Ir o contido principal

Seminario con inscrición previa

Formación presencial Web of Science

13.06.2024 | 10.00h-13.00h

Aula Luisa Cuesta. Biblioteca Concepción Arenal

Clarivate ofrece ao persoal da BUSC e PTXAS con funcións de apoio á investigación esta formación presencial (dispoñible tamén en streaming), que terá lugar na Aula Luisa Cuesta, da Biblioteca Concepción Arenal.

Formación presencial de Web of Science
Formación presencial de Web of Science

É necesario rexistrarse empregando o correo institucional e asegurarse de que os datos persoais son correctos, pois serán os que se reflictan na certificación de asistencia (só se expedirá aos asistentes á sesión presencial). 

A aula na que se imparte a  formación dispón de 24 PCs, pero os participantes poden levar o seu propio ordenador se así o prefiren.

Estas sesións son impartidas por formadores especializados co obxectivo de: 

  • Presentar e explicar o contido da base de datos Web of Science.
  • Formar á comunidade investigadora no uso e funcionalidades da ferramenta.
  • Realizar exercicios prácticos do temario impartido.
  • Solventar en directo as dúbidas que poidar xurdir.

Podes inscribirte picando aquí.

Unha vez enviado o formulario de inscrición recibirase un correo cun enlace de confirmación, válido durante 24 horas. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.06.2024.