deste xeito, a cualificación obtida na corrección do procedemento e resultados dun exercicio, poderá ser rebaixada ata un 30% por mala calidade da presentación ou por pouca precisión no debuxo.
A avaliación da aprendizaxe do alumnado, e polo tanto a forma de medir se adquiriu as competencias básica, xeral e específica marcadas para esta materia, basearase nun proceso de avaliación continua que levará aparellado un sistema de seguimento e exame final (de carácter eminentemente práctico e coa posible utilización de material de apoio na súa segunda parte) ao longo do curso. A continuación expóñense as súas principais características:
Para a cualificación final da materia, en xuño ou en xullo, terase en conta, ademais do exame que se describe a continuación, a realización e presentación do conxunto dos exercicios das prácticas (cualificación P, cunha puntuación total de 10 puntos), tanto as desenvoltas nos seminarios e nas clases interactivas como as complementarias que se propoñan (que suporán en conxunto un 35% da nota da materia). Neste sentido, recórdase que as clases, presenciais ou telepresenciais (segundo o Escenario no que nos atopemos no momento da impartición desta materia), teñen “carácter obrigatorio” e polo tanto, levarase un control estrito de asistencia. De non constar unha asistencia superior ao 80%, o alumnado nesas circunstancias non poderá presentarse aos exames, nin na primeira nin na segunda oportunidade.
EXAME FINAL (primeira oportunidade da convocatoria en curso):
Ao rematar o segundo semestre, no mes de maio ou de xuño (en data oficial fixada polo Centro), realizarase unha proba ou exame final (cunha achega do 65% da nota da materia).
Todo o alumnado deberá realizar obrigatoriamente esta proba final, que forma parte da avaliación continua da materia.
O exame terá dúas partes diferenciadas, unha correspondente aos bloques 1, 2 e 3 da materia (cualificación F1, con puntuación máxima de 5 puntos) e outra correspondente ao bloque 4 (cualificación F2, con puntuación máxima de 5 puntos), de tal xeito que a nota do exame será: E = F1 + F2.
Para aprobar o exame, hai que ter máis de 5 puntos, pero en ambas partes se deben superar os 2 puntos para que se poda facer a suma. Se non se da esta situación, a materia estaría suspensa.
Cando se cumpra esa condición de ter máis de 2 puntos en cada parte do exame, independentemente de que se chegue ou non ao 5, xa se pode ter en conta a nota das prácticas, obtendo a seguinte cualificación final: CF = 0,35xP + 0,65xE. Se o resultado é superior a 5, a materia considérarase aprobada.
EXAME DE XUÑO-XULLO (segunda oportunidade da convocatoria en curso):
No caso de non aprobar a materia na oportunidade anterior, na seguinte (na de xuño-xullo) o alumnado realizará un novo exame de recuperación de toda a materia, ou no caso de ter aprobada algunha das partes do exame (F1 ou F2 con máis de 2,5 puntos), só da parte suspensa, estando a cualificación final suxeita ás mesmas condicións sinaladas anteriormente.
Concluíndo, a superación da materia (en 1ª ou 2ª oportunidade) require acadar 5 puntos sobre 10, tendo en conta que o exame supón un 65% da nota, e a realización e entrega dos exercicios das prácticas de clase e complementarias un 35%. En calquera caso, inicialmente é imprescindible sacar como mínimo 2 puntos sobre 5 nas dúas partes do exame da materia para poder ter en conta o outro criterio de avaliación (esta condición podería verse rebaixada en función de como se desenvolva a materia por diferentes razóns, pero en calquera caso, sempre sería de xeito favorable para o alumnado) .
Todas estas compoñentes servirán para avaliar conxuntamente as competencias CG3 e CE5 relacionadas con esta materia. En canto ás competencias básica (CB4) e transversais (CT1, CT2, CT10, CT12 e CT14) recollidas nesta Guía, serán traballadas ao longo do desenvolvemento docente da materia, sen ser sometidas a un proceso de avaliación específico para comprobar a súa consecución.
