Ir o contido principal

Día do Libro na BUSC

Con motivo do Día do Libro, a BUSC convida á comunidade universitaria a crear, de xeito colaborativo, un panel no que cada persoa comparta a cuberta do seu libro favorito. O prazo para participar nesta actividade, promovida pola biblioteca da facultade de Bioloxía, será do 23 de abril ao 4 de maio

Ler máis

Horarios extraordinarios do segundo semestre

A partir do 21 de abril as bibliotecas da USC amplían o seu horario para dar servizo de apoio ao estudo, durante o segundo período de exames. Entre o campus de Santiago e Lugo, ofértanse máis de 3.400 prazas cun amplo horario, que chegará incluso ás 24 horas nalgúns puntos de servizo. O estudantado poderá consultar os postos libres a través da páxina web da BUSC, da app da USC e na conta de Bluesky @buschorarios.bsky.social

Ler máis

EnfrascArte na Educación: Manifesto colectivo

A biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) acolle unha instalación artística realizada por estudantes do grao en Mestre/a de Educación primaria e coordinado pola docente Cristina Trigo Martínez. Esta mostra poderá ser visitada ata o vindeiro 7 de marzo.

Ler máis