Clarivate ofrece ao persoal da BUSC e PTXAS con funcións de apoio á investigación esta formación presencial (dispoñible tamén en streaming), que terá lugar na Aula Luisa Cuesta, da Biblioteca Concepción Arenal.

É necesario rexistrarse empregando o correo institucional e asegurarse de que os datos persoais son correctos, pois serán os que se reflictan na certificación de asistencia (só se expedirá aos asistentes á sesión presencial).
A aula na que se imparte a formación dispón de 24 PCs, pero os participantes poden levar o seu propio ordenador se así o prefiren.
Estas sesións son impartidas por formadores especializados co obxectivo de:
- Presentar e explicar o contido da base de datos Web of Science.
- Formar á comunidade investigadora no uso e funcionalidades da ferramenta.
- Realizar exercicios prácticos do temario impartido.
- Solventar en directo as dúbidas que poidar xurdir.
Podes inscribirte picando aquí.
Unha vez enviado o formulario de inscrición recibirase un correo cun enlace de confirmación, válido durante 24 horas.