No caso do alumnado non matriculado por primeira vez na materia por non tela superada previamente, se ten feitos e entregados os exercicios das prácticas, só terá que facer o exame final, e neste caso, terá que aprobalo cunha nota final superior a 5, obtendo máis de 2 puntos sobre os 5 de cada parte (na súa primeira ou segunda oportunidade). Se non ten feitas e entregadas as prácticas, tería que facelas, sendo os criterios de avaliación empregados os dos matriculados por primeira vez.
O alumnado que teña concedida unha dispensa de asistencia será avaliado tendo só en conta a nota do exame final, que terá que aprobar cunha nota superior a 5, obtendo máis de 2 puntos sobre os 5 de cada parte (na súa primeira ou segunda oportunidade). En calquera caso, daráselle a posibilidad de que vaia facendo as prácticas propostas pola súa conta, co apoio das titorías, para un posterior envío e corrección por parte do profesor (que lle axude a ir adquirindo as competencias relacionadas coa materia). Este traballo autónomo podería axudar a mellorar a nota final do alumnado nestas circunstancias ata un máximo de 1 punto sobre 10.
O Sistema de avaliación descrito con detalle neste apartado para o Escenario-1 de normalidade, manteríase no caso de atoparnos nos outros dous Escenarios contemplados nas Directrices da USC. Só habería que sinalar que a proba final de 1ª ou 2ª oportunidade (que supón un 65% da nota final da materia) fariase igualmente no Escenario-3, pero de xeito non presencial: empregando o Campus Virtual e con comunicación a través de Microsoft TEAMS, desenvolveríanse estas probas telematicamente con todas as garantías para o alumnado.
Dicir por último que ante a realización fraudulenta destas probas telemáticas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC, como no caso de seren presenciais.
Co sistema de créditos ECTS, aparte da asistencia ás clases expositivas (14 horas ao longo do semestre, 1 ou 2 por semana), aos seminarios (4 horas ao longo do semestre, 1 hora en catro semanas), ás clases interactivas (30 horas ao longo do semestre, con sesións de 3 horas en dez semanas), ás titorías en grupo (3 horas en todo o semestre, 1 ou 2 horas en dúas semanas) e ás titorías individuais (as veces que desexe ao longo do curso), o alumnado deberá dedicarlle ao "asentamento" do aprendido e á resolución dos exercicios das prácticas e doutros fora da clase, unha media de 5 ou 6 horas semanais. Deste xeito, as horas dedicadas á materia axustaríanse, máis ou menos, ao previsto:
6 créditos ECTS x 25 horas crédito = 150 horas de dedicación
14 horas expositivas + 4 horas de seminario + 30 horas interactivas + 3 horas de titorías en grupo = 51 horas
Outras horas presenciais de carácter obrigatorio = 6 horas (exame)
150 - 51 - 6 = 93 horas de traballo autónomo
93 horas / 15 semanas do semestre = 6 horas por semana
Aínda que a adquisición da visión espacial e da destreza na representación gráfica, incluso co emprego de ferramentas informáticas, poden ter unha compoñente inherente á persoa que facilite a súa aprendizaxe, o certo é que ambas habilidades requiren dun traballo constante, en calquera dos Escenarios no que nos atopemos, para que poidan ser desenvoltas con garantía de éxito na consecución dos obxectivos marcados nesta materia.
É importante a asistencia a todas as clases da materia, presenciais ou virtuais se fose o caso, como instrumento para fortalecer a aprendizaxe do alumnado. Nelas vai desenvolver o aprendido e vai ser consciente do nivel que vai adquirindo e das súas limitacións, sempre coa axuda e o apoio do profesor. Co complemento das titorías, en grupo e individuais, superará calquera dificultade que se lle poda presentar.
En calquera caso, non se trata de memorizar definicións e procedementos, senon de resolver problemas reais relacionados coa titulación, empregando para elo as ferramentas que nos proporciona esta materia. E estas habilidades, que poden resultar máis doadas para unhas persoas que para outras como xa se apuntou, adquírense coa práctica e o traballo constante e persoal ao longo do curso.
A impartición desta materia será en galego.
PLAN DE CONTINXENCIA
Metodoloxía da ensinanza:
A metodoloxía descrita con detalle no apartado correspondente desta Guía Docente referiríase ao Escenario-1 de “Normalidade adaptada”, recollido nas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura” para o curso 2020-2021 dictadas pola USC, e que contemplan a docencia íntegramente presencial nese caso.
Para o Escenario-2 de “Distanciamento”, onde a docencia presencial conviviría coa virtual dacordo con esas mesmas Directrices, manteríase unha presencialidade misturada con sesións virtuais (en semanas alternas, dacordo co horario aprobado para a titulación), no caso das clases expositivas e interactivas, a través de ferramentas síncronas de comunicación entre profesorado e alumnado. Os seminarios seguirían sendo presenciais.
Esta metodoloxía de clases telepresenciais sería a empregada íntegramente no caso do Escenario-3 de “Peche de instalacións”, onde as clases presenciais levadas a cabo en condicións normais nas aulas do Centro, seguirían facéndose a través de videoconferencia, nas mesmas sesións programadas no horario da materia, a través da ferramenta corporativa Microsoft TEAMS e coa pantalla compartida por parte do profesor. Este daría os contidos e as explicacións necesarias para a resolución dos problemas presentados en cada práctica, dacordo cos contidos a desenvolver en cada sesión atendendo á planificación da materia.
Para levar a cabo esta adaptación en función da evolución da pandemia derivada da Covid-19 nos próximos meses, o alumnado debera contar con equipos informáticos persoais e as ferramentas de software necesarias para afrontar a situación con garantías.
Nestas circunstancias marcadas polo Escenario-3 (e naqueles casos nos que se aplique no Escenario-2), as sesións síncronas de videoconferencia a través de TEAMS correspondentes ás clases intercativas non ocuparían probablemente a totalidade do tempo das presenciais, segundo o horario, de tres horas de duración. Previsiblemente terían unha duración duns noventa minutos para as explicacións do profesor e serían abertas para que o alumnado interveña cando o considere oportuno. Deste xeito, o alumnado disporá dun tempo posterior para resolver autonomamente os exercicios de cada práctica, facendo o seu envío nun prazo establecido a través dos espazos facilitados no Campus Virtual da materia (algo que tamén se faría nas sesións presenciais, pero permitíndolles o envío ao final da clase).
O profesor recibirá estes envíos e fará a súa corrección e posteriores comentarios, individuais ou grupais, a través dese mesmo Campus Virtual, como tamén fará no caso do Escenario-1. Asimesmo, tamén continuará propoñendo actividades complementarias en cada práctica, que o alumnado terá que resolver e enviar nos prazos establecidos para a súa corrección e comentarios, independentemente do Escenario no que nos atopemos.
En canto ás consultas por parte do alumnado e ás titorías, de non poder facerse presencialmente ante un Escenario-3 ou incluso un Escenario-2, o emprego dun foro específico no Campus Virtual da materia, xunto co correo electrónico e ata un posible grupo de whatsapp creado para a ocasión, permitirán ao alumnado o contacto case permanente co profesor. Por suposto, estas formas de comunicación tamén poderían utilizarse puntualmente de estar no Escenario-1.
Sistema de avaliación da aprendizaxe:
O Sistema de avaliación descrito con detalle nese apartado desta Guía Docente está deseñado para o Escenario-1 de normalidade, pero en calquera caso manteríase para os outros dous Escenarios contemplados nas Directrices da USC. Só habería que sinalar que a proba final de 1ª ou 2ª oportunidade (que supón ata un 65% da nota final da materia) fariase igualmente no Escenario-3, pero de xeito non presencial: empregando o Campus Virtual e con comunicación a través de Microsoft TEAMS, desenvolveríanse estas probas telematicamente con todas as garantías para o alumnado.
Tamén se fixo mención nese apartado a que ante a realización fraudulenta destas probas telemáticas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC, como no caso de seren presenciais.
Francisco Javier Lopez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Expresión Gráfica da Enxeñaría
- Teléfono
- Ext.23211
- Correo electrónico
- franciscojavier.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Colaborador
Mércores | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | SALON ACTOS |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | SALON ACTOS |
11.01.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 7 PLANTA BAIXA |
11.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA INFORMÁTICA 2 |
11.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA INFORMÁTICA 3 |
29.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
29.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA INFORMÁTICA 2 |
29.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA INFORMÁTICA 3 |